Rodrigo Díaz de Vivar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (la) Ruderico Didaz 1041 ↔ 1057 Vivar del Cid (Reino de Castela) |
| Morte | maio de 1099 ↔ 10 de xullo de 1099 Valencia (Señorío de Valencia) |
| Lugar de sepultura | Tumba de El Cid (1921–) |
| Señor | |
| | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | El Campeador El Cid El Cid Campeador (Main edgar) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política e militar |
| Lugar de traballo | Castela Reino de Castela |
| Ocupación | cabaleiro, político, militar, mercenario, líder militar |
| Influencias | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Reino de Castela e Taifa de Saragoça (pt) |
| Rango militar | cabaleiro |
| Conflito | Reconquista Battle of Alcocer (en) Battle of Graus (en) Battle of Quart de Poblet (en) Siege of Valencia (en) Siege of Zaragoza (en) |
| Outro | |
| Título | Señor |
| Cónxuxe | Jimena Díaz (1074–1099) |
| Fillos | Cristina Rodríguez, Diego Rodríguez, María Rodríguez |
| Pais | Diego Flaínez |
| Cronoloxía | |
| Q133854209 | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Cid Campeador |
Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como Cid Campeador,[1] Mio Cid, O Cide[2] ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor), nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela na guerra contra o seu irmán García de Galicia, e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.
Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.
Literatura
[editar | editar a fonte]
Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa. Na Chronica Adefonsi Imperatoris, da década de 1150, tamén é mencionado.
O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.
En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.
Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cid Campeador". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 513.
- ↑
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Rodrigo". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>.
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Rodrigo". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodrigo Díaz de Vivar |