Saltar ao contido

Alberto Contador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Contador

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Contador Velasco Editar o valor en Wikidata
6 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscalador e carreira por etapas Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2002-2002 ONCE
2003-2003 ONCE
2004-2006 ONCE
2007-2007 Discovery Channel
2008-2010 Astana
2011-2016 Tinkoff-Saxo
2017-2017 Trek-Segafredo
Participou en
1 de xullo de 2017Tour de France de 2017 (pt) Traducir ../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Javier Contador Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webalbertocontador.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3059502 Facebook: contador Twitter: albertocontador Instagram: acontadoroficial BNE: XX5497706 Editar o valor en Wikidata

Alberto Contador Velasco, nado en Pinto, Madrid, o 6 de decembro de 1982, é un exciclista español, especialista en tiradas de montaña, e comentarista deportivo.[1]

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Alberto Contador debutou como profesional en 2003 co equipo ONCE-Eroski, que nese ano cambiaría de patrocinador e pasaría a chamarse Liberty Seguros.[2] En 2005 aparécelle un coágulo de sangue no cerebro debido a unha grave caída na primeira tirada da Volta a Asturies,[3] do que tivo que ser operado. O coágulo produciuse por un cavernoma, unha malformación xenética dunha arteria.[4]

Meses despois, o seu nome aparecía implicado a canda o doutros coñecidos ciclistas (Jan Ullrich, Ivan Basso, Óscar Sevilla, Francisco Mancebo) na Operación Puerto dirixida a detectar casos de dopaxe no ciclismo.[5] Naquela altura, a dopaxe no deporte non era un delito en España e a investigación da Garda Civil centrouse no posíbel delito contra a saúde pública cometido polos responsábeis da rede. Contador, como os outros 57 ciclistas identificados como clientes da rede, non foi acusado nin investigado,[6] pero o seu equipo non puido participar no Tour de 2006.[7]

En 2007 fichou polo estadounidense Discovery Channel,[8] co que se proclamou vencedor do Tour de Francia,[9] logo da retirada do anterior líder Michael Rasmussen, apartado polo seu equipo por faltar á disciplina de equipo e sospeitas de dopaxe.[10] Nesa edición Contador gañara ademais unha das tiradas pirenaicas, e soubo despois resistir a vantaxe na contra o reloxo da antepenúltima tirada. Incluso despois de vencer no Tour, excluíuselle doutra proba ciclista en Alemaña, o Gran Premio de Hamburgo, por estar relacionado coa Operación Puerto.[11]

Debido á súa fichaxe polo equipo kazako Astana non puido participar no Tour de 2008, xa que este equipo fora vetado pola organización despois do positivo de Aleksandr Vinokourov o ano anterior.[12]

Tamén en 2008 recibiu a Real Orde do Mérito Deportivo española.[13]

Nese mesmo ano gañou o Giro de Italia[14] e a Volta a España,[15] ademais de participar nos Xogos Olímpicos de Pekín[16] e no Mundial de Varese.[17]

A seguinte tempada comezou con vitorias na Volta ao Algarve[18] e na Euskal Herriko Itzulia[19] e rematou gañando o seu segundo Tour[20] por diante de Andy Schleck e Lance Armstrong, 3º posto que lle sería retirado ao estadounidense en 2012 pola UCI xunto a todos os seus títulos dende 1998 despois dunha investigación da Axencia Antidopaxe de Estados Unidos (USADA) que revelou anos de dopaxe continuada e reiterada.[21] Este posto quedou para o británico Bradley Wiggins.[22]

O ano 2010 tamén estivo cheo de vitorias, entre a que sobresae o que sería o seu 3º Tour de Francia,[23] título que lle sería posteriormente retirado en 2012 despois do coñecido como Caso Contador, no que a Federación Española de Ciclismo e o Tribunal de Arbitraxe Superior (TAS, polas súas siglas en francés) investigaron un positivo por dopaxe do ciclista. Xunto a ese título tamén se lle retiraron o seu 2º Giro, que gañou en 2011, e outras vitorias en probas menores e etapas, ademais de unha multa de 2 485 000 € imposta pola UCI, para a que finalmente chegou a un "acordo amigábel" para o seu pago.[24][25]

Despois de cumprir a sanción de dous anos sen participar en probas oficiais (do 25 de xaneiro de 2011 ao 6 de agosto de 2012)[26] volveu á competición nas filas do equipo ruso Team Saxo Bank-Tinkoff Bank,[27] co que gañaría a súa 2ª Volta a España.[28] E, en setembro do mesmo ano gañaría a súa primeira Clásica, a Milán - Turín.[29]

O 2013 foi un ano irregular, no que quedou cuarto no Tour.[30] No seguinte ano, a lesión no Tour, unha fisura da superficie superior da tibia por unha caída,[31] non impediu a súa participación na que foi a súa 3ª vitoria na Volta.[32]

2015 foi o ano do seu 2º Giro,[33] igualando así a Miguel Induráin en roldas italianas e grandes voltas gañadas. No Tour quedou no 5º posto.[34] Ao finalizar a proba francesa anuncio a súa retirada para o remate da tempada.[35] Tiña 33 anos e o seu equipo, o Tinkoff, ía desaparecer.[36] Pero non foi así, Contador seguiu correndo no máximo nivel ata o 10 de setembro de 2017, data na que rematou 5º na Volta a España,[37] despois de vencer o día anterior na etapa que finalizaba no pico asturiano de L'Angliru.[38]

Carreira 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Giro de Italia - - - - - Desc. - - - -
Tour de Francia 31º - - Desc. Desc. - Ab. Ab.
Vuelta a España - - - - - - - - -
Mundial Contra o reloxo - - - Ab. - - - - - - -

A sentenza do Caso Contador suspendeu a Alberto Contador durante 2 anos por dar positivo nun control antidopaxe durante o Tour de Francia 2010. Por isto foi descualificado da táboa clasificatoria definitiva no Tour 2010, no Tour 2011 e no Giro 2011. Tamén se lle prohibiu participar no Giro 2012 e no Tour 2012. Reapareceu na Vuelta 2012.[24][26]

Outras vitorias

[editar | editar a fonte]

Notas

  1. "Alberto Contador ficha por Eurosport como nuevo comentarista de ciclismo". Eurosport (en español). Consultado o 1 de outubro de 2025. 
  2. "La empresa aseguradora Liberty sustituye a la ONCE". El País (en español). 29 de outubro de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2025. 
  3. Frade, Heri (13 de maio de 2004). "Contador sufrió un dramático accidente". As (en español). Consultado o 2 de outubro de 2025. 
  4. "La operación de Alberto Contador" (PDF). El Mundo. Consultado o 2 de outubro de 2025. 
  5. Pozas, Alberto (27 de xaneiro de 2013). "Comienza el juicio por la 'Operación Puerto'". Cadena SER (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  6. Pozas, A.; Ortiz, B. (27 de xaneiro de 2013). "¿Quién es quién es la 'Operación Puerto'?". Cadena SER (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  7. Arribas, Carlos (1 de xullo de 2006). "El Tour hace limpieza". El País (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  8. Arribas, Carlos (15 de xaneiro de 2007). "Contador ficha por el Discovery". El País (en español). Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  9. "Contador gana el turbio tour del 07" (vídeo). RTVE (en español). 19 de xuño de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  10. "Rasmussen, excluido del Tour por su equipo". El Mundo (en español). 25 de xullo de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  11. "Contador 'not wanted' in Hamburg" [Contador 'non desexado' en Hamburgo]. BBC Sport (en inglés). 8 de agosto de 2007. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  12. López-Egea, Sergi (14 de febreiro de 2008). "El Tour excluye al Astana por el dopaje de Vinokurov e impide a Contador defender el título". El periódico (en español). Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  13. "Orden ESD/1425/2008, de 16 de mayo, por la que se aprueba el ingreso en la Real Orden del Mérito Deportivo, en la categoría de Medalla de Oro, a las personas que se indican". Boletín Oficial del Estado (en español). 26 de maio de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  14. Á. Carpio, José (1 de xuño de 2008). "Contador gana su primer Giro". RTVE (en español). Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  15. de la Cruz, Juanfran (13 de setembro de 2008). "Alberto Contador rompe la Vuelta a España 2008 en las rampas del Angliru". 20 minutos (en español). Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  16. Bernaola, Enrique (14 de agosto de 2008). "Contador roza el bronce en Pekín". Marca (en español). Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  17. "España, a por la "guinda" de oro". RTVE (en español). 27 de setembro de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  18. "Contador vence no Algarve a pensar no Tour". Diário de Notícias (en portugués). 23 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  19. "Contador, campeón de la Vuelta al País Vasco". Cadena SER (en español). 11 de abril de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  20. "Contador se impuso en el Tour de Francia". BBC News Mundo (en español). 26 de xullo de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  21. "Lance Armstrong stripped of all seven Tour de France wins by UCI". BBC (en inglés). 22 de outubro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2025. 
  22. "Bradley Wiggins 2009 Tour de France result upgraded" [Actualizado o resultado de Bradley Wiggins no Tour de 2009]. BBC Sport (en inglés). 29 de outubro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  23. Pizarro, Carlos (26 de xullo de 2010). "Alberto Contador, gran triunfador del Tour de Francia 2010". RFI (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  24. 24,0 24,1 "Alberto Contador, sancionado con dos años por dopaje por el Tribunal de Arbitraje Deportivo". RTVE (en español). 6 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  25. "Contador y la UCI llegan a un "acuerdo amistoso" para el pago de la multa por dopaje". 20 minutos (en español). 14 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  26. 26,0 26,1 "Vuelve 'El Pistolero', vuelve Alberto Contador". Es Ciclismo (en español). 3 de agosto de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  27. Sánchez, Javier (2 de decembro de 2013). "Tinkoff, el nuevo 'dueño' de Contador". El Mundo (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  28. "Alberto Contador gana la Vuelta a España 2012". La Vanguardia (en español). 9 de setembro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  29. "Contador takes Milano-Torino race for 'unexpected' win" [Contador gaña a Milán-Turín de forma "inesperada"]. USA Today (en inglés). 26 de setembro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  30. Octavio Senar, Adrián (2 de xullo de 2014). "Tour de Francia 2013: Chris Froome, por encima del resto". Vavel (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  31. "Contador abandona el Tour por culpa de una caída y se rompe la tibia". RTVE (en español). 14 de xullo de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  32. "Ciclismo: el español Alberto Contador gana la Vuelta a España". BBC Mundo (en español). 14 de setembro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  33. Serrano, Antonio (31 de maio de 2015). "Contador conquista la 'maglia' rosa y ya piensa en amarillo". RTVE (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  34. "Contador: "He hecho un Tour digno, pero no estoy contento"". Marca (en español). 25 de xullo de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  35. Espinosa, Rodolfo (16 de setembro de 2015). "Contador: "Sólo seguiría en 2017 si tuviera un percance"". Marca (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  36. Farrand, Stephen (12 de decembro de 2015). "Exclusive: Tinkov to leave cycling after 2016 season" [Exclusiva: Tinkov deixará o ciclismo despois da tempada 2016]. Cyclingnews (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  37. Bernaola, Enrique (9 de setembro de 2017). "Contador, un final de leyenda". Marca (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 
  38. Gutiérrez, Juan (9 de setembro de 2017). "El final soñado: Contador gana en el Angliru en su despedida". As (en español). Consultado o 20 de outubro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]