La Voz del Tecla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz del Tecla
LocalidadeA Guarda
editar datos en Wikidata ]

La Voz del Tecla foi un semanario editado na Guarda entre 1911 e 1920.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario católico e independiente, apareceu o 30 de abril de 1911. De carácter conservador e católico, publicábase os domingos. O propietario e director era Vicente de Vicente Táboas; como redactores figuraban os sacerdotes José Alonso Obregón, José Vicente Álvarez, Juan Rey Iglesias e Martín Álvarez Álvarez e o farmacéutico Julián López García; como redactor gráfico Mariano Jiménez Hueto. Entre os seus colaboradores estaba Juan Domínguez Fontenla. Tiña entre outras as seccións "Del Distrito" e "Ecos del Tecla". Cesou a súa publicación por dificultades económicas co número 485, o 4 de setembro de 1920.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]