Inés Arrimadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inés Arrimadas
Nome completoInés Arrimadas García
Nacemento3 de xullo de 1981
Lugar de nacementoXerez da Fronteira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pablo de Olavide e IPAG Business School
Ocupaciónpolítica, avogada e consultora
CónxuxeXavier Cima i Ruiz
Na rede
https://inesarrimadas.cat
IMDB: nm5403684 Facebook: ines.ciudadanos Twitter: InesArrimadas Instagram: inesarrimadas Telegram: InesArrimadasCs Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Inés Arrimadas García, nada o 3 de xullo de 1981 en Xerez da Fronteira,[1] é unha política e avogada catalá, deputada no Parlamento de Cataluña por Ciutadans-Partit de la Ciutadania[2] e candidata do seu partido para as Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito e mais en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Durante oito anos exerceu de consultora de operacións e estratexia no grupo empresarial D'Aleph e de responsable de calidade e administración no grupo MAT.

No ano 2011 ingresou en Ciutadans - Partit de la Ciutadania, ocupando diversos cargos orgánicos no seo do partido, pertence ao seu comité executivo e á xunta directiva das súas mocidades, e mais tamén é responsable das relacións institucionais. En novembro de 2012 resultou elixida deputada no Parlamento de Cataluña, converténdose na voceira adxunta do grupo parlamentario da súa formación

Notas[editar | editar a fonte]