Caribe (rexión)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Caribe.
O Caribe refírese ao grupo de illas e estados insulares no Mar Caribe, tamén chamados de Antillas ou Indias Occidentais, nome orixinado pola crenza inicial de que o continente americano fose na verdade a India.
O Caribe está localizado na súa propia placa tectónica - a Placa Caribeña, que abrangue tamén a parte sur da América Central. Na fronteira desta placa coa Placa Sudamericana, ao leste, xunta do Océano Atlántico, existe unha zona de subdución volcanicamente activa, que orixinou as Pequenas Antillas.
Territorios actuais no Caribe[editar | editar a fonte]
- Anguila (colonia británica)
- Antiga e Barbuda
- Aruba (parte do Países Baixos)
- Bahamas
- Andros
- Cat Island
- Eleuthera
- Gran Bahama
- Nova Providencia, coa capital Nassau.
- Barbados
- Bermuda (colonia británica)
- Illas Virxes
- Illas Virxes Americanas (territorio dos Estados Unidos de América)
- Illas Virxes Británicas (colonia británica)
- Illas Caimán (colonia británica)
- Caimán Brac
- Gran Caimán, coa capital Georgetown
- Caimán Menor
- Cuba
- Dominica
- República Dominicana
- A Española (illa partillada con Haití)
- Granada (divide as Granadinas con San Vicente e Granadinas)
- Guadalupe (departamento ultramarino da Francia)
- Basse-Terre
- La Désirade
- Grande-Terre
- Marie-Galante
- Illas de Petite Terre
- Illas Les Saintes (dúas illas)
- San Bartolomé, tamén Saint Barts
- San Martiño (parte da illa de San Martiño, dividida coas Antillas Holandesas)
- Haití
- A Española (illa dividida coa República Dominicana)
- Xamaica
- Martinica (departamento ultramarino da Francia)
- México non é un país caribeño, mais ten algunhas illas no Caribe:
- Illa de Cancún, parte da cidade de Cancún
- Illa Mujeres, preto de Cancún.
- Cozumel
- Montserrat (colonia britanica)
- Antillas Holandesas (parte dos Países Baixos)
- Bonaire
- Curaçao
- Saba
- San Eustaquio
- Sint Maarten (parte da illa de San Martiño dividida con Guadalupe)
- Porto Rico (estado libre asociado aos EUA)
- Saint Kitts e Nevis
- Saint Kitts (San Cristovo)
- Nevis
- Santa Lucía
- San Vicente e Granadinas (divide as Granadinas con Granada)
- Trinidad e Tobago
- Turks e Caicos (colonia britanica)