Montmeló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montmeló
Bandera de Montmeló.svg
Escut de Montmeló.svg
Ajuntament Montmelo - 2010-02-06 - JTCurses.jpg
Casa do concello de Montmeló
Localización
Localització de Montmeló respecte del Vallès Oriental.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude72 msnm
Superficie4,0 km²
Demografía
Poboación9.001 hab. (2010)
Densidade2.250,25 hab/km²
XentilicioMontmeloní, montmelonina
Outros datos
Código postal08160
AlcaldeAntoni Guil Román (PSC)
www.montmelo.es

Montmeló é un municipio español pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado a uns 20 km ao norte de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental. Atópase na parte baixa do río Congost, na súa confluencia co río Mogent para formar o Besòs, río que constitúe o límite meridional do municipio.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa María de Montmeló

A máis antiga referencia a Montmeló é unha acta do 945 na que se fala da igrexa de Santa María de Montmeló, que aínda conserva algúns restos románicos (sobre todo unha ábsida).

O 28 de marzo de 1642, durante a guerra dos Segadors foi escenario da batalla de Montmeló, na que as tropas catalanofrancesas derrotaron a columna castelá de 4.500 homes que se dirixía a Perpiñán, que quedara illada.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
537 880 1.020 4.384 6.865 8.437 9.001

Economía[editar | editar a fonte]

Montmeló constitúe a zona máis industrializada da comarca do Vallès Oriental. A superficie forestal ocupa só 8 hectáreas e a agricultura está en regresión fronte á industria. Os principais cultivos foron os cereais, forraxes e a viña.

Tribuna e recta de chegada do circuíto

En 1991 foi inaugurado o Circuíto de Catalunya, no que se disputan anualmente o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Ambas as carreiras gañaron en máis dunha ocasión o premio a mellor GP da tempada. O circuíto está entre os municipios de Montmeló, Granollers e Parets del Vallès.

Festividades[editar | editar a fonte]

A festa maior celebrábase anteriormente en torno ao 15 de agosto coincidindo coa festividade da Asunción da nosa Señora, pero o municipio decidiu cambiar a data de celebración ao último domingo de xuño, case sempre coincidindo coa festividade de San Pedro, conmemorando a relación secular de Montmeló co mosteiro beneditino de Sant Pere de les Puel·les.

Nos últimos anos a Festa Maior divídese en dúas collas, a de Melons (en referencia ao nome do municipio) e a de Creuats (en referencia ás Tres Cruces), representados pola cor verde e o vermello respectivamente, que compiten en diferentes probas ao longo da Festa Maior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]