Jeep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
JEEP
Jeepnewlogo.svg
I live. I ride. I am Jeep. (Vivo. Paseo. Son un Jeep.)
Jeepwillys.jpg
Tipo Privada, subsidiaria do Grupo Chrysler
Fundación 1941
Matriz Chrysler
Localización Toledo, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas clave Michael Manley (CEO de Jeep division)
Sergio Marchionne (CEO de Chrysler Group LLC)
Industria Automóbil
Produtos Automóbil
Páxina web www.JEEP.com

Jeep é unha marca de automóbiles estadounidense que pertence a Chrysler Group LLC, unha filial consolidada da multinacional italiana fabricante de automóbiles Fiat.[1][2] A antiga Chrysler Corporation adquiriu a marca Jeep, xunto co resto dos activos do seu dono American Motors, en 1987. A liña de vehículos de Jeep consiste unicamente en Vehículo deportivo utilitario e todo terreo, tamén incluíu camionetas no pasado.

O primeiro Jeep, o Willys MB produciuse en 1941 e o primeiro modelo civil en 1945,[3] é o máis antigo vehículo todo terreo e Vehículo deportivo utilitario (SUV) da marca. Inspirou unha serie doutros vehículo utilitario lixeiros, como o Land Rover[4][5] que é a segunda marca máis antiga de 4 rodas motrices. O vehículo Jeep orixinal que apareceu por primeira vez como prototipo, o Bantam BRC converteuse no principal vehículo lixeiro de 4 rodas motrices do Exército dos Estados Unidos e dos Aliados durante a Segunda Guerra Mundial, así como o período da posguerra. Moitas variantes similares de Jeep para funcións militares e civís foron creados noutros países.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Moitas explicacións sobre a orixe da palabra jeep son difíciles de verificar. A teoría máis amplamente difundida é que da designación militar GP "Government Purposes" ou "General Purpose" (para Propósitos Gobernamentais ou uso xeral) deriva a palabra Jeep do mesmo xeito que o actual HMMWV (por High-Mobility Multi-purpose Wheeled Vehicle, vehículo de rodas multiuso de alta mobilidade) deu como resultado humvee.

Unha visión alternativa lanzada por R. Lee Ermey, na súa serie de televisión Mail Call, nega isto, dicindo que o vehículo foi deseñado para tarefas específicas, e nunca se refire como "de uso xeral", é máis probable que o termo proceda de Government Issue que describe aos membros das forzas armadas dos Estados Unidos, os seus elementos o os seus equipos. O Ford GPW significaba en realidade G para uso gobernamental, P para designar os seus 2.000 mm de batalla e W para indicar o seu motor deseñado Willys-Overland. Ermey suxire que os soldados do momento estaban tan impresionados cos novos vehículos que informalmente os nomearon como Eugene the Jeep, un personaxe da tira de banda deseñada Popeye creados por E. C. Segar, a mediados de marzo de 1936. Eugene the Jeep era a "mascota salvaxe" de Popeye e era "pequeno, capaz de moverse entre dimensións e podía resolver problemas que parecían imposibles".[6]

Words of the Fighting Forces (As palabras das forzas de combate) de Clinton A. Sanders, un dicionario da xerga militar, publicado en 1942, na biblioteca do Pentágono dá a seguinte definición:

Jeep: Vehículo con tracción nas catro rodas de media tonelada a tonelada e media para recoñecemento ou outra función militar. É un término aplicado a pequenos coches, e ocasionalmente a outros vehículos de motor nos EE.UU.. Nas forzas aéreas tamén pode ser calquera pequeno avión, helicóptero ou aparato." [Cómpre referencia]

Esta definición é compatible co uso do término "vehículo jeep" para referirse aos pequenos Portaavións de escolta da Mariña.

A principios de 1941, Willys-Overland demostrou a capacidade fora da estrada do vehículo subindo os chanzos do Capitolio dos Estados Unidos, conducido polo piloto de probas de Willys Irving "Red" Haussman, quen escoitara aos soldados en Fort Holabird chamándoo "jeep". Cando o columnista Katherine Hillyer preguntoulle para o Washington Daily News (ou por un transeúnte, de acordo con outra versión) como se chamaba, Irving respondeu: "É un jeep."

O artigo de Katherine Hillyer foi publicado a nivel nacional o 20 de febreiro de 1941, e incluía unha fotografía do vehículo coa lenda:

OS LEXISLADORES DAN UN PASEO: o senador Meade, de Nova York, no volante, e o Representante Thomas, de New Xersei, sentado ao seu lado, nun dos novos vehículos de recoñecemento do Exército, coñecido como "jeep" ou "quad", soben polas escaleiras do Capitolio, onte durante unha demostración. Os artilleiros sentados no asento traseiro estaban imperturbables.

Nome comercial[editar | editar a fonte]

A solicitude orixinal da marca foi presentada en febreiro de 1943 por Willys-Overland[7] Tamén se utiliza como nome xenérico con minúscula (jeep) para os vehículos inspirados no Jeep que son adecuados para o seu uso en terreos difíciles.[8]

Como era a única compañía que producía continuamente vehículos Jeep logo da guerra, en xuño de 1950 concedéuselle a Willys-Overland o privilexio de posuír o nome de "Jeep" como marca rexistrada.

Bantam BRC 40
Taboleiro dun jeep da Segunda Guerra Mundial

Pequenos coches de recoñecemento[editar | editar a fonte]

Cando se fixo evidente que os Estados Unidos finalmente ían participar na guerra en Europa, o Exército dos EE.UU. en contacto con 135 empresas pediu prototipos dun vehículo cas especificacións seguintes: peso máximo de 594´20 kg, tracción nas catro rodas, unha distancia entre eixes inferior a 2.032 mm, e unha distancia entre rodas menor que 1.193 mm; a distancia mínima ao chan debía ser de 158 mm e debería ser o suficientemente capaz como para transportar 274´42 kg de peso e sen requentar o motor ao marchar a baixas velocidades.

Só dúas empresas responderon á solicitude, a American Bantam Car Company e Willys-Overland. O Exército puxera un prazo que parecía imposible respectar, 49 días para fornecer un prototipo de traballo. Willys pediu máis tempo, pero negáronllo. American Bantam Car Company non tiña persoal de enxeñería en nómina e solicitou axuda a Karl Probst, un deseñador freelance con talento de Detroit. Logo de rexeitar a solicitude inicial de Bantam, Probst comezou a traballar, nun principio sen soldo, o 17 de xullo de 1940.

Probst presentou os plans completos para o prototipo Bantam, coñecido como a BRC ou Bantam Reconnaissance Car (pequeno coche de recoñecemento), en só dous días. A oferta de Bantam foi presentada completa con planos o 22 de xullo.[9] O prototipo construído a man, completouse en Butler, Pennsylvania,[10] e levado a Fort Holabird, Maryland, para as probas do Exército o 21 de setembro. O vehículo cumpría con case todos os criterios do Exército.

Ford pigmeo e Willys MB[editar | editar a fonte]

O Exército considerou que a compañía Bantam era demasiado pequena para proporcionar o número de vehículos que necesitaba, polo que o Exército entregou a Willys-Overland e á compañía Ford os planos orixinais de Bantam, co fin de que presentasen os seus propios prototipos. Os prototipos resultantes foron o Ford "pigmeo" e Willys "Quad", moi similares ao prototipo Bantam BRC, Spicer forneceu os compoñentes de transmisión nas catro rodas moi similares aos tres fabricantes.[11]

Foron construídos mil cincocentos de cada un dos tres modelos e amplamente probados no campo. O enxeñeiro xefe de Willys-Overland Delmar "Barney" Roos cambiou o deseño realizado para cumprir ca especificación de peso (un máximo de 1.275 kg[12], incluído o aceite e a auga. Deste xeito foi capaz de utilizar o potente pero comparativamente pesado motor Willys "Go Devil", e gañar o contrato inicial de produción. A versión Willy do coche converteríase no deseño do jeep normalizado, denominado Modelo MB e foi construído na súa planta de Toledo, Ohio. A coñecida grella prensada metálica de Jeep era en realidade unha característica de deseño de Ford e incorporouse no deseño final por parte do Exército.

Desde o departamento de guerra requiriron un gran número de vehículos que se fabricaron nun tempo relativamente curto, Willys-Overland outorgou ó Goberno dos Estados Unidos unha licenza non exclusiva para que outra empresa fabricara os vehículos que utilizaban as especificacións de Willys. O Exército elixiu Ford como o segundo fornecedro, pero a construción de jeeps tiñan que ter o deseño dos Willys. Willys forneceu a Ford cun xogo completo de planos e especificacións. American Bantam, o creador do primeiro Jeep, pasou o resto da guerra, construíndo remolques pesados para o servizo do Exército.

Jeeps na Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Jeep Willys de 1943

A versión dos Jeeps construídos por Willys-Overland foron os Modelo MB, mentres que os construídos por Ford foron os Modelo GPW (G = vehículo do goberno, P designan os de 80 mm de batalla e W = deseño do motor Willys) Existen diferenzas sutís entre os dous[13] As versións producidas por Ford tiñan todos os compoñentes (incluíndo as cabezas dos parafusos) marcados cunha "F" Willys tamén seguiu o patrón de Ford estampando o seu nome nalgunhas partes da carrozaría, pero detívose en 1942[14] Willys-Overland e Ford, baixo a dirección de Charles E. Sorensen (Vicepresidente de Ford durante a Segunda Guerra Mundial), produciron preto de 640.000 Jeeps, o que representou aproximadamente o 18% de todos os vehículos militares de rodas construídos nos EE.UU. durante a guerra.[15]

Os Jeeps foron utilizados por todos os servizos militares de EE.UU.. Fornecéronse unha media de 145 Jeeps a cada rexemento de infantería do exército. Os Jeeps utilízanse para moitos propósitos, incluíndo o tendido de cables, taller, como auto bombas de extinción de incendios, ambulancias, tractores de campo e, con rodas adecuadas, podían ata correr en vías de ferrocarril. Un jeep anfibio, o modelo GPA, ou "seep" (Sea Jeep) foi construído por Ford en pequenas cantidades, pero non pode considerarse un gran éxito, non era nin un bo vehículo off-road, nin un bo barco. Como parte do esforzo de guerra, case o 30% de toda a produción de Jeep forneceuse a Gran Bretaña e ao Exército Vermello Soviético.

Os Jeeps militares na posguerra[editar | editar a fonte]

O Jeep foi amplamente imitado en todo o mundo, ata en Francia por Delahaye e Hotchkiss et Cie (logo de 1954, Hotchkiss fabricou baixo licenza de Jeeps Willys) e no Xapón por Mitsubishi Motors e Toyota. A beleza do Jeep orixinal, foi aclamada polos deseñadores industriais e conservadores de museos por igual. O Museo de Arte Moderna describe o Jeep como unha obra mestra do deseño funcionalista, e expuxo periodicamente ao Jeep como parte da súa colección.[16][17] Ernie Pyle dixo do Jeep, que xunto co G.I. pocket stove(forno portátil) eran, "as dúas pezas máis importantes do equipo non de combate que se desenvolveron."[18] O Jeep fíxose aínda máis famoso logo da guerra, xa que chegou a estar dispoñible no mercado de excedentes. Algúns anuncios afirmaban ofrecer "Jeeps aínda na caixa da fábrica." Esta lenda persistiu durante décadas, a pesar do feito de que os diferentes tipos nunca foron enviados desde a fábrica en caixas.

O Jeepney é un tipo de taxi ou bus único creado nas Filipinas. Os primeiros Jeepneys eran excedentes militars MB e GPWS, que quedaron no país devastado pola guerra logo da Segunda Guerra Mundial e a independencia filipina. Os Jeepneys construíronse a partir de diferentes tipos de jeeps alargando e ensanchando a "bañeira" na parte traseira do vehículo, permitindo que viaxen máis pasaxeiros. Cos anos, os Jeepneys convertéronse no símbolo máis omnipresente das Filipinas moderna, cando foron decorados en estilos máis elaborados e rechamantes polos seus donos. A maioría de Jeepneys de hoxe son construídos por fabricantes locais, usando diferentes sistemas de propulsión. Algúns ata están construídos en aceiro inoxidable [Cómpre referencia].

No exército dos Estados Unidos, o jeep foi substituído por diversos vehículos (por exemplo, o Ford M151 MUTT) dos cales o máis recente é o Humvee.

O CJ-V35/U[editar | editar a fonte]

Logo da Segunda Guerra Mundial, Jeep empezou a experimentar con novos deseños, incluíndo un modelo que se podía conducir baixo a auga. O 1 de febreiro de 1950, aprobouse un contrato de 1.000 unidades do N8ss-2660, "especialmente adaptados para o recoñecemento xeral ou comando de comunicacións" e "construído para breves operacións baixo a auga e operacións de vadeo." O motor foi modificado cun sistema de snorkel para que o motor puidese respirar adecuadamente baixo a auga.[19]

O M715[editar | editar a fonte]

Jeep M715

En 1965, Jeep desenvolveu o camión do exercito M715 de 1´25 toneladas, unha versión militarizada da camioneta Jeep J, serie civil, que serviu amplamente na Guerra de Vietnam. Tiña eixes completamente flotantes máis pesados e un parabrisas vertical plano pregable. Hoxe en día, serve noutros países, e aínda está sendo producido por Kia baixo licenza.

A serie CJ ("Civilian Jeep") comezou en 1945 co CJ-2A seguido do CJ-3B en 1953. Estes primeiros jeeps coñécense comunmente como "flatfenders" porque as súas defensas dianteiras eran planas, o mesmo que nos seus predecesores militares, o Willys MB e o idéntico modelo GPW de Ford. O CJ-4 existe só como un prototipo de 1951, e é o enlace "perdido" entre a defensa plana do CJ-2A e CJ-3B e a primeiradefensa redonda do CJ-5 de 1955.

A marca Jeep[editar | editar a fonte]

A marca pasou por moitos propietarios, partindo de Willys, que produciu o primeiro Jeep civil (CJ) en 1945 e que foi o primeiro ao que concedéronlle a marca en 1950. Willys foi vendido a Kaiser Motors en 1953, que se converteu en Kaiser-Jeep en 1963. American Motors Corporation (AMC) comprou Jeep en 1970. Os vehículos complementaron o negocio de automóbiles de pasaxeiros de AMC compartindo compoñentes, as melloras de volumes, así como a capitalización dos mercados internacionais e gobernamentais de Jeep.

O fabricante de automóbiles francés Renault comezou a investir en AMC en 1979. Con todo, en 1987, os mercados de automóbiles cambiaran e ata a propia Renault estaba experimentando problemas financeiros. Ao mesmo tempo, Chrysler Corporation quería a marca Jeep, así como outros activos de AMC. Chrysler comprou AMC en 1987, pouco despois de que o Jeep CJ-7, fora substituído polo deseño de AMC Jeep Wrangler ou YJ. Chrysler fusionouse con Daimler-Benz en 1998 para formar DaimlerChrysler. DaimlerChrysler vendeu a maior parte dos seus intereses en Chrysler a unha empresa de capital privado en 2007. Chrysler e a división Jeep operan agora baixo o nome de Chrysler Group LLC.

Os Jeeps construíronse baixo licenza por varios fabricantes de todo o mundo, incluíndo Mahindra na India, Ebro en España, e varios en América do Sur. Mitsubishi construíu máis de 30 modelos diferentes de Jeep no Xapón entre 1953 e 1998. A maioría deles baséanse no modelo CJ-3B co deseño orixinal de Willys-Kaiser.[20]

Toledo, Ohio foi a sé da marca Jeep desde os seus inicios, e a cidade estivo sempre orgullosa deste patrimonio. Aínda que xa non se producen no Toledo Complex, dúas rúas nas inmediacións da antiga fábrica noméanse Willys Parkway e Jeep Parkway.

American Motors creou a primeira empresa conxunta de fabricación de automóbiles na República Popular de China o 15 de xaneiro de 1984.[21] O resultado foi Beijing Jeep Corporation, Ltd., en colaboración con Beijing Automobile Industry Corporation, para producir o Jeep Cherokee (XJ) en Beijing. Continua a fabricación logo da compra de AMC por Chrysler. Esta empresa conxunta é agora parte de Daimler-Chrysler e DaimlerChrysler China Invest Corporation. O modelo orixinal XJ de 1984 foi actualizado e chamado "Jeep 2500" cara ao final da súa produción, que terminou logo de 2005.[22]

Unha división de Chrysler Group LLC, a máis recente empresa sucesora da marca Jeep, é quen ten agora ten a propiedade de marca sobre o nome "Jeep" e o distintivo deseño de 7 rañuras na grella frontal. A grella orixinal de 9 rañuras asociada a todos os jeeps da Segunda Guerra Mundial foi deseñada por Ford para o seu GPW.

AM General[editar | editar a fonte]

A historia do HMMWV (Humvee) ten vínculos con Jeep. En 1971, a División de Produtos de Defensa e Goberno de Jeep converteuse en AM General, unha filial totalmente propiedade de American Motors Corporation, que tamén era dono de Jeep. En 1979, cando aínda era propiedade de American Motors, AM General comezou os primeiros pasos cara ao deseño do Humvee. AM General tamén continuou fabricando os dúas rodas motrices DJ, que Jeep creara en 1953.

O Hummer de General Motors e o Chrysler Jeep estiveron librando a batalla nos tribunais de EE.UU. sobre o dereito ao uso de sete rañuras nas súas respectivas grellas do radiador. Chrysler Jeep di que ten os dereitos exclusivos para utilizar as sete rañuras verticais, xa que é o único cesionario restante das distintas empresas desde que Willys montou nos seus jeeps da posguerra sete rañuras en vez do deseño de nove rañuras de Ford para o Jeep.

Capacidades off-road[editar | editar a fonte]

Jeep Wrangler off-road

A publicidade de Jeep sempre fixo fincapé nas capacidades off-road do vehículo.[23] Na actualidade, o Wrangler é un dos poucos vehículos de catro rodas motrices restantes con dous eixes ríxidos. Estes eixes son coñecidos pola súa durabilidade, resistencia e articulación.

Outro dos beneficios dos vehículos de eixes ríxidos é que tenden a ser máis doados e máis baratos para "levantar", con sistemas de suspensión do mercado de accesorios. Isto aumenta a distancia entre o eixe e o chasis do vehículo. Ao aumentar esta distancia, pódense instalar pneumáticos máis grandes, o que aumenta a distancia ao chan, que lle permite atravesar obstáculos máis grandes e máis difíciles. Ademais da maior distancia ao chan, moitos propietarios buscan incrementar a articulación da suspensión ou "flex" para dar aos seus Jeeps melloras nas capacidades off-road. A boa articulación da suspensión mantén as catro rodas en contacto co chan e mantén a tracción.

As distancias curtas entre eixes, marcos estreitos, e un amplo enfoque ventral e ángulo de saída, lles permite encaixar en lugares onde as unidades de catro rodas do mesmo tamaño teñen dificultades.

Propietarios[editar | editar a fonte]

  • 1944–1953: Willys-Overland
  • 1953–1964: Kaiser-Jeep (chamáronse a se mesmos "Willys Motors")
  • 1964–1970: Kaiser-Jeep
  • 1970–1987: AMC (w/ produción controlada por Renault en 1986)
  • 1987–1998: Chrysler
  • 1998–2007: DaimlerChrysler AG
  • 2007–2009: Chrysler LLC
  • 2009–presente: Chrysler Group LLC

Lista de modelos de Jeep[editar | editar a fonte]

Modelos históricos e militares[editar | editar a fonte]

Jeep da segunda guerra mundial construído por Ford, usando o deseño de Willys-Overland
Jeep Willys na segunda guerra mundial

Camións FC, VJ Jeepsters, & Camionetas FJ[editar | editar a fonte]

(Jeep tracción dianteira)

(Camionetas Jeep)

(Comando)

  • 1966–1971 C101—Jeepster Comando
    • Hurst Jeepster (so producíronse 100)
    • Hurst media cabina
    • Revival Jeepster
    • Comando convertible
    • Roadster carrozaría aberta
  • 1972–1973 C104—Jeep Comando
    • Comando media cabina

Modelos CJ[editar | editar a fonte]

(Jeep civiles)

1982 Jeep Scrambler
  • 1944 CJ-1
  • 1944–1945 CJ-2
  • 1945–1949 CJ-2A
  • 1949–1953 CJ-3A
  • 1950 CJ-V35
  • 1950 CJ-4—Prototipo
  • 1950 CJ-4M—Prototipo
  • 1950 CJ-4MA—Prototipo
  • 1953–1968 CJ-3B
  • 1954–1983 CJ-5
    • 1961–1963 Tuxedo Park Mark III
    • 1969 Camper
    • 1969 462
    • 1970 Renegade I
    • 1971 Renegade II
    • 1972–1983 Modelos Renegade
    • 1973 Super Jeep
    • 1977–1979 Golden Eagle
    • 1977 Golden Eagle California Edition (dispoñibles só a través de concesionarios AMC California)
    • 1980 Golden Hawk
    • 1979 Silver Anniversary CJ-5 Edición limitada (construídos 1.000, estimación)
  • 1955–1975 CJ-6
  • 1955–1968 CJ-3B Longo—España
  • 1960–1977 Jeep Rural—Brasil
  • 1964–1967 CJ-5A/CJ-6A Tuxedo Park
  • 1976–1986 CJ-7
    • 1982 Jamboree edición limitada (2.500 unidades)
  • 1979 CJ-5 Silver Anniversary edición limitada (construídos 1.000, estimación)
  • 1981–1985 CJ-8 Scrambler
  • 1981–1985 CJ-10

Modelos DJ[editar | editar a fonte]

(Jeep transporte)

Modelos SJ (FSJ)[editar | editar a fonte]

(Jeep formato grande)

1974 Cherokee S en acción

Modelos XJ[editar | editar a fonte]

  • 1984–2001 XJ Cherokee
    • 1984–2001 Base "SE"
    • 1984–1988 Chief
    • 1984–1990 Pioneer
    • 1985–1992 Laredo
    • 1987–1992/1998-2001 Limited
    • 1988–2001 Sport
    • 1991–1992 Briarwood
    • 1993–1997 Country
    • 1996–2001 Classic
    • 2000 Freedom
    • 2001 Edición 60º aniversario
  • 1984–1990 XJ Wagoneer
    • 1984–1985 Broughwood
    • 1984–1990 Limited

Modelos MJ[editar | editar a fonte]

(Jeep Comanche tonelada métrica)

  • 1986–1992 MJ Comanche
    • 1986 Custom
    • 1986 X
    • 1986 XLS
    • 1987–1992 Base SE
    • 1987–1990 Chief
    • 1987–1992 Laredo
    • 1987–1990 Pioneer
    • 1987–1992 SporTruck
    • 1987–1992 Eliminator
1997 Jeep Wrangler TJ

Modelos YJ, TJ, TJ LWB (LJ) e JK[editar | editar a fonte]

(Jeep Wrangler)

  • 1987–1995 Wrangler YJ
    • 1991–1993 Renegade
    • 1988–1995 Wrangler Long—Venezuela
    • 1995 Wrangler Rio Grande
2005 TJ Rubicon
  • 1997–2006 Wrangler TJ Modelos Se, Sport, Sahara
    • 2002 TJ Modelos Se, X, Sport, Sahara
    • 2003 TJ Rubicon, Rubicon Tomb Raider Edition, Sahara, Sport, X, Se models, Freedom Edition
    • 2004–2006 TJ distancia entre eixes (LJ) (15" máis longo que o TJ standard) modelos Rubicon, Sport, X, Se
    • 2004–2005 Willys Edition
    • 2004 Columbia Edition
    • 2005 Rubicon Sahara Unlimited TJ LWB (LJ) (feitos 1.000)
    • 2006 Golden Eagle Edition, Edición 65 aniversario (Feitos 1.675 negros para a edición 65º aniversario)
2006 Golden Eagle
  • 2007–2009 Wrangler JK
    • 2007–2009 JK Rubicon, Sahara, X
    • 2010 JK Rubicon, Sahara, Mountain, Islander, Sport
    • 2011 Mojave Edition
    • 2011 Call of Duty : Edición opcional en negro
    • 2011 70th Anniversary Edition
2010 Jeep Wrangler Unlimited Mountain

Modelos ZJ, WJ, e WK[editar | editar a fonte]

(Jeep Grand Cherokee)

ZJ segunda xeración
Modelo ZJ Laredo de 1994
  • 1993–1998 ZJ Grand Cherokee
    • 1993–1995 Base SE
    • 1993–1998 Laredo
    • 1993–1998 Limited
    • 1995–1997 Orvis "Limited Edition"
    • 1997–1998 TSi
    • 1998 5.9 Limited
  • 1993 ZJ Jeep Grand Wagoneer
  • 1999–2004 WJ Grand Cherokee
    • 2002–2003 Sport
    • 2002–2004 Edición especial
    • 2002–2004 Overland
    • 2004 Columbia Edition
  • Jeep Grand Cherokee: Cinco pasaxeiros, SUV orientado á familia
    • WK: Grand Cherokee, 2005–2010 ("WK" é a designación para os Grand Cherokee de 2005-2010, marca o inicio da designación K con respecto a la designación J)

Modelos XK[editar | editar a fonte]

  • 2006–2010 Jeep Commander
    • 2006 Base
    • 2007–2010 Sport
    • 2006–2010 Limited
    • 2007–2009 Overland

Modelos KJ[editar | editar a fonte]

  • 2002–2007 Jeep Liberty (Jeep Cherokee en Europa)
    • Sport
    • Limited
    • Renegade
    • 2003 Freedom Edition
    • 2004–05 Rocky Mountain Edition
    • 2004 Columbia Edition
    • 2006 Edición 65º aniversario
    • 2007 Latitude Edition(substitúe ao Renegade)

Modelos actuais[editar | editar a fonte]

A marca Jeep produce actualmente cinco modelos:

  • Jeep Wrangler
    • JK: A versión actual do Wrangler, lanzado como modelo 2007.
    • JK Unlimited: Carrozaría longa, versión 4 portas do Wrangler 2007
  • Jeep Grand Cherokee: Cinco pasaxeiros, SUV orientado á familia
    • WK: The Grand Cherokee, 2005–2010 ("WK" é a designación para o novo Grand Cherokee, este é un dos primeiros Jeeps non designados como J)
    • 2005—presente Laredo
    • 2005—presente Limited
    • 2006—presente Overland
    • 2006—presente SRT-8
    • WK2 (2010—presente)
  • Jeep Liberty KK: Un pequeno SUV comparte chasis co Dodge Nitro (substitúe ó Cherokee pero mantén o nome fora de Norte América)
  • Jeep Compass MK: Un pequeno crossover SUV comparte chasis co Dodge Caliber
  • Jeep Patriot MK: Un pequeno crossover SUV comparte chasis co Dodge Caliber

Modelos futuros[editar | editar a fonte]

Vehículos concepto[editar | editar a fonte]

  • 1958 DJ-3A Pickup
  • 1970 XJ001
  • 1970 XJ002
  • 1971 Jeep Cowboy: Un estudo de deseño usando o chasis compacto dun AMC[32]
  • 1977 Jeep II
  • 1979 Jeep Jeepster II
  • 1986 Cherokee Targa: Un Cherokee de dúas portas convertible
  • 1987 Comanche Thunderchief: Este vehículo produciuse logo como Comanche Eliminator
  • 1989 Jeep Concept 1: Evolucionou no Grand Cherokee ZJ
  • 1989 Jeep Rubicon Wrangler: entrou en produción máis tarde
  • 1990 Jeep JJ
  • 1990 Jeep Freedom:[33] Un Cherokee Targa revisado
  • 1991 Jeep Wagoneer 2000: Un estudo de deseño da que sería a seguinte xeración de Wagoneer, pero non foi posto en produción
  • 1993 Jeep Ecco
  • 1997 Jeep Cherokee Casablanca: Unha edición especial do Cherokee, nunca producido
  • 1997 Jeep Wrangler Ultimate Rescue: Unha versión afinada do habitual Wrangler TJ desenvolta para o salón SEMA
  • 1997 Fender Jeep Wrangler
  • 1997 Jeep Dakar: Unha versión fusionada do Cherokee XJ e o Wrangler TJ
  • 1997 Jeep Icon: Un estudo de deseño para a seguinte xeración de Wrangler
  • 1999 Jeep Journey
  • 1999 Jeep Jeepster Concept
  • 2000 Jeep Cherokee Total Exposure
  • 2000 Jeep Varsity: Posteriormente posto en produción como o Compass
  • 2000 Jeep Commander Concept: Posteriormente posto en produción como o XK
  • 2000 Jeep Willys
  • 2001 Jeep Willys 2
  • 2002 Jeep Wrangler Tabasco
  • 2002 Jeep Wrangler Patriot: Un formato especial para o Wrangler X/Sport
  • 2002 Jeep Wrangler Mountain Biker
  • 2004 Jeep Grand Cherokee (WJ) Concierge
  • 2004 Jeep Treo
  • 2004 Jeep Rescue
  • 2004 Jeep Liberator CRD
  • 2005 Jeep Hurricane: O sistema de dirección nas catro rodas permite que o vehículo teña un radio de xiro cero, e moverse de lado.[34] Posteriormente o seu motor foi posto no Grand Cherokee (WK) SRT-8
  • 2005 Jeep Gladiator Concept
  • 2005 Jeep Aggressor (o Rezo)
  • 2007 Jeep Trailhawk
  • 2008 Jeep Renegade
  • 2010 Jeep J8
  • 2010 Jeep Nukizer: Estudo de deseño inspirado polo vehículo militar Kaiser M-715

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chrysler 8-K/A SEC filing December 3, 2012 "... served as the auditor for Fiat S.p.A. and its consolidated subsidiaries, which include Chrysler Group". Retrieved 29 March 2013.
  2. InsideView company data for Chrysler Group LLC Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine. "Chrysler Group LLC operates as a subsidiary of Fiat North America LLC". Retrieved 29 March 2013.
  3. Swan, Tony (1991). "Jeep Thrills". Popular Mechanics 168 (1): 106–107. 
  4. Gunn, Richard (2006). Trucks & Off-Road Vehicles. Motorbooks. p. 137. ISBN 978-0-7603-2569-8. Consultado o 31 July 2011. 
  5. Robson, Graham (1981). The Rover Story. Stephens. p. 87. ISBN 978-0-85059-543-7. The first Land-Rover owed a lot to the Jeep. Designer Gordon Bashford, who laid out the basic concept, makes no secret of that. It was also his job to go off to an ex-WD surplus vehicle dump in the Cotswolds, buy a couple of roadworthy Jeeps... 
  6. "Wordorigins.org". Wordorigins.org. Consultado o 2010-07-04. 
  7. Statham, Steve (2002). Jeep Color History. MBI Publishing. pp. 26–27. ISBN 978-0-7603-0636-9. Consultado o 28 October 2010. 
  8. Morr, Tom; Brubaker, Ken (2007). The Joy of Jeep. MBI Publishing. p. 50. ISBN 978-0-7603-3061-6. Consultado o 28 October 2010. 
  9. "The Military Jeep". Cossor.com.au. Consultado o 2010-03-12. 
  10. "Invention of the Jeep - Pennsylvania Historical Markers". Waymarking.com. 2006-03-09. Consultado o 23 February 2012. 
  11. "Ford Manufacturers a Jeep". Jeep History. Consultado o 4 July 2012. 
  12. Notman, Robert (2006). Bantam, Ford and Willys-1/4-Ton Reconnaissance Cars. Lulu.com. p. 68. ISBN 978-1-84728-188-3. Consultado o 2010-11-30. 
  13. Allen, Jim (2003). Jeep: Collector's Library. MBI Publishing. pp. 36–39. ISBN 978-0-7603-1486-9. 
  14. Scott, Graham (1996). Essential Military Jeep: Willys, Ford & Bantam models 1941–45. MBI Publishing. p. 25. ISBN 978-1-870979-76-4. 
  15. "The History of Jeep". Gear Heads. 17 May 2012. Consultado o 3 July 2012. 
  16. Leigh Brown, Patricia, "Where Do You Hang The 747?", The New York Times, December 13, 1998
  17. "New Acquisitions—Smart Car, Volkswagen "Beetle," and Willys-Overland Jeep—Join Three Other Automobiles in MoMA’s Collection" (PDF). The Museum of Modern Art. 2002. Consultado o 2010-11-30. 
  18. R. Cole, "Chairman Offers to Buy Coleman", The New York Times, Page D1, Feb. 15, 1989.
  19. "The 3A's Navy Cousin - The CJ-V35/U". Cj-3a.com. 1950-02-01. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  20. "Mitsubishi Jeep Photos on The CJ3B Page". Film.queensu.ca. 2002-08-29. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2009. Consultado o 2009-09-23. 
  21. Mann, Jim (1997). Beijing Jeep: A Case Study of Western Business in China. Perseus. ISBN 978-0-8133-3327-4. 
  22. Dunne, Timothy (2007-11-02). "Can Chrysler Rebound in China?". Business Week. Consultado o 2010-10-26. 
  23. "Toledo-built Jeeps' sales results abroad mirror those in North American market". News.top100.biz. 2007-11-13. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 2010-07-04. 
  24. "Jeepster VJ". Jeep.off-road.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 23 February 2012. 
  25. "Jeepster yellow front". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  26. "Jeepster yellow rear". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  27. "Jeepster red front". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  28. "Jeepster fixed roof coupe". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  29. "196X Jeepster front". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  30. "196X Jeepster top view". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  31. "Jeepster Safari". americanjeepsterclub.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 2012-01-14. 
  32. Cranswick, Marc (2001). Cars of American Motors: An Illustrated History. McFarland. pp. 146–147. ISBN 978-0-7864-4672-8. Consultado o 11 June 2012. 
  33. Statham, Steve (2002). Jeep Color History. MBI Publishing. p. 101. ISBN 978-0-7603-0636-9. Consultado o 11 June 2011. 
  34. Jewett, Dale. "2005 Detroit: Jeep blows into auto show with twin-Hemi Hurricane". Consultado o 23 February 2012. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]