Gran Premio de Bahrain de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bahrain Gran Premio de Bahrain de 2015
Detalles da carreira
Carreira 4 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Data 19 de abril de 2015
Nome oficial Gulf Air Gran Premio de Bahrain de 2015
Localización Circuíto Internacional de Bahrain
Sakhir, Bahrain
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´412 km
Distancia 57 voltas, 308´238 km
ClimaSeco, cálido, carreira nocturna
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:32.571
Volta rápida
Piloto Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Tempo 1:36.311 na volta 42
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Terceiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes

O Gran Premio de Bahrain de 2015 (oficialmente coñecido como o Gulf Air Gran Premio de Fórmula 1 de Bahrain de 2015) é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 19 de abril de 2015 no Circuíto Internacional de Bahrain de Bahrain.

Resumo[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Houbo tensións no equipo Mercedes antes do Gran Premio. Logo do Gran Premio da China a semana anterior, Nico Rosberg acusara ao seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton de apoiar de forma deliberada o ataque de Ferraris durante a carreira, dicindo que comprometera a súa carreira.[1] Hamilton á súa vez afirmou que Rosberg nunca estaba o suficientemente preto para atacalo, unha afirmación de que Rosberg rexeitou, dicindo que "intentou atacar".[2] O equipo reaccionou emitindo unha advertencia aos seus pilotos, que comezarían "administrar" máis as carreiras si non eran capaces de competir pensando no mellor para o equipo.[3] Logo das observacións formuladas por Hamilton dicindo que as súas negociacións de extensión de contrato ían lentas,[4] xurdiron rumores de que Hamilton pedira unha clara condición de número un no equipo, unha afirmación negada polo piloto[5] e o equipo.[6]

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que en 2014, Pirelli anunciou que fornecerían aos equipos co pneumático de composto medio, bandas brancas, como a selección "prime" e o composto brando, bandas amarelas, como a selección "option" para a carreira.[7]

Cualificación[editar | editar a fonte]

O McLaren de Jenson Button rompeuse antes de que puidese facer un tempo de volta. Roberto Merhi e Will Stevens cualificaron o seu Manor na posición 19ª e 18ª. O Red Bull de Daniil Kvyat non logrou pasar da Q1 cualificando 17º. Pastor Maldonado estivo a piques de entrar na Q2 cun tempo máis rápido pero cualificou 16º. Max Verstappen clasificouse en 15ª posición. Fernando Alonso logrou alcanzar o posto 14 no seu McLaren. Os Sauber de Felipe Nasr e Marcus Ericsson rexistrou as posicións 13º e 12º respectivamente. Sergio Pérez foi o 11º cualificado con Force India. Na parte final da cualificación Lewis Hamilton venceu a Sebastian Vettel por 0´4 segundos na última volta da sesión. Vettel meteuse entre os Mercedes, con Nico Rosberg logrando o terceiro lugar. Kimi Räikkönen puxo o outro Ferrari no cuarto lugar. Valtteri Bottas e Felipe Massa cualificaron os seus Williams no quinto e sexto, mentres que Daniel Ricciardo logrou a sétima posición para Red Bull. Nico Hülkenberg logrou o oitavo lugar co seu Force India. Carlos Sainz clasificouse no noveno para Toro Rosso e Romain Grosjean co Lotus completaron os dez primeiros.[8]

Post cualificación[editar | editar a fonte]

Jenson Button debía esperar a que os comisarios lle permitiran participar na carreira, porque non fixo un tempo de volta na primeira parte da cualificación. Déronlle o permiso para iniciar a carreira en base dos seus tempos de práctica satisfactorios.[9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Antes do comezo, McLaren confirmou que non foran capaces de lograr que o coche de Jenson Button chegara a grella, xa que os datos indicaban que continuaban os seus problemas eléctricos.[10] O Williams de Felipe Massa non arrincou no inicio da volta de formación, polo que o brasileiro tivo que empezar desde o pit lane. As luces de inicio acendéronse logo dun longo atraso, debido a que Pastor Maldonado estar mal colocado na grella de saída.[11]

Cunha correcta saída, Lewis Hamilton foi capaz de manter a súa vantaxe, mentres que o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg tratou de atacar a Sebastian Vettel en segundo lugar. Isto deu a oportunidade para que o segundo Ferrari de Kimi Räikkönen adiantase polo exterior ó Mercedes e poñerse terceiro. Hamilton tratou de abrir unha brecha co fin de cubrir a súa posición, por si os Ferraris intentaban unha estratexia de entrar cedo nos boxes co fin de utilizar pneumáticos máis frescos de poñerse diante sen necesidade de adiantamentos polo bo camiño. Mentres tanto, Rosberg logrou de novo terceiro posto a Räikkönen na cuarta volta antes de facer o mesmo con Vettel no final da novena volta.

As paradas en boxes comezaron na volta once, Massa, Hülkenberg e Nasr foron os primeiros en entrar con pneumáticos novos. Hamilton lograra ampliar a súa vantaxe sobre Vettel a case 8 segundos cando o alemán foi o primeiro dos pilotos de cabeza en entrar en boxes na volta 14. A estratexia funcionou, Rosberg entrou en boxes detrás do Ferrari unha volta máis tarde. Hamilton cambiou pneumáticos outra volta máis tarde, saíndo por diante da loita de Rosberg e Vettel, co piloto de Mercedes logrando a segunda posición cun movemento do DRS no interior da curva un. Agora estaba preto detrás do seu compañeiro Hamilton, pero ao final non puido atacarlle polo liderado. Raikkonen foi o último dos catro primeiros na volta 18 cunha estratexia diferente, xa que utilizaba os pneumáticos máis duros, mentres que os Mercedes e Vettel estaban correndo a súa quenda intermedia co composto de pneumáticos máis brandos. Ata cos pneumáticos máis duros, foi capaz de acercarse aos tres primeiros. O piloto de Sauber Marcus Ericsson corría oitavo cando entrou en boxes. Pero, perdeu ao redor de 30 segundos logo dun problema cunha das rodas, e caeu ao 17º.

Felipe Massa intentou recuperar posicións logo do seu inicio desde opit lane, pero foi capturado nas batallas intermedias. Foise a boxes simultaneamente con Felipe Nasr diante e Pastor Maldonado detrás del. Unha rápida parada do equipo Lotus significou que o venezolano foi capaz de saír adiante e gañar dúas posicións. Carlos Sainz Jr. retirouse da carreira logo de saír do pit lane na volta 30, con problemas coa súa roda dianteira esquerda. O seu compañeiro en Toro Rosso Max Verstappen abandonou na volta 34 debido a un fallo eléctrico. Na volta 34, tanto Hamilton como Vettel fixeron a súa segunda e última parada planificada, ambos montaron un xogo de pneumáticos medio. A estratexia funcionoulle a Ferrari, Rosberg saíu detrás de Vettel unha volta máis tarde. Pero, Vettel saíuse na saída da última curva na volta 36, deixando pasar a Rosberg e danando o seu alerón dianteiro, o que significou que tivo que entrar en boxes para unha parada non programada na seguinte volta, deixándoo en quinta posición. O seu compañeiro de equipo Raikkonen entrou en boxes por segunda vez na volta 40, montando os pneumáticos máis brandos e máis rápidos, tratando de atrapar aos dous Mercedes cara ao final da carreira. a catorce voltas do final, o finlandés estaba a quince segundos do segundo clasificado, Rosberg, pero acortabaa máis dun segundo por volta. Cos Mercedes diante avanzaba a través dos dobrados, Räikkönen foi capaz de reducir a brecha aínda máis rápido, alcanzando a Rosberg a tres voltas do final. O alemán, que sufriu sobrequecemento dos freos durante todo o curso da carreira, quedou sen freos ao final da volta 56, o que permitiu a Räikkönen tomar o segundo posto. O outro Mercedes de Hamilton tivo problemas cos freos cara ao final, pero foi capaz de controlar a diferenza co Ferrari e lograr a súa terceira vitoria da tempada. O catro veces campión do mundo Vettel foi incapaz de superar ao William de Valtteri Bottas para ser cuarto. O outro Williams de Felipe Massa aplicara unha boa estratexia na primeira parte da carreira para recuperarse da súa saída desde o pit lane á oitava posición, pero cando os seus pneumáticos comezaron a degradarse foi adiantado por Sergio Pérez e Daniil Kvyat e terminou décimo, logrando un punto. A carreira terminou espectacularmente cando o Red Bull de Daniel Ricciardo sufriu unha explosión no motor na recta final, logrando pasar co seu coche a liña de meta.[11]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:33.928 1:32.669 1:32.571 1
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:34.919 1:33.623 1:32.982 2
3 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:34.398 1:33.878 1:33.129 3
4 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:34.568 1:33.540 1:33.227 4
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:34.161 1:33.897 1:33.381 5
6 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:34.448 1:33.551 1:33.744 6
7 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:34.691 1:34.403 1:33.832 7
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:35.653 1:34.613 1:34.450 8
9 55 España Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 1:35.371 1:34.641 1:34.462 9
10 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:35.007 1:34.123 1:34.484 10
11 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:35.451 1:34.704 11
12 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:35.310 1:34.737 12
13 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:35.438 1:35.034 13
14 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:35.205 1:35.039 14
15 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:35.611 1:35.103 15
16 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:35.677 16
17 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:35.800 17
18 28 Will Stevens Manor Marussia-Ferrari 1:38.713 18
19 98 España Roberto Merhi Manor Marussia-Ferrari 1:39.722 19
107% tempo:1:40.503
20 22 Jenson Button McLaren-Honda sen tempo 20[12]
Fonte:[13]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 57 1:35:05,809 1 25
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 57 +3.380 4 18
3 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 57 + 6.033 3 15
4 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 57 + 42.957 5 12
5 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 57 + 43.989 2 10
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 57 + 1:01.751 7 8
7 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 57 + 1:24,763 10 6
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 56 + 1 volta 11 4
9 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 56 + 1 volta 17 2
10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 56 + 1 volta 6 1
11 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 56 + 1 volta 14
12 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 56 + 1 volta 12
13 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 56 + 1 volta 8
14 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 56 + 1 volta 13
15 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 56 + 1 volta 16
16 28 Will Stevens Manor Marussia-Ferrari 55 + 2 voltas 18
17 98 España Roberto Merhi Manor Marussia-Ferrari 54 + 3 voltas 19
18 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 34 Eléctrico 15
19 55 España Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 29 Buxe da roda 9
NTS 22 Jenson Button McLaren-Honda 0 Unidade de potencia 20

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wood, Will (13 April 2015). "Hamilton’s pace frustrates "compromised" Rosberg". F1Fanatic. Consultado o 17 April 2015. 
  2. "Rosberg 'did try to attack' Hamilton". PlanetF1. 13 April 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 April 2015. 
  3. "Merc issue warning to feuding duo". PlanetF1. 15 April 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 April 2015. 
  4. Johnson, Daniel (9 April 2015). "Chinese GP 2015: Lewis Hamilton's contract issues with Mercedes cast shadow over upcoming F1 race". The Telegraph. Consultado o 17 April 2015. 
  5. "Hamilton refutes No 1 status claims". PlanetF1. 17 April 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 April 2015. 
  6. Gill, Pete (17 April 2015). "Lewis Hamilton denies asking for number one status at Mercedes". skysports.com. Sky Sports. Consultado o 17 April 2015. 
  7. "Pirelli reveal tyre choices for first four races". Formula1.com (Formula One Administration). 4 March 2015. Consultado o 8 March 2015. 
  8. Anderson, Ben (18 April 2015). "Bahrain GP F1: Lewis Hamilton beats Sebastian Vettel to pole". autosport.com. Haymarket Media Group. Consultado o 18 April 2015. 
  9. FIA Stewards Decision — Document No. 26 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 19 April 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2015. Consultado o 19 April 2015. 
  10. Straw, Edd (19 April 2015). "F1 Bahrain GP: Jenson Button's McLaren-Honda unable to start race". Autosport.com. Consultado o 22 April 2015. 
  11. 11,0 11,1 Butler, Michael (19 April 2015). "Bahrain Grand Prix: F1 2015 – as it happened". guardian.co.uk. The Guardian. Consultado o 22 April 2015. 
  12. Jenson Button recibiu permiso dos comisarios para iniciar a carreira malia non establecer un tempo de clasificación
  13. "2015 Bahrain Grand Prix – Qualifying Session Preliminary Classification" (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 18 April 2015. Consultado o 18 April 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio da China de 2015
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2015
Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2014
Gran Premio de Bahrain Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2016