Gran Premio de Italia de 2016
Nome oficial | Formula 1 Gran Premio Heineken d'Italia 2016 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
Distancia do evento | 53 e 306,72 km |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 4 de setembro de 2016 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Fernando Alonso |
O Gran Premio de Italia de 2016, oficialmente coñecido como o Il Gran Premio d'Italia Heineken 2016 é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 4 de setembro de 2016, no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo cuarta carreira do campionato de 2016, o oitenta e sete Gran Premio de Italia e o sesaxésimo quinto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
O piloto de Mercedes Lewis Hamilton vai comezar a carreira liderando o Campionato do Mundo de Pilotos por nove puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg. No Campionato Mundial de Construtores, Mercedes mantén unha vantaxe de cento oitenta e un puntos. Red Bull Racing colócase segundo e Ferrari terceira.
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Pneumáticos
[editar | editar a fonte]Pirelli fornecera aos equipos cos compostos medio, brandos e superbrandos. Pirelli prevé que a diferenza entre os diferentes compostos sería menos dun segundo por volta, coas diferenzas entre brando e superbrando ao redor de 0,7 segundos, e a diferenza entre brando e medio aproximadamente 0,9 segundos.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Saíu mal Lewis Hamilton e o liderado foi para Nico Rosberg na primeira curva. Seguido moi de cerca polos dous Ferraris, con Sebastian Vettel por diante de Kimi Räikkönen. Valtteri Bottas é cuarto. Xusto por detrás do finlandés aparecen Daniel Ricciardo e Lewis Hamilton. na 2ª volta Fernando Alonso é noveno por detrás de Felipe Massa. Carlos Sainz, ocupa a décimo cuarta praza e vai en busca e captura de Pascal Wehrlein. No grupo de cabeza de carreira, Lewis Hamilton recuperou unha praza ao adiantar limpamente ao Red Bull de Daniel Ricciardo. Na 7ª volta abandona Nasr, o piloto de Sauber retirase do GP de Italia, tras sufrir un toque con Palmer. Na 10ª volta a clasificación é a seguinte Rosberg, Vettel, Räikkönen, Bottas, Hamilton, Ricciardo, Pérez, Massa, Verstappen e Alonso.
Hamilton logra adiantar a Bottas na seguinte volta, aínda que informa de problemas cos pneumáticos. Na volta 14 Valtteri Bottas, Max Verstappen e Fernando Alonso deciden entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos, Fernando Alonso fixo unha mala parada e reincorporouse na décimo oitava praza e, na volta de quecemento, dá conta de Esteban Ocon e métese décimo sétimo. Carlos Sainz, pola súa banda, é undécimo aínda que non realizou a súa parada en boxes. Na volta 17 Sebastian Vettel entra a boxes reincorporouse na terceira praza, xusto por diante de Kimi Räikkönen e detrás de Lewis Hamilton. Na 20º volta a situación de carreira era, Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Grosjean, Pérez, Verstappen e Massa.
Na volta 26 entra Rosberg ao garaxe. O piloto alemán desfaise do pneumático brando e monta o composto medio. O de Mercedes reincorpórase á carreira na segunda praza, por detrás de Hamilton. na volta seguinte Hamilton copialle a estratexian, reincorpórase á carreira na cuarta praza, por detrás dos dous Ferraris de Vettel e Räikkönen. na volta 29 abandona Wehrlein, a través da radio, o equipo Manor pídelle ao seu piloto que pare o Fórmula 1 e retire o contacto. Na 30º volta a clasificación é a seguinte, Rosberg, Vettel, Räikkönen, Hamilton, Bottas, Ricciardo, Verstappen, Massa, Hulkenberg e Alonso (10º).
Na volta 33 Sergio Pérez arrebátalle a décima praza a Fernando Alonso. Xusto detrás do español, o seu rival máis inmediato é o seu compañeiro de equipo, Jenson Button. Na volta seguinte Sebastian Vettel, segundo, decide entrar boxes e montar o composto brando para chegar ata o final. O de Ferrari reincorpórase ao GP de Italia na quinta posición, unha volta máis tarde Kimi Räikkönen, que ocupaba a segunda posición virtual, entra en boxes e monta o mesmo que Sebastian Vettel. O finlandés incorpórase á carreira na sexta praza, por detrás de Max Verstappen. na 39 abandona Kvyat. O piloto ruso súmase á lista de abandonos, que completan Nasr, Palmer e Wehrlein. Na 40ª volta a clasificación é Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Pérez, Verstappen, Massa e Hulkenberg. Dez voltas máis tarde a clasificación provisional é 1º Rosberg, seguido de Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Bottas, Verstappen, Pérez, Massa e Hulkenberg. Fernando Alonso é décimo cuarto, por delante de Carlos Sainz.
Nico Rosberg conseguiu a sétima vitoria da tempada, a nº 21 da súa traxectoria deportiva. Completan o podio do GP de Italia: Lewis Hamilton, segundo, e Sebastian Vettel que se outorgou o bronce da décimo cuarta carreira da tempada 2016 de Fórmula 1, na volta 51 Fernando Alonso logra facer a volta rápida con 1'25.340.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:21.854 | 1:21.498 | 1:21.135 | 1 |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:22.497 | 1:21.809 | 1:21.613 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:23.077 | 1:22.275 | 1:21.972 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:23.217 | 1:22.275 | 1:21.972 | 4 |
5 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:23.264 | 1:22.499 | 1:22.388 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.158 | 1:22.638 | 1:22.389 | 6 |
7 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.229 | 1:22.857 | 1:22.411 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:23.439 | 1:22.922 | 1:22.814 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:23.259 | 1:22.951 | 1:22.836 | 9 |
10 | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 1:23.386 | 1:22.856 | 1:23.184 | 10 |
11 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:23.489 | 1:22.967 | 11 | |
12 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:23.421 | 1:23.092 | 17[2] | |
13 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:23.783 | 1:23.273 | 12 | |
14 | 94 | Pascal Wehrlein | MRT-Mercedes | 1:23.760 | 1:23.315 | 13 | |
15 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:23.666 | 1:23.399 | 14 | |
16 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 1:23.661 | 1:23.496 | 15 | |
17 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Ferrari | 1:23.825 | 16 | ||
18 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:23.956 | 18 | ||
19 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:24.087 | 19 | ||
20 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:24.230 | 20 | ||
21 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 1:24.436 | 21 | ||
107% tempo: 1:27.583 | |||||||
– | 31 | Esteban Ocon | MRT-Mercedes | Sen tempo | 22[3] | ||
Fonte:[4] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 53 | 1:17:28.089 | 2 | 25 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 53 | +15.070 | 1 | 18 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 53 | +20.990 | 3 | 15 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 53 | +27.561 | 4 | 12 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 53 | +45.295 | 6 | 10 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 53 | +51.015 | 5 | 8 |
7 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 53 | +54.236 | 7 | 6 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 53 | +1:04.954 | 8 | 4 |
9 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 53 | +1.05.617 | 11 | 2 |
10 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 53 | +1:18.656 | 9 | 1 |
11 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 52 | +1 volta | 17 | |
12 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 52 | +1 volta | 14 | |
13 | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 52 | +1 volta | 10 | |
14 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 52 | +1 volta | 12 | |
15 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 52 | +1 volta | 15 | |
16 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 52 | +1 volta | 19 | |
17 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 52 | +1 volta | 21 | |
18 | 31 | Esteban Ocon | MRT-Mercedes | 51 | +2 voltas | 22 | |
Ret | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Ferrari | 36 | Batería | 16 | |
Ret | 94 | Pascal Wehrlein | MRT-Mercedes | 26 | Fuga aceite | 13 | |
Ret | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 7 | Danos por colisión | 20 | |
Ret | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 6 | Danos por colisión | 18 | |
Fonte:[5] |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Italian Grand Prix technical preview". Consultado o 2016-09-01.
- ↑ Romain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ Esteban Ocon non puido establecer un tempo de volta na cualificación. A súa participación na carreira foi a criterio dos comisarios.
- ↑ "Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 3 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016.
- ↑ "2016 Italian Grand Prix Race – Preliminary Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 4 September 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 2016 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 2016 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 2015 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2017 |