Gran Premio do Canadá de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Canadá de 2017
Detalles da carreira
Carreira 7 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 11 de xuño de 2017
Nome oficial Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 de 2017
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´361 km
Distancia 70 voltas, 305´27 km
ClimaSeco, nubrado, 28 °C e 41 °C no asfalto, humidade relativa do 25%. Vento 0´9 m/s.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:11.459
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:14.551 na volta 64
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer


O Gran Premio do Canadá de 2017 (oficialmente o 2017 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 11 de xuño de 2017 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sétima rolda da tempada 2017, e o 54º Gran Premio do Canadá.

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Fernando Alonso volveu a competir con McLaren, logo de perderse a rolda anterior en Mónaco para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017.

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os pneumáticos brandos, superbrandos e ultrabrnados dispoñibles para os equipos da carreira.[1]

Práctica libre[editar | editar a fonte]

Lewis Hamilton no Mercedes foi o máis rápido na primeira práctica, fixando un tempo de 1.13:809. Foi seguido polo Ferrari de Sebastián Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas en segundo e terceiro lugar.[2] O McLaren de Fernando Alonso continuou sufrindo problemas de confiabilidade volveu a romper e retirouse da sesión.[3] Na segunda práctica o Ferrari de Kimi Räikkönen foi o máis rápido seguido por Hamilton e Vettel. A terceira e última práctica do sábado foi coroada por Vettel, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1.12:572.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A Q1 terminou con Pascal Wehrlein estrelándo o seu Sauber na primeira curva logo de tocar o bordo da herba da pista. Os danos sufridos no accidente significaron comezar a carreira no carril de boxes.[4]

Na Q3 Lewis Hamilton asegurou a pole position con 1:11.459, 0´330 segundos máis rápido que o Ferrari de Vettel en segundo lugar. O terceiro lugar na grella foi a Valtteri Bottas con Raikkonen e Verstappen cuarto e quinto.[5]

Carreira[editar | editar a fonte]

Ao principio, Max Verstappen avanzou tres posicións para dirixirse á segunda curva xusto detrás de Hamilton, que estaba no liderado. Terceiro e cuarto eran Bottas e Vettel, este último sufriríu un lixeiro dano no alerón dianteiro polo contacto con Verstappen na segunda volta. Daniel Ricciardo moveuse á quinta posición logo de pasar a Kimi Räikkönen na primeira volta. Räikkönen acabaría 7º tras caer detrás do Force India e loitar con problemas de freos nas últimas voltas da carreira. Tamén na primeira volta, ocorreu un incidente causando a retirada de Carlos Sainz e Felipe Massa. Saíu o coche de seguridade para permitir aos comisarios despexar a pista. Na reanudación a á danada de Vettel rompeu parcialmente ao acelerar de novo á velocidade de carreira. Entrou en boxes na volta 5 para reparar o dano e caeu á 18º posición (última). Na volta 11, o Red Bull de Verstappen perdeu potencia eléctrica etivo que retirarse cando ía na segunda posición. A medida que a carreira continuaba, o canadense Lance Stroll traballou para conseguir chegar á novena posición, o que sería os seus primeiros puntos na F1. Na volta 66 o McLaren de Fernando Alonso sufriu un fallo de motor que lle impediu anotar os primeiros puntos do seu equipo na tempada. Hamilton terminou a carreira 20 segundos por diante do seu compañeiro Bottas con Ricciardo en terceiro lugar. Sebastian Vettel superou a Sergio Pérez na penúltima volta para terminar na cuarta posición detrás de Ricciardo. Anteriormente Pérez ignorara as peticións do seu equipo para permitir que o seu compañeiro de equipo máis rápido (Esteban Ocon) pasase para desafiar a Ricciardo para o último lugar do podio.[6]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:12.692 1:12.496 1:11.459 1
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:13.046 1:12.749 1:11.789 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:12.685 1:12.563 1:12.177 3
4 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:13.548 1:12.580 1:12.252 4
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.177 1:12.751 1:12.403 5
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.543 1:12.810 1:12.557 6
7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:13.435 1:13.012 1:12.858 7
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:13.470 1:13.262 1:13.018 8
9 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:13.520 1:13.320 1:13.135 9
10 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:13.804 1:13.406 1:13.271 10
11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1:13.802 1:13.690 11
12 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:13.669 1:13.693 12
13 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1:14.051 1:13.756 13
14 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:13.780 1:13.839 14
15 30 Jolyon Palmer Renault 1:13.990 1:14.293 15
16 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:14.182 16
17 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:14.209 17
18 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:14.318 18
19 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:14.495 19
20 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:14.810 PL[7]
107% tempo límite: 1:17.772
Fonte:[8]

Gralla de cualificación

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 70 1:33:05.154 1 25
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 70 +19.783 3 18
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 70 +35.297 6 15
4 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 70 +35.907 2 12
5 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 70 +40.476 8 10
6 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 70 +40.716 9 8
7 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 70 +58.632 4 6
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 70 +1:00.374 10 4
9 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 69 +1 volta 17 2
10 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 69 +1 volta 14 1
11 30 Jolyon Palmer Renault 69 +1 volta 15
12 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 69 +1 volta 18
13 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 69 +1 volta 19
14 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 69 +1 voltas 16
15 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 68 +2 voltas PL
16[9] 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 66 Unidade de potencia 12
Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 54 Unidade de potencia 11
Ret 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 10 Eléctrico 5
Ret 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 7
Ret 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 0 Colisión 13
Fonte:

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ultrasoft tyres the preferred choice for Canada". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Practice - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  3. "Lewis Hamilton top in Canadian Grand Prix first practice". BBC Sport (en inglés). 9 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  4. "Canadian Grand Prix: Lewis Hamilton equals Ayrton Senna pole record". BBC Sport (en inglés). 2017-06-10. Consultado o 2017-06-13. 
  5. "Qualifying - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 2017-06-13. 
  6. "Lewis Hamilton wins in Canada for sixth time". BBC Sport (en inglés). 2017-06-11. Consultado o 2017-06-13. 
  7. Pascal Wehrlein penalizou cinco posicións na grella por un cambio non programado da caixa de cambios e tivo que sair do pit lane para cambiar a unha nova especificación da montaxe do á posterior.
  8. "Formula 1 Grand Prix du Canada 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 11 June 2017. Consultado o 11 June 2017. 
  9. † Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2016
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2018