Gran Premio de Singapur de 2013
Nome oficial | 2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Singapur |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 61 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Singapur 1°17′29″N 103°51′51″L / 1.2914, 103.86415 |
País | Singapur |
Data | 22 de setembro de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Sebastian Vettel |
Volta máis rápida | Sebastian Vettel |
O Gran Premio de Singapur de 2013, formalmente 2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix,[1] foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 22 de setembro de 2013 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur.[2] Foi a décima terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 2013.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O trazado do circuíto foi revisado para a carreira de 2013, coa eliminación da chicane "Singapore Sling" na curva 10. A curva se reduciu a un só cambio na dirección, eliminando completamente as grandes beirarrúas que se utilizaban para marcar a chicane.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os equipos tiveron que estabelecer unha boa estratexia de pneumáticos para a fin de semana. O vixente campión do mundo Sebastian Vettel tomou o mando nas dúas últimas sesións da práctica, mentres que Lewis Hamilton era o home máis rápido na primeira sesión. O compañeiro de equipo de Hamilton Nico Rosberg e Romain Grosjean tamén foron fortes contendentes pola pole position.
Q1
[editar | editar a fonte]Os dous pilotos de Red Bull e Grosjean clasificaron para a seguinte sesión cos pneumáticos de composto medio, deixando os seus tres xogos de superbrandos sen utilizar para as dúas sesións seguintes. Os dous pilotos de Caterham, os dous de Marussia, Pastor Maldonado e Paul di Resta foron eliminados durante esta sesión.
Q2
[editar | editar a fonte]A maior sorpresa da Q2 foi a eliminación do Lotus de Kimi Räikkönen. Máis tarde revelouse que o finlandés tivo un pinzamento dun nervio nas súas costas nun circuíto moi bacheado.[4] O Sauber de Esteban Gutiérrez clasificou para a Q3 por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un. O seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg sufriu unha avaría no seu DRS na súa última volta lanzada, o que significou a súa eliminación. Foi a primeira vez na tempada que Hülkenberg non puido cualificar por riba do seu compañeiro de equipo. Curiosamente, ambos pilotos de Mercedes clasificaron para a Q3 co set de superbrandos usados, polo que se uniron a Vettel, Grosjean e Mark Webber pilotos que aínda tiñan dous xogos de pneumáticos novos superbrandos para a Q3.
Q3
[editar | editar a fonte]Vettel foi o home máis rápido dese grupo, rodando en 1:42.841, máis de seis décimas que o segundo máis rápido, Rosberg. Como resultado, o campión do mundo elixiu quedar en boxes, mentres que os outros, intentaban mellorar os seus tempos, agás Esteban Gutiérrez, quen optou por gardar os seus pneumáticos para a carreira e non disputou a Q3. O que parecía ser unha pole position garantida para Vettel demostrou ser moi incerta, o alemán observou a Webber facer o tempo máis rápido do primeiro sector, seguido polos sucesivos tempos máis rápidos de Rosberg e Grosjean. O tempo de Vettel foi o mellor pero por menos dunha décima, por diante de Rosberg e Grosjean. Webber foi cuarto por diante de Hamilton. O dúo Ferrari só puido ser sexto e sétimo, con Felipe Massa por diante de Fernando Alonso. Jenson Button tivo que conformarse co oitavo, mentres que un impresionante Daniel Ricciardo logrou a novena posición. Gutiérrez comezou no décimo lugar logo de non disputar a Q3 para salvar aos seus pneumáticos para a carreira.
Carreira
[editar | editar a fonte]Sebastian Vettel comezou desde a pole por diante de Nico Rosberg. Rosberg fixo unha mellor saída que Vettel na primeira curva, pero saíu primeiro do novo logo da curva. Fernando Alonso que comezou sétimo tivo un inicio brillante pasando a terceira posición. Vettel sacou unha vantaxe de máis de 5 segundos a Rosberg nas 3 primeiras voltas e seguiu a afastarse de Rosberg que tamén se apartou de Alonso. Mark Webber superou a Romain Grosjean no inicio usando o DRS para situarse cuarto. Lewis Hamilton tivo un mal comezo quedando atrás dos dous Ferrari. Superou a Massa de novo pouco despois, pero o adiantamento considerouse ilegal polos comisarios e tivo que cederlle a posición. Logo das primeiras voltas Vettel lideraba a Rosberg, Alonso, Webber, Grosjean, Massa, Hamilton, Button, Hulkenberg e Pérez.
Kimi Räikkönen, que comezou 13 e tiña unha lesión nas costas adiantou rapidamente a Esteban Gutiérrez e Daniel Ricciardo. A carreira non tivo incidentes desde es momento, Vettel ampliou a súa vantaxe a uns 7 segundos antes de que Räikkönen convertérase no primeiro piloto en parar na volta 11. Isto provocou unha reacción en cadea. Hamilton pasou a Massa na primeira serie de paradas. Paul di Resta no cambiou os seus pneumáticos ata a volta 21 e ao facelo así freou a Alonso e permitiu a Webber, Grosjean e Rosberg a amontoarse detrás Alonso .
Räikkönen aproveitou a súa primeira parada para entrar nos puntos por diante de Hulkenberg, Pérez e Button, pero na parte dianteira Vettel estirou a vantaxe aínda máis a máis de 10 segundos ata que Ricciardo, de Red Bull, compañeiro de equipo de Vettel en 2014, bateu baixo a tribuna sacando o coche de seguridade. Isto significa que o coche de seguridade utilizouse en todas as edicións do Gran Premio de Singapur.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:45.376 | 1:42.905 | 1:42.841 | 1 |
2 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:45.208 | 1:43.892 | 1:42.932 | 2 |
3 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:45.851 | 1:43.957 | 1:43.058 | 3 |
4 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:45.271 | 1:43.727 | 1:43.152 | 4 |
5 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:44.196 | 1:43.920 | 1:42.254 | 5 |
6 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:45.658 | 1:44.376 | 1:43.890 | 6 |
7 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:45.115 | 1:44.153 | 1:43.938 | 7 |
8 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:45.009 | 1:44.497 | 1:44.282 | 8 |
9 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:45.379 | 1:44.407 | 1:44.439 | 9 |
10 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:45.483 | 1:44.245 | Sen tempo | 10 |
11 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:45.381 | 1:44.555 | 11 | |
12 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:45.657 | 1:44.588 | 12 | |
13 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:45.522 | 1:44.658 | 13 | |
14 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:45.164 | 1:44.752 | 14 | |
15 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:45.960 | 1:45.185 | 15 | |
16 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:45.982 | 1:45.388 | 16 | |
17 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:46.121 | 17 | ||
18 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:46.619 | 18 | ||
19 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:48.111 | 19 | ||
20 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:48.320 | 20 | ||
21 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:48.830 | 21 | ||
22 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:48.930 | 22 | ||
Tempo 107%: 1:51.489 | |||||||
Fonte:[5] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 8 September 2013.
- ↑ "FIA Formula One calendar". FIA.com. Fedération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 8 September 2013.
- ↑ "Track modifications to lower lap times in Singapore". Formula1.com. Formula One Administration. 12 September 2013. Consultado o 13 September 2013.
- ↑ "Injured Räikkönen vows to start race". GPupdate.net. GP Update.net. 21 September 2013. Consultado o 21 September 2013.
- ↑ "2013 Singapore Grand Prix qualifying results". Formula One Administration. 21 September 2013. Consultado o 21 September 2013.
- ↑ Mark Webber non puido terminar a carreira debido a problemas coa caixa de cambios e a presión da auga e retirouse na volta final, pero clasificouse porque completou máis do 90% da carreira.
- ↑ "2013 Singapore Grand Prix Results". BBC (British Broadcasting Corporation). 22 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2013. Consultado o 22 September 2013.
- ↑ "2013 Singapore Grand Prix Results". Formula One Administration. 22 September 2013. Consultado o 22 September 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Singapur de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Corea de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Singapur de 2012 |
Gran Premio de Singapur | Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2014 |