Saltar ao contido

Fernando Cortés Bugía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Cortés Bugía
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1874 Editar o valor en Wikidata
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1948 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, mestre, debuxante, pintor, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1931–)
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1916–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresRomán Navarro e Isidoro Brocos Editar o valor en Wikidata

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874[1] e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.[2]

Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario.[3] Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.

Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.

É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.

  1. Bugallal Marchesi, José Luis (1946-1950). "Fernando Cortés Bugía". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 144–145. ISSN 1576-8767. 
  2. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  3. "Fernando Cortés Bugía". Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]