Las Provincias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Las Provincias
Nome comercial Las Provincias
Fundación 1866
Ideoloxía Conservadurismo, rexionalismo
Xénero Información xeral
País España
Sede central Rúa Gremis, número 1. Polígono Vara de Cuart. Valencia.
Ámbito de distribución Autonómico (Comunidade Valenciana), principalmente na provincia de Valencia.
Idioma Español
Periodicidade Diaria
Publicación Matutina
Cor A toda cor
Empresa editora Federico Doménech, S.A.
Pertencente ao grupo Vocento
Director Julián Quirós

O diario Las Provincias é un xornal da Comunidade Valenciana fundado o 31 de xaneiro de 1866, despois de que La Opinión fora mercada polo impresor Federico Doménech e polo xornalista e director deste, Teodoro Llorente, ao seu dono, o banqueiro e político José Campo Pérez, Marqués de Campo, quen puxo como condición para a súa venda a mudanza do seu nome. O xornal é de tendencia rexionalista, de inspiración conservadora, reformista moderado. O primeiro número de Las Provincias contiña o ideario fundacional da nova publicación, o chamado Manifesto fundacional. Dende o seu primeiro número, o diario caracterizouse pola defensa dos intereses valencianos. O réxime franquista forzou a destitución do seu director, Martín Domínguez Barberá, debido ás críticas que fixo á pésima xestión da gran riada que asolou a cidade en 1957. Ao largo dos seus 150 anos de historia, la cabeceira tivo un papel moi activo en momentos clave para a cidade do Turia, desde a defensa para que o cauce del río fose un espazo de uso polos cidadáns, pasando pola preservación do parque natural do Saler fronte ao desenvolvemento franquista, a anteriormente citada reclamación polos danos da riada ou a recuperación dos terreos da Albufera. Las Provincias forma parte do grupo Vocento desde o ano 2000. Na actualidade, Vocento posúe a maioría das accións da empresa editora do xornal, Federico Domenech S.A. En 1921 adquiriu unha nova máquina rotativa que lle permitiu sacar á rúa diariamente oito páxinas. Cinco anos despois converteuse no pioneiro dos cómics valencianos ao publicar un suplemento infantil de título idéntico ao que entón editaba ABC: Gente Menuda.[2] En 1931 chegou o huecograbado: as páxinas partíronse pola metade, adoptándose o formato actual do diario. Entre 1936 e 1941 viviu a súa etapa máis delicada: a Guerra Civil Española levoulle a perder o seu contacto cos lectores durante un período de case tres anos. A riada de outubro de 1957 afectou seriamente ás instalacións da alameda e perdéronse miles de documentos e fotografías.

Medios pertencentes a Las Provincias Grupo Multimedia[editar | editar a fonte]

Medios que pertenceron ao grupo e deixaron de publicarse[editar | editar a fonte]

  • El Micalet. Valencia Fin de Semana: Semanario gratuíto que se distribuía en Valencia e a súa área metropolitana e que tomou o seu nome, en valenciano, do Miguelete, a torre do campanario da Catedral de Valencia, un dos símbolos da cidade. En outubro de 2007 deixou de ser unha publicación diaria de información xeral para pasar a ser un semanario, tamén gratuíto, dedicado ao lecer e a cultura da cidade de Valencia. Distribuíase os venres e, desde maio de 2008, tamén se publicaba xunto ás Provincias os venres como un suplemento, substituíndo así ao caderno pequeno ZonaLP que se deixou de publicar. O seu director era desde a súa fundación o xornalista David Burguera. Foi substituído en 2009 polo suplemento de lecer GPS, Guía Para Salir.
  • La 10 Comunitat Valenciana (anteriormente Las PROVINCIAS Televisión): Canle autonómica de televisión que emitía para toda a Comunidade Valenciana e que forma parte da nova plataforma de televisións privadas de ámbito autonómico do grupo Vocento. O seu director era Juan Candela. Emitía a programación en cadea que anteriormente se agrupaba baixo a marca Punto TV, ademais de programas e informativos de carácter autonómico. O 17 de maio de 2010, cambiou a súa marca e a súa mosca de Las Provincias TV a La 10 Comunitat Valenciana. Os principais programas de produción propia foron o magacín Redacción de Noche, presentado por José Forés e La Senda Oculta, dirixido e presentado polo escritor Chema Ferrer, programa que chegou a emitirse durante catro tempadas consecutivas en todas as televisións autonómicas e locais do grupo Vocento. Tras o salto da 10 a nivel nacional, o 20 de outubro de 2010 La 10 Comunitat Valenciana cesou as súas emisións. Finalmente, en febreiro de 2013 pasou a emitir o sinal de Ehs.TV.

Directores de Las Provincias[editar | editar a fonte]

Xornalistas relevantes na historia de Las Provincias[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Enlaces externos[editar | editar a fonte]