Libredón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Carballeira de Santa Susana podería ser un reduto do antigo Libredón.

Libredón era un monte ou bosque próximo a Santiago de Compostela no que, segundo a lenda, se soterrou o corpo do apóstolo Santiago.

O Códice Calixtino, escrito en 1139, relata que os discípulos de Santiago Teodoro e Atanasio trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón (anteriormente Liberum Donum), no que foi soterrado. O lugar foi esquecido até que, no século X, o ermitán Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Asturias, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos correspondían cos do apóstolo. De Oviedo viñeron doce monxes beneditinos, a primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]