Laureano Salgado Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laureano Salgado Rodríguez
Laureano Salgado Rodríguez 1909.jpg
Nacemento5 de maio de 1847
Falecemento5 de maio de 1930
 Caldas de Reis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Laureano Salgado Rodríguez, nado o 5 de maio de 1847 e finado en Caldas de Reis o 5 de maio de 1930[1], foi un enxeñeiro e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou facendo fortuna como representante de axencias consignatarias especializadas no transporte de emigrantes a América dende Vigo e Vilagarcía de Arousa. Despois dedicouse á industria eléctrica como propietario da empresa La Hulla Blanca, creando as centrais hidroeléctricas de Almofrei (Cotobade), Pego Negro (Gondomar), Aranza (Soutomaior) e Ponte Inferno no río Verdugo. Promoveu os periódicos Fray Prudencio e El Mirlo Blanco. Tivo a idea da creación do popular monumento á Virxe da Rocha en Baiona, que comezou a construírse en 1910. Foi deputado provincial (1898) e alcalde de Caldas de Reis (1913).

Laureano Salgado, 1928.


Predecesor:
'
 Escudo Caldas de Reis.svg
Alcalde de Caldas de Reis
 
1913
Sucesor:
'

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 8-5-1930, p. 7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]