Gran Premio de Mónaco de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 2014
Detalles da carreira
Carreira 6 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 25 de maio de 2014
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´34 km
Distancia 78 voltas, 260´52 km
Clima Seco
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:15.989
Volta rápida
Piloto Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Tempo 1:18.479 na volta 75
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault

O Gran Premio de Mónaco de 2014 (formalmente o Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 25 de maio de 2014 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. É a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Previa[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que no Gran Premio de Mónaco de 2013, o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo o amarelo brando como o pneumático "prime" máis duro e o composto súper brando de cor vermella o pneumáticos "option", tal como fixeron nos dous anos anteriores. Foi a segunda vez na tempada na que o composto súper brando utilizouse nun fin de semana.[1]

Logo de concluída a sesión de cualificación, Nico Rosberg foi investigado polos comisarios despois de que se saíse e provocara unha bandeira amarela nos últimos instantes da sesión, que custoulle a Lewis Hamilton a oportunidade de lograr a pole position.[2] pero, non se aplicou ningunha penalización.[3] Daniil Kvyat recibiu unha reprimenda por obstaculizar a Pastor Maldonado durante a primeira parte da cualificación, mentres que Marcus Ericsson recibiu dous puntos de penalización, e comezou desde o pit lane por causar unha colisión con Felipe Massa.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pastor Maldonado quedou parado na grella antes da volta de quecemento de xeito non comezou a carreira. Nico Rosberg liderou por diante de Lewis Hamilton e Daniel Ricciardo desde a pole, pero Kimi Raikkonen pasou de sexto ao cuarto lugar por diante do seu compañeiro de equipo Fernando Alonso e o campión mundial Sebastian Vettel. Na 1ª volta Sergio Pérez saíuse en Mirebeau e foi alcanzado por Jenson Button cando daba marcha atrás para volver á carreira, foi necesario que saíra o coche de seguridade, Pérez retirouse da carreira e os coches de Adrian Sutil e Romain Grosjean resultaron danados. Vettel sufriu un problema co seu turbo e retirouse na 5ª volta.

Raikkonen superou a Ricciardo cando marchou o coche de seguridade a quedou na terceira posición por detrás dos dous coches de Mercedes que comezaron a afastarse. Sutil comezou a ascender desde o fondo do pelotón logo da súa parada en boxes adiantando a Grosjean e Marcus Ericsson na horquilla, pero na volta 23 perdeu o control saíndo do túnel e estrelouse na Nouvelle Chicane obrigando a saír ó coche de seguridade por segunda vez.

Todo o mundo entrou en boxes co coche de seguridade, agás Felipe Massa. Raikkonen tivo que entrar en boxes dúas veces despois de que fora golpeado por Jules Bianchi e tivera unha picada, o que deu lugar a que caera ao fondo do pelotón. Jean-Eric Vergne recibiu un drive-through por unha saída perigosa de boxes no camiño de Kevin Magnussen.

Rosberg e Hamilton, unha vez máis se afastaban con Ricciardo terceiro e Alonso cuarto. Felipe Massa fixo a súa primeira parada en boxes logo de 40 voltas. Vergne sufriu un fallo de motor na volta 50 o que provocou a súa cuarta retirada en 6 carreiras, igualando a Sutil. Valtteri Bottas foi adiantado por Esteban Gutiérrez, Raikkonen e Massa, que estaba con pneumáticos novos, cando o motor de Bottas fallou na volta 55. Logo Gutiérrez estrelouse na Rascasse na volta 59 o que lle impediu lograr os seus primeiros puntos da tempada cando marchaba noveno. Isto levou ao Marussia de Jules Bianchi ata o 10º posto, sería a primeira vez que Marussia lograra puntos, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por unha sanción durante a saída do coche de seguridade que o deixaba no 11º posto.

Jenson Button pasou o seu compañeiro de equipo Magnussen na curva 1, subindo ata sexto posto, e logo Raikkonen tratou de facer o mesmo na horquilla, pero foise contra a barreira encerrando a Magnussen. Tanto Raikkonen como Magnussen lograron saír da barreira, dando marcha atrás, pero perderon moito tempo, pasando Bianchi a oitavo e Grosjean a noveno. Raikkonen perdeu unha volta xa que tivo que entrar en boxes para a súa reparación.

Mentres tanto, na fronte, Hamilton rodaba ao redor dun segundo detrás de Rosberg como na maior parte da carreira con Ricciardo case 15 segundos por detrás dos dous, pero a Hamilton entroulle un lixo no seu ollo a 12 voltas para o final o que significou que desacelerou, permitindo a Ricciardo, na volta 73 a 5 voltas para o final situarse xusto detrás de el, con todo Hamilton logrou aguantar para lograr o segundo lugar na liña de meta, mentres que Ricciardo terminou terceiro.

Rosberg gañou o seu segundo Gran Premio de Mónaco consecutivo e retomou o liderado do campionato. Só Hamilton, Ricciardo, e Alonso, cuarto, terminaron sen ser dobrados polo líder. Nico Hülkenberg terminou quinto, mantendo baixo control a Button (6º). Massa terminou sétimo, Bianchi terminou oitavo, pero recibiu unha segunda penalización de 5 segundos de tempo, que o fixo caer ao noveno posto, detrás de Grosjean, aínda así anotou o seu primeiro punto e o de Marussia na súa andaina na Fórmula 1. Magnussen recuperouse para terminar 10º, co novato Marcus Ericsson 11º.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6 Alemaña Nico Rosberg Alemaña Mercedes 1'17"678 1'16"465 1'15"989 1
2 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes 1'17"823 1'16"354 1'16"048 2
3 3 Australia Daniel Ricciardo Austria Red Bull-Renault 1'17"900 1'17"233 1'16"384 3
4 1 Alemaña Sebastian Vettel Austria Red Bull-Renault 1'18"383 1'17"074 1'16"547 4
5 14 España Fernando Alonso Italia Ferrari 1'17"853 1'17"200 1'16"686 5
6 7 Finlandia Kimi Räikkönen Italia Ferrari 1'17"902 1'17"398 1'17"389 6
7 25 Francia Jean-Eric Vergne Italia STR-Renault 1'17"557 1'17"657 1'17"540 7
8 20 Dinamarca Kevin Magnussen Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 1'17"978 1'17"609 1'17"555 8
9 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Italia STR-Renault 1'18"616 1'17"594 1'18"090 9
10 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Flag of India.svg Force India-Mercedes 1'18"108 1'17"755 1'18"327 10
11 27 Alemaña Nico Hülkenberg Flag of India.svg Force India-Mercedes 1'18"432 1'17"846 11
12 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 1'17"890 1'17"988 12
13 77 Finlandia Valtteri Bottas Flag of the United Kingdom.svg Williams-Mercedes 1'18"407 1'18"082 13
14 8 Francia Romain Grosjean Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Renault 1'18"335 1'18"196 14
15 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Renault 1'18"585 1'18"356 15
16 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Flag of the United Kingdom.svg Williams-Mercedes 1'18"209 sen tempo 16
17 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Suíza Sauber-Ferrari 1'18"741 17
18 99 Alemaña Adrian Sutil Suíza Sauber-Ferrari 1'18"745 18
19 17 Francia Jules Bianchi Flag of Russia.svg Marussia-Ferrari 1'19"332 21[5]
20 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Flag of Russia.svg Marussia-Ferrari 1'19"928 19
21 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Flag of Malaysia.svg Caterham-Renault 1'20"133 20
22 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Flag of Malaysia.svg Caterham-Renault 1'21"732 PL[6]
107% tempo: 1'22"985
Fonte:[7]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 78 1:49:27.601 1 25
2 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 78 +9.2 2 18
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 78 +9.6 3 15
4 14 España Fernando Alonso Ferrari 78 +32.4 5 12
5 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 77 +1 volta 11 10
6 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 77 +1 volta 12 8
7 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 77 +1 volta 16 6
8 17 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 77 +1 volta 14 4
9[8] 8 Francia Jules Bianchi Marussia-Ferrari 77 +1 volta 21 2
10 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 77 +1 volta 8 1
11 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Caterham-Renault 77 +1 volta PL
12 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 77 +1 volta 6
13 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Caterham-Renault 76 +2 voltas 20
14 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Ferrari 75 +3 voltas 19
Ret 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 62 Accidente 17
Ret 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 57 Motor 13
Ret 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 52 Motor 7
Ret 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 25 Accidente 18
Ret 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 11 Mecánica 9
Ret 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 6 Motor 4
Ret 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 1 Colisión 10
NTS 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Lotus-Renault 15
Fonte:[9]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pirelli reveal tyre choices for Spain, Monaco and Canada". Formula1.com (Formula One Administration). 11 April 2014. Consultado o 13 April 2014. 
  2. Noble, Jonathan; Beer, Matt (24 May 2014). "Nico Rosberg's Monaco pole is under investigation after his Q3 off". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 24 May 2014. 
  3. Noble, Jonathan; Beer, Matt (24 May 2014). "Nico Rosberg keeps pole after stewards investigation". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 24 May 2014. 
  4. "Ericsson penalised for Massa qualifying incident". Formula1.com (Formula One Administration). 24 May 2014. Consultado o 24 May 2014. 
  5. Jules Bianchi foi penalizado con cinco posicións, por un cambio da caixa de cambios non programado
  6. Marcus Ericsson saíu desde o pit lane logo de provocar un choque con Felipe Massa na Q1, privando a Massa de participar na Q2.
  7. "2014 Grand Prix de Monaco 2014". formula1.com. Consultado o 10 May 2014. 
  8. Jules Bianchi terminou oitavo, pero foi penalizado con 5 segundos por unha sanción cando saíu o coche de seguridade, e perdeu unha posición final.
  9. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 25 May 2014. Consultado o 25 May 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Canadá de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2013
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2015