Gran Premio de Las Vegas de 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Las Vegas de 2023
Detalles da carreira[1]
Carreira 21 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do Circuíto urbano de Las Vegas
Trazado do Circuíto urbano de Las Vegas
Data 18 de novembro 2023
Nome oficial Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023
Localización Las Vegas, Nevada
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6,201 km
Distancia 50 voltas, 305,880 km
ClimaAsollado, 17ºC e 11ºC no asfalto, humidade relativa 47%. Vento sopra a 8 km/h.
Pole position
Piloto Charles Leclerc Ferrari
Tempo 1:32.726
Volta rápida
Piloto Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes
Tempo 1:35.490 na volta 47 (volta rápida)
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo Charles Leclerc Ferrari
Terceiro Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT

O Gran Premio de Las Vegas de 2023 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 18 de novembro de 2023 no Circuíto urbano de Las Vegas en Las Vegas (Nevada), nun circuíto urbano temporal que inclúe o Las Vegas Strip.[2][3]. Foi a vixésimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 2023 e o primeiro Gran Premio de Las Vegas así como a primeira vez que celébrase en dito circuíto.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O evento tivo lugar do 16 ao 18 de novembro. Foi a vixésimo primeira proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un de 2023 e a primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un que se disputa baixo o nome oficial de Gran Premio de Las Vegas. Será o Gran Premio número 1100 de Fórmula Un.[4]

O evento marcou a primeira carreira de Fórmula Un en Las Vegas desde o Gran Premio Caesars Palace de 1982. tivo lugar ao redor do Las Vegas Strip nunha nova pista urbana.[5] Foi o terceiro e último Gran Premio dos Estados Unidos que tivo lugar en 2023 despois do Miami e do Gran Premio dos Estados Unidos, e será a primeira vez desde 1982 que houbo tres carreiras celebradas nos Estados Unidos nunha tempada de Fórmula Un.[6] O Gran Premio comezou ás 22:00 hora local (UTC−8) o sábado 18 de novembro de 2023, o que significa que foi a primeira carreira do Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula 1 que comezou un sábado desde o Gran Premio de Suráfrica de 1985.[7]

A última vez que Las Vegas se incluíu no calendario da Fórmula Un foi en 1982, co Gran Premio Caesars Palace.

Deseño e trazado do circuíto[editar | editar a fonte]

Os 6,201 km[8] do circuíto urbano van en sentido contrario ás agullas do reloxo e conta con 17 curvas e unha recta de 1,9 km.[9][10] Comeza nun antigo aparcadoiro comprado pola Fórmula Un por 240 millóns de dólares e no que se desenvolveu a zona de boxes e paddock e tamén contén a parte permanente do circuíto.[11] A primeira curva é unha horquilla, e despois diso o trazado xira lixeiramente á esquerda e despois a unha rápida curva á dereita, pasando do circuíto permanente ás rúas da cidade. Os coches van 800 m por Koval Lane antes de entrar nun lento xiro de 90 graos á dereita e, a continuación, entrar nun longo e amplo xiro á esquerda que rodea ao novo Sphere arena, antes de pasar por unha sección revirada esquerda-dereita (un cambio respecto ao deseño inicial)[12] e despois un xiro á esquerda lixeiramente máis rápido que pasa pola avenida Sands. Despois, a pista pasa por dúas curvas moi rápidas na Avenida Sands antes de entrar nun xiro lento á esquerda no Las Vegas Boulevard, tamén coñecido como Las Vegas Strip.[13] A sección plana de 1,9 km con dúas rectas e unha lixeira curva á esquerda pasa por parte dalgúns dos hoteis e casinos máis famosos de Las Vegas. A continuación, o circuíto atravesa unha serie de tres curvas lentas cara a Avenida Harmon, baixa por unha recta de 800 m antes de pasar por unha rápida curva á esquerda para completar a volta e volver á parte permanente do circuíto despois dos boxes.[14]

Pneumáticos dispoñibles[editar | editar a fonte]

O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente), que son os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para os equipos.

Pneus dispoñibles para Las Vegas
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C3)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Práctica[editar | editar a fonte]

Celebráronse tres sesións de adestramentos libres no evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 16 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8).[1] Foi marcada con bandeira vermella despois de que Carlos Sainz quedara parado na pista tras golpear unha tapa metálica solta na superficie do circuíto, a sesión suspendeuse.[15] Charles Leclerc encabezou a sesión reducida por diante de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen. O chan do coche de Sainz quedou moi danado ao igual que o de Esteban Ocon.[16] Os danos causados no almacén de enerxía de Sainz provocaron ter que montar un terceiro almacén de enerxía, fóra dos dous permitidos. Isto levou a Sainz a recibir unha penalización de 10 postos na grella para a carreira.[17]

A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 e estaba programada para as 00:00 hora local (UTC−8). A sesión ampliouse de 60 a 90 minutos e atrasouse dúas horas e media mentres se corrixían os problemas dos primeiros adestramentos libres.[18] A sesión encabezouna Leclerc por diante de Sainz e Fernando Alonso.[19]

A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8). A sesión víu a bandeira vermella a tres minutos para o final, cando Alexander Albon parou na pista despois de golpear o muro, non se reiniciou e quedou encabezada por George Russell, por diante de Oscar Piastri e Logan Sargeant.[20]

Tras a reducida primeira sesión de adestramentos, os afeccionados foron expulsados do recinto á 1:30 hora local (UTC−8).[21] Debido a iso, a segunda sesión de adestramentos celebrouse sen moitos afeccionados nas tribunas.[22] O CEO de Fórmula 1, Stefano Domenicali, emitiu unha declaración pública sobre o incidente.[23] Os organizadores do evento entregaron vales desconto por valor de 200 dólares para a tenda en circuíto,[24] o que provocou que o bufete de avogados JK Legal & Consulting, con sede en Nevada, iniciara accións legais.[25]

O director do equipo Ferrari Fred Vasseur criticou os problemas da tapa do sumidoiro, afirmando que os danos custáronlles "unha fortuna",[26] mentres que Toto Wolff criticou os comentarios negativos sobre o Gran Premio. Seguiría eloxiando os esforzos de Liberty Media para organizar o evento.[27]

Cualificación[editar | editar a fonte]

A cualificación celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 00:00 hora local (UTC−8).[1]

Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grlla
Q1 Q2 Q3
1 16 Charles Leclerc Ferrari 1:33.617 1:32.775 1:32.726 1
2 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:33.851 1:33.338 1:32.770 12[28]
3 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:34.190 1:33.572 1:33.104 2
4 63 George Russell Mercedes 1:34.137 1:33.351 1:33.112 3
5 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:34.272 1:34.494 1:33.239 4
6 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:34.634 1:33.588 1:33.323 5
7 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:34.525 1:33.733 1.33.513 6
8 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:34.305 1:33.809 1:33.525 7
9 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:34.337 1:33.664 1:33.537 8
10 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:34.422 1:33.617 1:33.555 9
11 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:34.307 1:33.837 10
12 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:34.574 1:33.855 11
13 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:34.265 1:33.979 13
14 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:34.504 1:34.199 19[29]
15 3 Australia Daniel Ricciardo AlphaTauri-Honda RBPT 1:34.683 1:34.308 14
16 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:34.703 15
17 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:34.834 16
18 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:34.849 17
19 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:34.850 18
20 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:36.447 20
107% tempo: 1:40.170
Fonte:[30][31]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 22:00 hora local (UTC−8), sobre 50 voltass.[1][32]

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 50 1:29:08.289 2 25
2 16 Charles Leclerc Ferrari 50 +2.070 1 18
3 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 50 +2.241 11 15
4 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 50 +18.665 16 12
5 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 50 +20.067 19 10
6 55 España Carlos Sainz Ferrari 50 +20.834 12 8
7 44 Lewis Hamilton Mercedes 50 +21.755 10 6
8[33] 63 George Russell Mercedes 50 +23.091 3 4
9 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 50 +25.964 9 2
10 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 50 +29.496 18 2[34]
11 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 50 +34.270 4
12 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 50 +43.398 5
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 50 +44.825 8
14 3 Australia Daniel Ricciardo AlphaTauri-Honda RBPT 50 +48.525 14
15 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 50 +50.162 17
16 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 50 +50.882 6
17 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 50 +1:25.350 7
18[35] 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 46 Caixa de cambios 20
19[36] 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 45 Motor 13
Ret 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 2 Accidente 15
Volta rápida: Australia Oscar Piastri (McLaren-Mercedes) – 1:35.490 (volta 47)
fonte:[31][37][38]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  • Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Las Vegas Grand Prix 2023 – F1 Race". Formula1.com. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  2. "Las Vegas Grand Prix: Everything you need to know about F1’s newest race". www.formula1.com. Consultado o 2022-03-31. 
  3. "Las Vegas Grand Prix: Official Website". www.f1lasvegasgp.com. Consultado o 2022-08-14. 
  4. "Why we're excited for the Las Vegas Grand Prix". McLaren.com. 10 de novembro de 2023. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  5. Pryson, Mike (11 de novembro de 2022). "F1 Las Vegas Grand Prix: Amazing First Rendering of Bellagio Fountains Grandstands". AutoWeek. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2022. Consultado o 4 de decembro de 2022. 
  6. Richards, Giles (31 de marzo de 2022). "Las Vegas to become third American F1 grand prix venue in 2023". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  7. Smith, Luke (September 26, 2022). "When is the F1 Las Vegas Grand Prix? Date, track information and more". Motorsport.com. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  8. "2023 Las Vegas Grand Prix – Event Notes – Circuit Map and Red Zone" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 2023-11-15. Consultado o 2023-11-16. 
  9. "F1 Las Vegas Grand Prix Track Facts". Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2022. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  10. "Las Vegas Strip Street Circuit – Racing Circuits". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2022. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  11. "Why F1 is spending $240m on a Las Vegas construction plot". us.motorsport.com (en inglés). 2022-05-16. Consultado o 2023-11-10. 
  12. "F1’s Las Vegas track layout changed by addition of new chicane". Racefans.net. 3 de setembro de 2022. Consultado o 16 de novembro de 2023. 
  13. "Las Vegas Grand Prix: How a plan 40 years in the making finally came to fruition". BBC Sport. 15 de novembro de 2023. Consultado o 15 de novembro de 2023. 
  14. "Las Vegas Grand Prix track layout: Check out the Las Vegas Grand Prix circuit's layout". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2022. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  15. Benson, Andrew (17 de novembro de 2023). "F1 Las Vegas Grand Prix: Practice sessions chaotic with track problems". BBC Sport. Consultado o 17 de novembro de 2023. 
  16. "Las Vegas Grand Prix 2023 – Free Practice 1 results". Racingnews365. Consultado o 16 de novembro de 2023. 
  17. "Sainz handed 10-place grid drop for Las Vegas Grand Prix after practice incident". Formula1.com. 17 de novembro de 2023. Consultado o 17 de novembro de 2023. 
  18. "FP2 for the Las Vegas Grand Prix delayed". Formula1.com. 17 denovembro de 2023. Consultado o 17 de novembro de 2023. 
  19. "Las Vegas Grand Prix 2023 – Free Practice 2 results". Racingnews365. Consultado o 17 de novembro de 2023. 
  20. "Las Vegas Grand Prix 2023 – Free Practice 3 results". Racingnews365. Consultado o 17 de novembro de 2023. 
  21. Kalinauckas, Alex (18 de novembro de 2023). "F1 fans removed from grandstands ahead of delayed Vegas FP2". Autosport. 
  22. Cleereen, Filip (18 de novembro de 2023). "Ricciardo: Vegas FP2 without F1 fans didn't feel worth it during delay". Autosport. 
  23. Cooper, Adam (18 de novembro de 2023). "F1 explains why spectators were ejected from Las Vegas track before FP2". Autosport. 
  24. Cleereen, Filip (18 de novembro de 2023). "Vegas GP fans offered F1 merchandise vouchers after being sent home". Autosport. 
  25. Cooper, Adam (18 de novembro de 2023). "Law firm launches legal action over F1 Las Vegas GP spectator ejections". Autosport. 
  26. Mitchell, Rory (18 de novembro de 2023). "Vasseur hits out after major Sainz damage: 'It's just unacceptable'". RacingNews365. 
  27. Mitchell, Rory (18 de novembro de 2023). "Wolff lashes out at Las Vegas critics: You're talking about a f***king drain cover!". RacingNews365. 
  28. Carlos Sainz recibiu unha penalización de dez prazas na grella por montar unha terceirabatería de enerxía.
  29. Lance Stroll recibiu unha penalización de cinco postos na grella por adiantar baixo bandeiras amarelas na terceira sesión de adestramentos
  30. "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula 1. 18 de novembro de 2023. Consultado o 18 de novembro de 2023. 
  31. 31,0 31,1 "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023 2023 – Starting Grid". Formula 1. 18 de novembro de 2023. Consultado o 18 de novembro 2023. 
  32. "Las Vegas Grand Prix 2023 – F1 Race – Las Vegas Strip Circuit" (en inglés). Formula 1. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  33. George Russell quedou cuarto, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por provocar unha colisión con Max Verstappen.
  34. Inclúe un punto pola volta rápida
  35. Yuki Tsunoda e Nico Hülkenberg clasificáronse xa que completaron máis do 90 % da distancia da carreira
  36. Yuki Tsunoda e Nico Hülkenberg clasificáronse xa que completaron máis do 90 % da distancia da carreira
  37. "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 18 de novembro de 2023. Consultado o 18 de novembro de 2023. 
  38. "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 18 de novembro de 2023. Consultado o 18 de novembro de 2023. 
  39. 39,0 39,1 "Las Vegas 2023 – Championship". StatsF1.com. 18 de novembro de 2023. Consultado o 18 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2023
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio de Las Vegas Carreira seguinte:
Gran Premio de las Vegas de 2024