Selección de baloncesto de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
España

Flag of Spain.svg

Ranking 2 Straight Line Steady.svg
Afiliación 1934
Zona FIBA FIBA Europa
Federación FEB
Xogos Olímpicos
Aparicións 11
Medallas Silver medal.svg 1984, 2008, 2012
Bronze medal.svg 2016
Copa do Mundo da FIBA
Aparicións 11
Medallas Gold medal with cup.svg 2006
Eurobasket
Aparicións 31
Medallas Gold medal europe.svg 2009, 2011, 2015
Silver medal europe.svg 1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007
Bronze medal europe.svg 1991, 2001, 2013
Uniforme
Kit body redsides.png
Claro jersey
Kit shorts redsides.png
Team colours
Claro
Kit body yellowsides.png
Escuro jersey
Kit shorts yellowsides.png
Team colours
Escuro

A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.

A Selección española está considerada, no ano 2006, a terceira mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só están as seleccións de Estados Unidos e Arxentina.

A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da Guerra Civil española días antes do inicio dos Xogos.

A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.

O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.

A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006.

O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.

Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.

A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Masculina[editar | editar a fonte]

Os seguintes xogadores disputaron o torneo masculino de baloncesto dos Xogos Olímpicos de 2016.

Selección española de baloncesto - Xogos Olímpicos de 2016
Xogadores
Pos. # Nome Altura Peso Club
P 4 Gasol, Pau 2.13 m (7 ft 0 in) 113 kg (250 lb) Chicago Bulls
A 5 Fernández, Rudy 1.98 m (6 ft 6 in) 84 kg (185 lb) Real Madrid
B 6 Rodríguez, Sergio 1.91 m (6 ft 3 in) 79 kg (175 lb) Real Madrid
E 7 Navarro, Juan Carlos 1.93 m (6 ft 4 in) 91 kg (200 lb) FC Barcelona
B 8 Calderón, José Manuel 1.91 m (6 ft 3 in) 91 kg (200 lb) New York Knicks
AP 9 Reyes, Felipe 2.06 m (6 ft 9 in) 118 kg (260 lb) Real Madrid
AP 10 Claver, Víctor 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (224 lb) Lokomotiv Kuban
P 14 Hernangómez, Willy 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Real Madrid
A 21 Abrines, Álex 1.98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) FC Barcelona
E 23 Llull, Sergio 1.93 m (6 ft 4 in) 95 kg (210 lb) Real Madrid
AP 44 Mirotić, Nikola 2.08 m (6 ft 10 in) 108 kg (238 lb) Chicago Bulls
E 79 Rubio, Ricky 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Minnesota Timberwolves

Feminina[editar | editar a fonte]

  • Seleccionador: Jose Ignacio Hernández.
  • Bases: Silvia Domínguez, Alba Torrens.
  • Escoltas: Laia Palau, Elisa Aguilar, Marta Xargay.
  • Aleiros: Cindy Lima, Amaya Valdemoro, Anna Cruz.
  • Ala-Pivotes: Anna Montañana, Sancho Lyttle.
  • Pivotes: Laura Nicholls, Lucila Pascua.

Palmarés[editar | editar a fonte]

A selección española gañadora do Mundial 2006.

Copa do Mundo da FIBA[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

  • 1 medalla de ouro: 2006

Sección Feminina

  • 1 medalla de bronce: 2010

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

Preolímpico europeo de baloncesto[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

Eurobasket[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

Sección Feminina

Xogos Mediterráneos[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

  • 1 medalla de ouro: 1955.
  • 1 medalla de prata: 1987.
  • 1 medalla de bronce: 2005.

Sección Feminina

  • 1 medalla de bronce: 2005.

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Por partidos xogados[editar | editar a fonte]

Xogadores que disputaron máis de 100 partidos coa Selección:

           

Adestradores históricos[editar | editar a fonte]

Partidos históricos[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

Sección Feminina

Historial[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

   

Sección Feminina

   

Campionatos do Mundo[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

           

Sección Feminina

       

Eurobasket[editar | editar a fonte]

Sección Masculina

  • 1935: Medalla de Prata.
  • 1937: Non clasificada.
  • 1939: Non clasificada.
  • 1946: Non clasificada.
  • 1947: Non clasificada.
  • 1949: Non clasificada.
  • 1951: Non clasificada.
  • 1953: Non clasificada.
               

Sección Feminina

  • 1938: Non clasificada.
  • 1950: Non clasificada.
  • 1952: Non clasificada.
  • 1954: Non clasificada.
  • 1956: Non clasificada.
  • 1958: Non clasificada.
  • 1960: Non clasificada.
  • 1962: Non clasificada.
   
  • 1964: Non clasificada.
  • 1966: Non clasificada.
  • 1968: Non clasificada.
  • 1970: Non clasificada.
  • 1972: Non clasificada.
  • 1974: Duodécima.
  • 1976: Décima.
  • 1978: Undécima.
   
  • 1980: Non clasificada.
  • 1981: Non clasificada.
  • 1983: Undécima.
  • 1985: Décima.
  • 1987: Sexta.
  • 1989: Non clasificada.
  • 1991: Non clasificada.
  • 1993: Medalla de Ouro.
   
  • 1995: Non clasificada.
  • 1997: Quinta.
  • 1999: Nonn clasificada.
  • 2001: Medalla de Bronce.
  • 2003: Medalla de Bronce.
  • 2005: Medalla de Bronce.
  • 2007: Clasificada.

Preolímpico europeo de baloncesto[editar | editar a fonte]

  • 1964: sexta.
  • 1968: Non clasificada.
  • 1972: Medalla de Bronce.
  • 1976: Non clasificada.
   
  • 1980: Medalla de Bronce.
  • 1984: Medalla de Prata.
  • 1988: Medalla de Bronce.
  • 1992: Non participou (país anfitrión dos XX.OO.)

Récords da Selección[editar | editar a fonte]

  • Xogador con:
  • Seleccionador que:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]