Gran Premio de Austria de 2017
| Nome oficial | Formula 1 Großer Preis von Österreich 2017 |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (de) Großer Preis von Österreich 2016 |
| Tipo | Gran Premio de Austria |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
| Distancia do evento | 71 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Spielberg (Distrito de Murtal (pt) A1-Ring (Spielberg) |
| País | Austria |
| Intervalo de tempo | 7 de xullo de 2017 – 9 de xullo de 2017 |
| Data | 9 de xullo de 2017 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Valtteri Bottas Mercedes |
| Pole position | Valtteri Bottas (01:04,251) |
| Volta máis rápida | Lewis Hamilton (01:07,411) |
O Gran Premio de Austria de 2017 (oficialmente Fórmula 1 Grosser Preis von Österreich 2017) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 9 de xullo de 2017. Foi a 9ª carreira da tempada de Fórmula Un de 2017, e o 31º Gran Premio de Austria.
O piloto de Ferrari Sebastian Vettel camezou a rolda como o líder do campionato, cunha vantaxe de catorce puntos sobre Lewis Hamilton. Mercedes lidera sobre Ferrari por vinte e catro puntos na clasificación de construtores no inicio da rolda.
Informe
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]- Q1
Os coches vermellos de Ferrari saíron dos boxes cando apareceu a bandeira verde. Os Haas tamén saíron pronto no inicio da sesión e, a pesar do bo desempeño do equipo americano na pista austríaca, Grosjean acabou na trampa de grava, sen maiores consecuencias para o francés, que conseguiu retornar ao trazado sen auxilio dos comisarios de pista. O piloto de Haas, Magnussen foi vítima dos altos bordos do Circuíto de Spielberg, que danaron a súa suspensión, obrigando ao piloto a entrar en boxes coa suspensión da roda dianteira dereita rota. Hamilton fixo o mellor tempo da Q1 e tamén da historia do Circuíto de Spielberg (non oficial), con 1:05.064, con Vettel a 0.521 atrás do seu rival.
Eliminados: Jolyon Palmer (Renault), Felipe Massa (Williams), Lance Stroll (Williams), Marcus Ericsson (Sauber) e Pascal Wehrlein (Sauber).
- Q2
Nesta qenda Mercedes non perdeu tempo e saco aos seus dous pilotos á pista tan pronto como o cronómetro comezou a contar. cos superbrandos, o británico plverizo a marca do circuíto, con 1:04.800. Mais o seu compañeiro Bottas non deixoullo doado e rexistrou un tempo 1m04s640, dominando todos os sectores da pista austríaca. A marca oficial do trazado é de 1m08s337, anotada por Michael Schumacher en 2003. No volta final, Vettel anotou 1:04.772 e se qedou entre os compañeiros de Mercedes, no segundo lugar.
Eliminados: Nico Hülkenberg (Renault na Fórmula 1), Fernando Alonso (McLaren), Stoffel Vandoorne (McLaren), Daniil Kvyat (Toro Rosso) e Kevin Magnussen (Haas).
- Q3
A Q3 comezou chea de expectativas, Mercedes calzou os ultrabrandos e liberaron a besta que hai dentro do motor alemán. Tamén polo feito de que Lewis Hamilton precisaba o mellor tempo para minimizar a sanción de cinco posicións na grella. E na primeira tentativa de volta rápida na Q3, a historia foi parecida coa da Q2: Hamilton fixo 1:04.424, mais Bottas voou e deixou ao seu compañeiro no segundo lugar ao anotar 1:04.251. Sebastian Vettel inmisciuse entre os dous novamente con 1:04.293. Hamilton tentou mellorar súa marca, mais acabou fallando. Na segunda volta, un Haas parouse no medio da pista provocou a bandeira amarela e frustrou as oportunidades do británico de diminuír os danos causados pola sanción, xa que coa bandeira amarela, o piloto da Mercedes non tivo máis oportunidades. Así, Bottas desbancou aos favoritos e garantiu a pole para o GP de Austria, a segunda da súa carreira. No final, lembrando un pouco un dos adestramentos libres do Azerbaidján, Max Verstappen saíu da pista e por pouco non bateu co muro, para delirio da masa laranxa que enchía o Circuíto de Spielberg.

Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº. | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella Final | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Q1 | Q2 | Q3 | |||||
| 1 | 77 | Mercedes | 1:05.760 | 1:04.316 | 1:04.251 | 1 | |
| 2 | 5 | Ferrari | 1:05.585 | 1:04.772 | 1:04.293 | 2 | |
| 3 | 44 | Mercedes | 1:05.064 | 1:04.800 | 1:04.424 | 8[1] | |
| 4 | 7 | Ferrari | 1:05.148 | 1:05.004 | 1:04.779 | 3 | |
| 5 | 3 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:05.854 | 1:05.161 | 1:04.896 | 4 | |
| 6 | 33 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:05.779 | 1:04.948 | 1:04.983 | 5 | |
| 7 | 8 | Haas-Ferrari | 1:05.902 | 1:05.319 | 1:05.480 | 6 | |
| 8 | 11 | Force India-Mercedes | 1:05.975 | 1:05.435 | 1:05.605 | 7 | |
| 9 | 31 | Force India-Mercedes | 1:06.033 | 1:05.550 | 1:05.674 | 9 | |
| 10 | 55 | Toro Rosso | 1:05.675 | 1:05.544 | 1:05.726 | 10 | |
| 11 | 27 | Renault | 1:06.174 | 1:05.597 | 11 | ||
| 12 | 14 | McLaren-Honda | 1:06.158 | 1:05.602 | 12 | ||
| 13 | 2 | McLaren-Honda | 1:06.316 | 1:05.741 | 13 | ||
| 14 | 26 | Toro Rosso | 1:05.990 | 1:05.884 | 14 | ||
| 15 | 20 | Haas-Ferrari | 1:06.143 | sen tempo | 15 | ||
| 16 | 30 | Renault | 1:06.345 | 16 | |||
| 17 | 19 | Williams-Mercedes | 1:06.534 | 17 | |||
| 18 | 18 | Williams-Mercedes | 1:06.608 | 18 | |||
| 19 | 9 | Sauber-Ferrari | 1:06.857 | 19 | |||
| 20 | 94 | Sauber-Ferrari | 1:07.011 | 20 | |||
| 107% tempo límite: 1:09.618 | |||||||
| Fonte:[2] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 77 | Mercedes | 71 | 1:21:48.523 | 1 | 25 | |
| 2 | 5 | Ferrari | 71 | +0.658 | 2 | 18 | |
| 3 | 3 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 71 | +6.012 | 4 | 15 | |
| 4 | 44 | Mercedes | 71 | +7.430 | 8 | 12 | |
| 5 | 7 | Ferrari | 71 | +20.730 | 3 | 10 | |
| 6 | 8 | Haas-Ferrari | 71 | +1:13.160 | 6 | 8 | |
| 7 | 11 | Force India-Mercedes | 70 | +1 volta | 7 | 6 | |
| 8 | 31 | Force India-Mercedes | 70 | +1 volta | 9 | 4 | |
| 9 | 19 | Williams-Mercedes | 70 | +1 volta | 17 | 2 | |
| 10 | 18 | Williams-Mercedes | 70 | +1 volta | 18 | 1 | |
| 11 | 30 | Renault | 70 | +1 volta | 16 | ||
| 12 | 2 | McLaren-Honda | 70 | +1 volta | 13 | ||
| 13 | 27 | Renault | 70 | +1 volta | 11 | ||
| 14 | 94 | Sauber-Ferrari | 70 | +1 volta | PL | ||
| 15 | 9 | Sauber-Ferrari | 69 | +2 voltas | 19 | ||
| 16 | 26 | Toro Rosso | 68 | +3 voltas | 14 | ||
| Ret | 55 | Toro Rosso | 44 | Motor | 10 | ||
| Ret | 20 | Haas-Ferrari | 29 | Hidráulica | 15 | ||
| Ret | 14 | McLaren-Honda | 1 | Accidente | 12 | ||
| Ret | 33 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 0 | Accidente | 5 | ||
| Fonte: | |||||||
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ "FORMULA 1 GROSSER PREIS VON ÖSTERREICH 2017 - QUALIFYING". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 8 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 2017 |
- Official event website Arquivado 03 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
| Carreira anterior: Gran Premio de Azerbaidján de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2017 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 2016 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2018 |