Gran Premio de Alemaña de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 2014
Detalles da carreira
Carreira 10 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Hokenheimring.
Trazado do circuíto de Hokenheimring.
Data 20 de xullo de 2014
Nome oficial Großer Preis Santander von Deutschland 2014
Localización Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´574 km
Distancia 67 voltas, 306´458 km
Clima Seco
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:16.540
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:19.908 na volta 53
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes

O Gran Premio de Alemaña de 2014 (oficialmente o Formula 1 Grosser Preis Santander Von Deutschland) é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 20 de xullo de 2014, en Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña. Logo de celebrarse en Nürburgring GP-Strecke na tempada 2013, a carreira volverá á Hockenheimring cerca Hockenheim no estado alemán de Baden-Württemberg, onde se celebrou a carreira en 2012. Foi a décima carreira da tempada 2014. Foi o 75º Gran Premio de Alemaña, e o 61º como parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira gañouna Nico Rosberg que partiu dende a pole.[1][2]

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Dúas semanas antes da carreira, o FIA anunciou a prohibición inmediata da interconexión do sistema de suspensión dianteiro e traseiro (comunmente abreviado como FRIC), con efecto a partir do Gran Premio de Alemaña, o argumento é que o sistema FRIC cualificase como un dispositivo aerodinámico móbil en virtude do artigo 3.15 das normas técnicas.[3]

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Nico Rosberg que saía da pole conservou a vantaxe no comezo, pero xa na primeira curva houbo un contacto entre Felipe Massa e Kevin Magnussen: o brasileiro leva a peor parte, e vese obrigado a retirarse. A dirección da carreira saca o coche de seguridade que lidera o grupo as dúas primeiras roldas. Na reanudación Rosberg é primeiro, seguido de Valtteri Bottas, Sebastian Vettel, Fernando Alonso, Nico Hülkenberg, Jenson Button, Daniil Kvjat e Sergio Pérez. O mexicano, durante a terceira volta, pasa ao Toro Rosso do ruso.

Kvjat na volta nove intenta recuperar a posición, pero toca o coche do mexicano, trompea, e perde postos na clasificación. O que recupera varias posicións é Lewis Hamilton, que partía desde a vixésima posición. O británico, xa estaba nos puntos na décima volta. Na decimo terceira volta Hamilton ataca a Kimi Räikkönen e Daniel Ricciardo na horquilla, e arránxase para pasar aos dous, polo que escalou ata o sétimo lugar. Fernando Alonso xa fixera a súa primeira parada en boxes unha volta antes. Na volta 14 Vettel e Hulkenberg tamén se tocaron: os dous mantiveron a vantaxe sobre o español.

Na volta 15 realizase o primeiro cambio de pneumáticos para os dous primeiros na pista Rosberg e Bottas. Detrás Vettel ataca a Räikkönen imitado con éxito ao mesmo tempo por Alonso. O finlandés cae así ao sexto lugar. A carreira segue liderada por Rosberg, seguido de Lewis Hamilton (que aínda non fixera paradas), a continuación, Valtteri Bottas, Vettel e Alonso. Na volta 19, Hamilton cede a posición a Bottas, mentres que Nico Hulkenberg toma o sexto lugar pasando a Kimi Räikkönen. Este fai o cambio de neumáticos na volta 21, mentres que Hamilton non o fai ata a volta 29, sae oitavo de boxes, pero pasa rapidamente a Daniel Ricciardo. O inglés continúa a remontada tratando de pasar ao seu ex compañeiro de equipo Jenson Button, os dous tócanse. A manobra ten éxito unha volta máis tarde, e Hamilton pide desculpas a Button polo incidente da volta anterior.

Na volta 30 Alonso fai a segunda parada en boxes, imitado unha volta mais tarde por Vettel. O alemán sae diante do español, pero este adiántao rapidamente. Na volta 37, ambos pasan a Hülkenberg. Entre a volta 40 e 42 fan a segunda parada Bottas, Rosberg e Hamilton. A carreira segue sendo liderada por Nico Rosberg, seguido de Valtteri Bottas, Fernando Alonso, Sebastian Vettel, Lewis Hamilton, Jenson Button, Daniel Ricciardo e Nico Hülkenberg.

Vettel fai a terceira parada en boxes na volta 45, monta pneumáticos brandos (polo tanto o alemán é pasado por Hamilton). Pouco despois o coche de Kvjat prende lume, na volta 50, logo de facer un trompo, o Sauber de Adrian Sutil quedou atravesado en medio da recta de boxes aínda que fora da trazada dos bólidos; o director da carreira decide non sacar o coche de seguridade á pista, o bólido e retirado a man polos comisarios. Na quincuaxésima cuarta volta Ricciardo pasa a Hülkenberg, unha volta despois Alonso fai o terceiro cambio de pneumáticos; isto permite a Hamilton subir ao terceiro lugar. Unha volta máis tarde, o australiano de Red Bull Racing, supera a Button, e ponse quinto. Button cede a posición a Alonso, que é capaz de pasar a Ricciardo e poñerse no quinto lugar, logo dunha longa batalla co australiano.

Nico Rosberg gañou por sétima vez unha carreira do mundial, por diante de Valtteri Bottas e Lewis Hamilton. Williams, con Bottas gana así o podio número trescentos nunha carreira válida para o campionato do mundo de Fórmula 1. O primeiro foi anotado por Jacques Laffite, en Alemaña, en 1975.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:17.631 1:17.109 1:16.540 1
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:18.215 1:17.353 1:16.759 2
3 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 1:18.381 1:17.370 1:17.078 3
4 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:18.260 1:17.788 1:17.214 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:18.117 1:17.855 1:17.273 5
6 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:18.194 1:17.646 1:17.577 6
7 14 España Fernando Alonso Ferrari 1:18.389 1:17.866 1:17.649 7
8 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:18.530 1:18.103 1:17.965 8
9 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:18.927 1:18.017 1:18.014 9
10 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:18.916 1:18.161 1:18.035 10
11 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 1:18.425 1:18.193 11
12 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:18.534 1:18.273 12
13 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:18.496 1:18.285 13
14 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:18.739 1:18.787 17[4]
15 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 1:18.894 1:18.983 14
16 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:18.683 sen tempo 20 [5]
17 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:19.142 15
18 17 Francia Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:19.676 16
19 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:20.195 18
20 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:20.408 19
21 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Ferrari 1:20.489 21
107% tempo: 1:23.065
NC 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Caterham-Renault Sen tempo PL[6]
Fonte:[7]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 67 1:33:42.914 1 25
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 67 +20.789 2 18
3 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 67 +22.530 20 15
4 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 67 +44.014 6 12
5 14 España Fernando Alonso Ferrari 67 +52.467 7 10
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 67 +52.549 5 8
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 67 +1:04.178 9 6
8 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 67 +1:24.711 11 4
9 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 66 +1 volta 4 2
10 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 66 +1 volta 10 1
11 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 66 +1 volta 12
12 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Lotus-Renault 66 +1 volta 18
13 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 66 +1 volta 13
14 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 66 +1 volta 16
15 17 Francia Jules Bianchi Marussia-Ferrari 66 +1 volta 17
16 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Caterham-Renault 65 +2 voltas 19
17 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Ferrari 65 +2 voltas 21
18 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Caterham-Renault 65 +2 voltas PL
Ret 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 47 Trompo 15
Ret 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 44 Fuga aceite 8
Ret 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 26 Fuga de auga 14
Ret 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 3
Fonte:[8]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richards, Giles (20 July 2014). "Nico Rosberg wins F1's German Grand Prix with Lewis Hamilton third". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 21 July 2014. 
  2. Parkes, Ian (20 July 2014). "Nico Rosberg wins German Grand Prix as Felipe Massa crashes out in Hockenheim and Lewis Hamilton secures third spot". Daily Mail (DMG Media). Press Association. Consultado o 21 July 2014. 
  3. Allen, James (8 July 2014). "How much will an FIA ban on FRIC suspension affect the order in F1?". James Allen on F1 (James Allen). Consultado o 11 July 2014. 
  4. Esteban Gutiérrez recibiu unha penalización de tres posicións como resultado dun accidente con Pastor Maldonado no anterior Gran Premio do Reino Unido
  5. Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios, logo dun accidente na Q1.
  6. Marcus Ericsson non logrou establecer un tempo de volta na Q1. Posteriormente foi penalizado con ter que comezar desde o pit lane, e tivo unha segunda penalización facendo un stop & go de 10 segundos dentro das tres primeiras voltas da carreira, xa que o seu equipo violou as regulacións do Parque Pechado
  7. "Qualifying Results". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 5 July 2014. Consultado o 5 July 2014. 
  8. "2014 FORMULA 1 GROSSER PREIS SANTANDER VON DEUTSCHLAND". 20 July 2014. Consultado o 20 July 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 2013
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 2015