Gran Premio de Mónaco de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 2017
Detalles da carreira
Carreira 6 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 28 de maio de 2017
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2017
Localización Circuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´337 km
Distancia 78 voltas, 260´286 km
Clima Seco, asollado, 25ºC e 52ºC no asfalto, humidade relativa 45%. Vento 0´7 m/s
Pole position
Piloto Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Tempo 1:12.178
Volta rápida
Piloto Flag of Mexico.svg Sergio Pérez force India
Tempo 1:14.820 na volta 76
Podio
Primeiro Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Segundo Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull


O Gran Premio de Mónaco de 2017 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2017) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2017 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017. Foi a sesaxésima quinta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e cinco carreira en xeral.

O piloto de McLaren Fernando Alonso non correu esta carreira por participar nas 500 Millas de Indianápolis e foi substituído polo campión do mundo de 2009 Jenson Button. Dos pilotos activos, catro gañaron polo menos unha vez o Gran Premio de Mónaco: Kimi Räikkönen (2005), Lewis Hamilton (2008 e 2016), Jenson Button (2009) e Sebastian Vettel (2011).

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Cambios de pilotos[editar | editar a fonte]

O piloto de McLaren Fernando Alonso perdéuse a carreira para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017.[1] Jenson Button que traballaba como embaixador do equipo e piloto de reserva substituíu a Alonso para a carreira.

Gardouse un minuto de silencio antes da carreira, como sinal de respecto ás vítimas da bomba no Manchester Arena a principios desa semana.[2]

Práctica libre[editar | editar a fonte]

A primeira práctica da mañá do xoves terminou con Lewis Hamilton de Mercedes coa volta rápida cun 1:13.425, aproximadamente 0.2 segundos máis rápido que Sebastian Vettel. Max Verstappen foi o terceiro máis rápido e Daniil Kvyat da Scuderia Toro Rosso foi o piloto máis rápido non pertencente aos tres mellores equipos, establecendo o sexto mellor tempo.[3] Na segunda práctica, Vettel foi o máis rápido, establecendo 1:12.720. Segundo e terceiro foron Daniel Ricciardo e Kimi Räikkönen con Kvyat en cuarto.[3] O equipo de Mercedes tivo unha segunda práctica decepcionante cando terminaron oitavo e décimo, fóra do ritmo dos seus rivais no campionato Ferrari. A sesión detívose ao redor de 10 minutos debido a un accidente do piloto de Williams Lance Stroll.[4]

A terceira práctica libre do sábado terminou con Sebastian Vettel da Scuderia Ferrari que fixaba o tempo en 1:12.395, mellorando o seu propio tempo fixado na FP2 por 0.3 segundos para fixar unha nova marca de volta, mentres que o rival máis próximo e compañeiro de equipo Kimi Räikkönen estaba 0,3 segundos atrás con 1:12.740.[5] A sesión interrompeuse 8 minutos por as bandeiras amarelas cando Esteban Ocon de Force India estrelouse na sección da piscina,[6] Imitando o accidente que Max Verstappen tivo durante a sesión clasificatoria de 2016. A práctica libre finalmente reanudouse polos 4 minutos restantes. Daniel Ricciardo tivo un fallo no cable dos freos e terminou retirándose da sesión, quedando sexto con 1:13.392. O piloto de McLaren Jenson Button terminou a sesión duodécimo, pero incurriu cunha penalización na grella de 15 posicións por cambiar o MGU-H e o turbocompresor, que se aplicou logo de cualificar.[6]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Kimi Räikkönen de Ferrari clasificouse na pole position por primeira vez en 9 anos logo da súa última pole position no Gran Premio de Francia de 2008, tamén con Ferrari. O seu compañeiro de equipo e líder do campionato Sebastian Vettel clasificouse segundo seguido por Bottas e Verstappen. O rival máis próximo de Vettel, Lewis Hamilton, clasificouse no posto 14º loitou por quentar os pneumáticos, e non puido facer a última volta de cualificación debido ao accidente de Stoffel Vandoorne. Jenson Button clasificouse noveno no seu regreso, pero foi degradado á parte posterior da grella debido á penalización de 15 posicións. Finalmente comezou no pit lane. Os dous Mclarens entraron na Q3 por primeira vez en 2017.[7]

Carreira[editar | editar a fonte]

Räikkönen liderou desde o comezo ata que entrou en boxes na volta 33. O seu compañeiro de equipo Vettel quedouse fora máis tempo e cando finalmente en trou en boxes, saíu por diante de Räikkönen e logrou gañar a súa terceira carreira da tempada ampliando a súa vantaxe no campionato a 25 puntos máis que Hamilton, que terminou en 7º despois de recuperarse logo da súa mala cualificación. Esta vitoria deulle a Ferrari o seu primeiro 1-2 final desde o polémico Gran Premio de Alemaña de 2010. Daniel Ricciardo terminou en terceira posición, malia golpear lixeiramente a parede ao final da carreira. Carlos Sainz acadou o seu mellor resultado do ano co 6º posto con Toro Rosso. Seguíronlle Hamilton, Grosjean, Massa e Magnussen, que redondearon os puntos. Foi a primeira vez na historia de Haas que lograron puntuar os dous. Foi tamén a primeira vez en 2017 que ambos Force India terminaron fóra dos puntos cunha colisión tardía entre Pérez e Kvyat, cando marchaban na zona de puntos. Stoffel Vandoorne parecía listo para anotar os primeiros puntos de Mclaren da tempada antes de golpear o muro. Jenson Button, mentres tanto, retirouse con problemas na suspensión, logo de chocar con Pascal Wehrlein de Sauber, deixando a Wehrlein pousado verticalmente contra a parede. O outro Sauber de Marcus Ericsson retirouse logo de golpear o muro na curva 1 baixo o coche de seguridade. O Renault de Nico Hülkenberg retirouse cedo cun fallo da caixa de cambios, cando marchaba décimo. Lance Stroll tamén retirouse.[8]

Logo da carreira Sergio Pérez e Jenson Button recibiron dous puntos de penalización (cada un) anotados na súa Super Licenza, ambos por causar unha colisión.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:13.117 1:12.231 1:12.178 1
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:13.090 1:12.449 1:12.221 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:13.325 1:12.901 1:12.233 3
4 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.078 1:12.697 1:12.496 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.219 1:13.011 1:12.998 5
6 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 1:13.526 1:13.397 1:13.162 6
7 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:13.530 1:13.430 1:13.329 7
8 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:13.786 1:13.203 1:13.349 8
9 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Honda 1:13.723 1:13.453 1:13.613 PL[9]
10 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:13.476 1:13.249 Sen tempo 12[10]
11 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:13.899 1:13.516 9
12 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:13.787 1:13.628 10
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.531 1:13.959 11
14 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:13.640 1:14.106 13
15 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 1:13.796 1:20.529 14
16 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:14.101 15
17 30 Flag of the United Kingdom.svg Jolyon Palmer Renault 1:14.696 16
18 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Williams-Mercedes 1:14.893 17
19 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:15.159 18
20 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:15.276 19
107% tempo límite: 1:18.193
fonte:[11]
Schéma de la grille de départ du Grand Prix de Monaco 2017
Grella de saída do Gran Premio de Mónaco de 2017.

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 78 1:44:44.340 2 25
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 78 +3.145 1 18
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 78 +3.745 5 15
4 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 78 +5.517 3 12
5 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 78 +6.199 4 10
6 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 78 +12.038 6 8
7 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 78 +15.801 13 6
8 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 78 +18.150 8 4
9 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 78 +19.445 14 2
10 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 78 +21.443 11 1
11 30 Flag of the United Kingdom.svg Jolyon Palmer Renault 78 +22.737 16
12 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 78 +23.725 15
13[12] 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 78 +49.089 7
14[13] 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso 71 Colisión 9
15[13] 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Williams-Mercedes 71 Accidente 17
Ret 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 66 Accidente 12
Ret 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 63 Accidente 19
Ret 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Honda 57 Colisión PL
Ret[14] 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 57 Colisión 18
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 15 Caixa de cambios 10
Fonte:

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernando Alonso to race at Indy 500 with McLaren, Honda and Andretti Autosport". mclaren.com (en inglés) (McLaren). 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  2. "F1 plans Monaco tribute to Manchester victims". Reuters. 24 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Practice - Results - Monaco Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 2017-05-25. 
  4. "Sebastian Vettel quickest, Lewis Hamilton eighth in Monaco". BBC Sport (en inglés). 2017-05-25. Consultado o 2017-05-25. 
  5. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2017 – Practice 3". Formula 1 Official Website. Consultado o 27 de maio de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "FP3 – Ferrari 1–2 as Mercedes and Red Bull give chase". Formula 1 Official Website (en inglés). 27 May 2017. Consultado o 27 de maio de 2017. 
  7. "Qualifying - Raikkonen heads all-Ferrari front row in Monaco". formula1.com. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  8. "Race - Monaco win extends Vettel’s championship lead". formula1.com. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  9. Jenson Button recibiu unha penalización de quince postos na grella por superar a súa cota de compoñentes do motor.
  10. Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de tres postos na grella por causar un accidente evitable con Felipe Massa na carreira anterior.
  11. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 27 de maio de 2017. Consultado o 27 de maio de 2017. 
  12. Sergio Pérez recibiu 10 segundos de penalización por causar unha colisión.
  13. 13,0 13,1 Pilotos retirados da carreira, pero clasificados ao completar o 90% da distancia de carreira.
  14. Pascal Wehrlein recibiu unha penalización de 5 segundos por unha saída insegura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2016
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2018