Gran Premio de Rusia de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Rusia de 2014
Detalles da carreira[1]
Carreira 16 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.

Data 12 de outubro 2014
Nome oficial 2014 Formula 1 Russian Grand Prix
Localización Circuíto de Sochi,
Sochi, Krai de Krasnodar, Rusia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´853 km
Distancia 53 voltas, 310´209 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:38.513
Volta rápida
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Williams - Mercedes
Tempo 1:40.896 na volta 53
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Finlandia Valtteri Bottas Williams - Mercedes

O Gran Premio de Rusia de 2014, (oficialmente 2014 Formula 1 Russian Grand Prix[1] en ruso ruso Гран-при России 2014 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de outubro de 2014 no Circuíto urbano de Sochi, un novo circuíto construído na sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia.

A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada de Fórmula Un 2014, e a primeira vez que se disputou o Gran Premio de Rusia nun século. A carreira de 2014 foi tamén a primeira vez que o Gran Premio de Rusia disputouse como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un desde que se creou o campionato en 1950.

Contou coa presenza do piloto local Daniil Kvyat.[2] Marussia decidiu non substituír a Jules Bianchi para toda a fin de semana, polo que participou unicamente co auto de Max Chilton.[3]

Lewis Hamilton gañou a carreira logo de saír desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Nico Rosberg terminou en segundo lugar. O resultado asegurou ao equipo Mercedes gañar o campionato de construtores.

Informe[editar | editar a fonte]

Preparativos[editar | editar a fonte]

O circuíto de Sochi foi construído na sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 2014, na cidade de Sochi. Vista da Curva 5, durante a construción, fronte á Praza das Medallas

.

Controversia[editar | editar a fonte]

O CEO da Formula One Administration Bernie Ecclestone (en primeiro plano, á dereita) e o presidente ruso, Vladimir Putin (atrás) na presentación formal do Gran Premio de Rusia en outubro de 2014. Tamén na foto está Mikhail Kapirulin (en primeiro plano, á esquerda), un representante do goberno rexional de Krasnodar Krai.

Tras o derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre o leste Ucraína, en xullo de 2014, e a intervención militar rusa neste país, houbo chamadas para boicotear a proba como parte das sancións impostas ao goberno ruso,[4] pero finalmente foron rexeitadas.

Informe[editar | editar a fonte]

Previa[editar | editar a fonte]

Cambio de piloto[editar | editar a fonte]

O piloto de Marussia Jules Bianchi que sufriu feridas graves na cabeza no Gran Premio do Xapón, cando colisionou cun tractor que retiraba o Sauber de Adrian Sutil con bandeira amarela, non participou no Gran Premio de Rusia.[5] O equipo nomeou a Alexander Rossi, o seu piloto de probas e reserva, como substituto de Bianchi para a carreira,[6] pero máis tarde retirou a participación como un sinal de respecto, deixando a grella con vinte un coches.[7][8]

Penalizacións[editar | editar a fonte]

Pastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións no Gran Premio do Xapón, por superar a cota de cinco motores para a tempada[9] pero, como se clasificou 17º,[10][11] foi incapaz de cumprir a penalización, xa que pasaríase do vixésimo segundo e último lugar da grella. Baixo as novas regras introducidas para a tempada 2014,[12] o resto da penalización foi adiado para o Gran Premio de Rusia, dándolle automaticamente unha penalización de cinco posicións.[13]

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

o provedor de pneumáticos Pirelli levou o pneumático medio como "prime", e o pneumático brando como "opción" para correr na superficie do novo circuíto e tolerar as altas cargas laterais no pneumático, especialmente na curva 4,[14][15] unha curva alargada de radio constante con velocidades estimadas de 200 km/h que destaca como a curva máis longa do calendario da Fórmula Un.[15]

Sistema de redución de arrastre (DRS)[editar | editar a fonte]

Foron declaradas dúas zonas de DRS para a carreira. O punto de detección para a primeira foi situado na entrada á curva 1, coa zona de activación colocada no vértice da curva. O segundo punto de detección foi instalado na recta traseira do circuíto, cunha zona de activación entre as curvas 12 e 13.[16]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Nat. Driver Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:38.759 1:38.338 1:38.513 1
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:39.076 1:38.606 1:38.713 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:39.125 1:38.971 1:38.920 3
4 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:39.560 1:39.381 1:39.121 4
5 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:40.074 1:39.296 1:39.277 5
6 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:39.735 1:39.022 1:39.629 11[17]
7 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:40.519 1:39.666 1:39.635 6
8 14 España Fernando Alonso Ferrari 1:40.255 1:39.786 1:39.709 7
9 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:40.098 1:39.838 1:39.771 8
10 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:40.354 1:39.929 1:40.020 9
11 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:40.382 1:40.052 10
12 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:40.273 1:40.058 17[17]
13 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:40.723 1:40.163 12
14 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:41.159 1:40.536 13
15 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:40.766 1:40.984 14
16 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 1:42.526 1:41.397 15
17 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:42.648 16
18 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:43.064 18
19 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:43.166 19
20 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:43.205 21[18]
21 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:43.649 20[17]
107% tempo: 1:45.672
Fonte:[19]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Nat. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 53 1:31:50.744 1 25
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 53 +13.657 2 18
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 53 +17.425 3 15
4 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 53 +30.234 4 12
5 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 53 +53.616 11 10
6 14 España Fernando Alonso Ferrari 53 +1:00.016 7 8
7 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 53 +1:01.812 6 6
8 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 53 +1:06.185 10 4
9 7 Finlandia Kimi Raikkonen Ferrari 53 +1:18.877 8 2
10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 53 +1:20.067 12 1
11 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 53 +1:20.877 18
12 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 53 +1:21.309 17
13 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 53 +1:37.295 9
14 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 52 +1 volta 5
15 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 52 +1 volta 13
16 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 52 +1 volta 14
17 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 52 +1 volta 15
18 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 52 +1 volta 21
19 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 51 +2 voltas 16
Ret 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 21 Freos 19
Ret 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 9 Suspensión 21
Fonte:[Cómpre referencia]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
  • O texto en negra indica os pilotos e equipos aínda poden matematicamente gañar o campionato.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "2014 Formula 1 Russian Grand Prix". Formula 1.com. Formula One Administration. Consultado o 26 July 2014. 
  2. Gorbe, Daniel (21 de octubre de 2013). "Oficial: Toro Rosso ficha a Daniil Kvyat para 2014". F1 al día (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  3. Vázquez, Ana (8 de octubre de 2014). "Marussia sólo competirá con el coche de Chilton en Rusia". Car and Driver The F1 (en español). Arquivado dende o orixinal o 10/10/2014. Consultado o 10/10/2014. 
  4. Johnson, Daniel (23 July 2014). "Russian Grand Prix: Leading politicians pile pressure on F1 to cancel October's race". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). Consultado o 26 July 2014. 
  5. "Jules Bianchi undergoes surgery in hospital after suffering 'severe' head injuries". skysportsf1.com (BSkyB). 5 October 2014. Consultado o 6 October 2014. 
  6. Collantine, Keith (9 October 2014). "Rossi nominated to stand in for Bianchi at Marussia". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 10 October 2014. 
  7. Noble, Jonathan (10 October 2014). "Marussia enters one car for Chilton after Bianchi crash". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10 October 2014. 
  8. Collantine, Keith (10 October 2014). "Marussia to run a single car in Russia out of respect for Bianchi". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 10 October 2014. 
  9. Collantine, Keith (3 October 2014). "Maldonado set for ten-place grid penalty". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 3 October 2014. 
  10. "2014 Japanese Grand Prix — Qualifying Results". Formula1.com (Formula One Administration). 4 October 2014. Consultado o 4 October 2014. 
  11. Collantine, Keith (4 October 2014). "2014 Japanese Grand Prix grid". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 4 October 2014. 
  12. Collantine, Keith (12 December 2013). "Further rule changes confirmed for 2014". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 3 October 2014. 
  13. Collantine, Keith (10 October 2014). "Grid drops for Hulkenberg and Maldonado". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 11 October 2014. 
  14. Collantine, Keith (11 September 2014). "Pirelli selecrs tyres for first Russian Grand Prix". Keith Collantine. Consultado o 12 September 2014. 
  15. 15,0 15,1 "Sochi uncovered — the inside track on Russia’s first F1 circuit". formula1.com (Formula One Administration). 9 October 2014. Consultado o 10 October 2014. 
  16. Collantine, Keith (8 October 2014). "Two independent DRS zones for Sochi". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 9 October 2014. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Kevin Magnussen, Nico Hülkenberg e Max Chilton foron penalizados con cinco posicións, por un cambio da caixa de cambios non programado.
  18. Pastor Maldonado recibiu unha penalización de cinco posicións para completar a sanción que recibiu por exceder a súa cota de cinco motores da tempada no Gran Premio do Xapón.
  19. "2014 FORMULA 1 RUSSIAN GRAND PRIX". 11 October 2014. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 1914
Gran Premio de Rusia Carreira seguinte:
Gran Premio de Rusia de 2015