Marca (xornal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Marca (periódico)»)

Fundación 21 de decembro de 1938
Fundador Manuel Fernández Cuesta Merelo
Xénero Información deportiva
País España España
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Prezo 1

MARCA é un xornal español de información deportiva, fundado en 1938 en Donostia. Ten unha tirada media de 413.252 exemplares diarios e unha media de difusión de 287.641 exemplares.[1].

Características[editar | editar a fonte]

É o xornal de pago máis lido en España con 2 749 000 seguidores diarios, segundo o EGM.[2] MARCA concede tradicionalmente o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da liga española e o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado.

Ademais, desde o ano 2005-06 tamén outorga o Trofeo Zarra ao máximo goleador nacional, o Miguel Muñoz ao mellor adestrador da liga española e o trofeo Guruceta ao árbitro máis destacado. A tempada 2007-08 comezou a entregar tamén o Trofeo Alfredo Di Stéfano ao mellor xogador da liga.

MARCA é un diario de pago e pertence ao Grupo Unidad Editorial. Cada día ofrece 15 edicións diferentes: 11 rexionais e 3 uniprovinciais, ademais da nacional. Os seus principais competidores en canto a periódico deportivo son o As, o Diario Sport ou o Mundo Deportivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "OJD Xuño 2008-Xuño 2009". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 07 de abril de 2010. 
  2. Extracto do EGM do 1º trimestre de 2009 Arquivado 20 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en pdf)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]