Quino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quino
Quino (13331254273) (cropped).jpg
Nome completoJoaquín Salvador Lavado Tejón
AlcumeQuino
Nacemento17 de xullo de 1932
 Provincia de Mendoza
Falecemento30 de setembro de 2020
 Mendoza
NacionalidadeArxentina e España
Relixiónateísmo
Ocupaciónartista de banda deseñada e debuxante de banda deseñada
Coñecido porMafalda
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Prince Claus Award, oficial da Lexión de Honor, Award Gat Perich, Officier des Arts et des Lettres‎, Haxtur Award, Prêmio Max & Moritz, Sproing Award, Knight of the Order of Isabella the Catholic, Haxtur Award e sen etiquetar
FirmaQuino.png
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, nado en Guaymallén, provincia de Mendoza (Arxentina), o 17 de xullo de 1932[1] e finado en Buenos Aires o 30 de setembro de 2020,[2] foi un humorista gráfico arxentino. A súa obra máis famosa é a tira cómica de Mafalda, publicada entre 1964 e 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de emigrantes andaluces. Chamárono Quino desde pequeno para distinguilo do seu tío, o ilustrador Joaquín Tejón, que foi o que espertou nel a vocación de debuxante xa de novo. En 1945, trala morte da súa nai, empezou a estudar na Escola de Belas Artes de Mendoza. O seu pai morreu pouco despois, polo que abandonou a escola coa intención de converterse en autor de historietas cómicas. Intentou encontrar traballo nas editoriais porteñas, pero fracasou. Tras verse obrigado a facer o servizo militar, en 1954 estableceuse en Bos Aires en condicións paupérrimas.

Por fin logrou publicar a súa primeira páxina de humor no semanario Esto es. A partir de entón comezou a publicar noutros medios, como "Leoplán", TV guía, Vea y lea, Damas y damitas, Usted, Panorama, Adán, Atlántida, Che ou Democracia.

En 1954 comezou a publicar regularmente en Rico Tipo, seguindo en Tía Vicenta e Dr. Merengue. Ó pouco tempo comezou a facer debuxos publicitarios. Publicou o seu primeiro libro recompilatorio, Mundo Quino, en 1963. Logo diso encargáronlle unhas páxinas para unha campaña de publicidade, para as que creou a Mafalda. A campaña non se chegou a facer, pero gardou o personaxe. A primeira historia de Mafalda publicouse en Leoplán, e posteriormente apareceu regularmente no semanario Primera Plana. Entre 1965 e 1967 publicouse no xornal El Mundo, e axiña publicou o primeiro libro recompilatorio. Comezou a editarse en Italia, España (onde a censura obrigou a etiquetalo como "para adultos"), Portugal e outros países.

Tras abandonar a tira de Mafalda o 25 de xuño de 1973 ó ter as ideas esgotadas, transladouse a Milán, onde continuou traballando.

Temas[editar | editar a fonte]

Os protagonistas adoitan ser xente normal facendo a súa vida, aínda que Quino non renuncia a escenas surrealistas ou alegóricas (como policías botando valium nas bocas abertas de manifestantes) e ás reaccións caricaturescas.

Así, aínda que Mafalda aparenta ser unha tira máis con protagonista infantil, os seus contenidos adoitan ser máis próximos e á vez adultos que outras tiras similares. Destaca, por exemplo, a preocupación de Mafalda pola política mundial, ou a obsesión de Manolito cos cartos. Malia todo, estes personaxes aínda poden ser vistos polos lectores como nenos reais con pais reais, e non como "adultos en corpos de neno".

O humor de Quino é tipicamente ácido e mesmo cínico, afondando con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana, sen límites de clase. Así, fan ó lector enfrontarse á burocracia, os erros da autoridade, as institucións inútiles, e a estreitura de miras. Acostuma usar as viñetas para enviar mensaxes de contido social ós lectores. Con frecuencia, os chistes buscan o sorriso como medio de enfrontarse á crúa realidade.

Este enfoque pesimista da realidade non impide que as historias estean cheas de tenrura e amosen unha fonda simpatía polas inocentes vítimas da vida (empregados, nenos, amas de casa, pensionistas, escuros artistas...), sen ocultar os seus fallos e limitacións. Pero incluso nas súas caricaturas de xefes opresivos e burócratas sen sentimentos atísbase certa simpatía, por ser á súa vez vítimas da súa propia estupidez.

A óptica de Quino é probablemente produto das vicisitudes da Arxentina nos últimos cuarenta anos. A súa mestura de pesimismo e humanismo é posiblemente unha das principais razóns do seu gran éxito en toda Latinoamérica.

Obras publicadas orixinalmente na Arxentina[editar | editar a fonte]

Mafalda[editar | editar a fonte]

  • Mafalda 1-10
  • Mafalda inédita
  • 10 años con Mafalda
  • Toda Mafalda
  • Mafaldita

Humor[editar | editar a fonte]

Series de animación[editar | editar a fonte]

  • Quinoscopios (1985), baseada nas súas ideas e debuxos.
  • Mafalda (1993), serie de 104 capítulos dun minuto de duración.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Joaquín Salvador Lavado, Quino". fil.com.mx (en castelán). Feria Internacional del Libro de Guadalajara. Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  2. Smink, Veronica (30 de setembro de 2020). "Muere Quino, el creador de Mafalda que conquistó el mundo con su peculiar sentido del humor". bbc.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  3. Ranzani, Oscar (17 de agosto de 2005). "Mafalda, una institución". Página/12. 
  4. Kantt, Nathalie (23 de marzo de 2014). "Quino recibió la Legión de Honor y una gran ovación en París". La Nación. 
  5. Del Gallo, Patricia (1 de maio de 2014). "Quino, Premio Príncipe de Asturias". elmundo.es (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  6. Ministerio de Cultura de la Nación. "El Congreso distingue a Quino". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. 
  7. L.A., J. (20 de novembro de 2014). "Los premios "Haxtur" del cómic rinden homenaje a Juan José Plans". lne.es (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  8. Consejo Nacional de la Cultura y las Artes. Gobierno de Chile. "Presidenta Bachelet y ministra Barattini entregan Orden al Mérito Artístico Pablo Neruda al caricaturista Quino.". Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  9. "Emotivo reconocimiento a Quino en la UNCuyo". 15 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]