Saltar ao contido

Henrique VIII de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Henrique VIII»)
Modelo:BiografíaHenrique VIII de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Henry VIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1491 Editar o valor en Wikidata
Palácio de Placentia, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1547 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Palácio de Whitehall, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacapela de San Xurxo Editar o valor en Wikidata
Monarca de Irlanda
18 de xuño de 1542 – 28 de xaneiro de 1547 (Gregoriano)
← Henrique VII de InglaterraEduardo VI de Inglaterra →
Monarca de Inglaterra
21 de abril de 1509 – 28 de xaneiro de 1547 (finado no cargo)
← Henrique VII de InglaterraEduardo VI de Inglaterra →
Señor de Irlanda
1509 – 1542
Conde de Chester
febreiro de 1503 – 21 de abril de 1509
Príncipe de Gales
febreiro de 1503 – 21 de abril de 1509
Ducado de Cornualla
outubro de 1502 – 21 de abril de 1509
Duque de York
31 de outubro de 1494 – 18 de febreiro de 1504
Conde Marechal (pt) Traducir
1494 – 1509
Lord Warden of the Marches (en) Traducir
1494 –
Lord Tenente de Irlanda
1494 –
Lord Warden of the Cinque Ports (en) Traducir
1493 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo e Igrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca (1509–1547), compositor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMonarca de Irlanda (1542–1547)
Monarca de Inglaterra (1509–1547)
Señor de Irlanda (1509–1542)
Conde de Chester (1503–1509)
Príncipe de Gales (1503–1509)
Ducado de Cornualla (1503–1509)
Duque de York (1494–1504) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Tudor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina Parr (1543–1547), morte da persoa
Catarina Howard (1540–1542), morte do cónxuxe
Ana de Cleves (1540–1540), nulidade matrimonial
Xoana Seymour (1536–1537), morte do cónxuxe
Ana Bolena (1533–1536), nulidade matrimonial
Catarina de Aragón (1509–1533), nulidade matrimonial Editar o valor en Wikidata
ParellaElizabeth Blount
Jane Popincourt
Anne Bassett
Elizabeth Carew
Margaret Shelton
Elizabeth Stafford, Countess of Sussex
Joan Dingley
Maria Bolena
Anne Hastings, Condessa de Huntingdon Editar o valor en Wikidata
FillosHenrique, Duque da Cornualha
 () Catarina de Aragón
Henry, Duke of Cornwall (1513)
 () Catarina de Aragón
Henry, Duke of Cornwall (1514)
 () Catarina de Aragón
María I de Inglaterra
 () Catarina de Aragón
stillborn daughter Tudor (1518)
 () Catarina de Aragón
Henrique Fitzroy, Duque de Richmond e Somerset
 () Elizabeth Blount
Catarina Carey
 () William CareyMaria Bolena
Thomas Stukeley
 () Hugh StucleyJane Pollard
Richard Edwards
 () Agnes Edwards
Henry Carey, 1st Baron Hunsdon
 () William CareyMaria Bolena
Ethelreda Malte
 () Joan Dingley
Isabel I de Inglaterra
 () Ana Bolena
Henry, Duke of Cornwall
 () Ana Bolena
miscarried son Tudor
 () Ana Bolena
Eduardo VI de Inglaterra
 () Xoana Seymour
stillborn daughter Tudor (1510)
 () Catarina de Aragón Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique VII de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth of York Editar o valor en Wikidata
IrmánsElizabeth Tudor
Margarida Tudor
María Tudor
Katherine Tudor
Edward Tudor
Artur Tudor
Edmundo Tudor, Duque de Somerset Editar o valor en Wikidata
ParentesFernando II de Aragón, sogro
João, príncipe das Astúrias, cuñado
Filipe I de Castela, cuñado
Xacobe V de Escocia, sobriño
María I de Escocia, sobriña neta Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3430975 BNE: XX999823 Musicbrainz: 78b3e75a-e409-4018-92f8-2ad8b9afede9 Songkick: 1281394 Discogs: 833096 IMSLP: Category:Henry_VIII WikiTree: Tudor-4 Find a Grave: 473 Editar o valor en Wikidata

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henrique naceu no Palacio Real en Greenwich, Londres, segundo fillo do rei Henrique VII e Isabel de York, séndolle concedido o título de Duque de York. Foi designado Príncipe de Gales e herdeiro do trono despois da morte do seu irmán máis vello Artur en 1502.

Foi necesaria unha dispensa do Papa Xulio II para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, Catarina de Aragón, que foi obtida en base da non-consumación. O casamento foi celebrado a 11 de xuño de 1509 e só tiveron nunha filla, a futura María I de Inglaterra. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos Sete Sacramentos", co obxectivo de que León X lle outorgase o título de "Defensor da Fe"; no entanto, o desexo de lograr un herdeiro home, así como a súa relación amorosa con Ana Bolena, levárano a solicitar ó Vaticano a disolución do casamento con Catarina. As súas tentativas non tiveron éxito porque o Papa Clemente VII estaba baixo presión do sobriño de Catarina, o emperador Carlos V.

Frustrado coa ruptura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que lle impedía unirse a outra muller por estar xa casado, e casou con Ana Bolena a 25 de xaneiro de 1533. Esta actitude de afronta sen precedentes á Igrexa católica valeulle a excomuñón, declarada por Clemente VII o 11 de xullo de 1533. A consecuencia da excomuñón, Henrique decidiu a ruptura coa Igrexa católica, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitas das pertenzas da Igrexa, e creou a Igrexa de Inglaterra, da que se declarou líder. Esta decisión fíxose oficial co decreto da supremacía (Act of Supremacy) de 1534. A negativa de xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista Thomas More, o seu antigo Lord Chanceler, á morte.

Durante o ano de 1513, Thomas Howard, terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de James IV de Escocia en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co rei Francisco I de Francia tornouse aínda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.

Henrique VIII incrementou moito o poderío marítimo inglés, estabelecendo portos en Woolwich e Deptford no río Támese no sueste de Londres, e instituíndo unha mariña eficiente. O seu barco capitán (flagship), Mary Rose, afundiuse no Solent (no canal inglés) durante a batalla e a súa recuperación nos anos 80 do século XX foi un fito na investigación arqueolóxica desta época. O navío encóntrase hoxe en exposición no peirao de Portsmouth.

Descendencia e casamentos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]