Gran Premio de Turquía de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Turkey.svg Gran Premio de Turquía de 2021
Detalles da carreira
Carreira 16 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.
Trazado do circuíto de Istambul.
Trazado do circuíto de Istambul.
Data 10 de outubro 2021
Nome oficial Fórmula 1 DHL Gran Premio de Turquía 2021
Localización Istanbul Park, Istambul, Turquía
Percorrido Circuíto permanente
5,338 km
Distancia 58 voltas, 309,604 km
ClimaNubrado pista mollada, chuvia intermitente
Pole position
Piloto Finlandia Valtteri Bottas[a] Mercedes
Tempo 1:22.998
Volta rápida
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Tempo 1:30.432 na volta 58
Podio
Primeiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Segundo Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda
Terceiro Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda

O Gran Premio de Turquía de 2021 (oficialmente o Formula 1 Rolex Gran Premio de Turquía de 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de outubro de 2021 no Circuíto de Istambul, Istambul, Turquía. Foi a décimo sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.

Lewis Hamilton, pilotando para Mercedes marcou o tempo de volta máis rápido na clasificación e comezou 11º despois da aplicación das penalizacións na grella. Este ascendeu ao seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas á pole position. Bottas gañou a carreira, coa volta rápida, cos pilotos de Red Bull Max Verstappen e Sergio Pérez Mendoza rematando segundo e terceiro.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Istanbul Park está nunha zona rural e está pavimentado con asfalto. Ten grandes áreas de escorrentía de formigón e grava, grandes tribunas e un gran edificio de boxes e paddock.

O evento tivo lugar do 8 ao 10 de outubro no Circuíto de Istambul en Tuzla, Istanbul, coa carreira cubrindo cincuenta e oito voltas ao circuíto de catorce curvas. Foi a novena edición do Gran Premio de Turquía, que tivo lugar no mesmo lugar. Previamente estaba programado do 11 ao 13 de xuño (substituíndo ao Gran Premio do Canadá), pero aprazouse debido aos requisitos desfavorables de corentena durante a pandemia de COVID-19 en Turquía e as restricións de viaxe a Turquía impostas polo goberno británico. O 25 de xuño, o evento volveuse a programar despois da cancelación do Gran Premio de Singapur, que estaba programado do 1 ao 3 de outubro. O 28 de agosto, retrasouse unha semana do 8 ao 10 de outubro debido á redución do número de Grandes Premios no calendario. Foi o segundo ano consecutivo no que o Gran Premio de Turquía apareceu no calendario como rolda de substitución.

Mentres que o Gran Premio de Turquía de 2020 celebrouse a porta pechada, a edición de 2021 contou con espectadores.

O patrocinador do equipo Ferrari, Mission Winnow, prohibíuse nesta carreira. O nome e os logotipos do patrocinador non se utilizaron en ningunha carreira desde os Grandes Premios de Francia ata o Gran Premio de Italia por razóns legais, pero empregáronse nos Grandes Premios de Bahrain, Emilia Romaña, Portugal, España, Mónaco , Acerbaixán e Rusia. Red Bull e AlphaTauri loceron libreas en tributo a Honda, o seu provedor de motores, na que debía ser a carreira de Honda, o Gran Premio do Xapón. Os coches de Red Bull correron cunha librea predominantemente branca, inspirada na librea coa que Honda gañou a súa primeira carreira no Campionato Mundial de Fórmula Un, o Gran Premio de México de 1965. Os coches AlphaTauri presentaban a palabra "arigato", en xaponés "Grazas".[1]

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

Pneus dispoñibles para Istambul
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C2)
Représentation des pneus medium
Medios
(Tipo C3)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C4)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia


Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificaión Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:24.585 1:23.082 1:22.868 11[2]
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:25.047 1:23.579 1:22.998 1
3 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:24.592 1:23.732 1:23.196 2
4 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 1:24.869 1:24.015 1:23.265 3
5 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:24.704 1:23.817 1:23.326 4
6 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 1:25.174 1:23.914 1:23.477 5
7 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 1:24.963 1:23.961 1:23.706 6
8 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 1:25.138 1:24.642 1:23.954 7
9 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:25.511 1:24.601 1:24.305 8
10 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 1:25.409 1:24.054 1:24.368 9
11 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 1:25.787 1:24.795 10
12 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:25.422 1:24.842 12
13 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 1:25.417 1:25.007 13
14 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:25.555 1:25.200 14
15 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:25.177 Sen tempo 19[3]
16 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:25.881 20[4]
17 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:25.881 15
18 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:26.430 16
19 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:27.525 17
20 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[b] Haas-Ferrari 1:28.449 18
107% tempo: 1:30.505
Fonte:[6][7]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira comezou ás 15:00 hora local (UTC + 03:00) o domingo. Ferrari e McLaren substituíron os sistemas híbridos dos coches de Sainz e Ricciardo, respectivamente, o que deu lugar a que comezasen na parte de atrás da grella. Hamilton tamén recibiu unha penalización de dez posicións por exceder o seu número de motores de combustión interna permitidos.

Na primeira volta, Fernando Alonso e Pierre Gasly entraron en contacto na primeira curva, recibindo Gasly unha penalización de cinco segundos. Máis tarde Alonso entrou en contacto con Mick Schumacher, e Alonso recibiu a mesma penalización.[8]Despois de pasar a Vettel, Hamilton superou a Yuki Tsunoda despois de que este defendera a posición ata que Hamilton pasouno na oitava volta.[9] Na décimo cuarta volta, Carlos Sainz pasou polo interior a Vettel na undécima curva, pero tivo que seguir no bordo interior da beiravía para permanecer na zona húmida da pista. Isto alterou ao coche e Sainz e bateu co pneumático dianteiro esquerdo de Vettel. Sainz realizou múltiples adiantamentos na fase inicial da carreira, pasando da súa décimo novena posición de saída ao noveno posto na volta dezaoito.[10]

Bottas gañou a carreira por diante de Verstappen. Verstappen retomou o liderado na clasificación do campionato de pilotos por diante de Hamilton, que quedou quinto despois dunha tardía parada en boxes. Ocon terminou a carreira no décimo lugar despois de non facer paradas en boxes, perdendo corenta e oito segundos ante Sainz durante as últimas dez voltas. Non houbo retiradas.

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 58 1:31:04.103 1 26[11]
2 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 58 +14.584 2 18
3 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 58 +33.741 6 15
4 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 58 +37.814 3 12
5 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 58 +41.812 11 10
6 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 58 +44.292 4 8
7 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 58 +47.213 7 6
8 55 España Carlos Sainz Ferrari 58 +51.526 19 4
9 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 58 +1:22.018 8 2
10 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 57 +1 volta 12 1
11 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 57 +1 lap 16
12 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 57 +1 volta 17
13 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 57 +1 volta 20
14 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 57 +1 volta 9
15 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 57 +1 volta 13
16 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 57 +1 volta 5
17 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 57 +1 volta 15
18 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 57 +1 volta 10
19 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 56 +2 voltas 14
20 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[b] Haas-Ferrari 56 +2 voltas 18
Volta rápida: Finlandia Valtteri Bottas (Mercedes) – 1:30.432 (volta 58)
Fonte:[7][12][13]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis Hamilton marcou o mellor tempo na clasificación, pero recibiu unha penalización de dez posicións por montar unha nova Unidade de Combustión Interna (ICE). Valtteri Bottas ascendeu á pole position no seu lugar.
  2. 2,0 2,1 Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[5]
Referencias
  1. "Red Bull and AlphaTauri to run special Honda tribute liveries at Turkish Grand Prix". Formula1 (en inglés). 6 de outubro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  2. Lewis Hamilton recibiu unha penalización de dez posicións por montar unha nova unidade de combustión interna (ICE).
  3. Carlos Sainz tivo que comezar a carreira dende a parte de atrás da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  4. Daniel Ricciardo tivo que comezar a carreira desde a parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  5. Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  6. "Formula 1 Rolex Turkish Grand Prix 2021 – Qualifying". Formula1.com. 9 de outubro de 2021. Consultado o 9 de outubro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Formula 1 Rolex Turkish Grand Prix 2021 – Starting Grid". Formula1.com. 9 de outubro de 2021. Consultado o 9 de outubro de 2021. 
  8. Unwin, Will (10 de outubro de 2021). "F1: Bottas wins Turkish GP as Verstappen leads Hamilton in race for title – as it happened!". The Guardian. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  9. "Tsunoda "wants Max to win" and tried to keep Hamilton behind · RaceFans". RaceFans (en inglés). 10 de outubro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  10. Cline, Ashley. "SAINZ EXCELS WITH SERIES BOLD, LATE-BRAKING OVERTAKES IN TURKEY". www.drivetribe.com. Drivetribe. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  11. Inclúe un punto pola volta rápida
  12. "Formula 1 Rolex Turkish Grand Prix 2021 – Race Result". Formula1.com. 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  13. "Formula 1 Rolex Turkish Grand Prix 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio de Turquía de 2020
Gran Premio de Turquía Carreira seguinte:
Non houbo