Juan Antonio Samaranch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Antonio Samaranch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2010 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Presidente La Caixa
28 de maio de 1987 – 28 de xaneiro de 1999 (xubilación)
← Salvador Millet i Bel (en) TraducirJosé Vilarasau Salat (pt) Traducir →
Presidente do Comitê Olímpico Internacional (pt) Traducir
3 de agosto de 1980 – 16 de xullo de 2001
← Michael Morris (pt) TraducirJacques Rogge →
Spanish ambassador to the Soviet Union (en) Traducir
1977 – – Luis Guillermo Perinat y Elío (pt) Traducir →
Deputado provincial de Barcelona
17 de xullo de 1973 – 16 de xullo de 1977
Presidente da Deputación de Barcelona
17 de xullo de 1973 – 16 de xullo de 1977
← José María de Muller y de Abadal (en) TraducirJosep Tarradellas →
Procurador en Cortes
16 de xullo de 1973 – 30 de xuño de 1977
← José María de Muller y de Abadal (en) Traducir
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
4 de abril de 1967 – 15 de novembro de 1967
← José Antonio Elola-Olaso (en) Traducir
President of Spain's Olympic Comitee (en) Traducir
26 de decembro de 1966 – 9 de setembro de 1970
← José Antonio Elola-Olaso (en) TraducirJoan Gich Bech de Careda (en) Traducir →
Deputado provincial de Barcelona
1955 – 1967
Ambassador of Spain to Mongolia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra
German School of Barcelona (en) Traducir
IESE Business Schoo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , adestrador , xornalista , empresario , político , xogador de hóckey a patíns , sports official (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquisate of Samaranch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Teresa Salisachs (en) Traducir (1955–) Editar o valor em Wikidata
FillosJuan Antonio Samaranch Jr. (pt) Traducir, María Teresa Samaranch Editar o valor em Wikidata
PaisFrancesc Samaranch Castro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Joana Torelló Malvehy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1347360 Find a Grave: 51500671 Editar o valor em Wikidata

Juan Antonio Samaranch i Torrelló, nado en Barcelona o 17 de xullo de 1920 e finado o 21 de abril de 2010,[1] foi un empresario e político catalán e expresidente do Comité Olímpico Internacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia acomodada. Na mocidade practicou diversos deportes coma o boxeo, a hípica, a vela, o esquí, o golf e particularmente o hóckey a patíns, do que foi adestrador da selección española.

Estudou empresariais no Institut d'Estudis Superiors de l'Empresa e da Escola d'Alts Estudis Mercantils de Barcelona e logo perfeccionou os seus estudos en Inglaterra e os Estados Unidos. Afiliado á Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende moi novo, iniciou a súa carreira política no concello barcelonés co cargo de concelleiro de Deportes no ano 1955, cargo que ocupa ata 1962. Foi xornalista deportivo, presidente da Federación Española de Patinaxe e xefe da delegación española en varios Xogos Olímpicos. Entre 1955 e 1962 foi concelleiro de deportes no concello de Barcelona, e organizou nesa cidades os II Xogos do Mediterráneo. En 1964 pasou a ser procurador en Cortes, posto que mantivo ata 1977 e que simultaneou dende 1967 co de delegado nacional de Deportes e presidente do Comité Olímpico Español, e dende 1973 co de presidente da Deputación de Barcelona. Na transición fundou o partido Pacte de Concòrdia Catalana, que nunca chegou a presentarse a unhas eleccións, e en 1977 deixa o Congreso dos Deputados e marcha como embaixador de España na Unión Soviética e Mongolia.

Anteriormente, en 1974, fora nomeado vicepresidente do Comité Olímpico Internacional, posto que ocupou ata 1978. A embaixada na URSS proporcionoulle contactos e relacións nos países de Europa do Leste, necesarios para chegar en 1980 ao posto de presidente do COI.

Presidencia do COI[editar | editar a fonte]

Samaranch e Jean-Pascal Delamuraz (c. 1982-1984)

Entre os seus logros está o de rematar cos boicots políticos aos xogos tras os Xogos Olímpicos de 1984, a asunción do profesionalismo, a reestruturación do COI e sanear a economía do COI, grazas aos contratos da televisión e o sistema de patrocinio olímpico. Durante o seu mandato tamén se inaugurou o Museo Olímpico de Lausana.Pero tamén recibiu críticas de atletas, políticos e sobre todo do xornalista británico Andrew Jennings pola súa colaboración co réxime de Franco, acusándoo de autocrático e intolerante coas críticas.

Así mesmo, durante o seu mandato o movemento olímpico asumiu plenamente o profesionalismo dentro do deporte, e permitiuse a participación de atletas profesionais en distintas especialidades, como xogadores de baloncesto. Aumentou grandemente o número de países e deportistas participantes, e comezou o combate contra a dopaxe e contra a corrupción dentro do COI, destapada logo da crise desencadeada coa elección de Salt Lake City como sede dos Xogos de inverno de 2002. Renunciou ao cargo en 2001, logo de ocupalo por vinte e un anos, só superado en duración polo barón Pierre de Coubertin, e foi nomeado presidente de honra do COI.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muere Juan Antonio Samaranch a los 89 años Arquivado 29 de abril de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com o 21/04/2010 (en castelán).


Predecesor:
Lord Killanin
 Presidente do COI 
1980 - 2001
Sucesor:
Jacques Rogge
Predecesor:
José Antonio Elola-Olaso
 Presidente do COE 
1967 - 1970
Sucesor:
Juan Gich Bech de Careda