Gran Premio de Italia de 2013
| Nome oficial | 2013 Formula 1 Italian Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (it) 2013 Formula 1 Gran Premio d'Italia |
| Tipo | Gran Premio de Italia |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
| Distancia do evento | 53 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Monza (Provincia de Monza e Brianza) Circuíto de Monza (Monza) |
| País | Italia |
| Data | 8 de setembro de 2013 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Sebastian Vettel Red Bull Racing Renault na Fórmula 1 |
| Pole position | Sebastian Vettel |
| Volta máis rápida | Lewis Hamilton |
O Gran Premio de Italia de 2013, formalmente coñecido como o 2013 Gran Premio Santander d'Italia é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 8 de setembro de 2013, no Autódromo Nazionale Monza en Italia. Foi a décimo segunda carreira do campionato de 2013, e o sesaxésimo segundo Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
Informe
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]O provedor de pneumáticos Pirelli levou os seus dous compostos máis duros. A mesma asignación de pneumático que en Gran Premio de Italia de 2012. Sebastian Vettel e Red Bull mostráronse moi fortes nas tres sesións de práctica antes da cualificación. As dúas maiores ameazas para a pole Vettel , ademais do seu compañeiro de equipo Mark Webber, eran Lewis Hamilton e, sorprendentemente, Fernando Alonso de Ferrari, que tiña bo ritmo a unha volta o sábado pola mañá. O tres veces ganador da pole en 2013 Nico Rosberg tiña pouco quilometraxe na sesión de práctica final debido a un sobrequecemento,[1] e era pouco probable que loitara pola pole debido a isto.
Q1
[editar | editar a fonte]Foron eliminados na primeira sesión de clasificación os pilotos de Caterham e Marussia, Valtteri Bottas de Williams e Esteban Gutiérrez de Sauber. Varios pilotos saíron á pista desde o principio con pneumáticos brandos, como o campión de 2007 Kimi Räikkönen e Jean-Eric Vergne.
Q2
[editar | editar a fonte]A segunda sesión de cualificación foi o escenario dalgunhas sorpresas. En primeiro lugar, os dous pilotos de Lotus foron eliminados ao final da sesión de 15 minutos. A clasificación nunca foi o forte do E21 esta tempada, sobre todo na pista de carga aerodinámica máis baixa da tempada. A maior decepción da sesión foi a eliminación de Hamilton no Mercedes. O cinco veces gañador da pole na tempada 2013 foi obstaculizado por Adrian Sutil na curva Parabólica. O alemán foi máis tarde sancionado cunha penalización de tres posicións para a carreira[2] foi a primeira vez que Hamilton non puido clasificar para a Q3 desde o Gran Premio de Malaisia de 2010. Como resultado, Hamilton rompeu a racha de 66 clasificacións consecutivas na Q3.
Q3
[editar | editar a fonte]Vettel foi o máis rápido dese grupo cun tempo de 1:23.859. Webber quedou segundo detrás de Vettel. Nico Hülkenberg acadou un impresionante terceiro lugar, especialmente comparado co seu compañeiro de equipo, que quedou eliminado na Q1. A táctica do rebufo de Ferrari non fixo ningún ben aos coches vermellos que só puideron ser cuarto e quinto, con Felipe Massa diante de Alonso. Rosberg foi sexto, tendo en conta a súa desgraza da mañá do sábado. Ricciardo volveu mostrar un bo ritmo de clasificación quedando sétimo. O dúo McLaren só puido ser oitavo e noveno, con Sergio Pérez Mendoza diante, mentres que Vergne tivo que conformarse co décimo posto.
Carreira
[editar | editar a fonte]O Red Bull de Sebastian Vettel liderou a carreira desde a pole position con Massa na segunda posición por diante de Webber e Alonso. O Lotus de Kimi Raikkonen tocou á parte traseira do McLaren de Sergio Pérez na Variante de Rettifilo. Raikkonen viuse obrigado a entrar en boxes para cambiar o alerón dianteiro. O Force India Paul di Resta bloqueou os freos na Variante della Roggia e quedou fóra da carreira cunha roda dianteira rota.
Alonso pasou a Webber e Massa para desafiar a Vettel no liderado. O Mercedes de Lewis Hamilton tivo problemas de radio e o equipo necesitou para usar as carteis de boxes para dicirlle que parara por unha picada lenta. Vergne de Toro Rosso retiraríase cun fallo de motor.
O Red Bull de Sebastian Vettel gañou o Gran Premio de Italia por diante do Ferrari de Fernando Alonso e do Red Bull de Mark Webber.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1 | Red Bull-Renault | 1:24.319 | 1:23.977 | 1:23.755 | 1 | |
| 2 | 2 | Red Bull-Renault | 1:24.923 | 1:24.263 | 1:23.968 | 2 | |
| 3 | 11 | Sauber-Ferrari | 1:24.776 | 1:24.305 | 1:24.065 | 3 | |
| 4 | 4 | Ferrari | 1:24.950 | 1:24.479 | 1:24.132 | 4 | |
| 5 | 3 | Ferrari | 1:24.661 | 1:24.227 | 1:24.142 | 5 | |
| 6 | 9 | Mercedes | 1:24.527 | 1:24.393 | 1:24.192 | 6 | |
| 7 | 19 | Toro Rosso-Ferrari | 1:24.655 | 1:24.290 | 1:24.209 | 7 | |
| 8 | 6 | McLaren-Mercedes | 1:24.635 | 1:24.592 | 1:24.502 | 8 | |
| 9 | 5 | McLaren-Mercedes | 1:24.739 | 1:24.563 | 1:24.515 | 9 | |
| 10 | 18 | Toro Rosso-Ferrari | 1:24.630 | 1:24.575 | 1:28.050 | 10 | |
| 11 | 7 | Lotus-Renault | 1:24.819 | 1:24.610 | 11 | ||
| 12 | 10 | Mercedes | 1:24.589 | 1:24.803 | 12 | ||
| 13 | 8 | Lotus-Renault | 1:24.737 | 1:24.848 | 13 | ||
| 14 | 15 | Force India-Mercedes | 1:25.030 | 1:24.932 | 17[3] | ||
| 15 | 16 | Williams-Renault | 1:24.905 | 1:25.011 | 14 | ||
| 16 | 14 | Force India-Mercedes | 1:25.009 | 1:25.077 | 15 | ||
| 17 | 12 | Sauber-Ferrari | 1:25.226 | 16 | |||
| 18 | 17 | Williams-Renault | 1:25.291 | 18 | |||
| 19 | 21 | Caterham-Renault | 1:26.406 | 19 | |||
| 20 | 20 | Caterham-Renault | 1:26.563 | 20 | |||
| 21 | 22 | Marussia-Cosworth | 1:27.085 | 21 | |||
| 22 | 23 | Marussia-Cosworth | 1:27.480 | 22 | |||
| 107% tempo:1:30.221 | |||||||
| Fonte:[4] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vettel leads Alonso on Saturday Morning at Monza". The Checkered Flag.co.uk. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ "Italian GP: Adrian Sutil penalised for blocking Lewis Hamilton". AutoSport.com. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ Adrian Sutil foi penalizado con tres posicións por bloquear a Lewis Hamilton.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix qualifying results". Formula One Administration. 7 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix Results". BBC (British Broadcasting Corporation). 8 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 8 September 2013.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix Results". Formula One Administration. 8 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013. Consultado o 8 September 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 2013 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2013 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 2012 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2014 |