Gran Premio de México de 2015
Nome oficial | Formula 1 Mexican Grand Prix 2015 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de México |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco (pt) ) 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222 |
Lonxitude | 4,304 km |
País | México |
Data | 1 de novembro de 2015 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Nico Rosberg |
O Gran Premio de México de Fórmula 1 de 2015 (oficialmente coñecido como a Fórmula 1 Gran Premio de México 2015) celebrouse en Cidade de México o 1 de novembro de 2015. A carreira, foi a décimo sétima da tempada de Fórmula Un de 2015,[1] e o décimo sétimo Gran Premio de México. é a primeira vez que se celbra a carreira desde 1992.
Resumo
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O Autódromo Hermanos Rodríguez sufriu unha reconfiguración substancial na preparación para a carreira.[2] O trazado da pista conta con dúas zonas de DRS, unha na recta principal e outro entre as curvas tres e catro.[3]
A longa recta principal do Autódromo Hermanos Rodríguez ofrece as velocidades máis rápidas durante a tempada 2015.
Práctica libre
[editar | editar a fonte]Polo regulamento para a tempada 2015, realizáronse tres sesións de práctica, dúas sesións de 1´5 horas o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado.[4] A primeira sesión do venres comezou nunha pista mollada, descrita por Sebastian Vettel como "ridiculamente resbaladiza", coa primeira media hora de realizadao con pneumáticos intermedios. Valtteri Bottas marcou o mellor tempo cos pneumáticos, antes de que todos os equipos montaran o composto medio. Ata cos pneumáticos de seco, moitos pilotos sufriron polas condicións, saíndose nas curvas 8 e 10, en particular. Nico Rosberg no Mercedes sufriu de sobrequecemento nos seus freos traseiros, o que lle obrigou a entrar en boxes, mentres que logrou o mellor tempo. Carlos Sainz terminou como o oitavo máis rápido, por diante do favorito local Sergio Pérez e Felipe Massa. Jolyon Palmer novamente substituíu a Romain Grosjean ao volante do Lotus, terminou como o décimo quinto máis rápido, dúas décimas de segundo máis lento que o seu compañeiro de equipo Pastor Maldonado. O mellor tempo da sesión foi para Max Verstappen no Toro Rosso, con 1m25.990s, aínda que o mozo holandés saíuse no segundo sector da pista. Foi seguido por Daniil Kvyat e os dous Ferraris de Kimi Räikkönen e Sebastian Vettel. Mentres Rosberg foi sexto, o recentemente coroado campión do mundo Lewis Hamilton foi só undécimo.[5]
Na segunda sesión da tarde do venres, Nico Rosberg foi o máis rápido, marcando un tempo de 1m21.531s. Co asfalto na pista moi novo, a superficie era esvaradiza e foi outra sesión que viu unha gran cantidade de pilotos quedaban fora. O maior accidente da práctica chegou aos cinco minutos, cando Max Verstappen estrelouse na saída do estadio, sacando bandeiras vermellas. Despois renovouse a marcha, Valtteri Bottas perdeu a parte traseira do seu Williams FW37, causado por unha falla no flap do seu DRS,[6] e estrelouse na primeira curva. Non foi o único que tivo problemas na primeira curva, Sergio Pérez, Carlos Sainz e Pastor Maldonado tamén fóronse alí. Lewis Hamilton pola súa banda tivo unha saída de pista na curva catro. Romain Grosjean tivo que poñer fin cedo á súa primeira práctica da fin de semana, cando un fallo de embrague viu aparcar o seu coche no minuto 28 do período de sesión. Jenson Button correu 25 voltas e terminou co noveno mellor tempo, aínda que o pasou a metade da sesión nos boxes, mentres que o equipo equipaba o coche cunha nova unidade de potencia. Detrás de Rosberg, os dous Red Bulls foron segundo e terceiro, por diante de Lewis Hamilton e Sebastian Vettel.[7]
Nico Rosberg foi de novo o máis rápido na última sesión de práctica o sábado pola mañá cun tempo de 1m21.083s, superando ao seu compañeiro de equipo Hamilton por apenas 0.014s. Logo da choiva durante a noite, a pista estaba esvaradiza ao comezo da práctica. Non foi ata pasados trinta minutos que o agarre mellorou e moitos equipos optaron por montar os pneumáticos de composto brando máis rápido. Rosberg estableceu os tempos rápidos desde o principio, Hamilton foi capaz de pechar a brecha gradualmente, terminou a sesión lixeiramente máis lento que o alemán. Detrás dos dous Mercedes, Daniel Ricciardo estivo preto, apenas 0.118s atrás, seguido de Vettel, outra décima de segundo por detrás. con vibracións no seu motor, Jenson Button de novo pasou moito tempo no garaxe, poñendo fin á práctica co tempo máis lento, máis de oito segundos por detrás de Rosberg.[8]
Cualificación
[editar | editar a fonte]A eliminatoria constou de tres partes de 18, 15 e 12 minutos de duración, respectivamente, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras quendas. Durante a primeira parte da cualificación (Q1), Kimi Räikkönen foi capaz de competir, despois de que o equipo de Ferrari fora capaz de cambiar a súa caixa de cambios no tempo da sesión. O que non participou foi Jenson Button, despois de que o seu equipo decidiu non saír, xa que unha penalización de 55 posicións en calquera caso deixabao na parte posterior da grella. Marcus Ericsson foi máis de medio segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Felipe Nasr, que non puido continuar na Q2, do mesmo xeito que os dous Manor Marussias. Con Button fóra da carreira, só foi eliminado un piloto máis, e resultou ser o seu compañeiro en McLaren, Alonso. Na parte dianteira, Rosberg marcou o mellor tempo por diante de Vettel, mentres que Hamilton foi o único piloto que non utilizou os pneumático de composto brando.[9]
Lewis Hamilton saíu cos pneumáticos máis brandos na Q2, marcou o mellor tempo da sesión, a primeiro volta en menos de 1:20 minutos. Detrás del, Vettel foi segundo por diante de Rosberg. Raikkonen saíu cos pneumáticos de composto máis duro, pero abortou tras facer un trompo na primeira curva, quedando décimo quinto e pendente dunha penalización polo seu cambio da caixa de cambios. Max Verstappen logrou a súa volta rápida ao final da quenda, deixando ao seu compañeiro de equipo Sainz fóra dos dez primeiros. Tamén quedaron eliminados os dous Lotus e o segundo Sauber de Ericsson..[9]
Na Q3, os dous pilotos de Mercedes estableceron dúas voltas rápidas consecutivas no inicio da sesión, con Rosberg 0.188s por diante do seu compañeiro de equipo. Todos os pilotos tiveron problemas para mellórar os seus tempos durante a segunda pasada de voltas cronometradas con pneumáticos máis frescos. Mentres Hamilton melloraba cedo na volta, o seu esforzo detívose cando cometeu un erro na curva doce. Isto significou que non puido desafiar a Rosberg pola pole position, que por primeira logrou por cuarta carreira consecutiva. Os dous Mercedes foron seguidos de cerca por Vettel, por diante dos dous Red Bull de Kvyat e Ricciardo, log ambos Williams e Verstappen oitavo. Na quinta fila da grella, o favorito local Sergio Pérez superou ao seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg para a novena posición.[9][10]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:20.436 | 1:20.053 | 1:19.480 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:20.808 | 1:19.829 | 1:19.668 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:20.503 | 1:20.045 | 1:19.850 | 3 |
4 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 1:20.826 | 1:20.490 | 1:20.398 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:21.166 | 1:20.783 | 1:20.399 | 5 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:20.817 | 1:20.458 | 1:20.448 | 6 |
7 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:21.379 | 1:20.642 | 1:20.567 | 7 |
8 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 1:20.995 | 1:20.894 | 1:20.710 | 8 |
9 | 11 | Sergio Perez | Force India-Mercedes | 1:20.966 | 1:20.669 | 1:20.716 | 9 |
10 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:21.315 | 1:20.935 | 1:20.788 | 10 |
11 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Renault | 1:20.960 | 1:20.942 | 11 | |
12 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1:21.577 | 1:21.038 | 12 | |
13 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1:21.520 | 1:21.261 | 13 | |
14 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:21.299 | 1:21.544 | 14 | |
15 | 7 | Kimi Raikkonen | Ferrari | 1:21.422 | 1:22.494 | 18[11] | |
16 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:21.788 | 15 | ||
17 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:21.779 | 19[12] | ||
18 | 53 | Alexander Rossi | Marussia-Ferrari | 1:24.136 | 16 | ||
19 | 28 | Will Stevens | Marussia-Ferrari | 1:24.386 | 17 | ||
107% tempo: | |||||||
22 | Jenson Button | McLaren-Honda | Sen tempo[13] | ||||
fonte:[14] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indica que Lewis Hamilton é o Campión do Mundo de pilotos. Mercedes logra o seu 2º campionato do mundo de construtores.
|
|
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 2015 |
- ↑ "World Motor Sport Council 2014 – Doha". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ Collantine, Keith (24 de xullo de 2014). "Video reveals planned changes to Mexico's F1 track". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "2015 Mexican GP preview". Sky Sports. 30 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ "Practice and qualifying". formula1.com. FOM. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Barretto, Lawrence (30 de outubro de 2015). "Mexican GP: Max Verstappen quickest in practice one for Toro Rosso". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2015.
- ↑ "F1 Mexican Grand Prix: Rear wing DRS flap fault causes Bottas off". crash.net. 30 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ Parkes, Ian (30 de outubro de 2015). "Mexican GP: Nico Rosberg leads the Red Bulls in F1 practice two". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ Barretto, Lawrence (31 de outubro de 2015). "Nico Rosberg edges Lewis Hamilton in F1 Mexican GP final practice". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Collantine, Keith (31 de outubro de 2015). "Rosberg romps to fourth pole position in a row". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ Anderson, Ben (31 de outubro de 2015). "Mexican GP: Nico Rosberg beats F1 team-mate Lewis Hamilton to pole". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ Kimi Raikkonen recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ Fernando Alonso recibiu unha penalización de dez posicións por cambiar de motor.
- ↑ Jenson Button non estableceu un tempo de volta na Q1. A súa participación na carreira depende de recibir permiso dos comisarios.
- ↑ "Rosberg powers to Mexican GP pole". speedcafe.com. 1 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2015.
- ↑ "2015 Mexican Grand Prix Race – Preliminary Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 1 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2015. Consultado o 01 de novembro de 2015.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 2015 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2015 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1992 |
Gran Premio de México | Carreira seguinte: Gran Premio de México de 2016 |