Execución da familia Romanov

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Execución da familia Romanov
LugarEkaterimburgo
Branco(s)familia Romanov, Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov.
DataA noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918
Tipo de ataquefusilamento
Arma(s)fusil
Mortos11
Feridos0
Perpetrador(es)por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.
Sospeitoso(s)Iakov Sverdlov e Vladimir Lenin
Motivoprevir o rescate da familia real pola Lexión Checoslovaca
editar datos en Wikidata ]

A execución da familia imperial rusa, pertencente á dinastía Romanov, tivo lugar en Ekaterimburgo a noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918.[1] O tsar Nicolao II, a súa esposa a tsarina Alexandra e os seus cinco fillos (Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei) foron fusilados xunto a un grupo de axudantes que decidiron acompañalos no seu exilio, entre os que destacan Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov. O fusilamento foi executado por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.

O lugar no que se agocharon os corpos foi descuberto en 1979 polo detective Aleksandr Avdonin,[2] pero o achado dos restos non se publicou ata 1989, durante o período da glasnost.[3]

A identidade dos restos quedou confirmada mediante unhas investigacións forenses e do ADN, tralas cales os restos foron enterrados na fortaleza de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo en 1998,[4] 80 anos despois da súa execución, nun funeral ao que non asistiron importantes membros da igrexa ortodoxa rusa, que se mostraban receosos de recoñecer a autenticidade dos restos.[5] En 2007 descubriuse un segundo enterramento, máis pequeno, que contiña os restos dos dous nenos Romanov que faltaban no enterramento principal.[2] Porén, os restos atopados nesta segunda tumba están gardados nun depósito estatal á espera de que se realicen novas análises xenealóxicas.[6] En 2008, tras un considerable e prolongado litixio, o Fiscal Xeral de Rusia rehabilitou a familia Romanov como "vítimas da represión política".[7] En 1993 o goberno pos-soviético abriu un litixio criminal, mais ninguén foi acusado en base a que os executores estaban xa mortos.[6]

Algúns historiadores atribúen a orde ao Goberno de Moscova, especificamente a Iakov Sverdlov e Vladimir Lenin, quen desexaban previr o rescate da familia real pola Lexión checoslovaca, que se aproximaba á zona na súa loita fronte aos bolxeviques no seo do Exército Branco no transcurso da guerra civil rusa.[8] Tal afirmación apóiase nunha pasaxe do diario de Lev Trotski.[9] Porén, nunhas investigacións recentes efectuadas por Vladimir Soloviov afírmase que non existe documento algún que sinale a Lenin ou Sverdlov como responsables.[10][11][12][13] Lenin tiña un gran control sobre o destino dos Romanov e asegurouse de que o seu nome non fose asociado co seu destino en ningún documento oficial.[14] O presidente Boris Eltsin describiu a execución como un dos episodios máis vergoñosos da historia de Rusia.[15][16]

En setembro de 2015 o Comité de Investigacións de Rusia reabriu as investigacións sobre a execución da familia imperial.[17]

Contexto[editar | editar a fonte]

Abdicación e traslado a Tobolsk[editar | editar a fonte]

Localización dos principais lugares dos últimos días dos Romanov, que estiveron retidos en Tobolsk antes de ser enviados a Ekaterimburgo para a súa execución.
Nicolao e Aleksei cortando leña durante a estancia en Tobolsk.
Distribución das habitacións ocupadas pola familia Romanov durante a súa estancia en Tobolsk.

O 9 de marzoxul./ 22 de marzo de 1917greg., Nicolao II, desposuído xa como monarca[a], foi trasladado ao Palacio de Alexandre en Tsarskoe Selo, onde as novas autoridades estaban a reunir a antiga familia imperial. O goberno provisional ruso confinouno xunto á súa familia baixo arresto domiciliario. Rodeados por gardas e recluídos nas súas habitacións, os Romanov foron inspeccionados na primeira noite con Nicolao de volta nas dependencias de palacio.[18]

En agosto de 1917, o presidente do goberno provisional ruso, Aleksandr Kerenskii, evacuou os Romanov a Tobolsk, presuntamente para protexelos da crecente onda revolucionaria. Alí establecéronse na antiga mansión do gobernador con considerables comodidades.[19] A familia dispoñía de tres estancias no primeiro piso: unha para o tsar e a tsarina, outra para as catro grandes duquesas e outra máis grande para Aleksei, quen a compartía co mariñeiro Nagornii. Tamén podían facer uso dunha gran sala de estar así como dun pequeno salón e dun despacho para o tsar.[19] Xunto a eles permaneceron Pierre Gilliard, Anna Demidova, Tutelberg e Chemodurov, Tegleva e Erzberg, ocupando as estancias do piso inferior. O resto do séquito foi aloxado nun apartamento que foi requisado xusto diante da mansión do gobernador.[19] Tralo ascenso ao poder dos bolxeviques en outubro de 1917 logo da Revolución de Outubro, endurecéronse as condicións do seu arresto e as discusións sobre un hipotético xuízo a Nicolao volvéronse cada vez máis frecuentes. O historiador Latishev escribiu sobre a idea de que o xuízo a Nicolao II tiña o apoio de Trotski, mais Lenin mostraba dúbidas sobre a perda de tempo nese proceso. Segundo as testemuñas do comisario de xustiza Steinberg, a cuestión foi posposta indefinidamente.[20]

A vida da antiga familia imperial na cidade foi monótona, consistía en xornadas nas que se limitaban a dar un pequeno paseo matutino polo terreo cercado da casa, a cortar madeira para o lume, cultivar unha pequena horta e criar unha granxa de porcos e pavos. Pola tarde adoitaban ler e nalgunhas ocasións os nenos representaban obras teatrais que preparaban coa axuda do profesor Gilliard.[21] Os diarios da familia dan conta da monotonía dos días:

Martes, 28 de febreiroxul./ 12 de marzogreg.. Pasei todo o día na casa. Para o almorzo tomei blinis. Comín nove. Pola tarde estiven xogando.
Mércores, 29 de febreiroxul./ 13 de marzogreg.. Todo o día foi como o de onte. Pola tarde fixen un quebracabezas. Almorcei e ceei con mamá no despacho de papá...
Xoves, 15 de marzoxul./ 28 de marzogreg. Pasei todo o día na casa porque tiña tose. O resto foi igual.
Diario de Aleksei.[22]

Segundo o historiador V. M. Khrustalev, na primavera de 1918, os líderes bolxeviques desenvolveron un plan para reunir todos os membros da dinastía Romanov nos Urais, onde quedarían retidos a unha distancia considerable dos perigos externos preto do Imperio alemán e a Entente, e por outra banda, os bolxeviques tiñan fortes posicións políticas que os axudaban a manter a familia baixo o seu control.[23] O 1 de marzo de 1918, a familia comezou a ser alimentada con racións de soldado, o que significou a marcha de dez dos seus serventes e ter que prescindir de manteiga e café.[24]

Traslado a Ekaterimburgo[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 1918, o Comité Executivo Central de Todas as Rusias (VTsIK) decidiu trasladar a familia imperial a Moscova.[20][25] Pola contra, as autoridades do Soviet dos Urais propuxeron transferilos a Ekaterimburgo. Talvez como resultado do enfrontamento[25] entre Moscova e os Urais, o VTsIK tomou unha nova decisión o 6 de abril de 1918,[20][25] segundo a cal todos os arrestados serían enviados a Ekaterimburgo. Finalmente, as decisións do VTsIK reducíronse ás ordes para a preparación dun xuízo aberto a Nicolao II e o traslado da familia. A organización do traslado confiouse a Vasilii Iakolev, o enviado especial do Comité, a quen Sverdlov coñecera ben no traballo revolucionario durante a primeira revolución rusa.[20]

Vasili Iakovlev liderou a misión secreta que levaría a familia imperial a Ekaterimburgo, co propósito de trasladalos posteriormente a Moscova. Debido á enfermidade de Aleksei, os gardas decidiron deixar os nenos, coa excepción de María, en Tobolsk, coa intención de reunilos máis adiante.

Entrega da familia ao Soviet dos Urais. Pintura de V. N. Pchelin (1927).

Nicolao, Alexandra e María abandonaron Tobolsk o 26 de abril de 1918 cunha escolta e chegaron a Tiumen ao día seguinte.[26] O 30 de abril o tren chegou a Ekaterimburgo, onde Iakolev deixou a familia baixo o mando do representante do Soviet dos Urais, Beloborodov.[27] Xunto á familia estaban o príncipe Dolgorukov, o médico Sergeii Botkin, a asistenta Ana Demidova, o mordomo de Nicolao Chementii Demodurov e o mariñeiro Ivan Sednev.[28]

Hai evidencias de que durante o traxecto de Nicolao II desde Tobolsk ata Ekaterimburgo, o líder do Soviet rexional dos Urais tratou de asasinalo.[29] Beloborodov escribiu máis adiante nas súas memorias inacabadas:

Pensamos que, quizais, nin sequera había necesidade de entregar a Nicolao a Ekaterimburgo, que de darse as condicións favorables durante o seu traslado, deberiamos dispararlle na calzada. Isto fixo que Zaslavskii tomase medidas para levalo a cabo, aínda que sen éxito... As súas intencións foron descubertas por Iakolev...[29]

O resto dos membros da familia, Aleksei, Olga, Tatiana e Anastasia, saíron cara a Ekaterimburgo o 20 de maio,[30] onde chegaron tres días máis tarde xunto a un grupo de axudantes e oficiais do séquito, dos cales só A. E. Company, I. M. Kharitonov, o sobriño de I. D. Sednev, Leonid Sednev[31] e o coidador de Aleksei, Klementii Nagornii foron acollidos na casa Ipatiev.[32] Os profesores dos nenos, Pierre Gilliard e Charles Sydney Gibbes, así como as damas de compañía, tiveron que quedar na estación de ferrocarril e non puideron acompañar a familia.[30] Os dous mestres permaneceron na cidade e a miúdo paseaban preto da casa Ipatiev.[30]

Os Romanov atopábanse baixo custodia do Exército Vermello en Ekaterimburgo. A guerra civil continuaba e o Exército Branco (unha ampla alianza de forzas anticomunistas) ameazaba con tomar a cidade, polo que creceu o medo a que os Romanov caesen en mans dos brancos. Tal posibilidade constituía algo inaceptable para os bolxeviques por dous motivos: en primeiro lugar, o tsar ou calquera membro da súa familia podían converterse nun símbolo da loita branca e solicitar máis apoios para a mesma; en segundo lugar, as nacións europeas podían considerar lexítimos dirixentes de Rusia o tsar ou calquera outro membro da súa familia se o tsar morría. Isto traduciuse nunha maior capacidade de negociación en favor dos brancos para obter apoio estranxeiro. Pouco despois da execución da familia imperial, a cidade caeu en mans do Exército Branco.

A mediados de xullo de 1918, as forzas da Lexión Checoslovaca aproximáronse a Ekaterimburgo para protexer o ferrocarril Transiberiano, do que tiñan control. Segundo o historiador David Bullock, os bolxeviques crían erroneamente que os checoslovacos tiñan a misión de rescatar os Romanov, polo que rendeu o pánico e executáronos. A Lexión chegou á cidade menos dunha semana despois e fíxose co seu control.[33]

Catividade en Ekaterimburgo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Casa Ipatiev.

A familia imperial mantívose nun estrito illamento na casa Ipatiev.[34] Tiñan prohibido falar noutra lingua que non fose o ruso.[35] Non tiñan acceso á súa equipaxe, que foi almacenada nun pequeno cuarto no patio da casa.[34] Tamén foron confiscadas as súas cámaras Kodak Brownie e o equipo fotográfico.[35] Pola súa banda o persoal do servizo recibiu a orde de referirse á familia polos seus nomes de pila e o patronímico.[36] Durante a estancia na casa a familia foi sometida a varios rexistros das súas pertenzas e foi confiscado o diñeiro que levaban para "ser custodiado polo tesoureiro Soviet Rexional dos Urais".[37]

A casa estaba rodeada por un valo de 4 metros que impedía ver o interior da casa desde as rúas.[38] O valo orixinal pechaba o xardín pola rúa Voznesenskii, e máis tarde, o 5 de xuño, construíuse un segundo, máis alto e longo que o primeiro, que pechou por completo o perímetro da propiedade.[39] Unha das razóns para que se levantase este segundo valo foi o descubrimento de que a xente podía ver desde o exterior as pernas de Nicolao cando este usaba o bambán do xardín.[40]

A casa Ipatiev, co valo que se levantou xusto antes da chegada de Nicolao, Alexandra, e María o 30 de abril de 1918. Na parte superior esquerda da casa había un ático onde se colocou unha metralladora Maxim. Xusto debaixo estaba o dormitorio dos antigos emperadores.[41]

Seláronse as ventás de tódalas estancias que ocupou a familia, inicialmente cubertas con follas de periódico e desde o 15 de maio os cristais foron encalados.[42] A única fonte de ventilación da familia foi unha fortochka[b] situada na habitación das grandes duquesas, e pola que tiñan completamente prohibido asomarse.[43][c] Tras pedilo en varias ocasións, permitíronlles que unha das dúas ventás na habitación de Nicolao e Alexandra quedase deselada o 23 de xuño.[44] Porén, os gardas recibiron a orde de incrementar a vixilancia na familia e os prisioneiros recibiron a orde de non mirar pola ventá ou intentar facer sinais a ninguén no exterior, baixo risco de recibir un disparo.[45] Desde esta ventá, a familia podía ver tan só o chapitel da catedral de Voznesenskii.[45] O 11 de xullo instalouse un enreixado debido a que Alexandra ignorou en repetidas ocasións as advertencias de Iurovski de non permanecer moi cerca da ventá cando esta estivese aberta.[46]

As cartas falsas[editar | editar a fonte]

O 18 de xuño, as monxas do convento de Novotiikhvin comezaron a enviar provisións á casa Ipatiev.[47][48] Nun destes envíos, Piotr Voikov e Aleksandr Beloborodov, presidente do Soviet Rexional dos Urais,[49] incluíu a instancias da cheka o envío de varias cartas escritas en francés nas que afirmaban ser un oficial monárquico que trataba de rescatar a familia.[48][50]

Os amigos non quedaron durmidos, e esperamos que a hora tan esperada chegase. A revolta dos checoslovacos é a ameaza máis seria aos bolxeviques. Samara, Cheliaabinsk e todo o leste e oeste de Siberia están baixo o control do goberno nacional interino. Un exército amigo de eslavos está a oitenta quilómetros de Ekaterimburgo, a resistencia do Exército Vermello é en balde. Estade atentos a todo o que suceda no exterior, esperade e tede esperanza. Pero ao mesmo tempo, prégovos, tede coidado, porque aínda non gañamos aos Bolxeviques, estades en verdadeiro e serio perigo. Estade preparados a cada hora, día e noite. Facede un debuxo das vosas habitacións: a localización, mobles, camas. Escribide a hora exacta a que ides para a cama. Un de vós debe quedar desperto de 2 a 3 cada noite. Respondede con poucas palabras, pero por favor, coa información necesaria para os vosos amigos no exterior. Dade a resposta ao mesmo soldado que vos entregou esta nota, pero non digades nin unha palabra.
Alguén que está disposto a morrer por vós.
Oficial do exército ruso.
Tradución da carta orixinal en francés[51][48]

O 26 de xuño a familia recibiu unha terceira carta na que o suposto oficial amigo lles pedía que se mantivesen alerta e esperasen polo sinal. Esa noite a familia quedou desperta e preparada polo que puidese pasar.[52] No diario de Nicolao aparece unha entrada no día 26 de xuño na que o tsar fixo referencia ás cartas recibidas:

...recentemente recibimos dúas cartas, por separado, [nas cales] dicíanos que iamos ser rescatados por xente leal!
Diario de Nicolao II. Xoves 26 de xuño de 1918 [52]

O día 28 de xuño a familia enviou unha carta de resposta:

Non queremos nin podemos ESCAPAR. Só podemos ser levados pola forza igual que nos trouxeron desde Tobolsk. Así que non contedes coa nosa axuda activa. O comandante ten moitos asistentes, a miúdo os substitúen e están alerta. Os gardiáns da nosa prisión e as nosas vidas nos tratan ben. Non queremos que sexan danados pola nosa culpa ou que vós sufrades por nós. O máis importante, polo amor de Deus, evitade o derramamento de sangue. Recollede información sobre eles. Baixar pola ventá sen unha escala é practicamente imposible. Pero mesmo logrando baixar, hai un gran perigo, xa que a ventá da habitación do comandante está no primeiro piso, e na entrada que dirixe ao patio hai unha metralladora. [Tachado: "Polo que abandonade a idea de secuestrarnos".] Se nos estades vendo, sempre podedes intentar salvarnos en caso dun perigo inminente real. Non sabemos o que ocorre no exterior, xa que non recibimos xornais, nin cartas. Desde que nos permitiron abrir as ventás, a vixilancia aumentou e non podemos nin sequera asomarnos pola ventá sen correr o risco de recibir un disparo na face.
Carta de resposta ao suposto oficial ruso.[48]

Estas cartas falsas, xunto coas respostas que recibiron dos Romanov (escritas tanto nos espazos en branco como no propio sobre),[53] deron ao Comité Executivo Central de Moscova a escusa necesaria para "liquidar" a familia.[54] Iurovski observou máis adiante que respondendo as cartas falsas, Nicolao "caeu no noso apresurado plan para atrapalo".[50]

A casa do propósito especial[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Iakov Iurovski.

O 4 de xullo, o comisario Beloborodov anunciou o arresto do comandante ao cargo da casa, Avdeiev, e o seu axudante Mochkin, por roubar algunhas das pertenzas da familia.[55][56] O home posto ao cargo da casa foi Iakov Iurovski, quen xa coñecera a familia o 26 de maio durante unha consulta do doutor Derevenko ao tsarévich.[57] Os traballadores da fábrica que facían de gardas da casa tamén foron substituídos por dez homes, na súa maioría prisioneiros de guerra austrohúngaros e pertencentes á Comisión Extraordinaria para o Combate da Contrarrevolución e a Especulación, máis coñecida como Cheka. Desde ese momento estes homes foron os únicos en manter contacto cos prisioneiros e a casa Ipatiev pasou a ser coñecida polos bolxeviques como a casa do propósito especial.[58] O 6 de xullo Iurovski entregou á familia unha caixa coas súas xoias para que verificasen o seu contido e asinasen un resgardo, deixándoas baixo a súa custodia.[59] Os Romanov descubriron neste momento que Avdeiev tamén lles estivera retendo a comida que lles enviaban desde o mosteiro.[59] O novo comisario da casa non mellorou as condicións nas que vivía a familia, e o día 11 de xullo o tsar anotou no seu diario que "cada vez lles compracía menos".[60][61] A tsarina referíase a Iurovski como "un home vulgar e desagradable".[48]

Para manter a sensación de normalidade, os bolxeviques aseguraron á familia o 13 de xullo de 1918 que os seus dous serventes leais, Klementii Nagornii, o mariñeiro ao cargo de Aleksei,[62] e Iván Sednev, o lacaio das grandes duquesas e tío de Leonid Sednev,[63] "foran enviados fóra da súa xurisdición".[d] Porén, ambos os dous levaban mortos desde que os bolxeviques os sacaran da casa en maio e foran fusilados pola Cheka xunto a outro grupo de reféns o 6 de xullo como represalia pola morte de Iván Malshev, un heroe local asasinado polos brancos.[64] Ese mesmo día, 13 de xullo, xunto a rúa da casa Ipatiev, manifestáronse os soldados do Exército Vermello, social-revolucionarios e anarquistas exixindo a disolución do soviet de Ekaterimburgo e a entrega do poder da cidade a eles. Esta rebelión foi suprimida violentamente por un rexemento dos Gardas Vermellos dirixidos por Piotr Ermakov, quen abriu fogo contra os manifestantes moi preto da ventá do dormitorio de Nicolao e Alexandra. As autoridades utilizaron o incidente como un exemplo da rebelión monárquica que ameazaba a seguridade dos prisioneiros na casa Ipatiev.[65] Nicolao tamén anotou a última entrada no seu diario ese día na que apuntaba que aínda que o xeonllo do tsarévich xa estaba ben, o rapaz aínda non podía camiñar.[60]

O día 14 de xullo un sacerdote e un diácono dirixiron a liturxia para a familia.[66] Á mañá seguinte, catro mulleres acudiron a fregar os chans da casa Popov e a casa Ipatiev, sendo os últimos civís en ver a familia con vida. En ambas as dúas ocasións os visitantes tiveron que seguir estritas instrucións de non manter ningunha conversa cos membros da familia.[67] Iurovski estivo presente nas dúas ocasións supervisando os visitantes.[68]

O plan para a execución[editar | editar a fonte]

O Soviet Rexional dos Urais acordou nunha reunión o día 29 de xuño que a familia Romanov debía ser executada. Filipp Goloshchiokin chegou a Moscova o 3 de xullo cunha mensaxe insistindo na execución do Tsar.[69] Tan só 23 membros do Comité Executivo Central estaban presentes, entre eles Vladimir Lenin, Iakov Severdlov e Felix Dzerzhinskii.[49] Acordouse que o presidium do soviet rexional debía organizar os detalles prácticos para a execución e tomar a decisión do día no que se ían producir os feitos segundo a situación militar, contactando con Moscova para a aprobación final.[70]

A execución da tsarina e os nenos tamén se discutiu, pero a decisión tivo que quedar baixo segredo de estado para evitar as repercusións políticas, xa que o embaixador alemán Wilhelm von Mirbach facía numerosos requirimentos aos bolxeviques para coñecer o estado da familia.[71] O cónsul británico Thomas Preston, quen vivía preto da casa Ipatiev, recibiu presións por parte de Pierre Gilliard, Sydney Gibbes e o príncipe Vasilii Dolgorukov para axudar a familia,[72] o último a través de notas desde a prisión antes de ser executado por Grigorii Nikulin, o axudante de Iurovski.[73] Porén, as peticións de Preston para obter acceso á familia foron constantemente rexeitadas.[74] Como Trotski tratou de explicar despois, "a familia do Tsar foi vítima do principio que supón o eixo das monarquías: a herdanza dinástica", polo que as súas mortes eran necesarias.[75] Goloshchiokin enviou a Ekaterimburgo o 12 de xullo un resumo da súa discusión sobre os Romanovs en Moscova,[49] xunto á instrución de que ningún detalle relativo ás súas mortes debía comunicarse directamente a Lenin.[76]

O 14 de xullo Iurovski rematara a busca do lugar para agochar os cadáveres e a forma de destruír o máximo número de probas dunha vez.[77] Consultou varias veces con Piotr Ermakov, quen estaba á fronte do escuadrón de fusilamento e afirmou coñecer un lugar nas aforas da cidade onde agochar os restos.[78] O comandante da casa Ipatiev pretendía reunir toda a familia e os seus serventes nun espazo pequeno do que non puidesen escapar. A habitación escollida no soto da casa para tal propósito tiña unha ventá con reixa que foi cuberta con material illante para mitigar os sons dos disparos no interior e os posibles gritos.[78] A opción de disparar ou apuñalar a familia mentres estivesen durmidos ou fusilalos no bosque e despois botalos nun estanque con pesas para que afundisen quedou descartada.[79] O plan de Iurovski consistía nunha execución eficiente dos once prisioneiros simultaneamente, aínda que tamén tivo en conta que debía evitar que os homes violasen as mulleres e rebuscasen nos corpos na busca de xoias.[37] Despois da incautación previa dalgunhas xoias, Iurovski sospeitaba que podía haber algunhas agochadas entre a roupa,[37] polo que os corpos debían ser espidos para obter o resto. Isto, xunto ás mutilacións, pretendía evitar que os investigadores puidesen identificar os corpos no caso de que os atopasen.[80]

O 16 de xullo Iurovski recibiu información dos soviets dos Urais segundo a cal os continxentes do Exército Vermello se estaban retirando en todas direccións e que as execucións non podían atrasarse máis. Enviou un telegrama cifrado a través de Goloshchiokin e Georgii Safarov arredor das 6 da tarde para Lenin en Moscova.[81] Non hai rexistros documentais da resposta de Moscova, aínda que Iurovksi insistiu en que recibiu de Goloschiokin unha orde do VTsIK para continuar cara ás 7 da tarde.[82] Esta versión concorda coa que deu na década de 1960 un antigo garda do Kremlim, Aleksei Akimov, segundo a cal Sverdlov lle ordenou persoalmente entregar un telegrama á oficina de telégrafos coa confirmación do VTsIK para o "xuízo"[e], pero con instrucións claras de que tanto a mensaxe escrita como a cinta copiadora debían ser levadas de volta inmediatamente despois do envío.[83] Porén, segundo algúns historiadores a decisión de executar a familia foi tomada en Ekaterimburgo por Goloshchiokin.[84]

Ás 8 da tarde, Iurovski mandou o seu chofer a buscar un camión para o transporte dos corpos, e rolos de tea para envolvelos. A intención era aparcar o camión tan preto da entrada ao soto como fose posible, co motor en marcha para camuflar o son dos disparos.[85] Iurovski e Pavel Medvedev colleron as 14 pistolas que ían utilizar aquela noite: dúas pistolas Browning, dúas pistolas Colt americanas, dúas Mauser de 7.65, unha Smith & Wesson e sete Nagant de fabricación belga. As Nagant funcionaban coa antiga pólvora negra que producía unha gran cantidade de fume.[86]

No seu despacho, Iurovksi asignou as vítimas a cada un dos integrantes do pelotón, antes de repartir as pistolas. El quedou cunha das Mauser e unha Colt, mentres que Ermakov colleu sete Nagants, unha Mauser e unha baioneta; foi o único que recibiu o encargo de matar dúas vítimas, Alexandra e Botkin. Iurovski explicou aos seus homes que debían "disparar directamente ao corazón e evitar un excesivo derramamento de sangue e rematar cedo".[87] Polo menos dous dos letóns, un prisioneiro de guerra austrohúngaro chamado Andras Verhas e mais Adolf Lepa, rexeitaron disparar ás mulleres. Iurovski enviounos a casa Popov por non estar á altura "nun momento tan importante da súa tarefa revolucionaria".[88] Nin Iurovski nin o resto dos presentes coñecían o procedemento para desfacerse eficientemente dos once cadáveres.[76] O comandante estaba baixo a presión de asegurarse de que ningún resto fose atopado máis adiante polas tropas monárquicas e supuxese un aumento do anticomunismo.[89]

Execución[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: María, Olga, Anastasia e Tatiana cativas en Tsarskoe Selo durante a primavera de 1917. Trátase dunha das últimas fotografías coñecidas das fillas do tsar Nicolao II
Aspecto do soto da casa Ipatiev onde foron fusilados os Romanov. O muro atópase esnaquizado pola procura realizada polos investigadores de balas e outras probas tralo fusilamento.

Cara á media noite entre o 17 e 18 de xullo de 1918, Iakov Iurovski, ordenou ao médico dos Romanov, o doutor Eugene Botkin, que os espertase e lles ordenase vestirse co pretexto de que os ían trasladar a un lugar máis seguro ante o inminente caos que reinaría en Ekaterimburgo.[1] A familia e os seus acompañantes foron levados a un soto de 6 × 5 m. Nicolao preguntou se Iurovski podía traer dúas cadeiras para que Aleksei e a tsarina puidesen sentar.[90]

Os sentinelas dixeron á familia real que debían esperar ata a chegada do camión que os ía trasladar a un lugar seguro. Uns minutos despois chegou un escuadrón de execución da policía secreta e Iurovski leu en voz alta a orde que recibía do Comité Executivo dos Urais. Descoñécese o texto exacto da sentenza, pronunciado Iurovski ante o pelotón de fusilamento. Nos materiais do xuíz de instrución N. A. Sokolov hai testemuñas do garda Iakimova, sobre esta escena na que Iurovski diría:[91]

Nikolai Aleksandrovich, os teus familiares trataron de salvarte, pero iso non era necesario. Por iso estamos obrigados a dispararvos

M. A. Medvedev (Kudrin) describiu a escena do seguinte xeito[92][93]:

Nikolai Aleksandrovich! Os intentos dos seus partidarios de salvarte non tiveron éxito! E aquí, no duro ano para a república Soviética... —Iakov Mikhailovich mellora a voz e a man curta o aire:— ...déronnos a misión de acabar coa casa dos Romanov!

Nicolao, de fronte á súa familia, virouse e dixo: «Que? Que?».[94][30] Iurovski rapidamente repetiu a orde e alzáronse as armas. Olga, segundo o testemuño dun dos gardas, tentou persignarse, pero non o conseguiu ao iniciarse o fusilamento. Segundo os relatos, Iurovski apuntou a súa arma cara ao torso de Nicolao e disparou; Nicolao caeu morto. Iurovski a continuación disparou a Aleksei. O resto de executores comezaron entón a disparar caoticamente ata que todas as vítimas caeron ao chan. Dispararon varias veces máis e abriron as portas para disipar o fume.[30] Houbo varios sobreviventes, polo que Peter Ermakov os rematou co seu baioneta, xa que os disparos podían ouvirse desde fóra.[1] As últimas en morrer foron Tatiana, Anastasia e María, que portaban ao redor de 1,3 kg de diamantes cosidos na súa roupa, o que até certo punto as protexeu.[95] Con todo, rematáronas coa baioneta igualmente. Olga sufriu un tiro na cabeza; María e Anastasia parece ser que se agacharon contra a parede cubríndose a cabeza ata que foron alcanzadas. O propio Iurovski matou a Tatiana e Aleksei, Tatiana morreu dun só disparo na parte posterior da cabeza.[96] Aleksei recibiu dous impactos de bala na cabeza, xusto detrás da orella, pois os executores decatáronse de que non morrera polo primeiro tiro.[97] Anna Demidova, a criada de Alexandra, sobreviviu ao fusilamento inicial pero foi rapidamente executada mentres trataba de defenderse cunha pequena almofada que levara e que estaba chea de xemas preciosas e xoias.[98]

Traslado á mina[editar | editar a fonte]

Debido á présa coa que se desfixeron dos corpos, varias das súas pertenzas, como estes topacios quedaron fóra da vista dos homes de Iurovski e foron recuperadas máis adiante por Sokolov en 1919.[99]

Os corpos dos Romanovs e os seus serventes subíronse a un camión Fiat equipado cun motor 60 HP,[100] cunha zona de carga de 1,8 × 3 m[101]. Moi cargado, o vehículo apenas percorreu os 14 km que había ata o bosque de Koptiakii. Iurovskii enfureceu cando descubriu que Ermakov, quen estaba bébedo, só trouxera unha pa para o enterramento.[102] Case un quilómetro máis adiante, 25 homes que traballaban para Ermakov, tamén bébedos,[103] esperaban que os levasen aos prisioneiros aínda vivos, para poder abusar das mulleres[104][105] e poder matar eles a familia.[103] O camión quedou avariado nunha área de terreo pantanoso e os homes tiveron que descargar os corpos nunhas carretas que tiñan preparadas e levalos ata a mina dos Catro Irmáns, o lugar escollido para o enterramento.[106][104][103] Iurovski logrou manter o control da situación con gran dificultade.[104] Algúns dos homes de Ermakov rexistraron os corpos das mulleres na busca de xoias, descubrindo entón que todos as vítimas ían cheas de xoias e levaban amuletos de Rasputin.[103] Algún chegou a abusar do cadáver da emperatriz.[105][104] Iurovski ordenoulles a punta de pistola que se mantivesen afastados dos corpos, despedindo os dous que abusaran do corpo da emperatriz e outros que descubrira saqueando os restos.[105][103] Un destes homes burlouse afirmando que podía "morrer en paz",[104] tras "tocar a cona real".[105]

Iurovski e outros cinco homes colocaron os corpos na herba e espíronos, para a continuación queimar a roupa. Iurovski fixo un inventario das xoias que ían aparecendo e tan só a roupa de María non contiña ningunha, o cal para Iurovski foi a proba de que a familia perdera a confianza nela despois de que esta trabase amizade cun dos gardas en maio.[80][107] En total apareceron máis de 8 kg de xoias e pedras preciosas que foron enviadas a Moscova.[103] Unha vez que os corpos estiveron completamente espidos foron bañados en ácido sulfúrico para desfiguralos e lanzados ao interior da mina que resultou ser de tan só 3 metros de profundidade. Outro problema resultou ser o lodo do seu interior que impedía que os corpos se somerxesen como esperaban, polo que Iurovski tratou, sen éxito, de colapsar a mina lanzando varias granadas e camuflala despois con terra e varias ramas das árbores.[108] Presa do pánico[103] Iurovski regresou á cidade para informar oo Presídium, recoñecendo que non se puido desfacer dos corpos,[109] e que a mina non resultou ser como esperaban.

Un membro do soviet local, Sergeii Chutskaev, informou a Iurovski da existencia dunhas minas de cobre máis profundas ao oeste da cidade, nunha área remota e menos pantanosa e na que había menos posibilidade de que se atopasen os restos.[76] Iurovski inspeccionou o lugar na tarde do 17 de xullo e informou á Cheka no Hotel Amerikanskaia.[103] Pediu que se enviasen máis camións ata Koptiakii mentres encargou a Petr Voikov que obtivese barrís de petróleo, queroseno e ácido sulfúrico, e gran cantidade de leña seca. Tamén incautou varios carros de cabalos para utilizalos no traslado dos cadáveres ata o novo destino.[110] Iurovski e Goloshchiokin, xunto a varios axentes da Cheka, regresaron á mina dos Catro Irmáns sobre as catro da mañá do 18 de xullo. Os corpos foron subidos un a un coa axuda dunhas cordas atadas nas cinturas e cubertos cunha lona.[109] Iurovski pensou que quizais non terían suficiente tempo para levar os corpos ata a outra mina, polo que ordenou aos seus homes que cavasen unha fosa alí; porén, o terreo resultou ser demasiado duro. Regresou ao Hotel Amerikanskaia para informar a Cheka. Confiscou un camión que encheu con bloques de formigón que pretendía atar aos corpos antes de lanzalos na nova mina. Un segundo camión trasladou os axentes da Cheka que ían axudar a mover os cadáveres. Iurovksi regresou ao bosque cara ás 22:00 do 18 de xullo. Cargaron os corpos de novo no camión Fiat, que para entón xa conseguiran rescatar do lodo.[111].

Dormentes na estrada Koptiaki en 1919. O investigador Nikolai Sokolov tomou esta fotografía como proba do lugar no que o camión Fiat quedou atascado ás 4:30 da mañá o 19 de xullo, sen saber que en realidade este foi o segundo lugar do enterramento.[112]

Durante o traslado ata as minas de cobre na mañá do 19 de xullo, o camión Fiat que levaba os corpos quedou de novo atascado no lodo preto de Ganina Iama. Cos homes exhaustos e rexeitando obedecer as ordes, Iurovskii decidiu soterrar os corpos baixo o camiño onde o camión quedara atascado.[113] Cavaron unha fosa de 1,82 × 2,43 metros de ancho e 1 metro de profundidade.[114] O corpo de Aleksei Trupp foi lanzado o primeiro, seguido do tsar e do resto. De novo verteron ácido sulfúrico para disolver os corpos, desfiguraron os rostros coas culatas dos rifles e cubriron os corpos con cal. Colocáronse varios traveseiros das vías de tren sobre a tumba para camuflala e pasaron en varias ocasións por riba co camión Fiat para compactar a terra. O enterramento rematou ás 6 da mañá do 19 de xullo.[114]

Iurovskii separou o corpo do tsarévich Aleksei e unha das súas irmás para soterralos a case 15 metros de distancia, nun intento de confundir a calquera que descubrise unha foxa común con só nove corpos. Debido a que o corpo da muller estaba desfigurado, Iurovskii confundiuno co de Anna Demidova. No seu informe escribiu que quería destruír o corpo de Alexandra.[115] Os corpos de Aleksei e a súa irmá foron queimados e os ósos que quedaron foron esmagados coas pas e despois deixados nunha foxa máis pequena.[114] Tan só quedaron 44 restos parciais de ósos, que non foron descubertos ata agosto de 2007.[116]

Autores[editar | editar a fonte]

Piotr Ermakov sobreviviu á guerra civil. Porén, ao contrario do resto do grupo, non foi condecorado, polo que entrou en depresión. O resto da súa vida,[117] loitou sen descanso para "inflar" o seu papel na execución así coma na propia revolución.[118]. Os membros do Partido Comunista renden tributo na súa tumba no aniversario da execución da familia imperial, porén nalgunha ocasión tamén foi vandalizada.[119]

O profesor de historia da Universidade Estatal dos Urais, Ivan Plotnikov, estableceu que os verdugos foron Iakov Iurovski, Grigorii P. Nikulin, Mikhail A. Medvedev (Kudrin), Piotr Ermakov, Stepan Vaganov, Aleksei G. Kabanov (antigo soldado da garda imperial do tsar e membro da cheka ao que lle foi asignada a metralladora do ático)[41], Pavel Medvedev, V. N. Netrebin, Y. M. Tselms e Filipp Goloshchiokin. Este último, asociado próximo a Iakov Sverdlov, comisario militar do Comité Executivo dos Urais en Ekaterimburgo, non participou directamente. Outros dous ou tres gardas rexeitaron tomar parte na execución.[120]

Piotr Voikov recibiu a tarefa específica de preparar a disposición dos corpos. Obtivo 570 litros de gasolina e 180 kg de ácido sulfúrico na farmacia de Ekaterimburgo. Foi testemuña, aínda que máis adiante afirmou que participou directamente na execución, saqueando as pertenzas das grandes duquesas.[101] Trala execución declarou que "o mundo nunca saberá o que fixemos con eles". Máis adiante serviu como embaixador soviético en Polonia onde foi asasinado por un monárquico ruso en xullo de 1927.[121]

Os homes que estiveron directamente implicados na execución sobreviviron en gran parte aos meses posteriores.[121] Stepan Vaganov, un asociado próximo a Ermakov,[122] foi atacado e asasinado por un grupo de campesiños a finais de 1918 pola súa participación nos actos de represión da cheka local. Pavel Medvedev, líder da garda da casa Ipatiev e unha das figuras clave na execución,[68] foi capturado polo Exército Branco en Perm en febreiro de 1919. Durante o interrogatorio negou a súa participación na execución da familia imperial e morreu en prisión por mor do tifo.[121]

Alexandre Beloborodov e o seu lugartenente Boris Didkovski foron executados en 1938 durante a Gran Purga. Filipp Goloshchiokin foi fusilado en outubro de 1941 nunha prisión do NKVD e soterrado nunha tumba anónima.[118]

Iakov Iurovski nunha fotografía de 1918.

Tres días despois do asasinato dos Romanov, Iurovski reportou persoalmente a Lenin os sucesos daquela noite e foi recompensado cun nomeamento na cheka de Moscova. Tivo unha serie de postos económicos e no partido e morreu no hospital do Kremlin en 1938 aos 60 anos. Antes da súa morte, doou as pistolas que usou a noite do 16 de xullo de 1918 ao museo da revolución de Moscova[53] e deixou tres valiosas, aínda que contraditorias, versións dos feitos. Nunca expresou remordementos polos asasinatos.[123] No seu lugar lembraba, nunha última carta aos seus fillos pouco antes da súa morte, a súa carreira revolucionaria e como "a tormenta de Outubro lle trouxo o seu lado máis brillante", converténdoo no "máis feliz dos mortais".[124] Tanto el como o seu asistente Nikulin, quen morreu en 1964, foron soterrados no cemiterio de Novodevichii en Moscova.[125] O seu fillo, Aleksandr Iurovski, entregou voluntariamente as memorias do seu pai aos arqueólogos afeccionados Avdonin e Ryabov en 1978.[126]

Lenin vía a dinastía Romanov como "a inmundicia monárquica, unha desgraza de 300 anos"[75] e referíase a Nicolao II nas súas conversas e escritos como "o peor inimigo do pobo ruso, verdugo sanguinario" e "un ladrón coroado".[127] Os rexistros escritos segundo os cales Lenin dirixía a cadea de mando que decidiu o destino final da familia nunca foron debidamente camuflados.[75] Lenin actuou con extrema precaución, o seu método favorito foi o de empregar telegramas codificados, insistindo en que o orixinal e mesmo a cinta copiadora fosen destruídas. Segundo uns documentos descubertos no Arquivo nº 2 (Lenin), nº 86 (Sverdlov) así como os arquivos do Consello de Comisarios do Pobo e do Comité Executivo Central, revelaron que un grupo selecto de persoas era escollido regularmente para retransmitir as súas instrucións, tanto as notas confidenciais como as directivas anónimas feitas en nome do Consello de Comisarios do Pobo.[14]. En todas estas decisións, Lenin insistiu en que non quedasen rexistros escritos. Os 55 volumes dos Traballos selectos de Lenin, así como as memorias daqueles que tomaron parte na decisión e na execución foron escrupulosamente censurados, realzando os papeis de Sverdlov e Goloshchiokin.

Porén, Lenin estaba ao tanto da decisión de Vasilii Iakolev de levar a Nicolao, Alexandra e María a Omsk en lugar de Ekaterimburgo en abril de 1918, mostrándose preocupado pola ameaza extrema do soviet dos Urais en Tobolsk e ao longo do traxecto do ferrocarril transiberiano. A Crónica bibliográfica da vida política de Lenin confirma que nun primeiro momento Lenin, entre as 18:00 e as 19:00, e máis tarde xunto a Sverdlov, entre as 21:30 e 23:50, mantiveron contacto directo vía telégrafo co soviet respecto á decisión de Iakolev de mudar a ruta. A pesar da decisión inicial de Iakolev de levar a familia máis lonxe ata o remoto distrito de Simskii Gornii na provincia de Ufa, onde poderían agochalos nas montañas, advertindo que "o paquete" podía ser destruído se eran entregados ao soviet dos Urais, Lenin e Sverdlov mostráronse inflexibles no feito de que debían ser enviados a Ekaterimburgo.[128] Lenin tamén recibiu de bo grado a noticia da morte da gran duquesa Isabel, asasinada en Alapaevsk xunto a outro grupo de Romanovs o día 18 de xullo de 1918, remarcando que "a virtude coa coroa era peor inimigo para a revolución mundial que cen tsares tiranos".[129][130]

A historiografía soviética retratou a Nicolao como un líder débil e incompetente cuxas decisións deron lugar a derrotas militares e á morte de millóns dos seus súbditos,[16] mentres que a reputación de Lenin foi protexida a toda costa, sen ningún tipo de descrédito sobre el. A responsabilidade da "liquidación" da familia Romanov foi outorgada directamente aos soviets dos Urais e á cheka de Ekaterimburgo.[14]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Anuncio da execución[editar | editar a fonte]

Un xornal local de Ekarterimburgo publicou o 19 de xullo:

"Execución de Nicolao, o sanguinario asasino coroado – Disparado sen formalidades burguesas pero de acordo cos nosos novos principios democráticos... a súa muller e fillo foron enviados a un lugar seguro."

Na tarde dese mesmo día, Filipp Goloshchyokin anunciou na Ópera de Petrogrado que "Nicolao o sanguinario" fora fusilado e a súa familia levada a outro lugar".[132] Dous días máis tarde apareceu un anuncio oficial na prensa nacional, no que se podía ler que o monarca fora executado por orde do soviet dos Urais baixo a presión pola proximidade das tropas checoslovacas.[133]

Os xornais difundiron que o tsar fora axustizado seguindo ordes do Uralispolkom baixo a presión da aproximación da Lexión Checoslovaca.[133] Aínda que as fontes oficiais soviéticas sinalaban a Uralispolkom como responsable, Lev Trotski involucraba no seu diario a Lenin. Trotski escribiu:

A miña seguinte visita a Moscova tivo lugar despois da caída de Ekaterimburgo. Falando con Sverdlov, pregunteille: "Ah, si, e onde está o tsar?" "Acabouse", respondeu. "Foi fusilado". "E onde está a súa familia?" "A súa familia [foi fusilada] con el". "Todos eles?" preguntei, cunha aparente sorpresa. "Todos eles", respondeu Iakov Sverdlov. "Que che parece?" díxome, esperando a miña reacción. Non din resposta. "E quen tomou a decisión?" preguntei. "Decidímolo aquí. Ilich [Lenin] cría que non debiamos deixar aos brancos un símbolo vivo polo que reunir apoios, especialmente baixo as difíciles circunstancias actuais".[9]

Porén, non hai probas concluíntes de que Lenin ou Sverdlov desen a orde.[10] V. N. Solovyov, xefe dunha investigación realizada polo Comité Investigador de Rusia en 1993 sobre o fusilamento, concluíu que non había documentos fiables que sinalasen a Lenin ou Sverdlov como responsables.[11][12][13] Declarou:

Segundo a presunción de inocencia, ninguén pode ser declarado culpable sen probas. No caso criminal, os expertos das autoridades realizaron unha busca sen precedentes de fontes de arquivos empregando tódolos materiais dispoñibles. Entre eses expertos encontrábase Serguei Mironenko, director do arquivo máis grande do país, o Arquivo do Estado da Federación Rusa. O estudo involucrou os principais expertos na materia (historiadores, arquivistas). Podo dicir, con seguridade, que hoxe non existe un documento fiable que probe a iniciativa de Lenin e Sverdlov.
V.N. Solovyov[12]

En 1993 publicouse o relato de 1922 de Iakov Iurovski. Segundo o mesmo, as unidades da Lexión Checoslovaca aproximábanse a Ekaterimburgo. O 17 de xullo de 1918, Iurovski e outros carcereiros bolxeviques, temendo que a Lexión liberase a Nicolao tras conquistar a cidade, executouno xunto á súa familia. O día seguinte, Iurovski saíu rumbo a Moscova cun informe para Sverdlov. Axiña os checoslovacos tomaron Ekaterimburgo, o seu apartamento foi saqueado.[134]

Investigación de Sokolov[editar | editar a fonte]

Nikolai Sokolov levou a cabo a investigación da execución dos Romanov en 1919.

Cando Ekaterimburgo foi conquistada polas tropas do Exército Branco o 25 de xullo dese ano, o almirante Aleksandr Kolchak estableceu unha comisión encargada de investigar os asasinatos. O investigador da Corte Rexional de Omsk, Nikolai Sokolov, entrevistouse con varios membros do séquito dos Romanov en febreiro de 1919, entre eles Pierre Gilliard, Alexandra Tegleva e Sydney Gibbes.[135]

A investigación Sokolov inspeccionando a mina na primavera de 1919.

Sokolov descubriu un gran número de pertenzas e obxectos de valor da familia que foron pasadas por alto por Iurovski e os seus homes, tanto dentro como arredor da mina onde depositaron inicialmente os corpos. Entre eles había varios fragmentos queimados de ósos, graxa conxelada,[136] a dentadura postiza superior do doutor Botkin, así como lentes, insignias, zapatos, perlas, diamantes,[137] varios fragmentos de bala e algúns dedos de muller.[95] Só o cadáver do can King Charles Spaniel de Anastasia, Jimmy, apareceu na mina.[138] A fosa non revelou restos de roupa, o cal concordaba co relato de Iurovski polo cal toda a roupa das vítimas fora queimada antes de que os corpos se lanzasen ao fondo da mina.[139] Sokolov non foi quen de atopar o lugar na estrada Koptiakii no que finalmente se depositaron os corpos, fotografando o punto como proba do lugar onde quedara atascado o camión Fiat na mañá do 19 de xullo.[112]

O inminente regreso das forzas bolxeviques en xullo de 1919 forzou a evacuación do lugar, e Sokolov recolleu nunha caixa as reliquias que puido recuperar.[140] A investigación foi recollida en numerosos rexistros fotográficos e de testemuñas que encheron un total de oito volumes.[141] Sokolov morreu en Francia en 1924 antes de poder completar a súa investigación.[142] A caixa cos restos conservouse na Igrexa Ortodoxa rusa do Santo Xob en Bruxelas.[143]

Pertenzas da familia Romanov recuperadas de Ekaterimburgo expostas no Seminario da Santa Trindade de Jordanville, Nova York. Á dereita está unha blusa que pertenceu a unha das grandes duquesas.[144]

O informe preliminar de Sokolov foi publicado nun libro ese mesmo ano primeiro en francés e máis adiante en ruso, e foi a única explicación histórica aceptada sobre os asasinatos durante 65 anos ata 1989.[145] A investigación concluíu que os prisioneiros morreron instantaneamente durante a execución, coa excepción de Aleksei e Anastasia, que recibiron disparos e golpes coas baionetas ata a súa morte,[146] e que os corpos foron destruídos nunha gran fogueira.[147] A publicación e aceptación mundial da investigación levou os soviéticos a publicar un libro aprobado polo goberno que plaxiaba en gran medida o traballo de Sokolov, en 1926, admitindo que a emperatriz e os nenos foran asasinados xunto ao tsar.[145] En 1938, Stalin emitiu unha prohibición sobre toda discusión acerca do asasinato da familia imperial.[148] Prohibiuse tamén o informe de Sokolov.[112]

Durante o goberno de Leonid Brezhnev o Politburo considerou que a casa Ipatiev non tiña "suficiente relevancia histórica" e foi demolida en 1977 polo director do KGB Iuri Andropov,[123] a piques de cumprirse o sesenta aniversario dos sucesos. Boris Eltsin escribiu nas súas memorias que "tarde ou cedo avergoñarémonos desta mostra de barbarismo". A destrución da casa non detivo a peregrinación dos monárquicos ao lugar.[148]

Destino da casa Ipatiev[editar | editar a fonte]

A Igrexa sobre o Sangue foi construída no lugar que ocupou a casa Ipatiev despois da desintegración da Unión Soviética.

En 1923, comezaron a distribuírse fotografías da casa pola prensa soviética baixo o título "o derradeiro palacio do derradeiro Tsar". En 1927, a casa foi convertida nun anexo do Museo da Revolución dos Urais. Máis adiante pasou a ser unha escola de agricultura e no 1938 converteuse nun museo antirrelixioso. Durante este período, era obrigatorio que os membros do partido visitasen a casa en grandes grupos e tomasen fotografías xunto á parede do soto no que se executou á familia.

En 1946, a casa pasou a mans do Partido Comunista local, e máis adiante, en 1974 foi incluída na listaxe de Monumentos Histórico-revolucionarios. Porén, o lugar comezou a ser un centro de peregrinación entre aqueles que desexaban render honra á memoria da familia imperial.

En 1978, coa chegada do 60 aniversario da execución, o Politburo, decidiu actuar, declarando que a casa non tiña suficiente relevancia histórica e ordenou a súa demolición. O pedimento foi enviado ao xefe do partido na rexión Boris Eltsin, que ordenou a demolición en xullo de 1977. A pesar da demolición, a xente continuou chegando ó lugar, a miúdo en segredo e pola noite, deixando símbolos de recordo. Coa caída da Unión Soviética a Igrexa sobre o Sangue foi erixida no lugar.

Descuberta dos restos[editar | editar a fonte]

Durante anos descoñeceuse se toda a familia fora executada xunto a Nicolao II.

En maio de 1979, os restos da maior parte da familia e dos seus serventes foron atopados polo afeccionado á arqueoloxía Alexander Avdonin e o cineasta Geli Ryabov, tras varios anos de investigación e estudo das fontes existentes.[148][149] Recolleron tres cranios da tumba, pero despois de non lograr atopar un científico ou laboratorio no que examinalos, comezaron a preocuparse polas posibles consecuencias do achado dos restos, e decidiron volvelos soterrar no verán de 1980,[150] mantendo o segredo do descubrimento ata a caída da Unión Soviética.[151] O goberno de Mikhail Gorbachev trouxo á Unión Soviética a era da glasnost (apertura) e perestroika (reforma), levando a que Ryabov anunciase o descubrimento dos restos no xornal The Moscow News o 10 de abril de 1989,[152] para horror de Avdonin.[153]

En xullo de 1991 exhumáronse cinco corpos: o do tsar, a tsarina e tres das súas fillas.[154] Os oficiais soviéticos levaron a cabo unha precipitada "exhumación oficial" que esnaquizou o sitio e destruíu importantes probas. Como non había restos de roupa nos corpos e os danos infrinxidos foron considerables, desatouse a controversia acerca da atribución dos restos de Anastasia ou se estes pertencían realmente a súa irmá María.[3] Tralas probas de ADN os restos foron trasladados con honras de Estado á capela de Santa Catarina da fortaleza de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo, onde descansan os restos da maioría dos monarcas rusos desde tempos de Pedro I.[155] O presidente Boris Eltsin e a súa dona Naina Eltsina asistiron ao funeral xunto a varios parentes dos Romanov (entre eles Miguel de Kent). Debido a que había unha considerable discrepancia no seo da Igrexa Ortodoxa Rusa acerca de se os restos descubertos no bosque pertencían realmente á familia do Tsar, o Santo Sínodo opúxose á decisión do goberno de enterralos na fortaleza de San Pedro e San Paulo, preferindo que se instalase unha "tumba simbólica" ata que se probase a autenticidade dos restos.[156] Como resultado, durante a cerimonia de xullo de 1998, o sacerdote que dirixiu os oficios referiuse aos restos como os de "vítimas cristiás da revolución" en lugar da familia imperial.[157]

O 29 de xullo de 2007, outro grupo de afeccionados locais á arqueoloxía atopou un pequeno foso no que se atopaban os restos de Aleksei e os da gran duquesa que faltaba, situado xunto a dúas pequenas piras non moi lonxe do sitio principal da estrada de Koptiakii.[158][3] Aínda que os investigadores e criminólogos atribuíron os restos a Aleksei e María, os restos permanecen almacenados nos arquivos estatais esperando a que igrexa emita a súa opinión,[159] tras exixir unha análise "mais profunda e detallada".[116]

O destino dos outros Romanov[editar | editar a fonte]

Ademais da familia directa do emperador, entre 1918 e 1919 outro grupo de Romanovs correu a mesma sorte.[160] Estes permaneceran en Rusia por varias razóns. Un grupo de 27 amigos e parentes –14 Romanovs e 13 membros da corte e próximos á familia–,[161] foron executados polos bolxeviques durante este período.

A execución de Miguel Aleksandrovich[editar | editar a fonte]

O gran duque Miguel xunto ao seu secretario durante o seu exilio en Perm.

O primeiro dos Romanovs en ser executado foi o gran duque Miguel Aleksandrovich Romanov, o irmán máis novo do tsar Nicolao e en quen abdicara o trono un ano antes.[162] Miguel e o seu secretario Brian Johnson estaban exiliados en Perm, cando a noite do 12 ao 13 de xuño, un grupo de homes armados entrou no hotel no que estaban aloxados e os levaron a un bosque para asasinalos. Os seus restos aínda non foron descubertos.[163]

O asasinato foi presentado como o secuestro de Miguel Aleksandrovich tras un plan dos seus partidarios para rescatalo e foi usado polas autoridades como pretexto para aumentar o réxime de illamento do resto dos membros da familia que estaban baixo arresto: a familia imperial en Ekaterimburgo e un grupo de grandes duques en Alapaievsk e Vologda.[164].

Os mártires de Alapaevsk[editar | editar a fonte]

Case de xeito simultáneo á execución da familia imperial tivo lugar a execución dos grandes duques na cidade de Alapaevsk, situada a 140 quilómetros de Ekaterimburgo, a noite do 18 de xullo de 1918. Os prisioneiros foron levados a unha mina abandonada, situada a 12 quilómetros da cidade e lanzados ao seu interior.[165][166][167]

Cara ás 3:15 da mañá, o Comité Executivo do Concello de Alapaevsk telegrafou a Ekaterimburgo para informar de que os grandes duques e os seus acompañantes foran secuestrados por un grupo de homes descoñecido, que tamén foran os autores do ataque á escola na que estaban retidos.[168] O mesmo día o Comisario do soviet dos Urais enviou unha mensaxe a Moscova e Petrogrado:[168]

O Comité Executivo de Alapaevsk informou do ataque na mañá do dezaoito, descoñécense os grupos locais que levaron a cabo a detención dos antigos Grandes Duques Igor Constantinovich, Constantino Constantinovich, Serxio Consntantinovich e Fields (Paley). Aínda que houbo resistencia dos gardas dos príncipes secuestrados. Houbo vítimas de ambos os dous bandos.

Os rexistros dos asasinatos de Alpaevsk foron similares aos de Ekaterimburgo. En ambos os dous casos as vítimas foron lanzadas a unha mina abandonada no bosque, e tamén nos dous casos houbo intentos de derribar a mina con granadas. Porén no caso de Alpaevsk a crueldade foi se cabe maior, posto que salvo no caso do gran duque Sergei, que recibiu un disparo por tratar de opoñerse, o resto das vítimas foron lanzadas vivas á mina. A pesar das granadas, moitos sobreviviron[165]. Segundo parece, os grandes duques comezaron a rezar e cantar a oración Deus, salva a túa xente![f][165] e morreron ao cabo de varios días pola falta de osíxeno.[168] Os corpos puideron ser rescatados cando o Exército Branco tomou a cidade en outubro de 1918.[169] Porén, a día de hoxe tan só se coñecen o lugar de repouso da irmá da tsarina Alexandra, a gran duquesa Isabel, e a súa acompañante a irmá Varvara Iakovleva, que descansan na Igrexa de María Magdalena en Xerusalén.

As investigacións posteriores de Sokolov concluíron que: "...o asasinato de Ekaterimburgo e Alpaevsk – o produto dos desexos dunha soa persoa".[170]

As vítimas de Alapaevsk foron as seguintes:

A fortaleza de San Pedro e San Paulo[editar | editar a fonte]

O patio da fortaleza de San Pedro e San Paulo no que foron fusilados os grandes duques en 1919.

Despois de que Miguel Aleksandrovich lograse "escapar", os grandes duques Nicolao Mikhailovich, Xurxo Mikhailovich e Demetrio Constantinovich foron arrestados e enviados a Petrogrado onde xa estaban retidos os grandes duques Paulo Aleksandrovich e Gabriel Constantinovich na Fortaleza de San Pedro e San Paulo.[172]

O príncipe Gabriel Constantinovich puido escapar de Rusia tras ser liberado grazas a intervención de Maxim Gorki, quen escribiu unha carta a Lenin:[173]

Querido Vladimir Ilich!
Fai cousas intelixentes e pequenas – véxase a liberación do antigo Gran Duque Gabriel Constantinovich Romanov. En primeiro lugar é unha persoa moi agradable...
Por que fabricar mártires? En xeral é unha das ocupacións máis daniñas, e en particular para aqueles que queren construír un estado libre. Ademais un pouco de romanticismo nunca dana a política.
(...)
Deixa algúns Romanovs e ten saúde.
A. Peshkov.
(...)
Carta solicitando a liberación de Gabriel Romanov

A execución tivo lugar o 24 de xaneiro de 1919,[161] como resposta ao asasinato de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht en Alemaña.

O rescate de Crimea[editar | editar a fonte]

A emperatriz María Feodorovna Romanova, nai de Nicolao II, e o gran duque Nicolao Nikolaevich a bordo do HMS Marlborough en 1919.

Os membros da familia que sobreviviron, moitos deles refuxiados en Crimea, foron rescatados polos británicos que enviaron o HMS Marlborough para sacalos de Rusia.[174]

Durante os anos posteriores á execución da familia imperial rusa, varias persoas se fixeron pasar por membros sobreviventes da familia, sendo coñecidas como Impostores dos Romanov.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As súas sentinelas dirixíanse a el como Nicolao Romanov
  2. Unha fortochka é unha pequena ventá de ventilación que se emprega habitualmente en Rusia, Finlandia e outros países da antiga URSS, para evitar ter que abrir as ventás durante o inverno.
  3. En maio un sentinela disparou a Anastasia cando esta se asomou por ela.[43]
  4. Fóra da xurisdición das provincias de Ekaterimburgo e Perm
  5. Nome en clave da execución.
  6. Troparion
  1. 1,0 1,1 1,2 Massie 2012, p. 3-24.
  2. 2,0 2,1 Coble, Michael (26 de setembro de 2011). "The identification of the Romanovs: Can we (finally) put the controversies to rest?". Investigative Genetics. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Rappaport 2010, p. 220.
  4. "Romanovs laid to rest". bbc.co.uk. Consultado o 24 de maio de 2018. 
  5. "Romanovs laid to rest". BBC News. 17 de xullo de 1998. 
  6. 6,0 6,1 Alec Luhn (23 de setembro de 2015). "Russia reopens criminal case on 1918 Romanov royal family murders". The Guardian. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  7. Rappaport 2014, p. 381.
  8. Figes 1997, p. 638.
  9. 9,0 9,1 King 1999, p. 358.
  10. 10,0 10,1 The Daily Telegraph (17 de xaneiro de 2011). "No proof Lenin ordered last Tsar's murder". 
  11. 11,0 11,1 "Расследование убийства Николая II и его семьи, продолжавшееся 18 лет, объявлено завершенным" (en ruso). НТВ-новости. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  12. 12,0 12,1 12,2 ""Уголовное дело цесаревича Алексея". На вопросы обозревателя "Известий" Татьяны Батенёвой ответил следователь по особо важным делам Следственного комитета Российской Федерации Владимир Соловьёв". 17 de xaneiro de 2011. 
  13. 13,0 13,1 Интервью следователя Соловьёв, Владимир Николаевич (следователь) - В. Н. Соловьёва и Аннинский, Лев Александрович - Л. А. Аннинского (2008). "Расстрельный дом" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Rappaport 2010, p. 142.
  15. The Associated Press (18 de xullo de 1998). "Address by Yeltsin: 'We Are All Guilty'". The New York Times. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  16. 16,0 16,1 Martin Vennard (27 de xuño de 2012). "Tsar Nicholas - exhibits from an execution". BBC News. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  17. Mark Rivett-Carnac (24 de setembro de 2015). "Russia's Last Tsar Dug Up as Authorities Reopen Probe into 1918 Romanov Murders". Time (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  18. Tames 1972, p. 56.
  19. 19,0 19,1 19,2 de Grèce 1990, p. 184.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 Latyshev 1996, p. 336.
  21. de Grèce 1990, p. 203.
  22. de Grèce 1990, p. 226.
  23. Krustalov 2013, p. 861.
  24. Tames 1972, p. 62.
  25. 25,0 25,1 25,2 Kovalchenko 1994, p. 916-918.
  26. Ioffe 1992, p. 351.
  27. Pipes & 1991 103.
  28. "Примечания. 90 // Н. А. Соколов. Предварительное следствие 1919—1922 гг.: [Сб. материалов] / Сост. Л. А. Лыкова. — М.: Студия ТРИТЭ; Рос. Архив, 1998. — (Российский Архив [Т.] VIII)". Arquivado dende o orixinal o 19-06-2013. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  29. 29,0 29,1 Ioffe 2010.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Sebag Montefiore 2016.
  31. Pipes 1991, p. 104.
  32. Sokolov, p. 12.
  33. Bullock 2012.
  34. 34,0 34,1 Rappaport 2010, p. 20.
  35. 35,0 35,1 Rappaport 2010, p. 23.
  36. Rappaport 2010, p. 102.
  37. 37,0 37,1 37,2 Rappaport 2010, p. 31.
  38. Massie 2012, p. 283.
  39. King & Wilson 2005, p. 127.
  40. Rappaport 2010, p. 27.
  41. 41,0 41,1 Radzinsky 1992, p. 383.
  42. Massie 2012, p. 278.
  43. 43,0 43,1 Rappaport 2010, p. 16.
  44. Massie 2012, p. 289.
  45. 45,0 45,1 Rappaport 2010, p. 17.
  46. Rappaport, 2010 & 118–119.
  47. de Grèce 1990, p. 311.
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 Pipes 1991, p. 106.
  49. 49,0 49,1 49,2 Rappaport 2010, p. 130.
  50. 50,0 50,1 Rappaport 2010, p. 125.
  51. Texto orixinal en francés: Les amis ne dorment plus et espèrent que l’heure si longtemps attendue est arrivée. La révolte des tschekoslovaques ménace les bolcheviks de plus en plus sérieusement. Samara, Tschelabinsk et toute la Sibirie orientale et occidentale est au pouvoir de gouvernement national provisoir. L’armée des amis slaves est à quatre-vingt kilometres d’Ekaterinbourg, les soldats de l’armée rouge ne résistent pas efficassement. Soyez attentifs au tout mouvement de dehors, attendez et esperez. Mais en meme temps, je vous supplie, soyez prudents, parce que les bolcheviks avant d’etre vaincus represent pour vous le peril réel et serieux. Soyez prêts toutes les heures, la journée et la nuit. Faite le croquis des vos deux chambres, les places, des meubles, des lits. Écrivez bien l’heure quant vous allez coucher vous tous. L’un de vous ne doit dormir de 2 à 3 heure toutes les nuits qui suivent. Répondez par quelques mots mais donnez, je vous en prie, tous les renseignements utiles pour vos amis de dehors. C’est au meme soldat qui vous transmet cette note qu’il faut donner votre reponse par écrit mais pas un seul mot.
    Un qui est prêt à mourir pour vous.
    L’officier de l’armée Russe.
  52. 52,0 52,1 Romanov 1966, p. 242.
  53. 53,0 53,1 Slater 2007, p. 53.
  54. Rappaport 2010, p. 120.
  55. Romanov 1966, p. 243-244.
  56. Sokolov.
  57. de Grèce 1990, p. 313.
  58. Noble Frankland 1960, p. 169.
  59. 59,0 59,1 Romanov 1966, p. 244.
  60. 60,0 60,1 Romanov 1966, p. 245.
  61. Rappaport 2010, p. 118-119.
  62. Rappaport 2014, p. xv.
  63. Rappaport 2014, p. xiv.
  64. Rappaport 2010, p. 157.
  65. Rappaport 2010, p. 144.
  66. Rappaport, p. 159.
  67. Rappaport 2010, p. 160.
  68. 68,0 68,1 Rappaport 2010, p. 171.
  69. Rappaport 2010, p. 132.
  70. Rappaport 2010, p. 134.
  71. Rappaport 2010, p. 34-35.
  72. Rappaport 2010, p. 34.
  73. Rappaport 2010, p. 117.
  74. Rappaport 2014, p. 378.
  75. 75,0 75,1 75,2 Rappaport 2010, p. 141.
  76. 76,0 76,1 76,2 Rappaport 2010, p. 201.
  77. Rappaport 2010, p. 167.
  78. 78,0 78,1 Rappaport 2010, p. 168.
  79. Rappaport 2010, p. 176.
  80. 80,0 80,1 Rappaport 2010, p. 198.
  81. Rappaport 2010, p. 178.
  82. Rappaport 2010, p. 178-179.
  83. Rappaport 2010, p. 179-179.
  84. Buranov & Khrustalëv 1997.
  85. Rappaport 2010, p. 180.
  86. Rappaport 2010, p. 181.
  87. Sebag Montefiore 2016, p. 644.
  88. Rappaport 2010, p. 182.
  89. Rappaport 2010, p. 175-176.
  90. Massie 2012, p. 4.
  91. Solovev V.N. "Сравнительный анализ документов следствия 1918 — 1924 гг. с данными советских источников. С. 2" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. 
  92. "Медведев (Кудрин) Михаил Александрович (1891-1964)". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  93. Solovev V.N. "Сравнительный анализ документов следствия 1918 — 1924 гг. с данными советских источников и материалами следствия 1991 — 1997 гг.". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  94. Massie 2012.
  95. 95,0 95,1 Massie 2012, p. 8.
  96. King & Wilson 2005, p. 303.
  97. Massie 2012, p. 6.
  98. Radzinsky 1992, p. 380–393.
  99. "Photographic scans of Sokolov's investigation, published in 1924". 18 de decembro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  100. Slater 2007, p. 8.
  101. 101,0 101,1 Rappaport 2010, p. 194.
  102. Rappaport 2010, p. 196.
  103. 103,0 103,1 103,2 103,3 103,4 103,5 103,6 103,7 Sebag Montefiore 2016, p. 828.
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 104,4 Rappaport 2010, p. 197.
  105. 105,0 105,1 105,2 105,3 Slater 2007, p. 9.
  106. Slater 2007, p. 10.
  107. Sebag Montefiore 2016, p. 639.
  108. Rappaport 2010, p. 199.
  109. 109,0 109,1 Rappaport 2010, p. 203.
  110. Rappaport 2010, p. 202.
  111. Rappaport 2010, p. 204.
  112. 112,0 112,1 112,2 Massie 2012, p. 26.
  113. Slater 2007, p. 13-14.
  114. 114,0 114,1 114,2 Rappaport 2010, p. 205.
  115. Massie 2012, p. 27.
  116. 116,0 116,1 Harding, Luke (25 de agosto de 2007). "Bones found by Russian builder finally solve riddle of the missing Romanovs". The Guardian. Consultado o 13 de marzo de 2017. 
  117. Radzinsky 1992, p. 397.
  118. 118,0 118,1 Rappaport 2010, p. 215.
  119. Paul Gilbert (18 de xullo de 2014). "Communists Lay Flowers at the Grave of the Murderer of Russia's Imperial Family". Royal Russia News. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  120. Plotnikov, Ivan (2003). О команде убийц царской семьи и ее национальном составе Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Журнальный зал, No. 9 (en ruso)
  121. 121,0 121,1 121,2 Rappaport 2010, p. 214.
  122. Rappaport 2010, p. 127.
  123. 123,0 123,1 Pringle 2015, p. 261.
  124. Rappaport 2010, p. 216.
  125. Radzinsky 1992, p. 430.
  126. Massie 2012, p. 28.
  127. Rappaport 2010, p. 137.
  128. Rappaport 2010, p. 139.
  129. Shlapentokh, Dmitry (1997). The French Revolution and the Russian Anti-Democratic Tradition: A Case of False Consciousness. Transaction Publishers. p. 266. ISBN 1-56000-244-1. 
  130. Shelley, Gerard (1925). The Speckled Domes. p. 220. 
  131. Rappaport 2010, p. 207, 208.
  132. Rappaport 2010, p. 206.
  133. 133,0 133,1 Steinberg, Khrustalëv & Tucker 1995.
  134. "Murder of the Imperial Family - Yurovsky Note 1922 English". Alexander Palace. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  135. Rappaport 2014, p. 379.
  136. Massie 2012, p. 124.
  137. Rappaport 2010, p. 218.
  138. Massie 2012, p. 10.
  139. Massie 2012, p. 39.
  140. Massie 2012, p. 123.
  141. Rappaport 2010, p. 212.
  142. Alla Astanina (18 de abril de 2015). "Nikolai Sokolov: The man who revealed the story of the Romanov killings". Russia Beyond the Headlines. Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  143. Remnick, Reporting: Writings from the New Yorker, p. 222
  144. Kahn, Eve M. (3 de abril de 2014). "Treasures and Trivia of the Romanov Era". New York Times. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  145. 145,0 145,1 Massie 2012, p. 19.
  146. Sokolov, p. 12. 
  147. Slater 2007, p. 45.
  148. 148,0 148,1 148,2 Rappaport 2010, p. 219.
  149. Massie 2010, p. 26.
  150. Massie 2010, p. 30.
  151. Massie 2012, p. 32-35.
  152. Massie 2012, p. 30.
  153. Massie 2012, p. 31.
  154. Massie 2012, p. 40 e ss.
  155. "Romanovs laid to rest". BBC News. 17 de xullo de 1998. 
  156. "The Last Tsar". Russian Archives Online. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 15 de abril de 2017. 
  157. Rappaport 2010, p. 221.
  158. "Russia dig finds 'tsar's family'". BBC News. 24 de agosto de 2007. Consultado o 13 de marzo de 2017. 
  159. Malpas, Anna. "100 years on, debate rolls on over Russia's last tsar". Yahoo News. Consultado o 13 de marzo de 2017. 
  160. Buranov & Khrustalëv 1997, p. 3.
  161. 161,0 161,1 King & Wilson 2005, p. epílogo.
  162. "The Abdication of Nicholas II: 100 Years Later". russianlegitimist.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de maio de 2018. 
  163. Rappaport 2014, p. 377.
  164. Лыкова Л. А. (2010). Пермь: Тайна гибели Михаила Романова (1 ed.). Tsarskoe Selo: Dostoinstvo. p. 32. ISBN 978-5-904552-05-3. 
  165. 165,0 165,1 165,2 Serfes, Nektarios. "Murder of the Grand Duchess Elisabeth". The Lives of Saints. Archimandrite Nektarios Serfes. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. 
  166. Massie 2012, p. 251.
  167. Фомин С. "Алапаевские мученики: убиты и забыты (часть 1)". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 2009-05-31. 
  168. 168,0 168,1 168,2 Pipes 1991, p. 110.
  169. Rappaport 2014, p. 213.
  170. Ioffe 1992, p. 345.
  171. pravaya.ru
  172. Buranov & Khrustalëv 1997, p. 402-403.
  173. Buranov & Khrustalëv 1997, p. 412.
  174. "History - Rescue of the Imperial family from Yalta 1919". alexanderpalace.org (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]