Saltar ao contido

Gran Premio de Mónaco de 2023

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 2023
Imaxe
Nome na lingua orixinal(fr) Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
DeporteFormula racing Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento78 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Localización Monte Carlo (Monte Carlo (en) Traducir)
Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo26 de maio de 2023 – 28 de maio de 2023 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMax Verstappen
Red Bull Racing Editar o valor en Wikidata

← 2022 Editar o valor en Wikidata
2024 Editar o valor en Wikidata →

O Gran Premio de Mónaco de 2023 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2023 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, a 80ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O evento celebrarase durante a fin de semana do 26 ao 28 de maio de 2023.[1] Foi a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. O Gran Premio da Emilia-Romaña previamente programado cancelouse debido ás inundacións na rexión.[2][3]

O MCL60 de McLaren correrá cunha decoración especial para celebrar o 60º aniversario do logro de McLaren da Tripla coroa do automobilismo, sendo McLaren o único equipo de automobilismo que a acadou ata 2023. Esta librea tamén correrá na próxima carreira en España.[4] O coche pintouse en tres segmentos para conmemorar a primeira vitoria de McLaren en cada unha das carreiras. A parte traseira do coche de cor papaia en referencia ao McLaren M16C/D co que Johnny Rutherford gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1974, no medio a cor branca en homenaxe ao McLaren MP4/2 que conducía Alain Prost cando gañou o Gran Premio de Mónaco de 1984, e a parte dianteira de cor negra en recoñecemento ao McLaren F1 GTR co que JJ Lehto, Yannick Dalmas e Masanori Sekiya conseguiron a vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1995.[5][6] Mentres que a librea que McLaren presentou para as 500 Millas de Indianápolis de 2023 utiliza os mesmos aspectos de deseño en tres coches diferentes,[7] a librea utilizada no MCL60 combina os tres deseños separados nun só.

Clasificación do campionato antes da carreira

[editar | editar a fonte]

De cara á fin de semana, Max Verstappen lidera o Campionato do Mundo de Pilotos con 119 puntos, 14 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza en segundo lugar e 44 por diante de Fernando Alonso en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 224 puntos, lidera o Campionato de Construtores por diante de Aston Martin e Mercedes, que son segundo e terceiro con 102 e 96 puntos, respectivamente.[8]


Pneus dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[9]

Pneus dispoñibles para Mónaco
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C3)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A clasificación celebrouse o 27 de maio de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).[1]

Informe de cualificación

[editar | editar a fonte]

Max Verstappen estableceu o tempo máis rápido nas tres sesións. Durante a primeira quenda, o tempo de Carlos Sainzr na súa primeira volta eliminouse debido a que superaba os límites da pista. Sergio Pérez saíuse na curva inicial de St. Devote, marcando con bandeira vermella a quenda e danando o seu coche. Debido a isto, comezará na última posición. Non é a primeira vez que Pérez se estrela na clasificación, fixérao durante a carreira de Mónaco o ano anterior, así como en Melbourne a principios da tempada. O seu compañeiro de equipo Verstappen golpeou o muro tras o reinicio, pero non rexistrou danos. Ao final da primeira quenda, Logan Sargeant, o dúo Haas de Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, Guanyu Zhou e Pérez quedaron eliminados.

Durante a segunda quenda, Lando Norris golpeou o muro da chicana Tabac, causando danos leves ao seu coche. Con todo, pasou a terceira quenda, o seu compañeiro de equipo Oscar Piastri non o faría. Xuntáronse a el Nyck de Vries, Alexander Albon, Lance Stroll e Valtteri Bottas.

Durante a terceira e última quenda, Norris sairía máis tarde despois de reparar rapidamente o seu coche, aínda que non puido vencer a Yuki Tsunoda ata a liña. A quenda resultou ser a máis apertada da fin de semana xa que Verstappen fixo a volta rápida durante os últimos minutos da sesión. Xusto antes de que rematase a sesión e antes de que Verstappen marcase a súa pole, Fernando Alonso (en segundo lugar), Esteban Ocon (en cuarta) e Charles Leclerc (en terceira cunha breve investigación por estorbar a Norris) todos marcaron volta rápida. Leclerc mostrouse insatisfeito co resultado, dicindo que "loitou moito co coche", mentres que Verstappen dixo que "na cualificación hai que dar todo e arriscar todo". Mentres tanto, Lewis Hamilton, Pierre Gasly e George Russell ocuparon a sexta, sétima e oitava posición respectivamente.[10][11]

Leclerc caeu ao sexto lugar despois de que os comisarios investigasen a súa obstaculización a Norris na Q3.[12]

Cualificación clasificatoria

[editar | editar a fonte]
Pos. Nº Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:12.386 1:11.908 1:11.365 1
2 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:12.886 1:12.107 1:11.449 2
3 16 Charles Leclerc Ferrari 1:12.912 1:12.103 1:11.471 6[13]
4 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:12.967 1:12.248 1:11.553 3
5 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:12.717 1:12.210 1:11.630 4
6 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:12.872 1:12.156 1:11.725 5
7 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:13.033 1:12.169 1:11.933 7
8 63 George Russell Mercedes 1:12.769 1:12.151 1:11.964 8
9 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:12.642 1:12.249 1:12.082 9
10 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:12.877 1:12.377 1:12.254 10
11 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:13.006 1:12.395 11
12 21 Países Baixos Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:13.054 1:12.428 12
13 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:12.706 1:12.527 13
14 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:12.722 1:12.623 14
15 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:13.038 1:12.625 15
16 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:13.113 16
17 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.270 17
18 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:13.279 18
19 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:13.523 19
20 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:13.850 20
107% tempo: 1:17.453
Fonte:[14][15]

A carreira celebrouse o 28 de maio de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).[1]

Informe da carreira

[editar | editar a fonte]

Despois da volta de formación, George Russell errou na posición da grella de saída, non foi penalizado. Cando a comezou a carreira, Nico Hülkenberg tocouse con Logan Sargeant, o que provocoulle ao piloto de Haas unha penalización de cinco segundos. Sergio Pérez fixo unha parada cedo para cambiar aos pneumáticos duros. Na volta 14, Carlos Sainz saltouse a chicana Nouvelle, colidindo co seu alerón dianteiro coa traseira dereita de Esteban Ocon. Sainz decidiu continuar. Valtteri Bottas pasou a Alexander Albon, e este último montou un novo xogo de pneumáticos duros. Seguiríalle o seu compañeiro Sargeant, primeiro en duros e de novo en brandos. Na volta 30, Lewis Hamilton puxo novos duros e saíu detrás de Russell.

Na volta 20, os enxeñeiros de Ferrari dixéronlle a Sainz que entrase en boxes para adiantar a Ocon, aínda que abortaron a orde. A orde repetiuse seis voltas máis tarde, e Ferrari volveu dicirlle que abortara de novo. Sainz finalmente entrou na volta 33 para montar medios novos, reincorporándose sétimo e detrás de Ocon. Sainz mostrouse frustrado coa estratexia, criticándoa pola radio do equipo. Axiña, Pérez entrou a montar medios novos e un novo alerón dianteiro, saíndo en último lugar. Lance Stroll informou de danos durante a volta 38, tras contactar con Kevin Magnussen. Charles Leclerc pasou a montar medios novos, caendo ata o oitavo posto, Pierre Gasly non puido superar a Leclerc con novos medios. Lando Norris entrou a montar duros, perdendo unha posición.

Durante a carreira informouse dunha ameaza de choiva, Russell informou de chuvia na curva 3. Os dous primeiros pilotos que cambiaron a intermedios foron Stroll e Bottas, logo seguiron Guanyu Zhou e Albon. Mentres todos os demais apostaban por pneumáticos intermedios, Fernando Alonso decidiu usar pneumáticos medios pero tivo qu volver a entrar en boxes para cambiar a intermedios na volta seguinte, e Ferrari decidiu facer un dobre cambio. Sainz trompeou dúas veces, aínda que non alcanzou as barreiras a gran velocidade. Non obstante, Stroll sufriu danos no seu coche despois de que o seu alerón dianteiro quedase debaixo das súas rodas dianteiras. Max Verstappen rozou o muro de Portier cando montaba medios, pero salvou o coche da súa retirada. Magnussen montou pneumáticos de chuvia extrema, xa que tivo dificultades cando comezou a chover, Pérez utilizaría este composto máis adiante. Con todo, Magnussen estrelouse con danos no seu alerón dianteiro. Os seus mecánicos, non preparados para tal cambio, tiveron que preparalo no acto, alongando o seu tempo en boxes. Mentres tanto, Sargeant golpeou o muro na horquilla, aínda que recuperou o coche. Magnussen sairíase na curva un, e Stroll tomou unha vía de escape na curva cinco, Russell seguiu a Stroll na vía de escape, só para ser alcanzado por Pérez, sen consecuencias. Mentres tanto, Hülkenberg recibiu unha penalización de 10 segundos por cumprir unha sanción de forma incorrecta, a Gasly mostróuselle unha bandeira branca e negra por exceder os límites da pista, Pérez cambiou a intermedios e Yuki Tsunoda informou de problemas cos seus freos.

A orde de marcha dos tres primeiros non cambiou durante toda a carreira. A vitoria de Verstappen marca a súa segunda vitoria no Gran Premio de Mónaco. Alonso quedou segundo, o seu antigo compañeiro de equipo Ocon quedou terceiro e foi galardoado como piloto da xornada, a primeira vez que un piloto francés subiu ao podio en Mónaco desde Olivier Panis no 1996, e o seu primeiro podio dende o Gran Premio de Hungría de 2021 (tamén a súa primeira vitoria). Hamilton acadou a volta rápida.[16][17] Russell recibiu unha penalización tras unha reincorporación insegura, aínda que a súa posición final non se viu afectada.[18]

Clasificación da carreira

[editar | editar a fonte]
Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 78 1:48:51.980 1 25
2 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 78 +27.921 2 18
3 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 78 +36.990 3 15
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 78 +39.062 5 13[19]
5 63 George Russell Mercedes 78 +56.284[20] 8 10
6 16 Charles Leclerc Ferrari 78 +1:01.890 6 8
7 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 78 +1:02.362 7 6
8 55 España Carlos Sainz Ferrari 78 +1:03.391 4 4
9 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 77 +1 volta 10 2
10 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 77 +1 volta 11 1
11 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 77 +1 volta 15
12 21 Países Baixos Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 77 +1 volta 12
13 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 77 +1 volta 19
14 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 77 +1 volta 13
15 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 76 +2 laps 9
16 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 76 +2 voltas 20
17 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 76 +2 voltas[21] 18
18 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 76 +2 voltas[22] 16
19[23] 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 70 Danos por accidente 17
Ret 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 53 Danos por accidente 14
volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:15.650 (volta 33)
Fonte:[15][18][24]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
    Referencias
    1. 1 2 3 "2023 Monaco Grand Prix". Formula 1. Consultado o 17 de maio de 2023.
    2. ↑ "Update on the Emilia Romagna Grand Prix at Imola". Formula One. 17 de maio de 2023.
    3. ↑ Richards, Giles (17 de maio de 2023). "F1 Emilia Romagna Grand Prix cancelled due to flooding in northern Italy". The Guardian. Consultado o 17 de maio de 2023.
    4. ↑ Edmondson, Laurence (2023-05-23). "McLaren reveals 'triple crown' livery for Monaco and Spain". ESPN.com (en inglés). ESPN. Consultado o 2023-05-23.
    5. ↑ "McLaren correra cunha librea éspecial para celebrar o 60º aniversario da celebración da consecución da "Tripla coroa"". Formula1.com (en inglés). Formula One Administration. 2023-05-23. Consultado o 2023-05-23.
    6. ↑ Kalinauckas, Alex (2023-05-23). "McLaren reveals 'Triple Crown' livery for Monaco and Spanish F1 races". Motorsport.com (en inglés). Motorsport Network. Consultado o 2023-05-23.
    7. ↑ "Triple Crown Liveries Revealed". McLaren Website. Consultado o 27 de maio de 2023.
    8. ↑ "Miami 2023 – Championship". Stats F1. 15 de maio de 2023. Consultado o 15 de maio de 2023.
    9. ↑ "2023 Tyre Compound Choices – Monaco and Spain". pirelli.com. 24 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023.
    10. ↑ Boxall-Legge, Jake (27 demaio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen edges Alonso to thrilling pole after Perez crash". Autosport.com.
    11. ↑ Bradley, Charles (27 de maio de 2023). "F1 qualifying results: Max Verstappen takes Monaco GP pole". Autosport.com.
    12. ↑ White, Megan (27 de maio de 2023). "Leclerc handed F1 Monaco GP grid penalty for impeding Norris". Autosport.com.
    13. ↑ Charles Leclerc recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstruir a Lando Norris na Q3.
    14. ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Qualifying". Formula 1. 27de maio dey 2023. Consultado o 27 de maio de 2023.
    15. 1 2 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Starting Grid". Formula 1. 27 de maio de 2023. Consultado o 27 de maio de 2023.
    16. ↑ Bradley, Charles (28 de maio de 2023). "F1 race results: Max Verstappen wins wild 2023 Monaco GP". Autosport.
    17. ↑ Boxall-Legge, Jake (28 de maio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen survives late rain to defeat Alonso". Autosport.
    18. 1 2 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Race Result". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
    19. ↑ Inclúe un punto para a volta rápida.
    20. ↑ George Russell recibiu unha penalización de cinco segundos por reincorporarse á pista sen seguridade. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
    21. ↑ Nico Hülkenberg terminou 16º, pero recibiu unha penalización de dez segundos por non cumprir unha penalización durante unha parada en boxes.
    22. ↑ Logan Sargeant recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
    23. ↑ Kevin Magnussen clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
    24. ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
    25. 1 2 "Monaco 2023 – Championship". Stats F1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]
    Carreira anterior:
    Gran Premio da Emilia-Romaña de 2023
    Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
    Temporada 2023
    Carreira seguinte:
    Gran Premio de España de 2023
    Carreira anterior:
    Gran Premio de Mónaco de 2022
    Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
    Gran Premio de Mónaco de 2024