Circuíto Gilles Villeneuve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Gilles Villeneuve
Plano do Circuíto
Île Notre-Dame (Circuit Gilles Villeneuve).svg
Datos
Carreiras NASCAR Nationwide Series
NAPA Auto Parts 200
NASCAR Canadian Tire Series
NAPA AUTOPRO 100
Grand Am Rolex Sports Car Series
Fórmula 1 Gran Premio de Canadá
Localización Flag of Canada.svg Montreal, Québec, Canadá
Lonxitude 4,361 km
Curvas 15
Volta rápida (2004) 1:13.622
Piloto Record Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 45°30′21″N 73°31′36″O / 45.50583, -73.52667
Vista do Circuíto
A horquilla (L'Épingle) no circuíto Gilles Villeneuve
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:


O Circuíto Gilles Villeneuve é un circuíto de carreiras semiurbano utilizado para o Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 previamente albergou o World Sportscar Championship da FIA, as Champ Car World Series, as Canadian Tire Series da NASCAR, as Xfinity Series da NASCAR e a Rolex Sports Car Series da Grand-Am. Atópase localizado na Île Notre-Dáme, unha illa situada no Río San Lourenzo e que é parte de Montreal, na provincia francófona de Quebec. O circuíto debe o seu nome ao piloto canadense Gilles Villeneuve.

O Gran Premio do Canadá de Fórmula Un, que tivo lugar durante 30 anos no circuíto Gilles Villeneuve, foi eliminado do calendario da Fórmula Un de 2009 e substituído coa primeira edición do Gran Premio de Abu Zabi. O 27 de novembro de 2009, funcionarios de Quebec e organizadores do Gran Premio do Canadá anunciaron un acordo coa Formula One Administration e asinaron un novo contrato de cinco anos que abarca as tempadas 2010-2014.[1][2]

A edición 2011. Tivo lugar o 12 de xuño ás 1:00 pm (17:00 GMT) e foi o Gran Premio máis longo da historia do Campionato Mundial, debido a un longo atraso pola choiva.[3]

Durante a sesión de cualificación en 2014, os organizadores do Gran Premio anunciaron que acordaran unha extensión de 10 anos para manter o Gran Premio do Canadá no circuíto Gilles Villeneuve ata 2024.[4]

Circuíto[editar | editar a fonte]

Orixinalmente chamado Circuíto da Île Notre-Dáme,[5] o circuíto foi construído e terminado en 1978. No que demostrou ser o evento principal da sede ao longo das décadas, o Gran Premio do Canadá de Fórmula Un fomaba parte do Campionato Mundial desde 10 anos antos, e disputábase con anterioridade en Mosport Park preto de Toronto en 8 ocasións e en 1968 e 1970, no circuíto de Mont-Tremblant en Quebec. Debido ás preocupacións pola seguridade en Mosport que arruinaron o evento de 1977, decidiuse trasladar a carreira para o novo circuíto de Montreal. En 1982, foi renomeado en honra do piloto canadense de Fórmula Un Gilles Villeneuve, pai de Jacques Villeneuve, a raíz da súa morte a principios de ano.[6] O circuíto está situado nunha parte da cidade de Montreal coñecida como Parque Jean-Drapeau. O parque leva o nome do alcalde de Montreal que foi responsable da organización da Expo 67.

O circuíto atópase na Île Notre-Dáme, unha illa artificial situada no Río San Lourenzo construída orixinalmente para a Expo. Tamén a veciña Illa de Santa Helena fora ampliada artificialmente para o recinto ferial e un remanente importante da feira, a Biosfera pode ser vista regularmente durante a cobertura televisiva dos eventos de carreiras.

Case a metade da pista, da curva pechada ata logo da zona de boxes, descorre xunto á Conca olímpica , unha enorme cubeta rectangular, creada para a competición de remo e piragüismo dos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976.

As barreiras están colocadas moi preto da pista e moitos experimentados pilotos quedaron atrapados por elas. Unha parte especialmente famosa do circuíto é o muro no exterior da saída da última chicana antes da recta de saída/chegada. En 1999 o muro, que leva pintado o lema Bienvenue au Québec ( "Bienvenidos a Quebec") dándolle o alcume "Mur du Québec" (Muro de Quebec), terminou a carreira de tres campións do mundo de Fórmula Un, Damon Hill, Michael Schumacher e Jacques Villeneuve xunto có campión da FIA GT Ricardo Zonta. Desde entón, o muro alcumouse "O Muro dos Campións". Nos últimos anos o campión do mundo en 2009 Jenson Button (2005) e 4 veces campión do mundo Sebastian Vettel (2011) tamén foron vítimas do muro.

lema Bienvenue au Québec no Muro dos Campións

Os cambios realizados en 2005 nos bordos da chicana final foron discutidos entre os pilotos no período previo ao Gran Premio. Os bordos fixéronse máis altos e máis difíciles de ver para os pilotos, o que a fai aínda máis difícil.

O 23 de xuño de 2006, Canadian Press informou de que a cidade de Montreal concedera os dereitos exclusivos para organizar carreiras nos dous fins de semana permitidas na pista a Normand Legault, o promotor do Gran Premio do Canadá de Fórmula Un. O acordo era desde o ano 2007 a 2011, cunha opción para 2012 a 2016. Legault decidiu substituír a carreira da Champ Car coas carreiras da Rolex series da Grand American Road Racing Association e as Nationwide Series da NASCAR, respectivamente.

O 10 de xuño do 2007 foi un dos días máis críticos deste circuíto con moitas saídas e co grande accidente protagonizado polo piloto de BMW-Sauber Robert Kubica que se saíu da pista a máis de 300 km/h ao chocar na parte traseira dun Toyota e saír disparado cara a barra de protección e rebotar nela, facendo que o seu auto se desintegrara mentres cruzaba alén da pista. O peor accidente no circuíto foi o día 13 de xuño de 1982, cando morreu Riccardo Paletti nun tráxico accidente ao iniciar a carreira.

As carreiras de NASCAR afectaron o deseño do circuíto. Aumentouse o pit lane, xa que unha rúa de boxes da NASCAR debe acomodar un mínimo de 43 coches.

O circuíto acondiciónase ano a ano para o fin de semana do Gran Premio. Como parte do Parque Jean-Drapeau, o circuíto está aberto ao público, entre as carreiras, para camiñar, correr, andar en bicicleta, patinaxe en liña, e pilotaxe.[7] Durante os poucos días do Gran Premio, a illa de Notre Dáme é un dos lugares máis ruidosos de Montreal. Noutras épocas do ano, é unha das máis tranquilas, atópase no medio dun río, nunha illa chea de vexetación e animais, corredores e ciclistas. Con todo, o 4 de xuño de 2009, a administración da illa de Notre Dáme prohibiu o acceso dos ciclistas de competición no circuíto, o que xustificaron como medida de seguridade para evitar as lesións que se produciron entre 2008 e 2009. Foron reportadas un total de 27 lesións. A prohibición dos ciclistas xa se levantou debido ás protestas.

Marcas de volta[editar | editar a fonte]

A medida que o circuíto Gilles Villeneuve serve como sede de diferentes series de carreiras, é posible comparar directamente os tempos de volta nas carreiras das diferentes series.

En 2002, o piloto de Fórmula Un Juan Pablo Montoya logrou a pole position do Gran Premio do Canadá cun tempo de 1:12.836. Varias semanas máis tarde, durante a inauguración da Champ Car Gran Premio de Montreal, Cristiano da Matta estableceu a pole cun tempo de 1:18.959.

En 2006, a última vez que a Champ Car e a F1 correron na mesma pista, a Fórmula Un foi de 5 a 7 segundos máis rápido que a Champ Car. A pole na Fórmula Un foi establecida por Fernando Alonso nun tempo de 1:14.942, mentres que Sébastien Bourdais fixo a pole en 1:20.005 na Champ Car. A volta rápida da carreira de Fórmula Un foi 1:15.841 de Kimi Räikkönen, mentres que a volta rápida de Sébastien Bourdais foi de 1:22.325 na carreira da Champ Car.

A mellor volta rápida xamais feita ao redor do circuíto estableceuna Ralf Schumacher cun tempo de 1:12.275 no conxunto da sesión de cualificación para o Gran Premio do Canadá de 2004. Como se estableceu nesta ocasión durante a cualificación, non se recoñece como unha marca oficial.

Categoría Piloto Coche Volta rápida Ano
Fórmula 1 Rubens Barrichello Ferrari F2004 1:13.622 2004
Champ Car Dario Franchitti Lola B2/00-Honda 1:20.238 2002
Group C Mauro Baldi Mercedes-Benz C11 1:28.725 1990
Daytona Prototype Scott Pruett Riley Mk XX-BMW 1:32.620 2010
Grand Touring Scott Russell Chevrolet Corvette C6.R 1:39.353 2010
NASCAR Nationwide Series Alex Tagliani Chevrolet Impala 1:40.865 2012

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Montréal[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1978 Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari 1:57:49,196 h 4´500 km 70 160´414 km/h 8 de outubro Flag of Canada.svg Canadá
1979 Australia Alan Jones Williams-Ford 1:52:06,892 h 4´410 km 72 169´926 km/h 30 de setembro
1980 Australia Alan Jones Williams-Ford 1:46:45,530 h 4,410 km 70 173,494 km/h 28 de setembro
1981 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 2:01:25,205 h 4´410 km 63 137´290 km/h 27 de setembro
1982 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:46:39,577 h 4,410 km 70 173,655 km/h 13 de xuño
1983 Francia René Arnoux Ferrari 1:48:31,838 h 4,410 km 70 170,661 km/h 12 de xuño
1984 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:46:23,748 h 4,410 km 70 174,086 km/h 17 de xuño
1985 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:46:01,813 h 4,410 km 70 174,686 km/h 16 de xuño
1986 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda 1:42:26,415 h 4,410 km 69 178,225 km/h 15 de xuño
1988 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda 1:39:46,618 h 4,390 km 69 182,152 km/h 12 de xuño
1989 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 2:01:24,073 h 4,390 km 69 149,707 km/h 18 de xuño
1990 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda 1:42:56,400 h 4,390 km 70 179,114 km/h 10 de xuño
1991 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Benetton-Ford 1:38:51,490 h 4,430 km 69 185,520 km/h 2 de xuño
1992 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 1:37:08,299 h 4,430 km 69 188,805 km/h 14 de xuño
1993 Francia Alain Prost Williams-Renault 1:36:41,822 h 4,430 km 69 189,667 km/h 13 de xuño
1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:44:31,887 h 4,450 km 69 176,244 km/h 12 de xuño
1995 Francia Jean Alesi Ferrari 1:44:54,171 h 4,430 km 68 172,297 km/h 11 de xuño
1996 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 1:36:03,465 h 4,421 km 69 190,541 km/h 16 de xuño
1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:17:40,646 h 4,421 km 54 184,404 km/h 15 de xuño
1998 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:40:57,355 h 4,421 km 69 181,296 km/h 7 de xuño
1999 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:41:35,727 h 4,421 km 69 180,155 km/h 13 de xuño
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:41:12,313 h 4,421 km 69 180,850 km/h 18 de xuño
2001 Alemaña Ralf Schumacher Williams-BMW 1:34:31,522 h 4,421 km 69 193,630 km/h 10 de xuño
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:33:36,111 h 4,361 km 70 195,682 km/h 9 de xuño
2003 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:31:13,591 h 4,361 km 70 200,777 km/h 15 de xuño
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:28:24,803 h 4,361 km 70 207,165 km/h 13 de xuño
2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes 1:32:09,290 h 4,361 km 70 198,755 km/h 12 de xuño
2006 España Fernando Alonso Renault 1:34:37,308 h 4,361 km 70 193,573 km/h 25 de xuño
2007 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:44:11,292 h 4´361 km 70 175´799 km/h 10 de xuño
2008 Polonia Robert Kubica BMW 1:36:24.447 h 4´361 km 70 189´987 km/h 8 de xuño
2010 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:33:53.456 4´361 km 70 195´079 km/h 13 de xuño
2011 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 4:04:39,537 h 4´361 km 70 74´864 km/h 12 de xuño
2012 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:32:29.586 h 4´361 km 70 198´028 km/h 10 de xuño
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:32:09.143 h 4´361 km 70 198´760 km/h 9 de xuño
2014 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:39:12,830 h 4´361 km 70 184´613 km/h 8 de xuño
2015 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:31:53.145 h 4´361 km 70 199´336 km/h 7 de xuño
2016 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:31:05.296 h 4´361 km 70 km/h 12 de xuño

Record: M.Schumacher (7 Veces)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Gilles Villeneuve

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Canada returns to F1 championship – f1-live.com, November 27, 2009
  2. Montreal Grand Prix Is Back On for 2010 – The New York Times, 27 de novembro de 2009
  3. "Button scores tenth win in longest race ever". F1 Fanatic. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. [1] – Motor racing-Canadian GP organizers announce 10-year extension
  5. Automobile Year, 1978/79, page 235
  6. Peter Higham, The Guinness Guide to International Motor Racing, 1995, Page 362
  7. "Circuit Gilles Villeneuve". Consultado o 5 de setembro de 2011.