Nerón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNerón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Nero Claudius Cæsar Augustus Germanicus
(la) Nero Claudius Drusus Germanicus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Domitius Ahenobarbus Editar o valor em Wikidata
15 de decembro de 37 Editar o valor em Wikidata
Antium (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 68 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteConsensual homicide (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Desangramento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSepulcro dos Domícios (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
13 de outubro de 54 – 9 de xuño de 68
← ClaudioServio Sulpicio Galba, emperador →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDomus Aurea Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político , militar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Xulio-Claudia, Domitii Ahenobarbi (en) Traducir e Claudii Nerones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEstatília Messalina (66–68), morte
Popeia Sabina (62–65), morte do cónxuxe
Cláudia Octávia (53–62), divorcio
Sporus
ParellaClaudia Acte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosCláudia Augusta (pt) Traducir
 () Popeia Sabina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCneu Domício Enobarbo (pt) Traducir e Claudio Editar o valor em Wikidata  e Agripina Minor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRufrius Crispinus (en) Traducir (fillastro) Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 31fdd5b3-4947-49d0-bb06-4b1ec7267a58 Editar o valor em Wikidata

Lucio Domitio Ahenobarbo, nado en Antium (actual Anzio, Italia) o 15 de Nadal do ano 37 e finado en Roma o 9 de xuño do 68. foi o último emperador da dinastía Xulia-Claudia do Imperio Romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gobernou do 54 ó 68 co nome de Nerón Claudio César Augusto Xermánico. Baixo o asesoramento do militar (amante da súa nai) Sexto Afranio Burro e do filósofo estoico Séneca, os cinco primeiros anos do seu reinado estiveron marcados pola clemencia, aínda que tivo encarcerado o seu irmán (e rival) Británico, a quen mandou envelenar no 55. No 59 mandou asasinar a súa nai por criticar a súa amante, Popea Sabina.

En xullo do 64, un inmenso incendio destrúe dúas terceiras partes de Roma. Nerón acusa os cristiáns e comeza a perseguilos.

No 66 trouxo de Atenas estatuas, figuras e galardóns para redecorar Roma. Gostaba de aparecer en representacións teatrais públicas. Mentres, as lexións romanas chegaban a Armenia, establecendo postos defensivos no Cáucaso pola presión do Imperio Parto.

No 68, os exércitos da Galia (Francia) e Hispania (España), xunto coa Garda Pretoriana, alzáronse contra Nerón, obrigándoo a fuxir de Roma. O Senado declarouno inimigo público e el mesmo rematou coa súa vida o 9 de xuño do 68.