Gran Premio de Australia de 2018
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 1 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018. | ||
![]() Trazado do circuíto de Melbourne. | ||
Data | 25 de marzo de 2018 | |
Nome oficial | Gran Premio de Fórmula 1 Rolex de Australia de 2018 | |
Localización | Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne, Australia | |
Percorrido | Circuíto urbano 5´303 km | |
Distancia | 58 voltas, 307´574 km | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Mercedes |
Tempo | 1:21.164 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Red Bull Racing |
Tempo | 1:25.945 na volta 54 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
Mercedes |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio de Australia de 2018 (oficialmente 2018 Fórmula 1 Rolex Australian Grand Prix) e unha carreira de Fórmula 1 que se celebrara o 25 de marzo de 2018 no Circuíto Albert Park en Melbourne. Sera a 82ª carreira na historia do Gran Premio de Australia, que remontase á 100 Miles Road Race de 1928, e a vixésimo terceira vez que a carreira disputouse no Circuíto Melbourne. Sera a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 e disputouse sobre cincuenta e oito voltas ao Circuíto de Albert Park.
Informes[editar | editar a fonte]
Antecedentes[editar | editar a fonte]
A carreira marcará o debut en competición do dispositivo de protección de cabina "halo", despois de dezaoito meses de rigorosas probas.[1]
Pneumáticos dispoñibles[editar | editar a fonte]
O fornecedor de pneumáticos proporcionou aos equipos compostos brnados, superbrandos e ultrabrandos.[2]
Para pista seca | De chuvia | |||
---|---|---|---|---|
![]() Ultrabrandos |
![]() Superbrandos |
![]() Brandos |
![]() Intermedios |
![]() Chuvia |
Sistema DRS[editar | editar a fonte]
Na semana previa ao Gran Premio, os oficiais confirmaron a inclusión dunha terceira zona de DRS.[3] O punto de detección da terceira zona sitúase no achegamento á chicana das curvas 11-12 co punto de activación na saída da curva 12. As zonas DRS existentes non cambiaron de anos anteriores, posicionadas na recta principal e na recta entre as curvas 2 e 3.[4]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Na súa primeira volta na terceira parte da cualificación Valtteri Bottas estrelouse e danou a súa caixa de cambios. Como resultado, recibiu unha sanción de cinco postos e comezou o décimo quinto. Lewis Hamilton logrou a pole, Kimi Räikkönen cualificou segundo, Sebastian Vettel terceiro. Ricciardo cualificou cuarto pero comezou sétimo. Verstappen, Magnussen, Grosjean comezaron cuarto, quinto e sexto. Hülkenberg comezou oitavo, mentres que Sainz e Alonso comezaron noveno e décimo.
Carreira[editar | editar a fonte]
Despois do comezo, os tres primeiros quedaron no mesmo orde que comezaron mentres Verstappen perdeu un lugar con Magnussen no inicio. Na volta 9 Verstappen trompeou e caeu a oitavo. Isto significou que os dez primeiros eran Hamilton, Räikkönen, Vettel, Magnusson, Grosjean, Ricciardo, Hülkenberg, Verstappen, Sainz e Alonso. Quedaron nesa orde ata a primeira parada en boxes. Na volta 18 Räikkönen entrou en boxes. Na volta 19 Hamilton parou e saíu diante de Räikkönen. Verstappen parou na volta 20. Na volta 22 Magnussen retirouse cunha roda solta. Na volta 24 Grosjean retirouse do sétimo co mesmo problema que o seu compañeiro Magnussen. Isto provocou o coche de seguridade virtual. Na volta 26 parou Vettel. Saíu diante de Hamilton. Mercedes calculou mal a marxe entre Vettel e Hamilton antes da parada en boxes de Vettel. Logo da primeira rolda de boxes, Vettel lideraba con Hamilton segundo e Räikkönen terceiro. Na volta 27 saíu o coche de seguridade. O coche de seguridade chegou ao final da volta 31. Isto deixou aos dez primeiros na orde seguinte Vettel, Hamilton, Räikkönen, Ricciardo, Alonso, Verstappen, Hülkenberg, Bottas, Vandoorne e Sainz. Ningún dos dez primeiros entrou en boxes de novo. Preto do final Ricciardo puxo a Räikkönen baixo presión, mentres que na batalla polo cuarto e quinto posto Alonso resistiu a presión de Verstappen. Vettel gañou, Hamilton chegou segundo e Räikkönen completou o podio en terceiro lugar. O resto dos dez primeiros foi Ricciardo, Alonso, Verstappen, Hülkenberg, Bottas, Vandoorne e Sainz.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Cualificación[editar | editar a fonte]
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempo cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | ![]() |
Mercedes | 1:22.824 | 1:22.051 | 1:21.164 | 1 |
2 | 7 | ![]() |
Ferrari | 1:23.096 | 1:22.507 | 1:21.828 | 2 |
3 | 5 | ![]() |
Ferrari | 1:23.348 | 1:21.944 | 1:21.838 | 3 |
4 | 33 | ![]() |
Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.483 | 1:22.416 | 1:21.879 | 4 |
5 | 3 | ![]() |
Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.494 | 1:22.897 | 1:22.152 | 8[5] |
6 | 20 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:23.909 | 1:23.300 | 1:23.187 | 5 |
7 | 8 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:23.671 | 1:23.468 | 1:23.339 | 6 |
8 | 27 | ![]() |
Renault | 1:23.782 | 1:23.544 | 1:23.532 | 7 |
9 | 55 | ![]() |
Renault | 1:23.529 | 1:23.061 | 1:23.577 | 9 |
10 | 77 | ![]() |
Mercedes | 1:23.686 | 1:22.089 | Sen tempo | 15[6] |
11 | 14 | ![]() |
McLaren-Renault | 1:23.597 | 1:23.692 | 10 | |
12 | 2 | ![]() |
McLaren-Renault | 1:24.073 | 1:23.853 | 11 | |
13 | 11 | ![]() |
Force India-Mercedes | 1:24.344 | 1:24.005 | 12 | |
14 | 18 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:24.464 | 1:24.230 | 13 | |
15 | 31 | ![]() |
Force India-Mercedes | 1:24.503 | 1:24.786 | 14 | |
16 | 28 | ![]() |
Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:24.532 | 16 | ||
17 | 9 | ![]() |
Sauber-Ferrari | 1:24.556 | 17 | ||
18 | 16 | ![]() |
Sauber-Ferrari | 1:24.636 | 18 | ||
19 | 35 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:24.922 | 19 | ||
20 | 10 | ![]() |
Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:25.295 | 20 | ||
107% tempo: 1:28.621 | |||||||
Fonte:[7] |

Carreira[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2018 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2018 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2017 |
Gran Premio de Australia | Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 2019 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Halo impact becoming clearer to F1 teams". Speedcafe. 21 de decembro de 2017. Consultado o 8 de marzo de 2018.
- ↑ Howard, Tom (14 de marzo de 2018). "Pirelli reveals tyre selections for Australian Grand Prix". Speedcafe. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Cooper, Adam (21 de marzo de 2018). "Australian GP: Melbourne gets third DRS zone for 2018 F1 opener". Autosport (Motorsport Network). Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Howard, Tom (21 de marzo de 2018). "New DRS zone added to Albert Park F1 circuit". Speedcafe. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Daniel Ricciardo recibiu unha sanción de tres postos pola falta de desaceleración adecuada dunha bandeira vermella durante a práctica libre.
- ↑ Valtteri Bottas recibiu unha penalización de cinco postos na grella por cambiar a caixa de cambios.
- ↑ "2018 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de marzo de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ "2018 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix – Race". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Australia de 2018 |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- http://www.grandprix.com.au/ páxina oficial