Teresa Perales
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Teresa Perales Fernández 29 de decembro de 1975 (48 anos) Zaragoza, España |
Deputada nas Cortes de Aragón | |
Datos persoais | |
Residencia | Zaragoza |
Educación | Universidade de Zaragoza - Fisioterapia |
Actividade | |
Ocupación | nadadora, política |
Deporte | natación |
Disciplina deportiva | S5 (en) |
Participou en | |
setembro de 2016 | Xogos Paralímpicos de 2016 |
2012 | Xogos Paralímpicos de Londres 2012 |
setembro de 2008 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) |
setembro de 2004 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) |
outubro de 2000 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) |
Premios | |
Páxina web | teresaperales.es |
María Teresa Perales Fernández, nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, é unha nadadora paralímpica española, ademais de expolítica e escritora.[1] É a deportista paralímpica española máis condecorada da historia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, aos 19 anos perdeu a mobilidade dende a cintura até os pés por mor dunha neuropatía. O derradeiro día que andou sen muletas foi para celebrar que o Real Zaragoza gañara a Recopa de Europa en maio de 1995.[2] Logo duns meses moi duros, asimilou que perdera a capacidade de camiñar e adaptouse á súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e despois dun ano comezou a competir.[3][4]
Contraeu matrimonio co xornalista español Mariano Menor o 8 de xaneiro de 2005 na Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza.[5] En 2010, converteuse en nai logo de nacer o seu fillo Mariano.[6]
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Gañou 27 medallas nos Xogos Paralímpicos entre os anos 2000 e 2021. Conseguiu 22 medallas no Campionato Mundial de Natación Adaptada entre os anos 1998 e 2019. O 29 de agosto de 2012, foi a abandeirada da delegación española na cerimonia de inauguración dos Xogos Paralímpicos celebrados na cidade de Londres.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teresa Perales". Comité Paralímpico Internacional. Consultado o 7 de maio de 2018 (en inglés).
- ↑ MUJER HOY - MARÍA JOSÉ BARRERO (22 de decembro de 2012). "IV Edición Premios Mujer hoy. Teresa Perales: "No cambiaría por nada en el mundo mi vida de ahora"". Mujer Hoy.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2013.
- ↑ «Entrevista a Teresa Perales». Portal de las Comarcas de Aragón. Consultado o 6 de maio de 2018 (en castelán).
- ↑ "Teresa Perales: "La silla no es lo que me cambió la vida"". El Periódico de Aragón.com. 1 de novembro de 2012. Consultado o 1 de novembro de 2012.
- ↑ "La mejor medalla de Teresa". El Periódico de Aragón.com (en castelán). 9 de xaneiro de 2005. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "La coleccionista de medallas". Marca.com (en castelán). 10 de setembro de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2012.
- ↑ "Teresa Perales será la abanderada española en los Paralímpicos de Londres 2012" (en castelán). Espiritu Deportivo. 21 de agosto de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2012.
- Nados en 1975
- Nados en Zaragoza
- Medallistas paralímpicos de Galicia
- Medallistas paralímpicos de ouro por España
- Medallistas paralímpicos de prata por España
- Medallistas paralímpicos de bronce por España
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016
- Medallistas paralímpicos en natación
- Nadadores de Galicia
- Premios Princesa de Asturias dos Deportes