Gran Premio de Miami de 2023
| Nome na lingua orixinal | (en) Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023 |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Miami |
| Deporte | Formula racing |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 |
| Distancia do evento | 57 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Miami Gardens (Condado de Miami-Dade (pt) Florida (Estados Unidos de América) Autódromo Internacional de Miami |
| País | Estados Unidos de América |
| Intervalo de tempo | 5 de maio de 2023 – 7 de maio de 2023 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Max Verstappen |
O Gran Premio de Miami 2023 (coñecido oficialmente como Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023) é unha carreira de motor de Fórmula Un que se celebrou o 7 de maio de 2023 no Autódromo Internacional de Miami en Miami Gardens, Florida, Estados Unidos. Foi a segunda edición do Gran Premio de Miami e a quinta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Cambios na pista
[editar | editar a fonte]O primeiro e o segundo puntos de activación do DRS movéronse 75 m. máis adiante, situándose 105 m. despois da curva 9 e 525 m. despois da curva 16, respectivamente.[1]
Eleccións de pneumáticos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
| Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
|---|---|---|---|---|
(Tipo C2) |
(Tipo C3) |
(Tipo C4) |
Intermedios |
Chuvia |
Clasificación
[editar | editar a fonte]A cualificación celebrouse o 6 de maio de 2023 ás 16:00 hora local (UTC-4).
Informe de cualificación
[editar | editar a fonte]Durante a primeira quenda, informouse dun posible incidente entre Lewis Hamilton e Kevin Magnussen, aínda que non se tomaron máis medidas por parte dos comisarios da carreira. Ao final da sesión, os dous McLaren de Lando Norris e Oscar Piastri, Yuki Tsunoda, Lance Stroll e Logan Sargeant quedaron eliminados da sesión.
A segunda quenda viu a Sergio Pérez entrar en contacto co muro na curva catro. Non obstante, o seu coche non resultou danado. Alexander Albon, Nico Hülkenberg, Lewis Hamilton, Guanyu Zhou e Nyck de Vries foron todos eliminados. A terceira quenda viu ao Ferrari de Charles Leclerc saírse e bater contra o muro na curva 7, tras un incidente similar durante a segunda sesión de adestramentos, a sesión sería detida prematuramente, o que levaría un final da sesión con bandeira vermella. Leclerc comezaría sétimo, Pérez logrou a súa terceira pole position por diante de Fernando Alonso e Carlos Sainz, o Haas con Kevin Magnussen foi cuarto. Max Verstappen non puido marcar un tempo e acabou noveno despois de problemas durante a súa carreira; Valtteri Bottas tampouco puido establecer un tempo.[2][3]
Clasificación da cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Q1 | Q2 | Q3 | |||||
| 1 | 11 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:27.713 | 1:27.328 | 1:26.841 | 1 | |
| 2 | 14 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:28.179 | 1:27.097 | 1:27.202 | 2 | |
| 3 | 55 | Ferrari | 1:27.686 | 1:27.148 | 1:27.349 | 3 | |
| 4 | 20 | Haas-Ferrari | 1:27.809 | 1:27.673 | 1:27.767 | 4 | |
| 5 | 10 | Alpine-Renault | 1:28.061 | 1:27.612 | 1:27.786 | 5 | |
| 6 | 63 | Mercedes | 1:28.086 | 1:27.743 | 1:27.804 | 6 | |
| 7 | 16 | Ferrari | 1:27.713 | 1:26.964 | 1:27.861 | 7 | |
| 8 | 31 | Alpine-Renault | 1:27.872 | 1:27.444 | 1:27.935 | 8 | |
| 9 | 1 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:27.363 | 1:26.814 | Sen tempo | 9 | |
| 10 | 77 | Alfa Romeo-Ferrari | 1:27.864 | 1:27.564 | Sen tempo | 10 | |
| 11 | 23 | Williams-Mercedes | 1:28.234 | 1:27.795 | 11 | ||
| 12 | 27 | Haas-Ferrari | 1:27.945 | 1:27.903 | 12 | ||
| 13 | 44 | Mercedes | 1:27.846 | 1:27.975 | 13 | ||
| 14 | 24 | Alfa Romeo-Ferrari | 1:28.180 | 1:28.091 | 14 | ||
| 15 | 21 | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:28.325 | 1:28.395 | 15 | ||
| 16 | 4 | McLaren-Mercedes | 1:28.394 | 16 | |||
| 17 | 22 | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:28.429 | 17 | |||
| 18 | 18 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:28.476 | 18 | |||
| 19 | 81 | McLaren-Mercedes | 1:28.484 | 19 | |||
| 20 | 2 | Williams-Mercedes | 1:28.577 | 20 | |||
| 107% tempo: 1:33.478 | |||||||
| Fonte:[4][5] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]Informe da carreira
[editar | editar a fonte]O pole Sergio Pérez mantivo a vantaxe na primeira curva, o seu compañeiro de equipo Max Verstappen, que comezou en noveno lugar, perdeu unha posición ante Esteban Ocon, pero recuperouno na curva doce. Mentres tanto, o coche de Nyck de Vries bloqueou, chocando contraa parte traseira do McLaren de Lando Norris, e Lewis Hamilton quedou atrapado detrás de Nico Hülkenberg. Norris e De Vries atopáronse na parte traseira da grella, Norris décimo sétimo e De Vries décimo oitavo. Logan Sargeant entrou en boxes na segunda volta para cambiar o alerón dianteiro, cambiando os seus pneumáticos medianos por un composto duro no proceso. Norris, que comezou a carreira co composto brando, seguiría o exemplo. Oscar Piastri tamén o faría na quinta volta. Charles Leclerc tentaría pasar ao Haas de Kevin Magnussen polo sétimo lugar, pero foise fóra na primeira curva. O seu compañeiro de equipo Carlos Sainz bloqueou ao entrar no pit lane, saíndo no sétimo lugar, sancionouselle con cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada. Tras bloquear no pit lane a volta anterior, Sainz bloquearía de novo na primeira curva mentres intentaba pasar a Hülkenberg. Con Fernando Alonso entrando ao pit lane pouco despois de que Sainz se detivese, saíu en quinto lugar e pasou tanto a Sainz como a Ocon.
Verstappen avanzou cara a arriba, comezando co Alfa Romeo de Valtteri Bottas. Pronto atoparíase por detrás de Leclerc e Magnussen, pasando ambos polo sexto. Despois pasou a George Russell, Pierre Gasly, Sainz e Alonso. Verstappen iría pouco a pouco ata Pérez e pasaría ao seu compañeiro de equipo durante os tramos finais da carreira. Gañou a carreira, con Pérez e Alonso ocupando os dous últimos postos do podio, respectivamente.[6]
Clasificación da carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Azerbaidján de 2023 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2023 |
Carreira seguinte: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2023 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Miami de 2022 |
Gran Premio de Miami | Carreira seguinte: Gran Premio de Miami de 2024 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "FIA shortens two F1 DRS zones for Miami GP". Autosport.com. 4 de maio de 2023. Consultado o 4 de maio de 2023.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (7 de maio de 2023). "F1 Miami GP: Perez secures pole as Leclerc crash prompts red flag". Autosport.com.
- ↑ Bradley, Charles (7 de maio de 2023). "F1 qualifying results: Sergio Perez takes Miami GP pole". Autosport.com.
- ↑ "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula 1. May 6, 2023. Consultado o 6 de maio de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula 1. 6 de maio de 2023. Consultado o 6 de maio de 2023.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (8 de maio de 2023). "F1 Miami GP: Verstappen comes from ninth to beat Perez". Autosport.com.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ Carlos Sainz recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
- ↑ "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 7 de maio de 2023. Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 7 de maio de 2023. Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ 11,0 11,1 "Miami 2023 – Championship". Stats F1. 7 de maio de 2023. Consultado o 7 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Miami de 2023 |



