Saltar ao contido

Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais
Premio Princesa de Asturias Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales (es) dende 2014 
Premio Príncipe e Asturias de Ciencias Sociales (es) dende 1981 ata 2014 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Fundación / creación
1981 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Wikidata

O Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais (até 2014, denominouse Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales) é concedido, desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación nos campos da Antropoloxía, Dereito, Economía, Xeografía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía[1] e demais Ciencias Sociais represente unha contribución relevante ó desenvolvemento das mesmas en beneficio da Humanidade.

Dende o a denominación estaba en masculino, príncipe de Asturias, mais, en outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias» por mor da proclamación de Filipe de Borbón como rei, Filipe VI, polo que a súa herdeira, a infanta Lionor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias, e tódolos premios pasaron a empregar a forma feminina.[2][3][4]

Lista de galardoados

[editar | editar a fonte]
Ano Imaxe Persoa ou institución galardoada Nacionalidade Actividade Motivo
1981 Román Perpiñá Grau [5] España España Economista "... polas súas achegas sobre o funcionamento da economía española, a análise estrutural, a dimensión espacial da estrutura social e económica de España e América Latina, e polo seu amplo traballo universitario."[6]
1982 Antonio Domínguez Ortiz [7] España España Historiador "... por considerar que deste xeito se premia unha vida e un saber dedicado á investigación científica da Historia e ao seu ensino, co que fixo contribucións esenciais ao coñecemento e identificación de España no seu pasado, especialmente durante os séculos XVI, XVII e XVIII."[8]
1983
Julio Caro Baroja España España Historiador, antopólogo, lingüista e ensaísta En recoñecemento a un constante e rigoroso traballo de investigación dedicado á Antropoloxía Social e Cultural dos pobos de España e de determinados colectivos sociais.[9]
1984 Eduardo García de Enterría [10] España España Xurista "...considerándoo un recoñecido profesor e xurista en España e no estranxeiro que, a partir dun amplo coñecemento do ordenamento xurídico continental e anglosaxón, realizou un importante labor investigador e docente, reflectido en publicacións moi valiosas e asumido como metodoloxía orientadora por unha escola de discípulos e adeptos, cunha marcada influencia na renovación científica do Dereito Administrativo e no enfoque doutros sectores do Dereito Público, sendo quen de compatibilizar, para iso, o rigor das formalizacións teóricas coa dimensión práctica dos problemas."[11]
1985 Ramón Carande y Thovar [12] España España Historiador e economista
1986 José Luis Pinillos [13] España España Psicólogo
1987 Juan José Linz [14] España España Politicólogo
1988
Luis Díez del Corral [15] España España Xurista e politicólogo
Luis Sánchez Agesta España España Xurista, político e historiador
1989 Enrique Fuentes Quintana [16] España España Economista "...profesor de varias xeracións de economistas nun destacado labor universitario, creador dunha fructífera escola da Facenda Pública española e impulsor do pensamento económico español, teórico e aplicado, a través das publicacións que dirixiu e da súa activa dedicación aos problemas da nosa Economía."[17]
1990 Rodrigo Uría González [18] España España Xurista
1991 Miguel Artola Gallego [19] España España Historiador
1992 Juan Velarde Fuertes [20] España España Economista
1993
Silvio Zavala [21] México Historiador e diplomático
1994 Aurelio Menéndez [22] España España Xurista
1995 Joaquim Veríssimo Serrão e [23] Portugal Portugal Historiador
Miquel Batllori i Munné España España Historiador e sacerdote
1996 J. H. Elliott [24] Reino Unido Reino Unido Historiador
1997
Martín de Riquer Morera [25] España España Filólogo e escritor
1998
Pierre Werner Luxemburgo Luxemburgo Político
Jacques Santer [26] Luxemburgo Luxemburgo Político
1999 Raymond Carr [27] Reino Unido Reino Unido Historiador
2000
Carlo Maria Martini [28] Italia Italia Cardeal
2001 Juan Iglesias Santos [29] e España España Xurista
El Colegio de México México Institución de educación superior e investigación

en ciencias sociais e humanidades

2002
Anthony Giddens [30] Reino Unido Reino Unido Sociólogo
2003
Jürgen Habermas [31] Alemaña Alemaña Filósofo e sociólogo
2004
Paul Krugman [32] Estados Unidos de América Estados Unidos Economista
2005
Giovanni Sartori [33] Italia Italia Politicólogo
2006
Mary Robinson [34] Irlanda Irlanda Política e avogada
2007
Ralf Dahrendorf. Alemaña Alemaña Sociólogo, filósofo, politicólogo e político
2008
Tzvetan Todorov. Francia
Bulgaria Bulgaria
Lingüista, filósofo, historiador, crítico e teórico literario
2009 David Attenborough Reino Unido Reino Unido Naturalista
2010
Equipo arqueolóxico dos Guerreiros de Xian. China Arqueoloxía
2011
Howard Gardner Estados Unidos de América Estados Unidos Psicólogo
2012
Martha Nussbaum Estados Unidos de América Estados Unidos Filósofa
2013
Saskia Sassen Países Baixos Países Baixos Socióloga
2014
Joseph Pérez Francia Historiador e hispanista
2015
Esther Duflo Francia Economista
2016
Mary Beard Reino Unido Reino Unido Historiadora
2017
Karen Armstrong Reino Unido Reino Unido Escritora
2018
Michael Sandel Estados Unidos de América Estados Unidos Filósofo
2019 Alejandro Portes[35][36] Cuba
Estados Unidos de América Estados Unidos
Sociólogo "O profesor Portes fixo contribucións fundamentais ao estudo da migración internacional, un dos maiores desafíos aos que se enfrontan as sociedades contemporáneas. A través de conceptos innovadores como os enclaves étnicos e a integración segmentada, clarificou as condicións baixo as que os fluxos migratorios poden ser beneficiosos tanto para os inmigrantes como para os países de acollida. Ademais das súas contribucións á comprensión das minorías nos Estados Unidos, realizou unha extensa investigación en América Latina e España, onde asesorou e colaborou con varias xeracións de investigadores. O xurado tamén quere destacar as súas contribucións ao campo da socioloxía económica e á análise da economía informal."[35]
2020
Dani Rodrik[37][38] Turquía Turquía Economista "O profesor Rodrik reforzou o rigor na análise das dinámicas de globalización das relacións económicas internacionais, achegando conclusións que contribúen a mellorar o funcionamento do sistema económico e facelo moito máis sensible ás necesidades da sociedade. (...)

O traballo de Rodrik levou a análise económica e a economía política a un territorio máis próximo á realidade. Contribuíu non só á expansión do coñecemento da economía internacional senón tamén a facelo compatible coa paz, así como coa redución da pobreza e a desigualdade".[39]

2021
Amartya Sen[40] India India Economista "Desde unha perspectiva cosmopolita e interdisciplinar, as múltiples investigacións de Sen inclúen contribucións a teorías de elección e desenvolvemento público, economía do benestar e outras destinadas a descubrir as raíces da pobreza e a fame. O seu achegamento ás capacidades das persoas estendeuse ao conxunto das ciencias sociais. Toda a súa carreira intelectual contribuíu dun xeito profundo e eficaz a promover a xustiza, a liberdade e a democracia.

O seu continuado e excelente traballo tivo unha influencia decisiva nos plans e políticas de desenvolvemento das institucións mundiais máis relevantes. Ademais, fundou unha escola universal comprometida coa defensa dos dereitos humanos, o que fixo do profesor Sen unha figura clave do pensamento actual e un profesor de profesores".[41]

2022
Eduardo Matos Moctezuma[42] México Arqueólogo "O xurado quere recoñecer o extraordinario rigor intelectual do gañador para reconstruír as civilizacións de México e Mesoamérica, e conseguir que dito patrimonio se incorpore de forma obxectiva e libre de todo mito. Os seus traballos en Tula, Teotihuacán e, especialmente, no Templo Mayor de Tenochtitlán constitúen, pola intensidade e continuidade da investigación de campo, páxinas exemplares do desenvolvemento científico da arqueoloxía e un fecundo diálogo co pasado, entre as distintas culturas e entre as ciencias sociais e humanas".[43]
2023
Hélêne Carrére d'Encause[44] Francia Historiadora "A obra de Hélène Carrère d'Encausse –que inclúe monografías de investigación, biografías e grandes ensaios sobre interpretación histórica– constitúe probablemente a contribución máis substantiva que se fixo nas últimas décadas ao coñecemento da Unión Soviética e de Rusia, unha das esenciais para a comprensión da historia. o mundo contemporáneo. En coherencia coa súa especialización historiográfica, e como europarlamentaria, ocupouse preferentemente das relacións entre a Unión Europea e Rusia. Tamén é membro electo da Academia Francesa, da que desde 1999 é a primeira muller que ocupa o cargo de secretaria perpetua."[45]
2024
Michael Ignatieff[46] Canadá Filósofo "A súa intensa e polifacética vida profesional, que abrangue desde o estudo da historia e a filosofía ata a práctica do xornalismo e a política, caracterízase pola súa aplicación da reflexión crítica aos principais conflitos políticos do noso tempo. Na súa obra, a análise de problemas políticos específicos realízase sempre desde a perspectiva das esixencias normativas inherentes aos sistemas democráticos. O resultado é unha mestura orixinal de realismo político, humanismo e idealismo liberal, onde os valores da liberdade, os dereitos humanos, a tolerancia e a salvagarda das institucións son as súas preocupacións fundamentais."[47]
2025
Douglas Massey[48] Estados Unidos de América Estados Unidos Sociólogo "Cun amplo impacto nas ciencias sociais no seu conxunto, Massey construíu un modelo teórico do máis esixente rigor académico, que nos permite interpretar as sociedades contemporáneas -nas que as migracións se converteron nun factor estrutural- cunha perspectiva serena, racional e empática."[49]
2026
Timothy Garton Ash[50][51] Reino Unido Reino Unido Historiador A súa mestura de erudición e testemuño persoal sobre momentos cruciais da historia europea recente convérteo nun pensador excepcional e inspirador. As súas publicacións e aparicións públicas combinan o rigor cunha defensa apaixonada e lúcida dos valores democráticos e alertan contra os perigos que ameazan a democracia liberal, como o autoritarismo e o populismo.

O compromiso do profesor Garton Ash coa liberdade e a súa defensa da unidade e a forza do proxecto europeo convérteno nun autor esencial do noso tempo. O seu é un pensamento emancipador que ofrece claves indispensables para interpretar o presente e argumentos para afrontar o futuro con esperanza.[52]

Galardoados por país

[editar | editar a fonte]
País Número de galardoados
España España 17
Reino Unido Reino Unido 7
Estados Unidos de América Estados Unidos 7
Francia 4
México 3
Alemaña Alemaña 2
Italia Italia 2
Luxemburgo Luxemburgo 2
Bulgaria Bulgaria 1
China 1
Cuba 1
India India 1
Irlanda Irlanda 1
Países Baixos Países Baixos 1
Portugal Portugal 1
Turquía Turquía 1
Canadá 1
  1. "Reglamento 2023. Artículo 1. Categorías". fpa.es (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2023.
  2. "S.A.R. LA PRINCESA DE ASTURIAS". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
  3. "Fundación Príncipe de Asturias". fundacionprincipedeasturias.org (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2021.
  4. "La fundación. Origen y fines" (PDF). fpa.es (en castelán). 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xullo de 2023.
  5. "Román Perpiñá Grau - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  6. "ROMÁN PERPIÑÁ GRAU. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1981". fpa.es (en castelán). 2022. Consultado o 13 de marzo de 2022.
  7. "Antonio Domínguez Ortiz - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  8. "ANTONIO DOMÍNGUEZ ORTIZ. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1982". fpa.es (en castelán). 30 de abril de 1982. Consultado o 5 de xullo de 2023.
  9. "JULIO CARO BAROJA. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1983". fpa.es (en castelán). 2022. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2022.
  10. "Eduardo García de Enterría - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  11. "EDUARDO GARCÍA DE ENTERRÍA. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1984". fpa.es (en castelán). 22 de xuño de 1984. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xullo de 2023.
  12. "Ramón Carande Thovar - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  13. "José Luis Pinillos Díaz - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-26.
  14. "Juan José Linz - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  15. "Luis Díez del Corral y Luis Sánchez Agesta - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  16. "Enrique Fuentes Quintana - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2019. Consultado o 2023-01-26.
  17. "Acta del jurado. ENRIQUE FUENTES QUINTANA. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1989". fpa.es (en castelán). 5 de maio de 1989. Consultado o 16 de xaneiro de 2025.
  18. "Rodrigo Uría González - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
  19. "Miguel Artola Gallego - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-26.
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2004. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  21. "Silvio Zavala - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-24.
  22. "Aurelio Menéndez Menéndez - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-24.
  23. "Joaquim Veríssimo y Miquel Batllori i Munné - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2023-01-24.
  24. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2004. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  25. "Martín de Riquer Morera - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-24.
  26. "Pierre Werner y Jacques Santer - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2023. Consultado o 2023-01-24.
  27. "Raymond Carr - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2023. Consultado o 2023-01-24.
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2004. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  29. "El Colegio de México y Juan Iglesias Santos - Premiados - Premios Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2025.
  30. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2004. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  31. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2006. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  32. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2006. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  33. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2006. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  34. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2006. Consultado o 13 de xullo de 2007.
  35. 1 2 Acta do xurado (29 de maio de 2019). "Alejandro Portes. Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2019". fpa.es (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2026.
  36. Axencias; Roca, Ana Teresa (29 de maio de 2019). "El experto en migraciones Alejandro Portes, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales". elpais.com (en valón). Consultado o 11 de xuño de 2026.
  37. Barragán, Dani (11 de xuño de 2020). "El economista que nos dijo las verdades sobre la globalización que no quisimos escuchar". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2023.
  38. "El economista turco Dani Rodrik, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2020". elcomercio.es (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2026.
  39. "Acta del jurado. DANI RODRIK. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 2020". fpa.es (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 2 de xullo de 2021.
  40. Redacción (26 de maio de 2021). "El economista indio Amartya Sen, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2021". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2021.
  41. "Acta del jurado. AMARTYA SEN. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 2021". fpa.es (en castelán). 26 de maio de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021.
  42. Redacción (18 de maio de 2022). "Eduardo Matos Moctezuma, el arqueólogo mexicano de Tenochtitlan, es reconocido con el Premio Princesa de Asturias". bbc.com (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2023.
  43. Acta del Jurado (18 de maio de 2022). "EDUARDO MATOS MOCTEZUMA. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 2022". fpa.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
  44. Villaécija, Raquel (10 de maio de 2023). "Hélène Carrère d'Encausse, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales". elmundo.es/ (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2023.
  45. Acta del Jurado (10 de maio de 2023). "HÉLÈNE CARRÈRE D'ENCAUSSE. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 2023". fpa.es (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2023.
  46. Amat, Jordi; Morales, Manuel (15 de maio de 2024). "El filósofo Michael Ignatieff, premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2024: “El riesgo de la democracia son las personas que se sitúan al margen de lo constitucional”". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2025.
  47. Acta del Jurado (15 de maio de 2024). "Michael Ignatieff. Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2024". fpa.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2025.
  48. Redacción (21 de maio de 2025). "El demógrafo Douglas Massey, premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2025.
  49. Acta del Jurado (21 de maio de 2025). "Douglas Massey. Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2025". fpa.es (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2025.
  50. Ramírez, María (26 de maio de 2026). "Timothy Garton Ash, historiador: “Hay que recordar que durante casi toda la historia europea las cosas fueron mucho peores que ahora”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2026.
  51. Barranco, Justo (26 de maio de 2026). "Timothy Garton Ash, Princesa de Asturias de Ciencias Sociales: “Europa está bajo un triple ataque inédito”". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2026.
  52. "Timothy Garton Ash. Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2026". fpa.es (en castelán). 26 de maio de 2026. Consultado o 27 de maio de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]