Saltar ao contido

Gran Premio do Reino Unido de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 2020
Imaxe
Nome oficial2020 Pirelli British Grand Prix Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020 Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deportecompetición de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2020 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento52 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSilverstone (Oeste de Northamptonshire (pt) Traducir)
Circuíto de Silverstone (Silverstone) Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data2 de agosto de 2020 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton
Mercedes Editar o valor en Wikidata
Pole positionLewis Hamilton (01:24,303) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMax Verstappen (01:27,097) Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Reino Unido de 2020 (coñecido oficialmente como o Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 2 de agosto de 2020, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 2020 de Fórmula 1, a septuaxésima quinta (75ª) edición do Gran Premio do Reino Unido, e a quincuaxésimo sexta (56ª) vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.

Pneus dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Pneus dispoñibles para Spielberg[1]
Pneus para pista seca Pneus para mollado
Représentation des pneus durs

Duros
(Tipo C1)
Représentation des pneus medium
sans_cadre

Medios
(Tipo C2)
Représentation des pneus tendres

Brandos
(Tipo C3)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Aínda que había unha 60% de probabilidades de choiva antes da carreira, as tres sesións de cualificación disputáronse en seco. Na primeira quenda, Nicholas Latifi trompeou na súa última volta lanzada, saíndo da lenta da curva 7 (Luffield); o seu tempo anterior só foi suficiente para quedar no último lugar. O seu compañeiro de equipo Williams [George Russell]] está investigado polos comisarios por non desacelerar baixo as bandeiras amarelas. Ao final, os cinco pilotos eliminados na Q1 foron Kevin Magnussen, Antonio Giovinazzi, Kimi Raikkonen, Romain Grosjean e Latifi - como Giovinazzi e Raikkonen non conseguiron pasar da Q1, Alfa Romeo seguiu sendo o único equipo que non alcanzou a Q2 ata ese momento no 2020.

Na Q2 empregáronse dúas estratexias diferentes, cos equipos superiores de Mercedes, Red Bull, Racing Point e un Ferrari, o de Charles Leclerc intentando entrar na Q3 co pneumático de composto medio máis adecuado para a carreira, e os outros equipos usando o composto brando. A principios da sesión, o líder do campionato do mundo Lewis Hamilton trompeou* no mesmo lugar que Latifi uns minutos antes. As bandeiras vermellas foron ondeadas, xa que Hamilton deixara de novo cantidades importantes de grava na pista. Despois de reanudarse a sesión, Hamilton e o seu compañeiro de equipo de Mercedes Valtteri Bottas estableceron tempos un segundo mellos que o resto dos participantes. Non todos os que usaron os pneumáticos medios conseguiron chegar á Q3, Alexander Albon de Red Bull e o piloto de substitución de Racing Point Nico Hülkenberg non o lograron. Lance Stroll no décimo lugar e Pierre Gasly no 11º estableceu o mesmo tempo, pero como Stroll o estableceu primeiro, este último no seu AlphaTauri pasou a Q2. Ao final da sesión, os pilotos eliminados foron Gasly, Albon, Hulkenberg, Daniil Kvyat e Russell.

Mentres o coches saían, houbo un incidente no pitlane entre Leclerc, Stroll e o Renault de Daniel Ricciardo, con Stroll queixándose de que Ferrari liberara o seu piloto dun xeito inseguro, os comisarios están a investigar o asunto. No primeiro conxunto de voltas, Hamilton bateu o récord de volta cun 1:24.616, co seu compañeiro de equipo a 0,15 segundos atrás. O piloto británico bateu o seu récord de volta poucos minutos despois, rexistrando un 1:24.303 para asegurarse a pole position, e Bottas acadou o segundo posto, 0,3 segundos atrás. Max Verstappen, un dos últimos en cruzar a liña, foi o terceiro máis rápido, a un segundo da pole position. O resto dos 10 primeiros foron: Leclerc, Lando Norris, Stroll, Carlos Sainz, Ricciardo, Esteban Ocon e Sebastian Vettel no outro Ferrari.

Foi a 91ª pole position de Hamilton e a súa sétima no circuíto de Silverstone.

Clasificación da cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:25:900 1:25:347 1:24.303 1
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:25.801 1:25.015 1:24.616 2
3 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda 1:26.115 1:26.144 1:25.325 3
4 16 Charles Leclerc Scuderia Ferrari 1:26.550 1:26.203 1:25.427 4
5 4 Lando Norris McLaren-Renault 1:26.855 1:26.420 1:25.782 5
6 18 Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 1:26.243 1:26.501 1:25.839 6
7 55 España Carlos Sainz McLaren-Renault 1:26.715 1:26.149 1:25.965 7
8 3 Australia Daniel Ricciardo Renault 1:26.677 1:26.339 1:26.009 8
9 31 Francia Esteban Ocon Renault 1:26.396 1:26.252 1:26.209 9
10 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:26.469 1:26.455 1:26.339 10
11 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:26.343 1:26.501 11
12 23 Tailandia Alexander Albon Red Bull Racing-Honda 1:26.565 1:26.545 12
13 27 Alemaña Nico Hülkenberg Racing Point-BWT Mercedes 1:26.327 1:26.566 13
14 26 Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 1:26.774 1:26.744 19[2]
15 63 George Russell Williams-Mercedes 1:26.732 1:27.092 20[3]
16 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:27.158 14
17 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:27.164 15
18 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:27.366 16
19 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:27.643 17
20 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:27.705 18
107% tempo:
Fonte:[4]
Esquema da grella de clasificación do Gran Premio británico 2020.
A grella de clasificación do Gran Premio británico de 2020.
A grella de clasificación do Gran Premio británico de 2020.
A grella inicial para o Gran Premio do Reino Unido de 2020.
A grella inicial para o Gran Premio do Reino Unido de 2020.

clasificación da carreira

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 52 1:28:01.283 1 25
2 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 52 +5.856 3 19[5]
3 16 Charles Leclerc Ferrari 52 +18.474 4 15
4 3 Australia Daniel Ricciardo Renault 52 +19.650 8 12
5 4 Lando Norris McLaren-Renault 52 +22.277 5 10
6 31 Francia Esteban Ocon Renault 52 +26.937 9 8
7 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 52 +31.188 11 6
8 23 Tailandia Alexander Albon Red Bull Racing-Honda 52 +32.670 12 4
9 18 Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 52 +37.311 6 2
10 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 52 +41.857 10 1
11 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 52 +42.167 2
12 63 George Russell Williams-Mercedes 52 +52.004 20
13 55 España Carlos Sainz McLaren-Renault 52 +53.370 7
14 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 52 +54.205[6] 15
15 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 52 +54.549 18
16 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 52 +55.050 17
17 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 51 +1 volta 16
Ret 26 Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 11 Accidente 19
Ret 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1 Colisión 14
NTS 27 Alemaña Nico Hülkenberg Racing Point-BWT Mercedes 0 Unidade de potencia [7]
volta rápida: Países Baixos Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda) – 1:27.097 (volta 52)
fonte:[8][9]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "2020 Austrian Grand Prix - Preview". press.pirelli.com (en inglés). 3 de xullo de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020. 
  2. Daniil Kvyat recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio non programado da caixa de cambios.
  3. George Russell recibiu unha penalización de cinco posicións por non reducir a velocidade coas bandeiras amarelas.
  4. "British GP Qualifying Results". 1 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  5. Inclúe un punto pola volta rápida.
  6. Antonio Giovinazzi rematou décimo segundo, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por non frear baixo o coche de seguridade.
  7. Nico Hülkenberg cualificouse 13º, pero o seu lugar na grella quedou vacante ao non comezar a carreira.
  8. "Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020 – Starting Grid". Formula1.com. 1 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  9. "Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020 – Race Result". Formula1.com. 2 de agosto de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 2020
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2020
Carreira seguinte:
Gran Premio do 70º aniversario
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2019
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2021