Ludwig Feuerbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ludwig Feuerbach
Feuerbach Ludwig.jpg
Nome completoLudwig Andreas Feuerbach
Nacemento28 de xullo de 1804
 Landshut
Falecemento13 de setembro de 1872
 Núremberg
SoterradoNúremberg
NacionalidadeAlemaña
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Heidelberg, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Erlangen-Nuremberga
Ocupaciónantropólogo, filósofo, catedrático de universidade, escritor e teólogo
PaiPaul Johann Anselm von Feuerbach
IrmánsJoseph Anselm Feuerbach, Karl Wilhelm Feuerbach e Friedrich Feuerbach
Coñecido/a porThoughts on Death and Immortality e A Essência do Cristianismo
Feuerbach sig.svg
editar datos en Wikidata ]

Ludwig Andreas Feuerbach, nado o 28 de xullo de 1804 en Landshut e finado o 13 de setembro de 1872 en Nuremberg-Rechenberg, foi un filósofo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influencia que o seu pensamento exerce sobre Karl Marx. Abandona os estudos de Teoloxía para tornarse alumno do filósofo Hegel, durante dous anos, en Berlín. En 1828, pasa a estudar ciencias naturais en Erlange e dous anos despois publica anonimamente o primeiro libro, Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade. Nese traballo ataca a idea da inmortalidade, sustentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe Abelardo e Heloísa (1834), Piere Bayle (1838) e Sobre Filosofía e Cristianismo (1839). Na primeira parte desta última obra, que influencia Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano nun ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morre en Rechenberg, na Alemaña.

A teoloxía é antropoloxía[editar | editar a fonte]

O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é individuo singular, mais portador da esencia universal.

A humanidade ten tres características fundamentais: O home é sobre todo razón, despois vontade e á fin sentimento.

De aí a relixión proxecta tales características: o Pai (razón), o Fillo (vontade) e o Espírito Santo (sentimento).

O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caracteres. Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencéndose de que Deus era o Home, mais a fe levouno de volta á situación relixiosa. O home pola súa fraqueza non admite os seus erros, deposítaos nun "outro".

O Home é aquilo que come[editar | editar a fonte]

A situación material en que o home vive é que o cría.

Feuerbach nega o concepto da existencia primeiro da idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idea da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel describe o home de punta-cabeza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]