Gran Premio de Rusia de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Russia.svg Gran Premio de Rusia de 2017
Detalles da carreira[1]
Carreira 4 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Circuit Sochi.svg
Data 30 de abril 2017
Nome oficial 2017 Formula 1 Russian Grand Prix
Localización Circuíto de Sochi,
Sochi, Krai de Krasnodar, Rusia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´853 km
Distancia 52 (53 programadas) voltas, 310´209 km
Clima Seco, asollado 26ºC e 40ºC no asfalto, humidade relativa do 31%. Vento 1 m/s.
Pole position
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:33.194
Volta rápida
Piloto Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari
Tempo 1:36.844 na volta 49
Podio
Primeiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari

O Gran Premio de Rusia de 2017, (ruso: 'Формула-1 Гран-при России 2017'), oficialmente coñecido como 2017 Formula 1 VTB Russian Grand Prix,[1] foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 30 de abril de 2017 sobre 52 voltas ao Circuíto urbano de Sochi, na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 2017,[2] o sexto Gran Premio de Rusia e a cuarta vez que a carreira disputase como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 desde que se iniciou a serie en 1950. Valtteri Bottas gañou a carreira por 0´617 segundos sobre Sebastian Vettel, a marxe de vantaxe máis pequena desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2016.

Vettel comezou a carreira desde a pole, co seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen en segundo lugar, a primeira fila de Ferrari desde o Gran Premio de Francia 2008.

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Cambios de pilotos[editar | editar a fonte]

Sergey Sirotkin fixo a súa primeira aparición da tempada con Renault, pilotando no lugar de Nico Hülkenberg na primeira sesión de adestramentos libres.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

A saída inicial foi abortada xa que Fernando Alonso non puido comezar, debido a problemas co motor. A radio do equipo na volta de quecemento suxeriu problemas coa eléctronica da unidade adicional de enerxía da MGU-K, aínda que isto está por confirmarse.[4]

Valtteri Bottas terminou no primeiro lugar, gañando o seu primeiro Gran Premio. Foi seguido por Sebastian Vettel, Kimi Räikkönen e Lewis Hamilton.

Bottas logrou esta vitoria como resultado de colocarse no primeiro lugar desde a terceira posición nunha excelente saída, saltando o bloqueo dos Ferrari antes da 2ª curva na primeira volta. Ao longo da carreira, pasouno Sebastian Vettel, quen brevemente liderou a carreira cando Bottas cumpriu a súa estratexia dunha parada. Logo de parar el mesmo, pasou a se trerceiro na carreira e aos poucos acercouse a Bottas, quedando a só 0´8 segundos unhas voltas antes do final. Con todo, o tráfico rodado impediulle adiantar ao líder da carreira, o que proporcionoulle un seguro segundo para o alemán. Kimi Räikkönen redondeou o podio, seguido dun afastado Lewis Hamilton, que loitou co quecemento do motor durante a carreira poñendo fin a un horrible fin de semana para o británico. Fernando Alonso, como se mencionou, abandonou na grella cun fallo na carga híbrida, mentres Jolyon Palmer e Romain Grosjean colisionaron na primeira volta, quedando ambos fóra da carreira. Daniel Ricciardo retirouse con problemas de freos mentres corría en 7º lugar. Felipe Massa marchaba no sexto lugar, cando sufríu unha picada lenta e tivo que ceder ao 9º, detrás dos Force India de Sergio Pérez e Esteban Ocon, así como o Renault de Nico Hülkenberg.[5]

Non houbo adiantamentos na pista logo da primeira volta nesta carreira, mostrando unha vez máis os problemas de adiantamento que xurdiron debido ao novo conxunto de regulamentos, en relación co aumento da downforce, especialmente nos circuítos de rúa..[Cómpre referencia]

O Red Bull de Max Verstappen terminou quinto, un minuto detrás de Bottas, unha vez máis mostrando as dificultades de Red Bull Racing para manterse ao nivel de Ferrari e Mercedes, agravadas pola retirada de Daniel Ricciardo que foi o seu terceiro fracaso mecánico en catro carreiras.[6]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Nº. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella Final
Q1 Q2 Q3
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:34.493 1:34.038 1:33.194 1
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:34.953 1:33.663 1:33.253 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:34.041 1:33.264 1:33.289 3
4 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:34.409 1:33.760 1:33.767 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:35.560 1:35.483 1:34.905 5
6 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 1:35.828 1:35.049 1:35.110 6
7 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:35.301 1:35.221 1:35.161 7
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:35.507 1:35.328 1:35.285 8
9 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:36.185 1:35.513 1:35.337 9
10 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:35.372 1:35.729 1:35.430 10
11 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1:35.827 1:35.948 14[7].
12 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Williams-Mercedes 1:36.279 1:35.964 11
13 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso 1:35.984 1:35.968 12
14 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:36.408 1:36.017 13
15 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:36.353 1:36.660 15
16 30 Flag of the United Kingdom.svg Jolyon Palmer Renault 1:36.462 16
17 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:37.070 20[8]
18 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:37.332 17
19 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:37.507 18
20 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:37.620 19
107% tempo límite: 1:40.623
Fonte:[9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 52 1:28:08.743 3 25
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 52 +0.617 1 18
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 52 +11.000 2 15
4 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 52 +36.230 4 12
5 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 52 +1:00.416 7 10
6 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 52 +1:26.788 9 8
7 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 52 +1:35.004 10 6
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 52 +1:36.188 8 4
9 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 51 +1 volta 6 2
10 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 51 +1 volta 14 1
11 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Williams-Mercedes 51 +1 volta 11
12 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso 51 +1 volta 12
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 51 +1 volta 13
14 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 51 +1 volta 20
15 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 51 +1 volta 18
16 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 50 +2 voltas 17
Ret 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 5 Freos 5
Ret 30 Flag of the United Kingdom.svg Jolyon Palmer Renault 0 Accidente 16
Ret 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 0 Accidente 19
NTS 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 0 Caixa de cambios [10]
fonte:[11]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 2016
Gran Premio de Rusia Carreira seguinte:
Gran Premio de Rusia de 2018

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "2017 Formula 1 VTB Russian Grand Prix". Formula One Administration. Arquivado dende o orixinal o 16 April 2017. Consultado o 16 April 2017. 
  2. "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 November 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 November 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  3. "2017 Russian Grand Prix – Entry List". Fédération Internationale de l'Automobile. 27 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. 
  4. "More misery for Fernando Alonso as engine problem ends Russian GP challenge". newsandstar.co.uk. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  5. "Race - Bottas takes nail-biting maiden win in Russia.". Formula1.com. Formula 1 World Championship Ltd. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  6. Caygill, Graham (30 de abril de 2017). "Vettel extends Formula One championship lead while Hamilton toils: Russian Grand Prix talking points". TheNational.ae. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  7. Carlos Sainz, recibíu unha penalización de tres postos na grella por causar un accidente evitable con Lance Stroll no Gran Premio de Bahrain de 2017
  8. Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de quince postos na grella por cambiar diversos compoñentes do motor.
  9. "2017 Formula 1 VTB Russian Grand Prix - qualifying". Formula1.com. Formula 1 World Championship Ltd. 29 de abril de 2017. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  10. O coche de Fernando Alonso fallou durante a primeira volta de formación. O seu lugar na grella quedou vacante.
  11. "2017 Formula 1 VTB Russian Grand Prix - Race Result". Formula1.com. Formula 1 World Championship Ltd. Consultado o 30 de abril de 2017. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]