Gran Premio de Mónaco de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Mónaco de 2015
Detalles da carreira
Carreira 6 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 24 de maio de 2015
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2015
Localización Circuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´337 km
Distancia 78 voltas, 260´286 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:15.098
Volta rápida
Piloto Australia Daniel Ricciardo Red Bull - Renault
Tempo 1:18.063 na volta 74
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Lewis Hamilton Mercedes

O Gran Premio de Mónaco de 2015 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2015) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 24 de maio de 2015 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015. Foi a sesaxésima segunda carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e tres carreira en xeral.

O piloto de Mercedes Lewis Hamilton comezou a carreira cunha vantaxe de vinte puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo e gañador o ano anterior Nico Rosberg, Mercedes tiña unha vantaxe de setenta puntos sobre Ferrari no Campionato de Construtores.

Resumo[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Antes da fin de semana, o campión do mundo Lewis Hamilton foi o centro da atención, logo de que Mercedes anunciara que ampliaran o contrato durante tres anos adicionais, manténdoo no equipo ata o final da tempada 2018. Isto foi o resultado de meses de negociacións contractuais amplamente difundidas entre o piloto, que negociou no seu propio nome, e o equipo. O acordo anunciouse, por valor de máis de 100 millóns de libras durante os tres anos completos, polo que Hamilton será un dos pilotos mellor pagados na Fórmula Un.[1] Tamén anunciouse de que o contrato concede a Hamilton o dereito de manter os seus propios dereitos de imaxe, o que é algo infrecuente no deporte, e a manter os coches cos que gañe o campionato, así como os trofeos que logre.[2]

A reforma da curva Tabac na sección da pista do porto significa que agora os pilotos entran na curva un pouco antes, acurtando a pista en tres metros en comparación con anos anteriores. A curva foi o escenario do accidente de Pastor Maldonado en 2013 que provocu a detención da carreira, e levou a facer os cambios realizados.[3]

Debates sobre o futuro da Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Antes da fin de semana, o Grupo de Estartexia da Fórmula 1 reuniuse o 14 de maio en Biggin Hill para discutir o futuro do deporte..[4] As propostas, que o grupo prevé entregar para a súa revisión á Comisión da F1, e logo ao Consello Mundial de Automobilismo da FIA.[5] foron un importante punto de discusión antes da fin de semana. Moitos dos cambios propostos provocaron críticas por parte dos equipos e comentaristas. En detalle, o grupo de estratexia propón:

  • Reintroducir as repostaxes,
  • Deixar que os equipos teñan a libre elección de dous compostos de pneumáticos nas carreiras en seco (baixo supervisión do provedor de pneumáticos),
  • Reducir os tempos de volta ao facer os coches máis lixeiros,
  • Mellorar o ruído dos coches a través de motores máis revolucionados e caixas de cambios de seis velocidades (en comparación cas oito velocidades en 2015),
  • Pneumáticos máis anchos para mellorar a tracción e axudar nos adiantamentos,
  • Ter menos axudas ao piloto, sobre todo para iniciar a carreira.[5]

O grupo ao parecer tamén decidiu introducir coches para clientes, o que significa que aos grandes construtores permitiríaselles fornecer chasis a equipos máis pequenos. Esta proposta foi recibida con significativas protestas dos construtores máis pequenos, co director do equipo Sauber Monisha Kaltenborn dicindo que "non é en absoluto unha boa idea".[6]

O Grupo de Estratexia tamén decidiu non aceptar a decisión tomada polos equipos para permitir o uso dunha quinta unidade de potencia durante 2015, deixando a Daniel Ricciardo de Red Bull co seu último motor logo de só cinco carreiras.[4]

Á súa chegada a Mónaco, os pilotos acolleron ben a maioría dos cambios propostos, tanto Kimi Räikkönen como Jenson Button dixeron que preferían os motores máis potentes e máis acelerados. O regreso das repostaxes durante as carreiras, recibiu reaccións distintas durante a conferencia de prensa o mércores. Mentres Räikkönen e Lewis Hamilton pronunciaronse a favor, Button expresou o seu excepticismo, dicindo: "É obvio que hai que ter en conta o aspecto da seguridade, a razón pola que deixamos de repostar e tamén o diñeiro, o custo".[7]

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

O fornecedor de pneumáticos Pirelli traerá o seu composto de pneumáticos brando de cor amarela como o pneumático máis duro "prime" e o composto de pneumático súper brando de cor vermella marcado como o pneumático brando como "opción", xusto como o fixeron nas tres tempadas anteriores. Será a primeira vez na tempada na que utilizarase o composto súper brando nun fin de semana.[8]

Pit lane[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que en Australia e Singapur, o límite de velocidade no pit lane durante a duración da carreira reduxose a 60 km/h, en lugar dos normais 80 km/h, debido á natureza do circuíto.[9]

Horario[editar | editar a fonte]

Como de costume, o calendario de carreiras da fin de semana foi diferente en Mónaco en comparación coas outras carreiras do calendario. Co fin de poder asistir ás reunións cos patrocinadores e outros eventos sociais, as dúas primeiras sesións de adestramentos levaronse a cabo o xoves en lugar do venres.[10]

Práctica libre[editar | editar a fonte]

Logo dunha tormenta a noite do mércores, a primeira das sesións de adestramentos libres, celebrouse o xoves pola mañá, iniciouse con todos os pilotos montando pneumáticos intermedios. A pista secouse pronto e os coches saíron á pista con pneumáticos lisos. Nico Rosberg bateu co seu alerón dianteiro na saída da curva Tabac, aínda que non sufriu danos considerables no seu coche. Os dous pilotos de Mercedes intercambiaron lugares na parte superior da táboa de tempos durante a maior parte da sesión, pero finalmente Rosberg terminou noveno, a máis dun segundo do seu compañeiro de equipo, Lewis Hamilton. O novato Max Verstappen sorprendeu ao paddock ao finalizar segundo, a só dúas décimas de segundo de Hamilton. Logo dun decepcionante inicio da tempada para Renault como fornecedor de motores, a primeira sesión de adestramentos viu aos equipos con motor Renault Red Bull e Toro Rosso facer unha actuación impresionante, cos catro pilotos acabando entre os sete primeiros. Pero foi mala para o equipo Williams, que terminou a sesión nos postos décimo e décimo sétimo, debido a un coche máis adecuado para pistas de alta velocidade.[11]

A segunda sesión da tarde do xoves foi moito menos competitiva que a primeira. Mostrouse unha bandeira vermella aos dez minutos de práctica logo de que Roberto Merhi estrelarase na saída do túnel. Durante a parada, comezou a chover, quedando a maioría dos pilotos no garaxe cando se reiniciou a competición. Non foi ata a dez minutos do final da sesión que os pilotos saíron á pista de novo, pero sobre mollado só lograron tempos moi lonxe o ritmo fixado no principio. Lewis Hamilton terminou a sesión máis rápido, máis de sete décimas de segundo por diante do seu compañeiro de equipo. Toro Rosso confirmou o seu forte ritmo con Carlos Sainz Jr. e Max Verstappen en sexto e sétimo lugar, respectivamente, mentres que McLaren demostraron que poderían loitar polos puntos tal como se predixo[12] con Fernando Alonso no oitavo lugar.[13]

Cualificación[editar | editar a fonte]

As eliminatorias consistiron en tres quendas, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras sesións. A primeira quenda (Q1) viu a eliminación de Valtteri Bottas que non puido lograr un bo tempo, quedando na décimo sétima posición da grella. Os dous Manor Marussia terminaron últimos, como en todas a sesións de cualificación nas que participaron durante a tempada 2015. Xunto a eles, quedaron eliminados dous Sauber de Felipe Nasr e Marcus Ericsson, separados por Bottas.

Mentres McLaren unha vez máis logrou meter os dous coches na Q2, Fernando Alonso abandonou a principios da segunda quenda de sesións, cando tivo que aparcar o seu coche na primeira curva. O seu compañeiro de equipo Jenson Button tivo algo máis de éxito, aínda que tamén quedou descualificado cando a súa segunda volta rápida foi interrompida por Nico Rosberg en Santa Devota. O segundo Williams de Felipe Massa completou un sábado decepcionante para o equipo Inglés, logrando unicamente a 14ª posición da grella, Nico Hülkenberg e Romain Grosjean tampouco cualificaron para a Q3.

A terceira quenda da cualificación, disputada polos dez mellores pilotos, empezou con pingas de choiva, é dicir, todos os pilotos saíron á pista rapidamente. Sergio Pérez, que fixo a súa primeira aparición na Q3 de 2015, tiña un só xogo de pneumáticos super brandos terminou sétimo. Lewis Hamilton tomou vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg que non tivo oportunidade de retalo pola pole position cando cometeu un erro na primeira curva durante a súa segunda volta rápida. Os dous Red Bulls separaron aos dous Ferraris, deixando a Kimi Räikkönen con outra actuación na cualificación decepcionante, no sexto posto.[14] Foi a primeira pole para Hamilton en Mónaco, que cualificou de "moi especial".[15]

Post-clasificación[editar | editar a fonte]

Logo de non atender unha chamada para pesar durante a clasificación, Carlos Sainz Jr. foi desposuído do seu tempo, que situáballe en oitava posición. Viuse obrigado a iniciar a carreira desde o pit lane.[16]

Carreira[editar | editar a fonte]

Ao comezo da carreira Hamilton, Rosberg e Vettel mantiveron as súas posicións da grella na primeira curva, pero Daniil Kvyat logrou superar ao seu compañeiro de equipo Daniel Ricciardo para o cuarto posto. Nas seguintes voltas, Hamilton aumentou a vantaxe sobre Rosberg, mantívose no liderado en todas as voltas ata que un accidente a final da carreira entre Max Verstappen e Romain Grosjean na volta 64 provocou un "coche de seguridade virtual" (utilizado oficialmente na F1 por primeira vez) que logo rapidamente foi substituído polo coche de seguridade normal. Cunha vantaxe de máis de 20 segundos, Hamilton entrou en boxes baixo o coche de seguridade ao parecer coa intención de regresar á pista por diante dos seus perseguidores. Pero o equipo do muro de boxes de Mercedes, calculou mal a distancia, provocando que Rosberg tomara o liderado, ademais Hamilton saíu do carril de saída de boxes lixeiramente detrás de Vettel que se estaba baixo o coche de seguridade detrás de Rosberg.[17] O coche de seguridade entrou en boxes na volta 70 de 78, Rosberg retivo o liderado gañando o Gran Premio de Mónaco por terceira vez consecutiva, mentres que Hamilton terminou terceiro, incapaz de superar a Vettel para a segunda posición.[17][18][19] Este Gran Premio viu tamén a Jenson Button anotar os primeiros (catro) puntos para McLaren-Honda.[20]

Clasificacións[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:16.588 1:15.864 1:15.098 1
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:16.528 1:15.471 1:15.440 2
3 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:17.502 1:16.181 1:15.849 3
4 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:17.254 1:16.706 1:16.041 4
5 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:16.845 1:16.453 1:16.182 5
6 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:17.660 1:16.440 1:16.427 6
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:17.376 1:16.999 1:16:808 7
8 55 España Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 1:17.246 1:16.762 1:16.931 PL[21]
9 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:17.630 1:16.775 1:16:946 8
10 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:16.750 1:16.546 1:16.957 9
11 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:17.767 1:17.007 15[22]
12 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:17.492 1:17.093 10
13 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:17.552 1:17.193 11
14 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:17.679 1:17:278 12
15 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:17.778 1:26.632 13
16 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:18.101 14
17 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:18.434 16
18 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:18.513 17
19 28 Will Stevens Manor-Ferrari 1:20.655 18
20 98 España Roberto Merhi Manor-Ferrari 1:20.904 19
107% tempo: 1:21.884
Fonte:[23]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 78 1:49:18.420 2 25
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 78 +4.4 3 18
3 44 Lewis Hamilton Mercedes 78 +6.0 1 15
4 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 78 +11.9 5 12
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 78 +13.6 4 10
6 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 78 +14.3 6 8
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 78 +15.0 7 6
8 22 Jenson Button McLaren-Honda 78 +16.0 10 4
9 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 78 +23.6 14 2
10 55 España Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 78 +25.0 PL 1
11 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 78 +26.2 11
12 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 78 +28.4 15
13 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 78 +31.1 17
14 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 78 +45.7 16
15 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 77 +1 volta 12
16 98 España Roberto Merhi Manor-Ferrari 76 +2 voltas 19
17 28 Will Stevens Manor-Ferrari 76 +2 voltas 18
Ret 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 64 Accidente 9
Ret 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 45 Caixa de cambios 13
Ret 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 7 Freos 8
Fonte:[24]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Weaver, Paul (20 May 2015). "Lewis Hamilton agrees £100m deal to stay at Mercedes for three years". The Guardian. Consultado o 21 May 2015. 
  2. Johnson, Daniel (20 May 2015). "Lewis Hamilton signs £100m deal with Mercedes". The Telegraph. Consultado o 21 May 2015. 
  3. Collantine, Keith (20 May 2015). "Monaco lap shortened by Tabac changes". F1Fanatic. Consultado o 21 May 2015. 
  4. 4,0 4,1 "F1 Strategy Group Press Release". FIA. 15 May 2015. Consultado o 18 May 2015. 
  5. 5,0 5,1 Parkes, Ian (15 May 2015). "Full details of the Strategy Group's Formula 1 revamp plan". autosport.com. Consultado o 18 May 2015. 
  6. Weaver, Paul (14 May 2015). "F1’s customer cars decision could kill off minnows". The Guardian. Consultado o 18 May 2015. 
  7. Collantine, Keith (20 May 2015). "Drivers welcome plans for more spectacular cars". F1Fanatic. Consultado o 21 May 2015. 
  8. "Pirelli to use softest compounds at three of next four races". ESPN UK (ESPN). Consultado o 11 May 2015. 
  9. "FIA confirms reduced pit lane speed limit". GP Update (GP Update). 22 July 2013. Consultado o 12 May 2015. 
  10. "Monaco timetable". FIA. Consultado o 18 May 2015. 
  11. Collantine, Keith (21 May 2015). "Hamilton leads as Verstappen stars in practice". F1Fanatic. Consultado o 21 May 2015. 
  12. "Alonso again predicts points for McLaren". 19 May 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 21 May 2015. 
  13. Collantine, Keith (21 May 2015). "Hamilton tops rain-disrupted second session". F1Fanatic. Consultado o 21 May 2015. 
  14. Collantine, Keith (23 May 2015). "Hamilton keeps Rosberg from third Monaco pole". F1Fanatic. Consultado o 25 May 2015. 
  15. Smith, Luke (23 May 2015). "Hamilton delighted with “incredibly special” Monaco pole". motorsportstalk. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 25 May 2015. 
  16. "Pit-lane start for Sainz". planetf1.com. 23 May 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 25 May 2015. 
  17. 17,0 17,1 Parkes, Ian. "Mercedes F1 team apologises to Lewis Hamilton for Monaco GP error". AUTOSPORT. Autosport.com. Consultado o 24 May 2015. 
  18. "How Monaco drama unfolded". BBC Sport. 24 May 2015. Consultado o 24 May 2015. 
  19. "Lewis Hamilton denied as Nico Rosberg takes late Monaco win". BBC Sport. 24 May 2015. Consultado o 24 May 2015. 
  20. "Jenson Button proud of first McLaren 2015 F1 points in Monaco GP". Autosport. 25 May 2015. 
  21. Carlos Sainz Jr. foi penalizado, e sairá do pit lane, por saltarse unha solicitude de peso trala Q1.
  22. Romain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
  23. "2015 Monaco Qualifying". FIA. 23 May 2015. Consultado o 23 May 2015. 
  24. "Formula 1 Grand Prix De Monaco 2015 - Race results". Formula1.com. Formula One Administration. 24 May 2015. Consultado o 24 May 2015. 


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2015
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2015
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2014
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2016