Vladimir Putin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimir Putin
AlcumeПлатов, Platov e ߔߑߟߊߕߐߝ߭
Nacemento7 de outubro de 1952
Lugar de nacementoV.F. Snegiryov Maternity Hospital No.6 e San Petersburgo
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
EtniaPobo ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo
Alma máterFSB Academy, Faculty of Law, Saint Petersburg State University, Academy of Foreign Intelligence, School 193, School 281, Saint Petersburg Mining University, Universidade Estatal de San Petersburgo e St. Petersburg Institute of the FSB of Russia
Ocupaciónpolítico, judoka, especialista de cinema, axente de intelixencia e participante do fórum internacional
PaiVladimir Spiridonovich Putin
NaiMaria Ivanovna Shelomova
CónxuxeLyudmila Putina
FillosKaterina Tikhonova, Maria Vorontsova e Louisa Rozova
Coñecido porA Plea for Caution From Russia, Russia at the Turn of the Millennium, Russia Muscles Up — the Challenges We Must Rise to Face, Russia: The Ethnicity Issue, Economic Tasks, Democracy and the Quality of Government, Building Justice: A Social Policy for Russia, Being Strong: National Security Guarantees for Russia, Time to Trust Russia: A Common Front Against Terror e We Share German Priorities
Premioslista das pessoas mais poderosas segundo a revista Forbes, lista das pessoas mais poderosas segundo a revista Forbes, lista das pessoas mais poderosas segundo a revista Forbes, lista das pessoas mais poderosas segundo a revista Forbes, Gran cruz da Lexión de Honor, 'Verschlossene Auster' award, Medal of Merit of the National People's Army, Ordem de Honra, Confucius Peace Prize, Orde da Insignia de Honra, Order "For Merit to the Republic of Dagestan", Persoa de Ano da revista Time, Mestre do Desporto da União Soviética, Order of Ho Chi Minh, King Abdulaziz Medal, Order of Ismoili Somoni, Order of Zayed, Order of Outstanding Merit, Order of the Precious Wand, Ordem do Libertador, Registered firearms, Ordem da República da Sérvia, Order of the Friendship of Peoples, Grand Cross of the Order of Saint-Charles, Orde de José Martí, Medal "Participant of the March-Shot Bosnia-Kosovo 12 June 1999", Памятная медаль А. М. Горчакова, Order of St. Prince Vladimir, Order of Glory and Honor, Order of St. Sava, honorary professor, membro honorário, Honoured Coach of Russia, Order of St. Sergius of Radonezh 1st class, Medal "For Impeccable Service", Order of the Golden Eagle, Gold Olympic Order, National Order of Merit, Order of Manas, 1st class, honorary citizen of Saint Petersburg, Honored Coach, weapon of honor, Friendship Medal, doutor honoris causa pola Universidade de Atenas, orde do honor e a gloria, Uatsamonga Order, Ordre Agostinho Neto, honorary doctor of the Tsinghua University, orde de Nazarbaiev, doutor honoris causa pola Universidade Estatal de San Petersburgo, honorary doctor of the Jawaharlal Nehru University, honorary doctor of the Yerevan State University, honorary doctor of the Turkmen State University, honorary doctor of the Baku Slavic University, honorary doctor of the University of Belgrade, honorary doctor of the S. M. Kirov Military Medical Academy, Medal "For Impeccable Service", 3rd class, Medal "For Impeccable Service", 2nd class, Honorary citizen of Astrakhan, Order of the "Commonwealth", honorary citizen of Sevastopol, Order of St. Sergius of Radonezh, Order of Saint-Charles, Order of King Abdulaziz al Saud, Premio Ig Nobel, Honorary citizen of Kazan, Order of Sheikh-ul-Islam, Time 100, Time 100 e Order of Akhmad Kadyrov
Na rede
http://putin.kremlin.ru e http://eng.putin.kremlin.ru/
IMDB: nm1269884 Rottentomatoes: celebrity/vladimir-putin Metacritic: person/vladimir-putin
Twitter: KremlinRussia Instagram: russian_kremlin Telegram: russian_kremlin VK: moskvaputinu Youtube: UCZkiUDyOBtkaTWGRfGnKaHw Musicbrainz: 833f5372-a2a5-4932-8a5c-399184f29541 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008.[1] Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.

Putin naceu en Leningrado (hoxe San Petersburgo) e estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, graduándose en 1975. Traballou como oficial de intelixencia estranxeira da KGB durante 16 anos, chegando ao rango de tenente coronel, antes de dimitir en 1991 para comezar unha carreira política en San Petersburgo. Trasladouse a Moscova en 1996 para unirse á administración do presidente Boris Eltsin. Foi brevemente director do Servizo Federal de Seguridade e secretario do Consello de Seguridade, antes de ser nomeado primeiro ministro en agosto de 1999. Despois da dimisión de Eltsin, Putin converteuse en presidente en funcións, e menos de catro meses despois foi elixido de forma definitiva para o seu primeiro mandato como presidente e foi reelixido en 2004. Como entón estaba constitucionalmente limitado a dous mandatos consecutivos como presidente, Putin volveu ser primeiro ministro de 2008 a 2012 baixo Dmitrii Medvedev, e volveu á presidencia en 2012 nas eleccións presidenciais de Rusia de 2012, as cales foron empañadas por acusacións de fraude e protestas; foi reelixido de novo en 2018. En abril de 2021, tras un referendo, asinou as emendas constitucionais, incluíndo unha que lle permitiría presentarse á reelección dúas veces máis, o cal podería estender potencialmente a súa presidencia ata 2036.[2][3]

Durante o primeiro mandato de Putin como presidente, a economía rusa creceu durante oito anos consecutivos, co PIB medido polo poder adquisitivo aumentando nun 72%; a satisfacción coa vida autoavaliada rusa aumentou significativamente.[4] O crecemento foi o resultado dun quintuplicado no prezo do petróleo e do gas, que constitúen a maioría das exportacións rusas, a recuperación da depresión postcomunista e da crise financeira de 1998, así como un aumento do investimento estranxeiro,[5] ademais de políticas económicas e fiscais prudentes.[6][7] Putin tamén levou a Rusia á vitoria na segunda guerra chechena. Serviu como primeiro ministro baixo Medvedev, supervisou a reforma militar e a reforma policial, así como a vitoria de Rusia no conflito de Osetia do Sur de 2008. Durante o seu terceiro mandato como presidente, a caída dos prezos do petróleo xunto coas sancións internacionais impostas a principios de 2014 despois de que Rusia lanzara unha intervención militar en Ucraína e anexionase a península de Crimea levaron a contracción da economía un 3,7% en 2015, aínda que a economía rusa repuntou en 2016 cun crecemento do PIB do 0,3%.[8] Durante o seu cuarto mandato como presidente, a pandemia de COVID-19 golpeou Rusia, e Putin ordenou unha invasión a grande escala de Ucraína en 2022, o que provocou que se impuxesen novas sancións contra Rusia e unha nova crise financeira. Outros desenvolvementos baixo Putin incluíron a construción de gasodutos, a restauración do sistema de navegación por satélite GLONASS e a construción de infraestruturas para eventos internacionais como os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 en Sochi e a Mundial de Fútbol de 2018.

Baixo o liderado de Putin, Rusia virou ao autoritarismo. Os expertos non consideran a Rusia unha democracia, citando o encarceramento e a represión dos opositores políticos, a intimidación e supresión da prensa libre e a falta de eleccións libres e xustas.[9][10][11] Rusia obtivo malas puntuacións no Índice de Percepción da Corrupción de Transparencia Internacional, o Índice de Democracia da Economist Intelligence Unit e o índice Liberdade no mundo de Freedom House.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios coma funcionario[editar | editar a fonte]

Despois de rematar os seus estudos de Dereito na universidade da súa cidade natal, entra no KGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De 1985 a 1990 traballa en Dresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en 1989 retorna a Leningrado en 1990. Durante algúns meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser condutor de taxi.

Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir de xuño de 1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar investidores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.

Despois do KGB[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 1991, durante o putsch de Moscova, Putin renunciou oficialmente ó KGB. De 1994 a 1996 foi premier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.

En agosto de 1996 foi nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidente Boris Eltsin. A partir de marzo de 1997, foi un dos adxuntos do xefe da administración presidencial. En xullo de 1998 foi nomeado director do FSB (Servizo Federal de Seguridade) que sucede ó KGB. En 1999 comezou o seu fulgurante ascenso. En agosto foi nomeado primeiro ministro de Eltsin, que decidiu facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordenou o reinicio das hostilidades con Chechenia. É o comezo da segunda guerra chechena, que o converte no político máis popular de Rusia.

O 31 de decembro de 1999, tras a renuncia do presidente Boris Eltsin, Putin converteuse en presidente interino. O 26 de marzo de 2000, nas eleccións presidenciais adiantadas, Putin foi elixido presidente da Federación Rusa na primeira volta co 53% dos votos. Iniciou as súas funcións o 7 de maio.

Tralas eleccións de 2008, nas que foi elixido presidente Dmitrii Medvedev, Vladimir Putin pasou a ocupar o cargo de primeiro ministro e durante o seu mandato foi o líder de Rusia Unida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Timeline: Vladimir Putin – 20 tumultuous years as Russian President or PM". Reuters. 9 de agosto de 2019. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  2. "Putin signs law allowing him to serve 2 more terms as Russia's president". www.cbsnews.com. 
  3. "Putin — already Russia's longest leader since Stalin — signs law that may let him stay in power until 2036". USA TODAY. 
  4. Guriev, Sergei; Tsyvinski, Aleh (2010). "Challenges Facing the Russian Economy after the Crisis". En Anders Åslund; Sergei Guriev; Andrew C. Kuchins. Russia After the Global Economic Crisis. Peterson Institute for International Economics; Centre for Strategic and International Studies; New Economic School. pp. 12–13. ISBN 978-0-88132-497-6. 
  5. "ПОСТУПЛЕНИЕ ИНОСТРАННЫХ ИНВЕСТИЦИЙ ПО ТИПАМ". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2022. Consultado o 02 de marzo de 2022.  Rosstat
  6. Putin: Russia's Choice, (Routledge 2007), por Richard Sakwa, Chapter 9.
  7. Fragile Empire: How Russia Fell In and Out of Love with Vladimir Putin, Yale University Press (2013), por Ben Judah, páxina 17.
  8. "It's Official: Sanctioned Russia Now Recession Free". Forbes. 3 de abril de 2017. 
  9. Frye, Timothy (2021). Weak Strongman: The Limits of Power in Putin's Russia. Princeton University Press. p. Modelo:Page?. ISBN 978-0-691-21246-3. 
  10. Gill, Graeme. "Building an Authoritarian Polity: Russia in Post-Soviet Times". Cambridge University Press. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  11. Reuter, Ora John (2017). The Origins of Dominant Parties: Building Authoritarian Institutions in Post-Soviet Russia (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-316-76164-9. doi:10.1017/9781316761649. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 02 de marzo de 2022. 


Predecesor:
Boris Eltsin
 
Presidente da Federación Rusa
 
2000 - 2008 e 2012 - presente
Sucesor:
Dmitrii Medvedev

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]