Gran Premio de Malaisia de 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Malaysia.svg Gran Premio de Malaisia de 2013
Detalles da carreira
Carreira 2 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.
Trazado do circuíto de Sepang.
Trazado do circuíto de Sepang.
Data 24 de marzo de 2013
Localización Circuíto Internacional de Sepang
Sepang, Selangor, Malaisia
Percorrido Circuíto permanente
5´543 km
Distancia 56 voltas, 310´408 km
ClimaCálido, seco
Pole position
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Tempo 1:49.674
Volta rápida
Piloto Flag of Mexico.svg Sergio Pérez McLaren
Tempo 1:39.199 na volta 56
Podio
Primeiro Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Segundo Australia Mark Webber Red Bull-Renault
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes

O Gran Premio de Malaisia 2013 (formalmente coñecido como o 2013 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de marzo de 2013 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia.[1][2][3] Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2013, e o dÉcimo quinto Gran Premio de Malaisia na historia do Campionato Mundial de Fórmula1.

Resumo[editar | editar a fonte]

A carreira comezou coa pista mollada e condicións difíciles, especialmente ao redor da curva 3. Vettel kiderou desde o principio, Alonso golpeou o seu alerón dianteiro na parte traseira do Red Bull. Alonso logrou manterse por diante de Webber de Red Bull, pero na volta 2, o alerón dianteiro rompeuse e Alonso atascouse na grava na curva 1. Vettel fixo unha parada temperá para poñer pneumáticos lisos e caeu varias posicións debido as condicións de mollado, aínda que as recuperou rapidamente cando chegou ás zonas máis secas da pista. Webber posteriormente tomou o liderado da carreira, manténdoo a través da seguinte serie de paradas en boxes.

Os dous coches de Force India víronse obrigados a retirarse logo dos erros nas postas das rodas cativas. Paul di Resta tivo unha parada moi longa e a seguinte de Adrian Sutil estivo condicionada tamén polo mesmo. O equipo cre que as altas temperaturas puideron causar o problema.[4]

Jenson Button liderou brevemente a carreira nas voltas 33 e 34 logo da entrada en boxes de Webber, Vettel, Hamilton e Rosberg, estaba ben situado para lograr algúns puntos útiles para o equipo McLaren. Pero, unha desastrosa parada en boxes na que se colocou unha roda mal custoulle unha volta enteira.

Na volta 44, Webber fixo a súa última parada en boxes e saíu en cabeza, xusto por diante de Vettel. Os dous loitaron durante as seguintes dúas voltas, incluíndo unha pasada moi preto do muro na parte final da recta, despois de Vettel tomou a dianteira pasando ao seu compañeiro de equipo. Christian Horner, director do equipo Red Bull chegou a dicir na radio: "Isto é unha tontería Seb (astian). Imos". Detrás dos líderes da carreira estaba a parella de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg loitando polo terceiro lugar. Rosberg era o máis rápido dos dous nese momento, e en repetidas ocasións pediu ao equipo que lle permitira adiantar a Hamilton, pero o director do equipo Ross Brawn contestou: "Negativo, Nico, negativo". El explicou máis tarde que Hamilton tamén podía ir máis rápido, pero tiña ordes de afrouxar. Cando Rosberg acercouse de novo a Hamilton, Brawn ordenoulle frear de novo, dicindo que non había nada que gañar e que a prioridade era levar ambos coches a meta.[5] Maldonado retirouse despois de verse obrigado a deter o automóbil por razóns de precaución, debido a un problema no KERS,[6] Button e Ricciardo tamén se retiraron ao final da carreira, os dous clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Vettel rematou primeiro e gañou a carreira seguido de Webber, Hamilton, Rosberg, Massa, Grosjean, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez e Vergne. Logo da carreira de Webber e Vettel tiveron unha breve conversación antes da cerimonia do podio. Webber comentou: "Multi-21, Seb multi-21", en referencia a unha instrución dada polo equipo referida ao mapa motor.[7]

Durante as preguntas no podio logo da carreira Webber dixo "Eu tamén quero competir, pero ao final o equipo tomou a decisión ... ocupámonos dos pneumáticos, coidar do coche ata o final. Pero hoxe Seb tomou as súas propias decisións, non respectou as ordes de equipo, pero como de costume será protexido e así é como vai a a cousa".[8] Horner recoñeceu máis tarde que Vettel ignorara as ordes de equipo, así como a propia historia de Webber de seguir ordes similares.

Cando a Hamilton preguntóuselle sobre o seu podio, admitiu que Rosberg merecíao máis, e agregou: "Se dígoche a verdade eu realmente sento que Nico debería estar aquí".

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:37.899 1:37.245 1:49.674 1
2 4 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 1:37.712 1:36.874 1:50.587 2
3 3 España Fernando Alonso Ferrari 1:37.314 1:36.877 1:50.727 3
4 10 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:37.513 1:36.517 1:51.699 4
5 2 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 1:37.619 1:36.449 1:52.244 5
6 9 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:37.239 1:36.190 1:52.519 6
7 7 Finlandia Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:36.959 1:36.640 1:52.970 10[9]
8 5 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 1:37.487 1:37.117 1:53.175 7
9 15 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:36.809 1:36.834 1:53.439 8
10 6 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:37.702 1:37.342 1:54.136 9
11 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 1:37.363 1:37.636 11
12 11 Alemaña Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:37.931 1:38.125 12
13 19 Australia Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:37.722 1:38.822 13
14 12 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:37.707 1:39.221 14
15 14 Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta Force India-Mercedes 1:37.493 1:44.509 15
16 16 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Williams-Renault 1:37.867 Sen tempo 16
17 18 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:38.157 17
18 17 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Renault 1:38.207 18
19 22 Francia Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:38.434 19
20 20 Francia Charles Pic Caterham-Renault 1:39.314 20
21 23 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Cosworth 1:39.672 21
22 21 Flag of the Netherlands.svg Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:39.932 22
107% tempo: 1:43.585
Fonte:[10]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 56 1:38:56.681 1 25
2 2 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 56 +4.2 5 18
3 10 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 56 +12.1 4 15
4 9 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 56 +12.6 6 12
5 4 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 56 +25.6 2 10
6 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 56 +35.5 11 8
7 7 Finlandia Kimi Räikkönen Lotus-Renault 56 +48.4 10 6
8 11 Alemaña Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 56 +53.0 12 4
9 6 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez McLaren-Mercedes 56 +72.3 9 2
10 18 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 56 +87.1 17 1
11 17 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Renault 56 +88.6 18
12 12 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 55 +1 volta 14
13 22 Francia Jules Bianchi Marussia-Cosworth 55 +1 volta 19
14 20 Francia Charles Pic Caterham-Renault 55 +1 volta 20
15 21 Flag of the Netherlands.svg Giedo van der Garde Caterham-Renault 55 +1 volta 22
16 23 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Cosworth 54 +2 voltas 21
17 5 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 53 Roda 7
18 19 Australia Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 51 Exhausto 13
Ret 16 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Williams-Renault 45 KERS 16
Ret 15 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 27 Porca da roda 8
Ret 14 Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta Force India-Mercedes 22 Porca da roda 15
Ret 3 España Fernando Alonso Ferrari 1 Danos por colisión 3
Fonte:[Cómpre referencia]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FIA Formula One calendar". FIA.com. Fedération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 17 March 2013. 
  2. "2013 Formula One calendar". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 21 February 2013. 
  3. Elizalde, Pablo (8 March 2013). "2013 Formula 1 calendar to stay at 19 races as FIA ends 20th GP hunt". Autosport.com (Haymarket Media Group). Consultado o 17 March 2013. 
  4. Straw, Edd (24 March 2013). "Force India to persist with troubled wheelnut system". Autosport. Consultado o 24 March 2013. 
  5. "Malaysian GP: Nico Rosberg deserved third - Lewis Hamilton". BBC Sport. 24 March 2013. 
  6. "Malaysian GP: Race notes — Williams". Pitpass. 24 March 2013. Consultado o 24 March 2013. 
  7. "Sebastian Vettel apologises to Mark Webber for winning by 'mistake'". The Guardian. 24 March 2013. 
  8. "Webber 'raw' over race outcome". ESPN. 24 March 2013. Consultado o 24 March 2013. 
  9. Kimi Räikkönen recibiu unha penalización de tres posicións por bloquear a Nico Rosberg durante a cualificación
  10. Collantine, Keith (23 March 2013). "Malaysian rain can’t keep Vettel from pole again". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 23 March 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2013
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2013
Carreira seguinte:
Gran Premio de China de 2013
Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2012
Gran Premio de Malaisia Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2014