Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Italia Gran Premio de Emilia-Romaña de 2022
Detalles da carreira
Carreira 4 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022.
Trazado do circuíto de Imola
Trazado do circuíto de Imola
Data 24 de abril de 2022
Nome oficial III Rolex Gran Premio del Made in Italy dell'Emilia-Romagna 2022
Localización Imola, Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´909 km
Distancia 63 voltas, 309.049 km
ClimaNubrado, pista mollada primeira e logo seca[1]
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT
Tempo 1:27.999
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT
Tempo 1:18.446 na volta 55
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT
Segundo Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes

O Gran Premio Emilia Romaña 2022 (coñecido oficialmente como III Rolex Gran Premio del Made in Italy dell'Emilia-Romagna 2022) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 24 de abril de 2022 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola, Italia. Foi o primeiro fin de semana de Gran Premio da tempada 2022 que utilizou o formato de clasificación da carreira ao sprint. Os pilotos realizaron unha sesión de clasificación para determinar a grella de saída para a carreira sprint, da cal a orde de chegada estableceu a orde da grella para a carreira do domingo. Foi a cuarta carreira de Fórmula Un disputada no Autodromo Internazionale Enzo e Dino Ferrari desde o 2006 e a terceira carreira baixo o nome de Gran Premio da Emilia-Romaña. Foi a cuarta rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022.

A carreira gañouna Max Verstappen, por diante de Sergio Pérez e Lando Norris en segundo e terceiro, respectivamente. Foi o primeiro dobrete de Red Bull Racing desde o Gran Premio de Malaisia ​​de 2016,[2] así como o segundo grand slam da carreira de Verstappen.[3]

A nova fórmula da carreira ao sprint =[editar | editar a fonte]

Imola foi o escenario, o sábado, da fórmula de "carreira ao sprint" ao final da cal os oito primeiros anotan puntos. O sprint desenvólvese en 21 voltas. A diferenza do ano anterior, a pole position outorgóuselle estatisticamente ao autor do mellor tempo da 3ª quenda da cualificación do venres, o sprint non obstante determina a grella de saída da carreira do domingo. Así, un piloto que gañe o sprint e despois a carreira coa volta rápida pode sumar 34 puntos durante a fin de semana.

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C2, C3 e C4 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os usaran no evento.

Pneus dispoñibles para Imola
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C2)
Représentation des pneus medium
Medios
(Tipo C3)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C4)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Práctica[editar | editar a fonte]

Houbo dúas sesións de prácticas, as dúas dunha hora de duración. A primeira sesión de prácticas comezou ás 13:30 hora local (UTC+02:00) o venres 22 de abril. A segunda sesión de prácticas ás 12:30 hora local o 23 de abril.

A primeira sesión de adestramentos rematou con Charles Leclerc máis rápido por diante de Carlos Sainz e Max Verstappen. A sesión víu dúas veces a bandeira vermella debido ás condicións de choiva que provocaron trompos na curva doce de Lando Norris e máis tarde de Valtteri Bottas.

Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Nº} Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-RBPT 1:19.295 1:18.793 1:27.999 1
2 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 1:18.796 1:19.584 1:28.778 2
3 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 1:20.168 1:19.294 1:29.131 3
4 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:20.147 1:19.902 1:29.164 4
5 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 1:20.198 1:19.595 1:29.202 5
6 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:19.980 1:20.031 1:29.742 6
7 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull-RBPT 1:19.773 1:19.296 1:29.808 7
8 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:20.419 1:20.192 1:30.439 8
9 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 1:20.364 1:19.957 1:31.062 9
10 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:19.305 1:18.990 Sen tempo 10
11 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Mercedes 1:20.383 1:20.757 11
12 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:20.422 1:20.916 12
13 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:20.470 1:21.138 13
14 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:19.730 1:21.434 14
15 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:20.342 1:28.119 15
16 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 1:20.474 16
17 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 1:20.732 17
18 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:21.971 18
19 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:22.338 19
Tempo 107%: 1:24.311
NC 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes Sen tempo 20[4]
Fonte:[5][6]

Cualificación ao Sprint[editar | editar a fonte]

A clasificación ao Sprint tivo lugar ás 16:30 CEST do 23 de abril e tivo unha duración de 21 voltas.[7] A diferenza da tempada 2021, na que só os tres primeiros pilotos clasificados no sprint puntuaban, as regras de 2022 ampliaron os puntos aos oito primeiros pilotos.[8] Max Verstappen tivo un mal comezo e Charles Leclerc tomou o liderado, mentres que Pierre Gasly golpeou a Guanyu Zhou na curva 9, causandolle unha picada e a retirada de Zhou,[9] que sacou o coche de seguridade.[10] Sergio Pérez pronto recuperou o terceiro posto, mentres que Carlos Sainz ascendeu ao cuarto.[11]

Nas primeiras voltas, Leclerc esforzouse moito para manter a Verstappen fóra da zona do DRS pero comezou a sufrir graining.[12][13] Na volta 19, Verstappen, que nunca estivo atrás máis dun segundo e medio, foi capaz de pasalo na primeira curva para gañar o sprint e manter a saída da primeira fila, por diante de Leclerc e Pérez.[14] Cos resultados, Sainz volveu ao segundo posto da clasificación, mentres que Verstappen subiu do 6º ao 5º, xa que os dous pilotos de Mercedes George Russell e Lewis Hamilton non conseguiron ningún punto.[15]

Clasificación da cualificación ao Sprint[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos Grella
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 21 30:39.567 1 8 1
2 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 21 +2.975 2 7 2
3 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 21 +4.721 7 6 7
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 21 +17.578 10 5 4
5 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 21 +24.561 3 4 3
6 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 21 +27.740 6 3 6
7 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 21 +28.133 8 2 7
8 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 21 +30.712 4 1 8
9 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 21 +32.278 5 9
10 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 21 +33.773 12 10
11 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Mercedes 21 +36.284 11 11
12 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 21 +38.298 16 12
13 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 21 +40.177 9 13
14 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 21 +41.459 13 14
15 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 21 +42.910 15 15
16 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 21 +43.517 19 16
17 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 21 +43.794 17 17
18 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 21 +48.871 20 18
19 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 21 +52.017 18 19
Ret 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 0 Colisión 14 20[16]
Volta rápida: Flag of Mexico.svg Sergio Pérez (Red Bull Racing-RBPT) – 1:19.012 (volta 14)
Fonte:[6][17][18]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira comezou ás 15:00 hora local do 24 de abril e durou 63 voltas.[7] Gañouna Max Verstappen por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez en segundo lugar e Lando Norris en terceiro lugar, respectivamente.[19][20] En terra propia, os pilotos de Ferrari Charles Leclerc e Carlos Sainz sufriron, xa que o primeiro cometeu un erro ao final da carreira que lle custou o podio, mentres que o segundo tivo outra retirada na volta 1.[2]

Informe da carreira[editar | editar a fonte]

Coa choiva no circuíto nas horas anteriores e a pista mollada,[1] todos os coches da grella puxeron pneumáticos intermedios.[21] Os que comezaron no lado dereito da grella, como o líder do campionato Charles Leclerc segundo e Carlos Sainz cuarto, tiveron un mal comezo.[22] Ao entrar na primeira curva, Leclerc perdeu posicións ante Sergio Pérez e Lando Norris,[21] mentres que o seu compañeiro Sainz foi superado por Norris e golpeado por Daniel Ricciardo,[23][24] a colisión, que non investigouse,[21] deixou a Sainz espetado na grava,[25] mentres Ricciardo puido volver á pista e facer unha parada en boxes ao final da volta.[21] Despois da colisión Sainz-Ricciardo, Mick Schumacher tivo un medio trompo e caeu do posto 10 ao 17,[21] cando deslizou o seu eixe traseiro tocou o pontón de Fernando Alonso,[26] que tivo que retirarse na volta 8, despois do fallo da súa carrozaría.[22][20] Russell, Sebastian Vettel e Lance Stroll tiveron un bo comezo,[21] con Russell 6º, Vettel 9º e Stroll 11º.[27]

O coche de seguridade sacado pola colisión Sainz-Ricciardo retirouse na volta 4.[22] Con Leclerc golpeado por Norris, os dous coches de Red Bull de Max Verstappen e Pérez lograron unha vantaxe, Verstappen rexeitou a elección do seu equipo de pór pneumáticos secos e continuou correndo, igual que o resto dos participantes, a pesar dos informes de secado da pista.[21] Na volta. 8 Leclerc superou a Norris na primeira curva, pero para entón tiña unha desvantaxe de 6,2 e 3,3 segundos con Verstappen e Pérez, respectivamente.[21] Nas seguintes sete voltas, esas diferenzas mantivéronse estables, xa que Verstappen estaba 5,5 segundos por diante de Pérez, con Leclerc a 1,9 segundos.[21] Verstappen díxolle ao seu equipo que estaba preparado para cambiar a pneumáticos slick no caso de que saise un coche de seguridade pero seguía encarrilado. Ricciardo entrou en boxes na volta 18 para cambiar a pneumáticos secos e de composto medio, o que levou ao resto do campo a seguir o exemplo nas seguintes voltas.[21] Na volta 19,[27] tanto Pèrez como Russell, este último agora cuarto tras adiantar a Kevin Magnussen na volta 12,[27] entrou en boxes, unha volta antes que Verstappen e Leclerc, este último tivo un exitoso overcut para adiantar a Pérez polo segundo posto, con todo, debido aos pneumáticos fríos, Pérez puido retomar a posición algunhas voltas máis tarde, xa que Verstappen ampliou a súa vantaxe a 7,5 segundos.[21]

Leclerc mantívose preto de Pérez, na volta 28 na chicane da curva 14–15,[27] pechou a diferenza a menos dun segundo. Cando se activou o DRS na volta 35,[27] Leclerc estaba a máis dun segundo de Pèrez, mentres que Pierre Gasly puido entrar na zona de DRS detrás de Alexander Albon, e Lewis Hamilton permaneceu atrapado detrás dos dous pilotos durante o resto da carreira,[20][27] sendo dobrado por Verstappen na volta 40.[21][28] Verstappen ampliou a súa vantaxe sobre Pérez e Leclerc. Leclerc entrou en boxes para montar o composto brando na volta 50 e saíu detrás de Norris no cuarto lugar.[21] Leclerc superou a Norris na volta 51 coa axuda de DRS,[27] os dous coches de Red Bull responderon ao intento de undercut de Leclerc e entraron en boxes nas dúas voltas seguintes.[21] Co movemento, Leclerc pechou a diferenza con Pérez e tivo unha diferenza de sete décimas na volta 53 cando, nun intento de empurrar e achegarse a Pérez, bateu contra as beiravías na chicana das curvas 14–15 e trompeou cara á parede exterior.[29] Leclerc rompeu unha placa final aínda que evitou danos na suspensión,[21] montou un novo alerón dianteiro e novos pneumáticos de composto brando nos boxes, e puido devolver a pista pero caeu ata o 9º posto recuperando ata o 6º ao final do carreira.[27]

Verstappen gañou por diante de Pérez, Norris, Russell, cuxo equilibrio aerodinámico dianteiro non se axustou na súa parada en boxes,[21] e Valtteri Bottas, con Leclerc, Yuki Tsunoda, Vettel, Magnussen e Stroll completando o top 10.[21] Albon, Gasly e Hamilton terminaron 11º, 12º e 13º, respectivamente, despois de que Esteban Ocon recibise unha penalización de cinco segundos por unha saída insegura nos boxes, que obrigou a Hamilton a sairser na pista de boxes e perder un lugar,[21] por diante de Guanyu Zhou, Nicholas Latifi, e Schumacher, que trompeou por segunda vez na carreira, mentres que Ricciardo terminou último tras unha parada en boxes para montar compostos duros.

Tras liderar todas as voltas, marcar a volta rápida e gañar a carreira, Verstappen logrou o seu segundo grand slam,[30] mentres Red Bull lograba o seu primeiro dobrete dende o Gran Premio de Malaisia de 2016.[2][31] Cos resultados, Sainz caeu ao quinto lugar,[27] mentres tanto Verstappen como Red Bull volveron ao segundo posto no clasificación.[32][33] Leclerc viu reducida a súa vantaxe no segundo posto da clasificación de 45 a 27 puntos.[30]

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas} Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 63 1:32:07.986 1 26[34]
2 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 63 +16.527 3 18
3 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 63 +34.834 5 15
4 63 Reino Unido Reino Unido George Russell Mercedes 63 +42.506 11 12
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 63 +43.181 7 10
6 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 63 +56.072 2 8
7 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 63 +1:01.110 12 6
8 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 63 +1:10.892 13 4
9 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 63 +1:15.260 8 2
10 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 62 +1 volta 15 1
11 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 62 +1 volta 18
12 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 62 +1 volta 17
13 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 62 +1 volta 14
14 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 62 +1 volta[35] 16
15 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 62 +1 volta Pit lane
16 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 62 +1 volta 19
17 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 62 +1 volta 10
18 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 62 +1 volta 6
Ret 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 6 Danos no chasis 9
Ret 55 España Carlos Sainz Ferrari 0 Colisión 4
Volta rápida: Países Baixos Max Verstappen (Red Bull Racing-RBPT) – 1:18.446 (volta 55)
Fonte:[18][36][37]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2022
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2022
Carreira seguinte:
Gran Premio de Miami de 2022
Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021
Gran Premio da Emilia-Romaña Carreira seguinte:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2023

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. 1,0 1,1 Wood, Will (24 de abril de 2022). "Verstappen leads Red Bull one-two at Imola as Leclerc spins out of third". Race Fans. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Maher, Thomas (24 de abril de 2022). "Verstappen leads Red Bull 1–2 as Ferrari suffer nightmare home race". RacingNews365. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  3. "Grand slam". StatsF1. 24 April 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  4. Alexander Albon non puido marcar un tempo durante a cualificación, pero permitíronlle correr no sprint a criterio dos comisarios.
  5. "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Qualifying". Formula 1. 22 de abril de 2022. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Sprint Grid". Formula 1. 22 de abril de 2022. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Full Schedule". Formula 1. 24 de marzo de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  8. Barretto, Lawrence (17 de abril de 2022). "How does the F1 Sprint work? The format explained ahead of Imola". Formula 1. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  9. "Watch: Zhou crashes out at start of Sprint in Emilia Romagna". Formula 1. 23 de abril de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  10. "F1 2022 Emilia Romagna Grand Prix – Sprint results". RacingNews365. 23 de abril de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  11. Bradley, Charles (23 de abril de 2022). "F1 Grand Prix sprint results: Verstappen wins for Imola pole". Motorsport.com. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  12. Kew, Matt (23 de abril de 2022). "Leclerc: Ferrari needs to cure graining to win Imola F1 race". Motorsport.com. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  13. Walsh, Fergal (23 de abril de 2022). "Leclerc: I paid the price by pushing to escape DRS range". Motorsport Week. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  14. Khorounzhiy, Valentin (23 de abril de 2022). "Verstappen overtakes Leclerc to win F1 sprint race at Imola". Motorsport.com. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  15. Collantine, Keith (23 April 2022). "2022 Emilia-Romagna Grand Prix sprint race championship points". Race Fans. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  16. Guanyu Zhou non clasificouse, pero permitiuselle correr a criterio dos comisarios.
  17. "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Sprint". Formula 1. 23 de abril de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  18. 18,0 18,1 "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Starting Grid". Formula 1. 23 de abril de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  19. "Max Verstappen lead Red Bull 1–2 as Charles Leclerc suffers late accident". Eurosport. 24 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Caygill, Graham (24 de abril de 2022). "Max Verstappen lead Red Bull 1–2 as Charles Leclerc suffers late accident". Sporting News. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  21. 21,00 21,01 21,02 21,03 21,04 21,05 21,06 21,07 21,08 21,09 21,10 21,11 21,12 21,13 21,14 21,15 21,16 21,17 Kew, Matthew (24 de abril de 2022). "Emilia Romagna GP: Verstappen cruises to win; disaster for Ferrari". Motorsport.com. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  22. 22,0 22,1 22,2 "Verstappen leads Red Bull 1–2 as Ferrari falter in action-packed Imola race". Formula 1. 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  23. Newbold, James; Smith, Luke (24 de abril de 2022). "Ricciardo takes blame for first corner Imola F1 tangle with Sainz". Motorsport.com. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  24. Maher, Thomas; Rencken, Dieter (24 de abril de 2022). "No hard feelings between Ricciardo and Sainz after first-lap clash". RacingNews365. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  25. "Verstappen holds P1, Sainz is again out of the race". GPblog.com. 24 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  26. Collantine, Keith; Cottingham, Claire (24 de abril de 2022). "'Só un pequeno bico de Mick destruíu completamente o noso coche' – Alonso". Race Fans. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 27,5 27,6 27,7 27,8 Harris, Daniel (24 April 2022). "Verstappen storms to win at Emilia Romagna Grand Prix: F1 – as it happened". The Guardian. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  28. Larkam, Lewis (24 de abril de 2022). "Max Verstappen laps Lewis Hamilton to win at Imola amid Ferrari disaster". Crash.net. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  29. Anderson, Gary; Beer, Matt; Freeman, Glenn; Hughes, Matt; Mitchell, Scott; Straw, Edd (24 de abril de 2022). "Our verdict on Leclerc and Ferrari's Imola disaster". The Race. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  30. 30,0 30,1 "Verstappen wins Emilia Romagna Grand Prix to rekindle title bid". France 24 (Agence-France Presse). 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  31. Smith, Luke (24 de abril de 2022). "Horner: Imola F1 1–2 'one of our best-ever results'". Motorsport.com. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  32. Kelly, Sean (24 de abril de 2022). "Facts and stats: A grand slam first, and Red Bull's maiden double score at Imola". Formula 1. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  33. "'I was too greedy' – Leclerc laments error that cost him Emilia Romagna podium to cap tough day for Ferrari". Formula 1. 24 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  34. Inclúe un punto pola volta rápida.
  35. Esteban Ocon terminou 11º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por unha saída insegura.
  36. "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Race Result". Formula 1. 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  37. "Formula 1 Rolex Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2022 – Fastest Laps". Formula 1. 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  38. 38,0 38,1 "Emilia-Romagna 2022 – Championship". Stats F1. 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]