Lucía Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucía Pérez
Lucía Pérez.JPG
Nome completoLucía Pérez Vizcaíno
Nacemento5 de xullo de 1985 (33 anos)
Goó, O Incio, Lugo Galicia
OrixeO Incio
Ocupacióncantante
XéneroPop
Instrumento(s)voz
Selo(s) discográfico(s)Zouma Records (2003-2004)
Letras y Musas (2005-2010)
Warner Music (2011-)
Tempo en activo2002 - actualidade
Na rede
https://www.luciaperez.es/
Twitter
Facebook
editar datos en Wikidata ]

Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao», sendo a primeira galega en facelo por España e obtendo un 23º posto con 50 puntos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa andaina no mundo da música comezou cando tiña 8 anos, na escola. En 2002 consegue a vitoria no concurso da TVG Canteira de cantareiros, dirixido a cantantes afeccionados. Ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum Amores y amores. En 2005 participa no festival da canción de Viña del Mar (Chile), onde queda segunda, e que ten como consecuencia unha serie de actuacións nese país americano e mais na Arxentina, que alterna con concertos en Galicia. En 2009 participa por segunda vez no Festival de Viña del Mar.

Aínda que canta maioritariamente en castelán, ten gravado xa varios temas en galego: dous no primeiro álbum, dous no segundo (a canción "Amarás miña terra" foi finalista dos Premios de la Música de España á mellor canción en galego), un no terceiro: unha versión de "Adiós ríos, adiós fontes", o poema de Rosalía de Castro e no cuarto Dígocho en galego (2010) é todo en galego.

De Galicia a Eurovisión[editar | editar a fonte]

Durante xaneiro de 2011 foi unha dos trinta candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2011. No mes de febreiro conseguiu un posto na semifinal do concurso da TVE como unha dos dez candidatos para representar o país no Festival de Eurovisión 2011. O 11 de febreiro de 2011 foi escollida polo público de TVE para pasar á final do concurso Destino Eurovisión como unha dos tres candidatos a representar a España en Düsseldorf. O 18 de febreiro de 2011, finalmente, foi elixida para representar a España no Festival de Eurovisión 2011 coa canción "Que me quiten lo bailao", cun 68% dos votos do público. O 14 de maio de 2011 actuou na posición 22º de 25º participantes na final do Festival de Eurovisión. Logo do seu paso polo escenario de Düsseldorf queda con 50 puntos no posto 23º.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 La Voz de Galicia, ed. (15 de maio de 2011). "O 23.º posto non lle borrou o sorriso a Lucía Pérez". Consultado o 21 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
"Algo pequeñito"
Daniel Diges
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

2011
Sucesor:
Quédate Conmigo
Pastora Soler