Caso Dreyfus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O traidor: Degradación de Alfred Dreyfus

O caso Dreyfus foi orixinado a raíz dun erro xudicial, sobre un contexto de espionaxe e antisemitismo, no que a vítima foi o capitán e enxeñeiro politécnico Alfred Dreyfus (1859-1935), de orixe xudía-alsaciano, e que durante doce anos, de 1894 a 1906, conmocionou a sociedade francesa da época, marcando un fito na historia do antisemitismo.

A revelación do escándalo en J'accuse, un artigo de Émile Zola en 1898, provocou unha sucesión de crises políticas e sociais inéditas en Francia que, no momento do seu apoxeo en 1899, revelaron as fracturas profundas que subxacían na Terceira República Francesa. Dividiu os franceses en dous campos opostos, os dreyfusards (partidarios de Dreyfus) e os antidreyfusards (opositores a Dreyfus). Revelou tamén a existencia na sociedade francesa dun núcleo de violento nacionalismo e antisemitismo difundido por unha prensa sumamente influente. O caso converteuse en símbolo moderno e universal da iniquidade en nome da razón de Estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.