Gran Premio de Alemaña de 2013
Nome oficial | Formula 1 Großer Preis Santander von Deutschland 2013 |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (de) Großer Preis Santander von Deutschland |
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 60 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 7 de xullo de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Fernando Alonso |
O Gran Premio de Alemaña de 2013 foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 7 de xullo de 2013, en Nürburgring, Nürburg, Alemaña. Foi a novena carreira da tempada 2013.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Pneumáticos
[editar | editar a fonte]A raíz de que no Gran Premio de Gran Bretaña, catro pilotos sufriron rebentóns nalgúns dos puntos máis rápidos do Circuíto de Silverstone, o provedor de pneumáticos Pirelli anunciou plans para alterar a estrutura dos pneumáticos para o Gran Premio de Alemaña, provisionalmente antes doutra solución máis permanente que se introducira na próxima carreira en Hungría.[1] Os novos pneumáticos substitúen os cintos de aceiro utilizados nas rodas traseiras por Kevlar co fin de reducir a temperatura de uso ata 10 °C. E reducir a probabilidade rebentóns.[2] Ademais disto, a Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) prohibiu a práctica do intercambio do pneumático esquerdo ao lado dereito, que os equipos facían para aumentar a esperanza de vida de cada pneumático.[3] Pirelli premeu aínda máis á FIA para facer valer as súas recomendacións para as presións dos pneumáticos e a configuración da caída que se fixo obrigatoria, cando se descubriu que os equipos usaron deliberadamente a presión e a configuración da caída fóra das recomendacións de Pirelli co fin de maximizar o rendemento. Isto sucedeu nun incidente similar no Gran Premio de Bélxica de 2011, onde os equipos utilizaronn axustes na caída fóra das recomendacións de Pirelli, que crearon ampolas no bordo interior dos pneumáticos, xa que experimentaron temperaturas operativas máis altas do normal.[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Q1
[editar | editar a fonte]Felipe Massa foi o piloto máis rápido na Q1, por diante do Lotus de Kimi Räikkönen. Os pilotos eliminados na Q1, foron Valtteri Bottas, Pastor Maldonado, Charles Pic, Jules Bianchi, Giedo van der Garde e Max Chilton .
Q2
[editar | editar a fonte]A sesión foi infrecuente ao final, con Nico Rosberg eliminado debido a un erro por parte do equipo Mercedes. Felipe Massa foi o máis rápido de novo por diante de Kimi Räikkönen tamén de novo. Jean-Eric Vergne foi eliminado, así como Adrian Sutil, Esteban Gutiérrez, Sergio Pérez Mendoza e Paul di Resta, nunha cualificación decepcionante para o equipo Force India.
Q3
[editar | editar a fonte]Lewis Hamilton logrou a pole position por diante de Sebastian Vettel e Mark Webber. Webber perdeu tempo na última curva debido a un movemento lento de Fernando Alonso. Alonso clasificou oitavo detrás do seu compañeiro de equipo Felipe Massa. Kimi Räikkönen e Romain Grosjean foron cuarto e quinto clasificado. Daniel Ricciardo fixo unha excelente carreira para cualificar na terceira fila por segunda carreira consecutiva. Jenson Button e Nico Hülkenberg optado por non establecer un tempo, para salvar os seus pneumáticos para a carreira.
Carreira
[editar | editar a fonte]Webber tivo un grave incidente co seu pneumático traseiro dereito. O mecánico non a colocou de xeito adecuado, e a roda saíu disparada, golpeando a un cámara nas súas costas. Foi trasladado a un hospital en Koblenz, onde se informou que tiña uns cantos ósos rotos, e unha conmoción cerebral. Logo empuxaron o Red Bull de Webber de novo no seu pitbox, fixeron a súa nova roda e saíu, unha volta por detrás de Vettel. Na volta 23, o Marussia de Jules Bianchi tivo unha falla no motor. Isto provocou a saída do coche de seguridade, o que axudou a Webber volver a loita pola carreira.
Vettel logrou a vitoria. Foi a súa primeira vitoria na casa da súa carreira, tamén foi a 30ª vitoria da súa carreira, converténdose no sexto piloto en lograr tal fazaña. Kimi terminou só 1 segundo por detrás, con Grosjean apenas mantendo baixo control a Alonso no 3º lugar. Hamilton, Button, Webber e Pérez foron quinto, sexto, sétimo e oitavo respectivamente. Rosberg, terminou noveno na súa carreira en casa, mentres que Nico Hülkenberg logrou o punto final para Sauber.
Logo da carreira Red Bull e Force India recibiron multas por incidentes nos boxes.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Equipo | Q 1 | Q 2 | Q 3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:31.131 | 1:30.152 | 1:29.398 | 1 |
2 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:31.269 | 1:29.992 | 1:29.501 | 2 |
3 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:31.428 | 1:30.217 | 1:29.608 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:30.676 | 1:29.852 | 1:29.892 | 4 |
5 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:31.242 | 1:30.005 | 1:29.959 | 5 |
6 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:31.081 | 1:30.223 | 1:30.528 | 6 |
7 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:30.547 | 1:29.825 | 1:31.126 | 7 |
8 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:30.709 | 1:29.962 | 1:31.209 | 8 |
9 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:31.322 | 1:30.326 | Sen tempo | 9 |
10 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:31.322 | 1:30.697 | Sen tempo | 10 |
11 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:31.322 | 1:30.326 | 11 | |
12 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:31.322 | 1:30.697 | 12 | |
13 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:31.498 | 1:30.933 | 13 | |
14 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:31.681 | 1:31.010 | 14 | |
15 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:31.320 | 1:31.010 | 15 | |
16 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:31.629 | 1:31.104 | 16 | |
17 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:31.693 | 17 | ||
18 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:31.707 | 18 | ||
19 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:32.937 | 22 [5] | ||
20 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:33.063 | 19 | ||
21 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:33.734 | 20 | ||
22 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:34.098 | 21 | ||
Tempo 107%: 1:36.885 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Drivers threaten to boycott German Grand Prix after dangerous tyre explosions". Daily Telegraph. 1 July 2013. Consultado o 5 July 2013.
- ↑ Noble, Jonathan (2 July 2013). "Pirelli plans new tyres and change to Formula 1 rules to prevent more failures". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 July 2013.
- ↑ Beer, Matt (3 July 2013). "Mercedes welcomes Pirelli's greater clarity over F1 tyre set-up". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 July 2013.
- ↑ Noble, Jonathan (6 September 2011). "Formula 1 teams get reduced camber limit for the Italian Grand Prix at Monza". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 July 2013.
- ↑ Charles Pic foi sancionado ca perda de 5 posicións por cambiar a súa caixa de cambios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 2012 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 2014 |