Theodore Roosevelt, Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodore Roosevelt, Jr.
Theodore Roosevelt Jr.

26º Presidente dos Estados Unidos
Período14 de setembro de 19014 de marzo de 1909
AntecesorWilliam McKinley
SucesorWilliam Howard Taft
25º Vicepresidente dos Estados Unidos
Período4 de marzo de 1901
14 de setembro de 1901
AntecesorGarret Augustus Hobart
SucesorCharles Warren Fairbanks
33º Gobernador de Nova York
Período1 de xaneiro de 1899
31 de decembro de 1900
AntecesorFrank Swett Black
SucesorBenjamin Barker Odell, Jr.
Datos persoais
Nacemento27 de outubro de 1858
 Nova York
Falecemento6 de xaneiro de 1919
 Cove Neck, Nova York
OrganizaciónPartido Republicano
Partido Progresista
PaiTheodore Roosevelt Sr.
NaiMartha Bulloch Roosevelt
CónxuxeAlice Hathaway Lee (m. 1880–84; morte dela)
Edith Kermit Carow (m. 1886–1919; morte del)
FillosAlice Lee Roosevelt
Theodore Roosevelt III
Kermit Roosevelt
Ethel Carow Roosevelt
Archibald Bulloch Roosevelt
Quentin Roosevelt
Alma máterHarvard College, Universidade de Columbia, Columbia Law School e Friends Seminary
ProfesiónPolítico
Autor
Historiador
Explorador
Conservacionista
RelixiónIgrexa reformada neerlandensa
Na rede
IMDB: nm0740485 Musicbrainz: 78d3ca64-9e25-4c12-803f-b6455d8c74e5 Discogs: 655607 WikiTree: Roosevelt-18 Find a Grave: 898 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Theodore Roosevelt Jr, tamén coñecido como Teddy Roosevelt, nado en Nova York o 27 de outubro de 1858 e finado en Sagamore Hill o 6 de xaneiro de 1919, foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un político americano que viña dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o século XVII, entrou no Partido Republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.

Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para encabezar un corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Riders" que se destacarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixírono gobernador de Nova York (1899-1900), logo vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelixido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).

Theodore Roosevelt no anverso dun dólar presidencial de 2013.

Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.

Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de fomentar unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. A canle sería inaugurada en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, proporcionou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e erixiuse como o campión da arbitraxe internacional, o que lle valeu o Nobel da Paz (1906).

En desacordo co seu propio partido, Roosevelt creou o Partido Progresista e presentouse de novo á presidencia en 1912, pero desta vez xa non foi elixido.

Aplicacións do imperialismo norteamericano[editar | editar a fonte]

Faciana de Roosevelt no Monte Rushmore en Keystone, Dacota do Sur.

O presidente Theodore Roosevelt en 1904 engadira á doutrina Monroe un "corolario" que xustificaba a política da gran bastonada (big stick) pensando en aplicala respecto a América Latina.

O «corolario» da Doutrina Monroe;
«A incapacidade permanente e o comportamento errático e constante, dun Goberno, cuxa consecuencia sería a disolución xeneralizada dos vencellos que forma calquera sociedade civilizada, require, en América como en todas partes, a intervención dunha nación que posúe este carácter civilizado; o feito de que no marco do hemisferio occidental, os Estados Unidos se sintan responsables en virtude da adhesión á doutrina Monroe, pódeos obrigar, ata contra a súa vontade, en casos de incapacidade ou malos comportamentos obvios, a exercer o papel de xendarme ». (Fonte: presidente Théodore Roosevelt, o 6 de decembro de 1904.) [Cómpre referencia]
A emenda Platt posta en práctica en Cuba;
« "Estou tan enfadado contra esta pequena e infernal República de Cuba que me gustaría que fose borrada do mapa. Nós só queremos que eles (os cubanos) que se empoliquen ben, que sexan prósperos e felices, de xeito que non teñamos necesidade de intervir. E agora, que comezaron unha revolución completamente inxustificable e inútil, as cousas vanse converter en tan complicadas que nos veremos obrigados a intervir - o que convencerá inmediatamente a todos os idiotas sospeitosos en Suramérica xa que iso é logo de todo, é o que queriamos. » (Fonte: presidente Theodore Roosevelt, 1906.) [Cómpre referencia]

O imperialismo norteamericano manifestouse durante estes anos en ben outros países. Tras o presidente Roosevelt (1901-1909), William Howard Taft (1909-1913) inaugurou a diplomacia do dólar, máis directamente preocupada pola defensa dos intereses económicos.

Para os pequenos países de Centroamérica e o Caribe, a diferenza pasou un tanto inadvertida, ata 1933, foron numerosos os países que se converteron en protectorados financeiros norteamericanos. Así pois, en 1905, un Tratado asinado coa República Dominicana permitiu aos Estados Unidos tomar o control dos dereitos de aduana deste país ata 1941. Haití coñeceu a mesma situación entre 1915 e 1934. En 1920, o National City Bank xa controlaba as finanzas da facenda pública.

Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
William McKinley
Theodore Roosevelt, Jr.
Precede a:
William Howard Taft
Partido Republicano