Jackie Stewart
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) John Young Stewart 11 de xuño de 1939 (85 anos) Dumbarton, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||
Educación | Dumbarton Academy (en) | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fórmula 1 | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | emprendedor, piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, tirador, xerente | ||||||||||||||||||||||
Deporte | Tiro deportivo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Helen Stewart (1962–) | ||||||||||||||||||||||
Fillos | Paul Stewart | ||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jimmy Stewart | ||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | sirjackiestewart.com | ||||||||||||||||||||||
Sir John Young "Jackie" Stewart, OBE[1] (nado en Milton o 11 de xuño de 1939) é un expiloto de Fórmula 1 de británico de Escocia, e considerado un dos mellores pilotos na historia do deporte.
Alcumado "Flying Scot" (o escocés voador), competiu na Fórmula Un entre 1965 e 1973, gañando tres campionatos de pilotos, e foi dúas veces subcampión, durante esas nove tempadas. Tamén competiu na Can-Am. En 2009 foi clasificado quinto dos cincuenta mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos polo xornalista Kevin Eason, quen escribiu: "Non só xurdiu como un gran piloto, senón como unha das figuras máis grandes das carreiras de motor".[2]
Nos Estados Unidos, traballou como comentarista nas transmisións de televisión nas Indianápolis 500, Daytona 500 e do Gran Premio de Mónaco de 1971 a 1986. En 1976, Stewart foi locutor deportivo de ABC para os Xogos Olímpicos de inverno e de verán de 1976. Tamén foi un portavoz da Ford Motor Company Ford, Rolex e Moët.
Entre 1997 e 1999, en sociedade co seu fillo, Paul, foi director de equipo de Fórmula 1 Stewart Grand Prix.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Stewart naceu en Milton, West Dunbartonshire, Escocia, unha vila a 15 millas ao oeste de Glasgow. A familia de Stewart tiña un concesionario de automóbiles Austin, posteriormente Jaguar e construíran un negocio exitoso. O seu pai fora un piloto de motos afeccionado,[3] E o seu irmán Jimmy era un piloto de carreiras cunha crecente reputación local que pilotaba un Ecurie Ecosse e competiu no Gran Premio do Reino Unido de 1953, en Silverstone.
Jackie asistiu á escola primaria de Hartfield na cidade próxima de Dumbarton e trasladouse á Academia Dumbarton á idade de 12 anos. Experimentou dificultades de aprendizaxe debido a unha dislexia non diagnosticada e debido a este trastorno non entendido ou descoñecido nese momento, foi regularmente reprendido e humillado por mestres e compañeiros por ser "parvo" e "torpe".[4] Stewart non puido continuar a súa educación secundaria logo dos 16 anos, e comezou a traballar no garaxe do seu pai como aprendiz de mecánico. En realidade non diagnosticouselle a dislexia ata 1980, cando o seu fillo máis vello Mark foi diagnosticado co mesmo problema. Ao decatarse de que a dislexia pode ser transmitida xeneticamente, e ao ver síntomas moi similares ao seu fillo que experimentou cando era neno, Stewart preguntou se podía facerse a proba, e se lle diagnosticou o trastorno, cando xa tiña 41 anos.[5] Comentou: "Cando tes dislexia e atopas algo no que es bo, pos máis nel que calquera outra persoa, non podes pensar da maneira da xente intelixente, así que sempre estás pensando sempre fóra do normal."[6]
Á idade de 13 anos gañou unha competencia de tiro ao prato e logo converteuse nun premiado membro do equipo de tiro escocés, competindo no Reino Unido e no estranxeiro. Gañou os campionatos británicos, irlandeses, galeses e escoceses e gañou dúas veces o campionato europeo "Coupe de Nations". Competiu para lograr un lugar no equipo británico para os Xogos Olímpicos de Verán de 1960, pero terminou terceiro detrás de Joseph Wheater e Brett Huthart.[4]
Aceptou unha oferta de Barry Filer, un cliente do seu negocio familiar, para probar en varios dos seus coches en Oulton Park. Para 1961, Filer proporcionoulle un Marcos, no cal Stewart logrou catro vitorias, e competiu unha vez nun Aston DB4GT de Filer. En 1962, para decidir se estaba listo para converterse nun piloto profesional, probou un Jaguar E-type en Oulton Park, igualando os tempos de Roy Salvadori nun coche similar o ano anterior.[7] Gañou dúas carreiras, a súa primeira en Inglaterra, no E-type, e David Murray de Ecurie Ecosse ofreceulle unha proba no Tojeiro EE Mk2, logo nun Cooper T49, no cal gañou en Goodwood. en 1963, logrou catorce triunfos, un segundo posto, e dous terceiros, con seis retiradas.[7]
En 1964, volveu asinar con Ecurie Ecosse. Ken Tyrrell, entón director do equipo da Fórmula Júnior de Cooper Company, oíu falar do escocés ao encargado da pista de Goodwood e chamou a Jimmy Stewart para ver se o seu irmán máis novo estaba interesado nunha proba.[7] Jackie foi a proba en Goodwood, pilotando un novo e moi competitivo, Fórmula 3 T72-BMC que Bruce McLaren estaba probando.[7] Stewart pronto mellorou os tempos de McLaren, facendo que McLaren regresase á pista para facer algunhas voltas máis rápidas. Unha vez máis, Stewart foi máis rápido, e Tyrrell ofreceu a Stewart un lugar no equipo.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1964 pilotou na Fórmula 3 para Tyrrell. O seu debut foi no mollado Snetterton (circuíto de Snetterton) o 15 de marzo. dominou, logrou unha vantaxe de 25 segundos en apenas dúas voltas antes de acabar cunha vitoria por 44 segundos.[7] aos poucos días, ofrecéronlle o paso á Fórmula Un con Cooper, pero declinou, preferindo gañar experiencia en Tyrrell. Só no logrou gañar en dúas carreiras (nunha rompeu o embrague, e en outra fixo un trompo) e converterse en campión da F3.[7]
Logo de correr co Tipo E de John Coombs e probar en Ferrari en Le Mans, probou na F1 nun Lotus 33-Climax,no cal impresionou a Colin Chapman e Jim Clark.[7] Stewart volveu a rexeitar o paso á F1, e continuou no equipo Lotus de Fórmula 2. No seu debut de F2, foi segundo no difícil Circuíto de Charade en Clermont-Ferrand nun Lotus 32 Cosworth.[7]
Mentres asinou con BRM xunto a Graham Hill en 1965, un contrato que reportoulle 4.000 libras, a súa primeira carreira nun coche de F1 foi nun Lotus, como substituto dun ferido Clark, no Gran Premio de Rand en decembro de 1964. O Lotus rompeuse na primeira eliminatoria, pero gañou na segunda.[7] No seu debut en F1 en Suráfrica, anotou o seu primeiro punto de Campionato, terminando sexto. A súa primeira vitoria importante na competición veu no BRDC Trofeo Internacional a finais da primavera, e antes de que a final do ano gañase a súa primeira carreira do campionato do mundo en Monza, loitando roda a rodaco seu compañeiro Hill.[7] Stewart terminou a súa tempada de novato con tres segundos postos, un terceiro, un quinto e un sexto, e o terceiro lugar no Campionato Mundial de Pilotos. Tamén pilotou o fracasado Cooper T75-BRM de Tyrrell na F2 e pilotou o revolucionario motor de turbina da compañía Rover en Le Mans.
1966 viulle case gañar a Indianápolis 500 no seu primeiro intento, nun Lola T90-Ford,[8] era líder cando rompeuse o cárter seco a oito voltas do final. Con todo, a actuación de Stewart, doulle o honor na Lista de Rookies de Indianápolis 500 (Novato do Ano) a pesar de que o gañador, Graham Hill, era tamén un novato en Indianápolis.
Ademais, en 1966, un accidente desencadeou a súa loita por mellorar a seguridade nas carreiras. Na primeira volta do Gran Premio de Bélxica de 1966 en Spa-Francochamps, cando unha repentina choiva causou moitos choques, atopouse atrapado no seu BRM envorcado, empapado pola fuga de combustible.[8] Os comisarios non tiñan ferramentas para axudalo, e o seu compañeiro de equipo Hill e Bob Bondurant, que tamén se estrelaron preto, sacaron ao seu compañeiro de equipo logo de tomar prestada unha chave inglesa do coche dun espectador. Desde entón, o interruptor principal para desconectar o sistema eléctrico e o volante desmontable convertéronse en estándar. Tamén, decatándose do longo e lento traslado dos feridos a un hospital, trouxose ao seu propio médico para ás futuras carreiras, mentres que BRM forneceu un camión médico para o beneficio de todos. Stewart tamén comezou a gardar unha chave de porcas pegada ao seu volante. Foi un ano pobre por todas partes. Os BRMs non eran fiables, aínda que Stewart gañou o Gran Premio de Mónaco de 1966. Stewart tivo certo éxito noutras formas de carreiras durante o ano, gañando a Tasman Series de 1966 e a Rothmans 12 Hour International Sports Car Race de 1966.
A fortuna de BRM non mellorou en 1967, malia contender estreitamente no campionato de Tasman con Jim Clark, que nun Lotus 33 probablemente correu máis e máis preto de Jackie que en calquera momento das súas carreiras. Mentres que Clark gañou habitualmente, Stewart logrou unha vitoria no clásico GP de Nova Zelandia con Clark intentando pasalo nas últimas voltas. Stewart acadou a mellor posición a tempada en Spa, foi segundo, aínda que gañou carreiras de F2 para Tyrrell en Karlskoga, Enna, Oulton Park, e Albi nun Matra MS5 ou MS7.[8] Tamén foi 2º pilotando un Ferrari oficial con Chris Amon nas 6 horas BOAC en Brands Hatch, a décima rolda do Campionato do mundo de Sportscar nese momento.
Stewart tamén presentouse na carreira da National 500 de 1967 da NASCAR, pero non cualificou para a carreira.
Coa axuda financeira de Elf, Dunlop e Ford, Ken Tyrrell logrou o seu soño de mudarse á Fórmula 1 en 1968, como director do equipo Matra International e contratou a Stewart onde pilotou un Matra MS10-Cosworth[8] durante as tempadas de 1968 e 1969. A súa habilidade (e axudado polos pneumáticosDunlop)[8] deulle unha vitoria baixo unha forte choiva en Zandvoort. Logrou outra vitoria baixo a choiva e a néboa en Nürburgring, onde gañou por unha marxe de catro minutos. Tamén gañou en Watkins Glen, pero non correu non Jarama e en Mónaco debido a unha lesión sufrida na F2 no Jarama.[8] O seu auto fallou na Cidade de México, polo que perdeu o título de pilotos con Hill. En 1969, Stewart disputou varias carreiras onde dominou completamente, gañou por máis de 2 voltas en Montjuïc, por un minuto en Clemont-Ferrand e máis dunha volta en Silverstone. Con vitorias adicionais en Kyalami, Zandvoort e Monza, Stewart converteuse en campión do mundo en 1969 nun Matra MS80-Cosworth. Ata setembro de 2005, cando Fernando Alonso nun Renault converteuse en campión, era o único piloto que gañara o campionato pilotando para unha marca francesa e, como o Renault de Alonso construíuse no Reino Unido, Stewart segue sendo o único piloto en gañar o campionato do mundo nun coche de construción francesa.
Para 1970, Matra insistiu en usar os seus propios motores V12, mentres que Tyrrell e Stewart querían manter os Cosworths, así como as boas relacións con Ford. Como consecuencia, Ken Tyrrell comprou un chasis de March Engineering, que se converteu no Tyrrell 001. Stewart pilotou o March 701-Cosworth[8] para gañar a Daily Mail Race of Champions e no Jarama, pero pronto foi superado polo novo Lotus 72. O novo Tyrrell 001-Cosworth, apareceu en agosto,[8] sufriu problemas, pero Stewart viu boas expectativas para a tempada 1971, e quedou. Tyrrell continuou patrocinado pola compañía de combustibles francesa Elf, e Stewart correu nun coche pintado coas cores azuis de Francia durante moitos anos. Stewart tamén correu esporadicamente na Fórmula Dúas, gañando en Crystal Palace. Un proxecto para copilotar en Le Mans, un Porsche 917K de 4.5 litros con Steve McQueen, non saíu, pola incapacidade de McQueen para contratar un seguro.[8] Tamén correu na Can-Am, no revolucionario Chaparral 2J. Stewart logrou a pole position en 2 carreiras, por diante dos dominantes McLarens, pero a crónica falta de fiabilidade do 2J impediron a Stewart de terminar calquera carreira.[8]
Stewart logrou gañar o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1971 usando o Tyrrell 003 - Cosworth, gañando en España, Mónaco, Francia, Reino Unido, Alemaña, e Canadá. Tamén fixo unha tempada completa na Can-Am, pilotando un Lola T260-Chevrolet de Carl Haas.[8] repetindo en 1973. Durante a Can-am de 1971, Stewart foi o único piloto capaz de desafiar aos McLarens pilotados por Dennis Hulme e Peter Revson. Stewart gañou 2 carreiras, en Mont Tremblant e Mid Ohio. Stewart terminou terceiro no Campionato de Pilotos de Can-Am de 1971. O estrés de correr durante todo o ano, e en varios continentes causoulle eventuais problemas médicos a Stewart. Durante a tempada 1972 de Grandes Premios non correu en Bélxica en Nivelles-Baulers debido a unha gastritis, e tivo que cancelar plans para conducir un McLaren na Can-Am, pero gañou os grandes premios de Arxentina, Francia, os EEUU, e Canadá, para ser dinalmente segundo detrás de Emerson Fittipaldi no campionato de pilotos. Stewart tamén competiu nun Ford Capri RS2600 no European Touring Car Championship, co seu compañeiro de equipo na F1 François Cevert e outros pilotos da F1, nun momento en que a competición entre Ford e BMW estaba a grande altura. Stewart compartiu un Capri co seu compañeiro de equipo en Tyrrell na F1, François Cevert nas 6 horas de Paul Ricard de 1972, terminando segundo. Tamén recibiu a OBE.
No inicio da tempada 1973, Stewart decidira retirarse. No entanto, gañou en Suráfrica, Bélxica, Mónaco, Holanda e Austria. A súa última vitoria a número 27 (e entón récord) en Nürburgring foi un dobrete para Tyrrell. "Nada me deu máis satisfacción que gañar en Nürburgring e, con todo, sempre tiven medo". Stewart comentou máis adiante. "Cando saía de casa para o Gran Premio de Alemaña, sempre me detiña ao final da calzada e botaba unha longa ollada cara atrás, nunca estaba seguro de poder volver a casa". Despois do accidente mortal do seu compañeiro de equipo François Cevert na práctica para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1973 en Watkins Glen, Stewart retirouse unha carreira antes do previsto e perdeuse o que sería o seu Gran Premio nº 100. Con todo, Stewart aínda gañou o campionato de pilotos dese ano. Stewart mantivo o récord da maioría de vitorias dun piloto de Fórmula Un (27) durante 14 anos ata que Alain Prost gañou o Gran Premio de Portugal en 1987 e o récord da maioría das vitorias dun piloto británico de Fórmula 1 durante 19 anos ata que Nigel Mansell, gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1992.
Defensor da seguridade en carreiras
[editar | editar a fonte]Durante o período particularmente perigoso de actividade de Stewart na F1, un piloto que corría cinco anos tiña unha probabilidade de dous terzos de morrer nun accidente.[9]
Foi un dos primeiros pilotos en exigir máis seguridade na Fórmula 1. Todo comezou cun grave accidente que sufriu en 1966 no circuíto de Spa-Francorchamps. Unha tormenta no circuíto, deixou só seca a grella de saída. Na velóz "recta Masta", o BRM de Stewart trompeou e estrelouse contra unha gabia a 265´54 km/h. A súa columna de dirección cravouselle na perna, mentres que os tanques de combustible rotos baleiraron o seu contido na cabina. Ficou preso no coche coa funda empapada de gasolina, mentres que Graham Hill e Bondurant intentaban desaparafusar o volante co fin de retirar a Stewart do interior do monocasco danado, non había equipos de auxilio para sacalo, nin tampouco ferramentas adecuadas dispoñibles. Non había médicos ou instalacións médicas na pista, e Stewart foi deitado na caixa dunha camioneta, permanecendo alí ata que chegou unha ambulancia. Primeiro levárono ao centro de primeiros auxilios da pista, onde esperou nunha padiola, que foi colocada nun piso sementado de cigarros e outros desperdicios. Finalmente, recolleuno outra ambulancia, pero o piloto da ambulancia perdeuse cando ía a un hospital en Liexa. En última instancia, un jet privado levou a Stewart ao Reino Unido para o tratamento.
Logo do seu accidente en Spa, Stewart converteuse nun avogado defensor da seguridade das carreiras de autos. Máis tarde, explicou: "Se teño algún legado para deixar ao deporte, espero que sexa no tema de seguridade porque cando cheguei aos Grandes Premios, as chamadas precaucións e medidas de seguridade eran diabólicas".[10]
Stewart continuou, comentando o seu accidente en Spa:
Quedeime atrapado no coche durante vinte e cinco minutos, sen poder moverme. Graham e Bob Bondurant sacáronme usando as chaves da caixa de ferramentas dun espectador. Non había médicos e non había onde poñerme. De feito, puxéronme na parte de atrás dunha furgoneta. Finalmente unha ambulancia levoume a zona de primeiros auxilios preto da torre de control e deixáronme nunha padiola, no chan, rodeado de cigarros. Puxéronme nunha ambulancia cunha escolta policial e a escolta da policía perdeu a ambulancia, e a ambulancia non sabía como chegar a Liexa. No momento pensaron que tiña unha lesión da columna vertebral. Por sorte, eu non estaba gravemente ferido, pero non o sabían. Decateime de que se isto era o mellor que tíñamos alí había algo tristemente mal: cousas mal na pista de carreiras, nos coches, na parte médica, na loita contra incendios, e nos equipos de emerxencia. Había tamén bancos de herba que eran plataformas de lanzamento fora da pista, árbores desprotexidos e así sucesivamente. Os mozos de hoxe non o entenderían. Era ridículo.[10]
A partir de aí, dixo que non correría no equipo se non se tiña en conta a seguridade no seu coche. Stewart fixo campaña con Louis Stanley (xefe do equipo BRM) para mellorar os servizos de urxencia e as barreiras de seguridade ao redor das pistas de carreiras. "Estabamos correndo en circuítos onde non había barreiras de seguridade en fronte dos boxes, e o combustible estaba metido en bidóns no pit lane. Un coche podería chocar con facilidade nos boxes en calquera momento. Era ridículo."[11][Verificar credibilidade] Stewart contratou a un doutor privado para estar en todas as súas carreiras e pegou con cinta unha chave inglesa no eixe de dirección do seu BRM no caso de que fora necesario de novo. Stewart meteu presión para o uso obrigatorio do cinto de seguridade, foi Stewart quen deseñou o casco que cobre toda a cabeza do piloto e a vestimenta ignífuga, que se converteu en indispensable nas carreiras modernas. Así mesmo, meteu presión aos propietarios dos circuítos para modernizar as súas pistas, incluíndo a organización de boicots dos pilotos das carreiras en Spa-Francorchamps en 1969, en Nürburgring en 1970 e Zandvoort en 1972 ata que instalaronse barreiras, zonas de escape, equipos de bombeiros e instalacións médicas.
Algúns pilotos e membros da prensa crían que as melloras de seguridade que Stewart propugnaba prexudicaban ao deporte, mentres que os propietarios das pistas e os organizadores da carreira rexeitaban os custos adicionais. "Eu sería un Campión do Mundo moito máis popular se sempre dixese o que a xente quería oír. Podería haber morto, pero definitivamente máis popular", dixo Stewart posteriormente.[11][Verificar credibilidade]
Chegou a ser ridiculizado por aqueles que pensaban que as carreiras debían ser un deporte de risco. Era coñecido como o home tembleque. Sete anos despois durante a práctica da cualificación no circuíto de Watkins Glen no Gran Premio dos Estados Unidos de 1973, un feito fixo que Jackie Stewart deixara á competición. O seu compañeiro en Tyrrell, o piloto francés François Cevert tivo un grave accidente, o vehículo saíu da pista, golpeou no garda rail do lado dereito e rebotou no garda rail da esquerda, envorcou, e coas rodas virando cara ao ceo arrastrouse boca abaixo máis de cen metros. Resultou decapitado e morreu instantaneamente. Profundamente afectado coa morte de François Cevert, Jackie Stewart decidiu abandonar definitivamente a Fórmula 1.
En 1997, fundou o seu equipo, o Stewart. Os mellores resultados do equipo foron a vitoria de Johnny Herbert no Gran Premio de Europa de 1999, disputado no circuíto de Nürburgring o 26 de setembro, e a pole conquistada por Rubens Barrichello no Gran Premio de Francia do mesmo ano. Este ano o equipo acadou a mellor posición no Campionato de Construtores: 4º lugar. A finais de 1999, sumido en débedas, vendeu o seu equipo á Jaguar.
A día de hoxe, Jackie Stewart é recordado polos seus logros na Fórmula 1.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- Gañador do BRDC International Trophy en 1965 e 1973.
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]anor | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. na xeral | Pos. na clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1965 | Owen Racing Organisation | Graham Hill | Rover-BRM | P 2.0 | 284 | 10º | 2º |
Predecesor: Graham Hill |
Campión da Fórmula 1 1969 |
Sucesor: Jochen Rindt |
Predecesor: Jochen Rindt |
Campión da Fórmula 1 1971 |
Sucesor: Emerson Fittipaldi |
Predecesor: Emerson Fittipaldi |
Campión da Fórmula 1 1973 |
Sucesor: Emerson Fittipaldi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Honours in Scotland". Birthday Honours 2001 (BBC). 2001-06-15. Consultado o 2006-08-14.
- ↑ Eason, Kevin (27 de marzo de 2009). "The 50 greatest Formula One drivers Nos 101". The Times (London). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Kettlewell, Mike, "Stewart: The Flying Scot", in Ward, Ian, executive editor. World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 19, p. 2190.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Stewart, Jackie (2007). The Autobiography Jackie Stewart Winning Is Not Enough. London: Headline Publishing Group. ISBN 978-0-7553-1537-6.
- ↑ "Interview on dyslexia: Sir Jackie Stewart". The Journey To Excellence. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Steve Dow, Journalist". Stevedow.com.au. 2013-01-25. Consultado o 2013-10-03.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Kettlewell, p. 2191.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 Kettlewell, p. 2192.
- ↑ Donaldson, Gerald. "Jackie Stewart". Formula1.com. Consultado o 2015-01-03.
- ↑ 10,0 10,1 "Grand Prix Hall of Fame – Jackie Stewart – Biography". Ddavid.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 2013-10-03.
- ↑ 11,0 11,1 "Jackie Stewart Quotes". Brainyquote.com. Consultado o 2013-10-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jackie Stewart |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Sir Jackie Stewart, www.sirjackiestewart.com
- International Motorsports Hall of Fame, Jackie Stewart
- COLLAGE: Jackie Stewart's Grand Prix Album, a signed limited edition book
- Grand Prix History – Hall of Fame Arquivado 19 de setembro de 2012 en Wayback Machine., Jackie Stewart
- The Scotsman newspaper, Heritage and Culture, "Arrisqueime á ira da miña nai co fin de ser piloto"
- The Herald newspaper (Glasgow) Arquivado 30 de maio de 2012 en Archive.is, "Sir Jackie, non foi diagnosticado de dislexia ata os 42 anos"
- Jackie Stewart statistics
- Video Tribute to Jackie Stewart and his Tyrrell teammate François Cevert no YouTube
- Sunday Times. Artigo do 13 de setembro de 2009 Arquivado 14 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Jackie Stewart's appearance on This Is Your Life