Gran Premio de Estiria de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estiria Gran Premio de Estiria de 2021
Detalles da carreira
Carreira 8 de 23 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Data 27 de xuño de 2021
Nome oficial Formula 1 BWT Großer Preis der Steiermark 2021
Localización Red Bull Ring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4.318 km
Distancia 71 voltas, 306´452 km
ClimaParcialmente nubrado
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda
Tempo 1:03.841
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:07.581 na volta 71
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes

O Gran Premio de Estiria de 2021 (oficialmente Formula 1 BWT Großer Preis der Steiermark 2021) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 27 de xuño de 2021. A carreira foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2021. A carreira foi a segunda disputa do Gran Premio de Estiria e o trixésimo cuarto Gran Premio celebrado no circuíto. O evento engadiuse ao calendario despois de que se cancelasen outras carreiras por mor da pandemia de COVID-19, formando a segunda etapa dunha serie de tres carreiras en fins de semana seguidos.

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

Pneus dispoñibles en Castellet
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C2)
Représentation des pneus medium
Medios
(Tipo C3)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C4)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O evento celebrouse durante a fin de semana do 25-27 de xuño e chamouse oicialmente Fórmula 1 BWT Großer Preis der Steiermark 2021. [1] Foi a oitava rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021, e o segundo Gran Premio de Estiria despois da primeira edición celebrada o ano anterior.[2] Está previsto que se celebre nos 4´318 km., con dez curvas do Red Bull Ring en Spielberg, Austria.[3] Foi a décimo sexta carreira do campionato mundial que se celebrou na versión moderna do circuíto,[4] e o trixésimo cuarto en total.[5]

O evento engadiuse á programación despois de que se cancelase o Gran Premio do Canadá e se aprazase o Gran Premio de Turquía, por mor da pandemia de COVID-19.[2] Como resultado destes cambios, o Gran Premio de Estiria forma a segunda etapa dunha serie de tres carreiras planificadas en fins de semana consecutivos, despois do Gran Premio de Francia de 2021 en Le Castellet, Var e antes do Gran Premio de Austria de 2021, que tamén se celebrará en Spielberg.[6] A incorporación dun cuarto grupo de tres carreiras seguidass ás xa multitudinarias do calendario recibiu críticas, con preocupación sobre a carga de traballo e o seu efecto sobre a saúde mental dos traballadores que viaxan ás carreiras.[7] [8] [4] O único provedor de pneumáticos de Fórmula 1 Pirelli levou os seus tres compoñentes intermedios de pneumático para tempo seco en termos de dureza (o C2, o C3 e o C4), que inicialmente estaban destinados ao Gran Premio de Austria da semana seguinte.[9] Participaron dez construtores e vinte pilotos,[10] sen cambios na lista de entradas da tempada. Robert Kubica pilotou para Alfa Romeo Racing na primeira sesión de adestramentos libres no lugar de Kimi Räikkönen. Max Verstappen entrou no evento liderando o campionato mundial de pilotos de Fórmula 1, cunha vantaxe de doce puntos por diante de Lewis Hamilton, mentres que Red Bull Racing lideraba o campionato mundial de construtores de fórmula 1 por trinta e sete puntos sobre o Equipo Mercedes.[11] As W Series de 2021 organizou a súa primeira rolda como carreira de soporte.[12]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación comezou ás 15:00 hora local do sábado. [1] A sesión estivo composta por tres quendas. [a] Ao final das dúas primeiras quendas, os cinco pilotos máis lentos teñen fixadas as posicións de clasificación e impídelles participar no resto da sesión de cualificación. [b] A quenda final determina os dez primeiros postos de clasificación. Os resultados da clasificación úsanse entón para determinar a orde de saída da carreira.[13]

Verstappen marcou o mellor tempo da última quendao de clasificación para acadar a pole position provisional.[14] Esta é a sexta pole da carreira de Fórmula Un de Verstappen. [15] Hamilton clasificouse en terceiro lugar, pero espérase que comece segundo por mor da penalización de Bottas.[16] O piloto de McLaren Lando Norris cualificou cuarto e saíra en terceira posición.[15]

Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos Grella
Q1 Q2 Q3
1 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda 1:04.489 1:04.433 1:03.841 1
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:04.537 1:04.443 1:04.035 5[17]
3 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:04.672 1:04.512 1:04.067 2
4 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 1:04.584 1:04.298 1:04.120 3
5 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 1:04.638 1:04.197 1:04.168 4
6 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:04.765 1:04.429 1:04.236 6
7 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 1:04.745 1:04.646 1:04.472 7
8 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 1:04.608 1:04.631 1:04.514 11[18]
9 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 1:04.971 1:04.582 1:04.574 8
10 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:04.821 1:04.663 1:04.708 9
11 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 1:05.033 1:04.671 10
12 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:04.859 1:04.800 12
13 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:05.142 1:04.808 13
14 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 1:05.051 1:04.875 14
15 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:05.092 1:04.913 15
16 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:05.175 16
17 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:05.217 17
18 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:05.429 18
19 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:06.041 19
20 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[c] Haas-Ferrari 1:06.192 20
107% tempo: 1:09.003
Fonte:[20][21]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira comezou ás 15:00 hora local do domingo. [1] Cunha duración de setenta e unha voltas para unha distancia total de 306´452. [3]

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 71 1:22:18.925 1 25
2 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 71 +35.743 2 19[22]
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 71 +46.907 5 15
4 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 71 +47.434 4 12
5 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 70 +1 volta 3 10
6 55 España Carlos Sainz Ferrari 70 +1 volta 12 8
7 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 70 +1 volta 7 6
8 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 70 +1 volta 9 4
9 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 70 +1 volta 8 2
10 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 70 +1 volta 11 1
11 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 70 +1 volta 18
12 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 70 +1 volta 14
13 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 70 +1 volta 13
14 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 70 +1 volta 17
15 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 70 +1 volta 15
16 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 69 +2 voltas 19
17 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 68 +3 voltas 16
18 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[c] Haas-Ferrari 68 +3 voltas 20
Ret 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 36 Motor 10
Ret 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1 Danos por colisión 6
Volta rápida: Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:07.058 (volta 71)
Fontes:[21][23][24]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A primeira dura dezaoito minutos, a segunda quince minutos e a última doce minutos.[13]
  2. Os pilotos que non establecen un tempo de volta dentro do 107% do tempo máis rápido establecido durante o primeiro segmento poden ser eliminados da carreira.[13]
  3. 3,0 3,1 Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[19]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Styrian Grand Prix 2021 - F1 Race". Formula One Management. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Richards, Giles (14 de maio de 2021). "Turkish Grand Prix replaced by Austrian double-header after going on red list". The Guardian. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Styrian Grand Prix 2021 - F1 Race". Formula One Management. 
  4. 4,0 4,1 "Spielberg" (en French). Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  5. "Österreichring" (en French). Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  6. Baldwin, Alan (16 de xuño de 2021). "Mercedes hope for more dominance, less drama in France". Reuters. Consultado o 16 de xuño de 2021. 
  7. Richards, Giles (4 de xuño de 2021). "Lando Norris fears marathon F1 season may affect mental health of personnel". The Guardian. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  8. Medland, Chris (26 de maio de 2021). "The growing signs that a 23 race season is too much for F1". Motor Sport magazine. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  9. Southwell, Hazel; Collatine, Keith (21 de maio de 2021). "Pirelli will bring different tyre compounds for two races at Red Bull Ring". Race Fans. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  10. "2021 Styrian Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 24 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  11. Richards, Giles (21 de xuño de 2021). "Lewis Hamilton and Mercedes expect Red Bull to press home advantage". The Guardian. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  12. White, Megan (26 de maio de 2021). "W Series continues free-to-air broadcasts with Channel 4 for 2021 season". Autosport. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "2021 Formula One Sporting Regulations" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 17 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  14. Benson, Andrew (26 de xuño de 2021). "Max Verstappen on Styrian Grand Prix pole". BBC Sport. Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  15. 15,0 15,1 Richards, Giles (26 de xuño de 2021). "Max Verstappen turns on style for Red Bull to take Styrian F1 GP pole". The Observer (Guardian Media Group). Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  16. Kalinauckas, Alex (26 de xuño de 2021). "Styrian GP: Verstappen takes pole ahead of Bottas and Hamilton". Autosport. Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  17. Valtteri Bottas recibiu unha penalización de tres postos na grella por condución perigosa, fixo un trompo no pit lane, durante a segunda sesión de adestramentos.
  18. Yuki Tsunoda recibiu unha penalización de tres postos por obstaculizar a Valtteri Bottas durante a cualificación.
  19. Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  20. "Formula 1 BWT Grosser Preis der Steiermark 2021 – Qualifying". Formula1.com. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  21. 21,0 21,1 "Formula 1 BWT Grosser Preis der Steiermark 2021 – Starting Grid". Formula1.com. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  22. Inclúe un punto pola volta rápida
  23. "Formula 1 BWT Grosser Preis der Steiermark 2021 – Race Result". Formula1.com. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021. 
  24. "Formula 1 BWT Grosser Preis der Steiermark 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio de Estiria de 2020
Gran Premio de Estiria Carreira seguinte:
Non hai